Portal educativo IGE

Pirámides de poboación


   A. A pirámide de poboación é un gráfico:
        Que amosa o crecemento da poboación
        Que amosa a estrutura por idade e sexo dunha poboación
        Que representa os movementos migratorios

   B. A continuación móstrase a pirámide de poboación do concello do Saviñao na provincia de Lugo:

Na pirámide, cada barra representa a poboación dun grupo de idade e xénero sobre o total. Está expresada en tanto por un, non en tanto por cen!

A pirámide representa unha poboación:


        Con baixa esperanza de vida e baixa natalidade
        Con elevada esperanza de vida e baixa natalidade
        Ningunha das respostas é correcta

   C. Observa a seguinte pirámide de poboación realizada coa páxina web do IGE e sinala a opción correcta. Os datos que se representan no gráfico podes consultalos na seguinte ligazón

        O gráfico é correcto e representa a porcentaxe de poboación de cada grupo de idade e xénero sobre o total
        A porcentaxe de mulleres é superior á dos homes en todos os grupos de idade
        O gráfico representa os valores absolutos da poboación

   D. Que representan os saíntes nunha pirámide de poboación?
        Emigración
        Elevada esperanza de vida
        Sobrenatalidade ou inmigración

   E. Unha pirámide expansiva corresponde a unha poboación con:
        Baixa natalidade
        Alta mortalidade
        Alta esperanza de vida

   F. Para realizar unha pirámide cunha folla de cálculo, que tipo de gráfico hai que seleccionar?
        Barras
        Liña
        Pirámide

   G. A continuación móstranse as pirámides de poboación do concello de Narón nos anos 2003 e 2013:

Na pirámide, cada barra representa a poboación dun grupo de idade e xénero sobre o total. Está expresada en tanto por un, non en tanto por cen!

Sinala a resposta incorrecta:


        A pirámide do ano 2013 corresponde a unha poboación máis nova que a do ano 2003
        O saínte da pirámide do ano 2013 pode deberse en parte á inmigración de persoas adultas
        A esperanza de vida diminúe no período considerado

   H. Nos seguintes gráficos represéntase a pirámide do paro rexistrado segundo sexo e grupos quinquenais de idade en Galicia nos anos 2008 e 2013. Podes consultar os datos na seguinte ligazón

Na pirámide, cada barra representa a poboación dun grupo de idade e xénero sobre o total. Está expresada en tanto por un, non en tanto por cen!

Sinala a resposta correcta:


        No ano 2013 a porcentaxe de paradas é inferior á dos homes
        No ano 2013, con respecto ao ano 2008, incrementouse máis o número de homes que se incorporaron ao colectivo do paro rexistrado que o de mulleres
        Nos dous anos, o grupo de idade que representa unha maior porcentaxe do total de parados é o de 35 a 39 anos

   I. A ferramenta dispoñible na páxina web do IGE para realizar pirámides:
        Representa as pirámides en tanto por un, non en tanto por cento
        Permite, unha vez realizado o gráfico, gardalo como imaxe
        Só permite realizar pirámides sobre datos de poboación

   J. Sinala a resposta correcta
        As pirámides en valores absolutos non permiten comparar as cifras de poboación
        As pirámides en porcentaxes non permiten ver realmente as diferenzas na estrutura por xénero e idades de dous ou máis poboacións
        Ningunha das respostas é correcta