document.write("
Saldo de rendas primarias (B.5)

Este saldo é a suma do excedente de explotación bruto, a renda mixta, a remuneración dos asalariados e o saldo das rendas da propiedade (que poden constituír un recurso ou un emprego para o sector fogares), isto é, o saldo da conta de asignación primaria . As rendas primarias son as rendas que perciben as unidades residentes pola súa participación no proceso de produción (excedente de explotación bruto, renda mixta e remuneración de asalariados) e a renda a cobrar (ou pagar) polo propietario dun activo financeiro ou dun activa material non producido por pońelo a disposición de outra unidade institucional (rendas da propiedade). . A renda primaria é un indicador da capacidade dos fogares residentes dunha rexión de xerar renda como empresarios, asalariados ou perceptores de rendas da propiedade. Indica a capacidade para xerar renda antes da intervención do Estado no proceso de distribución de renda.

");