|
|
O Instituto Galego de Estatística publicou en xaneiro de 2017 unha actualización da clasificación do grao de urbanización dos concellos galegos (GU 2016), baseada nun estándar europeo. No panorama-rural urbano recóllense os principais indicadores demográficos, sociolaborais e económicos para Galicia e as súas provincias segundo o grao e o subgrao de urbanización. Este conxunto de indicadores permite discernir as diferenzas e similitudes entre as distintas zonas de Galicia e caracterizar o que habitualmente se denomina urbano ou rural.
-
Grao de urbanización: é o tipo de localidade na que reside un individuo segundo o seu carácter urbano ou rural, e establécense tres categorías: Zonas densamente poboadas (ZDP), Zonas intermedias (ZIP), Zonas pouco poboadas (ZPP).
Subgrao de urbanización: é unha subdivisión das zonas de urbanización (ZDP, ZIP, ZPP) en subzonas co fin de diferenciar núcleos de características diferentes. Esta subclasificación desagrega a ZIP en duas subzonas (alta, baixa) e a ZPP en tres subzonas (alta, intermedia e baixa).
A clasificación en seis subzonas de urbanización trata de reflectir as peculiaridades do asentamento poboacional en Galicia non recollidas coa clasificación en tres zonas.
|
|