Os orzamentos públicos
Os orzamentos consolidados da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, dos organismos autónomos e axencias públicas ...
Coinciden co orzamento inicial da Xunta de Galicia
Obtense como suma do orzamento da Administración Xeral da Xunta de Galicia, dos organismos autónomos e das axencias públicas
É o resultado de eliminar as transferencias internas entre as distintas consellerías, organismos autónomos e axencias.
Cal das seguintes afirmacións sobre o orzamento inicial e a liquidación do orzamento é correcta?
O orzamento inicial ten que coincidir coa liquidación de ingresos
O orzamento inicial ten que coincidir coa liquidación de gastos
A liquidación de ingresos non pode superar ao orzamento inicial
A liquidación de ingresos e gastos non ten porque coincidir
Os impostos indirectos englóbanse dentro de:
Operacións correntes
Operacións de capital
Operacións financeiras
O alleamento de investimentos reais ...
Son os ingresos derivados da venda de bens de capital
Son ingresos que proveñen do rendemento do patrimonio
Son débedas por operacións comerciais e non comerciais
Son diñeiro en efectivo, depósitos transferibles, accións, ...
A principal fonte de ingresos dos orzamentos consolidados da Comunidade Autónoma de Galicia son:
Impostos directos
Impostos indirectos
Transferencias correntes
Pasivos financeiros
Na seguinte táboa móstrase o orzamento consolidado da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, dos organismos autónomos e axencias públicas (miles de euros).
En que porcentaxe se incrementou o orzamento de 2024 respecto ao de 2023?
(
Utiliza a coma para os decimais e non poñas o símbolo %
)
En que porcentaxe aumentou no ano 2023 respecto ao ano 2022?
Cales son as dúas partidas ás que se dedica unha maior porcentaxe do orzamento consolidado de gastos da Comunidade Autónoma de Galicia?
Sanidade e educación
Sanidade e infraestruturas
Sanidade e débeda pública
Infraestruturas e débeda pública
Na seguinte táboa podes ver a liquidación do orzamento consolidado dos concellos galegos no ano 2023 (euros).
Que porcentaxe de ingresos proviña dos impostos directos?
Que porcentaxe do gasto se dedica ao gasto en persoal?