Portal educativo IGE

Porcentaxes, taxas e variacións


   A. Que é unha taxa?
        É a variación dunha variable nun intervalo de tempo
        É un cociente entre dúas cantidades
        Unha cantidade indeterminada
        Emprégase para representar canto é unha cantidade con respecto a outra de referencia

   B. Somos máis homes ou mulleres en Galicia no 2013? Ligazón
        Hai o mesmo número de mulleres que de homes
        Somos máis homes
        Somos máis mulleres, pero para os grupos de idade quinquenais inferiores a 40 anos hai máis homes
        Somos máis mulleres e ademais en todos os grupos de idade quinquenais

   C. Que porcentaxe de homes hai no grupo de idade de 0 a 4 anos en Galicia no ano 2013? Ligazón
        O 48,3%
        O 51,7%
        O 51%
        O 50%

   D. Cal das nosas provincias galegas ten unha poboación máis avellantada no 2013? Ligazón
        Pontevedra
        A Coruña
        Lugo
        Ourense

   E. Que Galicia teña un índice de envellecemento para o ano 2013 de 147%, que quere dicir?
        Non di nada
        Que por cada 100 menores de 20 anos hai 147 persoas de 65 e máis anos
        Que por cada 100 persoas de 65 e máis anos hai 147 persoas menores de 20 anos
        Que hai 147 mil persoas de 65 ou máis anos

   F. Cantos habitantes gañou/perdeu Galicia no ano 2013 con respecto ao ano 2012? e en termos relativos? Ligazón
        Perdeu 15.558 habitantes en termos absolutos e o -5% en termos relativos
        Perdeu 15.558 habitantes en termos absolutos e o -2% en termos relativos
        Gañou 15.558 habitantes en termos absolutos e o 0,56% en termos relativos
        Perdeu 15.558 habitantes en termos absolutos e o -0,56% en termos relativos

   G. No ano 2010, cal era a porcentaxe de salarios das mulleres sobre os homes? Ligazón
        O salario das mulleres era o 78% do salario dos homes
        O salario das mulleres era o 90% do salario dos homes
        O salario das mulleres era o100% do salario dos homes
        O salario dos homes era o 78% do salario das mulleres

   H. As diferenzas relativas entre os salarios dos homes e os das mulleres aumentan co nivel de estudos alcanzado? Ligazón
        Non, as diferenzas diminúen co nivel de estudos
        Os salarios das mulleres son moito maiores que os dos homes
        Si, as diferenzas aumentan co nivel de estudos
        Non aumentan nin diminúen

   I. Canto medrou a economía galega no ano 2013 con respecto ao ano 2012? Ligazón
        A economía galega decreceu un 1% con respecto ao ano 2012
        A economía galega medrou un 0,4% con respecto ao ano 2012
        A economía galega medrou un 2% con respecto ao ano 2012
        A economía galega non medrou nin decreceu

   J. Que porcentaxe do Valor engadido bruto supón o comercio na comarca de Santiago de Compostela? Ligazón
        O 20,5% do VEB xerado na comarca de Santiago prodúceo o sector do comercio
        O 22% do VEB xerado na comarca de Santiago prodúceo o sector do comercio
        O 29% do VEB xerado na comarca de Santiago prodúceo o sector do comercio
        O 0,9% do VEB xerado na comarca de Santiago prodúceo o sector do comercio