Portal educativo IGE

Representacións gráficas


   A. Nun gráfico de barras a lonxitude vertical das barras ven determinada por:
        As frecuencias ou valores da variable que se quere representar
        A lonxitude é aleatoria
        A lonxitude das barras correspóndese coa porcentaxe de valores de cada categoría, aínda que representemos valores

   B. O tipo de gráfico de barras que podemos empregar para representar dúas series á vez é:
        Gráfico de barras apiladas
        Gráfico de barras agrupadas
        Non é posible representar máis dunha serie de datos nun gráfico de barras
        Gráfico de barras apiladas ou gráfico de barras agrupadas

   C. Nun gráfico de barras só podemos representar valores absolutos
        Verdadeiro
        Falso

   D. Nun gráfico de sectores cada porción representa:
        A proporción de cada categoría da variable respecto ao total
        Os valores absolutos da variable
        Depende do que imos representar, pode ter valores absolutos ou proporcións

   E. O gráfico seguinte representa a poboación de Galicia no ano 2013 segundo o grupo de idade

Escolle a resposta correcta:
        Non se poden representar os grupos de idade nun gráfico de sectores
        Non debemos incluír a categoría “total” nun gráfico de sectores
        O gráfico é correcto e representa a distribución por idades da poboación

   F. Nun gráfico de liñas:
        Se representamos no eixe horizontal o tempo podemos deducir a tendencia da variable representada
        Podemos representar máis dunha serie ao mesmo tempo e comparar a súa evolución
        As dúas respostas son correctas

   G. A seguinte gráfica apareceu nun medio de comunicación o 14/04/2013

Escolle a resposta correcta:
        Non hai ningún erro na gráfica
        As barras non poden representarse con orientación horizontal
        Na gráfica, a lonxitude das barras non se corresponde coas porcentaxes
        Os datos da gráfica non poden ser correctos, xa que as porcentaxes non suman o 100%

   H. Observa os gráficos que apareceron en dous medios de comunicación:

Estas son as posibles respostas:

        Os dous gráficos están representando cousas diferentes
        A diferenza entre a taxa de variación interanual do IPC xeral e a do IPC subxacente é maior no segundo gráfico que no primeiro
        Non se pode representar nun gráfico a taxa de variación interanual do IPC
        Trátase do mesmo gráfico, pero no segundo caso o eixe Y está truncado e ofrece unha imaxe distorsionada da realidade

   I. O IGE dispón na súa web dunha ferramenta para elaborar mapas?
        Non, na páxina web do IGE só poden construírse gráficos a partir de táboas de datos
        Si, pero só se poden construír mapas fixos onde non se poden cambiar os intervalos que se queren representar
        Si, e podes elixir entre mapa fixo ou mapa dinámico

   J. Un mapa dinámico presenta as seguintes vantaxes con respecto a un mapa fixo:
        Ofrecen a posibilidade de modificar os intervalos que por defecto aparecen nos mapas fixos mediante o botón "Definir intervalos"
        Posibilidade de pinchar sobre un concello ou comarca (co botón esquerdo do rato) para que quede fixo o nome do concello e o valor da variable representada
        Permiten facer zoom sobre o mapa mediante os botóns + e - e tamén se pode desprazar o mapa sobre a pantalla na que se encontra mediante as frechas situadas no panel dereito
        Todas as respostas son correctas