Fonte: INE. Índice de prezos de consumo
Fonte: INE. Índice de prezos de consumo
Redacción da nota de prensa 
Nota de prensa
O IPC sobe un 1,9% interanual no mes de xaneiro de 2026
O IPC correspondente ao mes de xaneiro de 2026 en Galicia dimuníu un 0,4%, con respecto ao mes anterior, en coincidencia respecto ao conxunto do Estado). A variación dos prezos con respecto a xaneiro de 2026 foi positiva, do 1,9%, catro décimas menos que no conxunto do Estado (2,3%), segundo datos do Instituto Nacional de Estadística.
En termos de taxa interanual son os grupos de "Seguros e servizos financieiros" (5,2%) e "Restaurantes e servizos de aloxamento" (4,6%) os que experimentaron un maior aumento de prezos en Galicia. Pola contra, os grupos "Vestido e calzado" (-2,7%) e "Transporte" (-0,8%) experimentaron as maiores baixadas interanuais.
Dende o punto de vista das variacións mensuais, os grupos con que experimentaron caídas no índice de prezos en Galicia foron "Vestido e calzado" (-13,8%), seguido de "Actividades recreativas, ocio e cultura" (-3,0%) e "Transporte" co -1,0%.
En termos de variacións anuais os artigos que experimentaron unha maior baixa de prezos en Galicia no último mes foron "Aceites e graxas" (-19,9%) e "Azucre" (-7,4%).
Por outra banda, as rúbricas que experimentaron unha maior alza de prezos foron as de "Ovos" (32,0%) e "Carne de vacún" (25,7%).
