IGE -

Definicións. Outra información


Índice de prezos da vivenda (IPV)

O índice de prezos de vivenda (IPV) ten como obxectivo medir a evolución do prezo de compravenda das vivendas libres, tanto novas como de segunda man, ao largo do tempo. O IPV cubre todas as transaccións de vivendas adquiridas por fogares particulares, residentes ou non residentes, dentro do territorio económico. Quedan fóra do ámbito deste indicador as vivendas adquiridas por persoas xurídicas ou entidades financeiras. Os prezos considerados para o cálculo do IPV son prezos de escrituración da vivenda, sen impostos.

Licitación oficial

Recolle os contratos de obra que licitan as distintas administracións públicas: Estado, Seguridade Social e os entes territoriais (comunidades autónomas, deputacións, cabidos, consellos insulares e concellos). Non se recollen as licitacións sobre estudos ou redacción de proxectos de obra, xa que se trata dun contrato de servizos. Tampouco se recollerán os contratos de mantemento, conservación, limpeza e reparación de bens, equipos e instalacións, xa que son contratos de servizos.

Natureza da finca

Os dereitos de transmisión clasifícanse segundo sexa a natureza do ben transmitido, distinguindo entre rústica e urbana.

  • Natureza rústica: unha finca denomínase rústica cando pertence ao campo ou zona rural. Distínguense cinco tipos de bens rústicos diferenciados e un sexto para todos aqueles que non estean incluídos nos cinco anteriores, ou se descoñeza onde incluílos:
    • Secaño: finca rústica non regada, cuxa especificación de secaño figura na escritura.
    • Regadío: finca rústica que utiliza calquera medio de rego, cuxa especificación figura na escritura.
    • Vivenda rústica: construción utilizada para vivenda fóra di casco urbano e non dentro dunha parcela urbanizable.
    • Edificio agrario rústico: construción utilizada para servizos agrarios. Incluirá as edificacións agrícolas ou gandeiras, fábricas agrícolas gandeiras ou forestais, edificios auxiliares que formen finca independente: celeiros, cortes, depósitos, etc…
    • Explotación agrícola: fincas rexistrais constituídas por un conxunto de terras e edificacións destinadas ao uso agrícola, forestal
  • Natureza urbana: considéranse fincas de natureza urbana cando están emprazadas dentro da cidade ou dentro dun terreo que se acondiciona para crear e desenvolver un núcleo urbano. Desagréganse na seguinte clasificación:
    • Vivenda: é un recinto que está pensado para habitalo e destinado ao uso por unha ou varia persoas. Pódese distinguir entre piso con anexos, piso sen anexos, vivenda adosada ou pareada e vivenda illada.
    • Soar: terreo non edificado
    • Outras urbanas: local comercial, garaxe, oficina, rocho, nave industrial, …

Réxime da vivenda

Refírese ao réxime de protección da vivenda, é dicir, se é de prezo libre ou ten algún tipo de protección oficial:

  • Vivenda de prezo libre: cando a vivenda non está sometida a ningún tipo de protección.
  • Vivenda suxeita a algún réxime de protección: aquela que recibiu calquera tipo de subvención á súa construción, independentemente do organismo que a conceda, e onde se ten en conta limitacións de superficie e prezo.

Rexistro da propiedade

O Rexistro da Propiedade é un rexistro público que ten por obxecto a inscrición de bens inmobles, da súa titularidade así como de todos os cambios e limitacións que experimenten.

Título de adquisición

Os títulos de adquisición desagréganse en compravenda, doazón, permuta, herdanza, etc. Non contempla a transmisión de hipotecas, porque están incluídas dentro de subrogación de hipotecas.

  • Compravenda: polo contrato de compravenda un dos contratantes obrígase a entregar a unha cousa determinada e o outro a pagar por ela un prezo certo, en diñeiro ou signo que o represente.
  • Doazón: é un acto de liberalidade polo cal unha persoa dispón gratuitamente de un ben en favor de outra que o acepta. Para que sexa válida a doazón do ben inmoble debe facerse en escritura pública, expresándose nela individualmente os bens doados e o valor das cargas que deba satisfacer o donatario.
  • Permuta: a permuta é un contrato polo cal cada un dos contratantes obrígase a dar unha cousa para recibir outra.
  • Herdanza: cando por disposición testamentaria ou legal se consigue a propiedade dun ben pertencente a unha persoa falecida. Poderán suceder por testamento ou abintestato os que non estean incapacitados pola lei.
  • Outros: todos os non contemplados na relación anterior. En ocasións pode reflectir concentracións parcelarias ou divisións horizontais. En outros casos pode tratarse dunha operación conxunta, mestura de varios títulos de adquisición, ou de transmisións con título de adquisición indefinido.

Transaccións inmobiliarias

Compravenda de vivendas elevadas a escritura pública ante notario.
A compravenda é un contrato polo cal un dos contratantes obrígase a transmitir a propiedade dun ben determinado e a outra parte obrígase a pagar por el un certo prezo.

Transmisións de dereitos da propiedade

Número de dereitos sobre bens inmobles transmitidos durante o período de referencia, cuxa transmisión queda inscrita nos Rexistros da Propiedade. A Estatística rexistral inmobiliaria recolle as escrituras inscritas no rexistro que corresponden exclusivamente a compravendas, coa transmisión do 100% do dominio sobre a propiedade.

Valor de compravenda

Prezo ou valor de transmisión que consta na escritura.

Vivenda libre

Enténdese por vivenda libre toda vivenda que non se atopa suxeita a ningún réxime de protección pública e pode ser transmitida sen restrición entre partes.

Vivenda protexida

Enténdese por vivendas de protección oficial ou vivendas protexidas as cualificadas ou declaradas polo órgano competente nas comunidades autónomas e nas cidades autónomas de Ceuta e Melilla que cumpran os requisitos establecidos na normativa estatal que regula os plans de vivenda, ou os establecidos na normativa específica das comunidades autónomas que regula os seus propios plans de vivenda, para favorecer o acceso dos cidadáns á vivenda.


 

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies

De acordo