ÍNDICE


Estudo de salarios / Salarios nas fontes tributarias

Principais resultados

1 Introdución

Neste apartado utilízase a estatística “Mercado de trabajo y Pensiones en las fuentes tributarias” realizada pola Axencia Tributaria para facer unha análise dos salarios dende a óptica do perceptor e utilízanse como variables de clasificación a provincia e a Comunidade Autónoma, o sexo, a idade, a rama de actividade e os tramos de salario. A estatística achega información desde o ano 1999 ata o ano 2024.

A estatística ten carácter censual e está baseada nas declaracións anuais do Modelo 190 que presentan todas as persoas físicas, xurídicas e demais entidades que, ademais de estar obrigadas a reter ou ingresar a conta polo imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, satisfagan ou abonen algunha renda no ano de referencia da estatística.

Esta estatística permite coñecer o perfil demográfico da poboación asalariada por sexo, a masa salarial por tramos de idade e polo tanto, o salario medio para cada tramo. Ademais, tamén proporciona a clasificación dos asalariados para 10 ramas de actividade co seu correspondente salario medio.

Á hora de interpretar os resultados debe terse en conta que nesta estatística ao longo do ano as persoas poden obter percepcións salariais de máis dunha empresa e dous ou máis tipos de percepcións. Ademais o número de asalariados anuais calcúlase como a suma de persoas que ao longo do ano tiveron algunha percepción salarial; e o salario medio anual como a suma dos salarios anuais dividida polo número de asalariados. En consecuencia, o salario medio anual tende a ter un nesgo á baixa en comparación con outras estatísticas nas que o denominador é o número de asalariados calculado como media anual. Un incremento da temporalidade, por exemplo, fará que o salario medio calculado neste apartado diminúa máis que un salario por hora traballada.

 

2 Percepcións salariais segundo o grupo de poboación ao que pertencen as persoas asalariadas. Galicia

As persoas asalariadas poden clasificarse segundo o grupo de poboación ao que pertencen. Estes grupos son os seguintes: poboación que só percibe salario, poboación que percibe salario e pensión, poboación que percibe salario e prestación por desemprego e poboación que percibe salario, pensión e prestación por desemprego.

En 2024, 1.106.738 residentes en Galicia percibiron rendas salariais. Deles, algo máis de 907 mil recibiron só rendas salariais, o 82,0% das persoas asalariadas. Dentro do colectivo de asalariados, o 13,4% percibiu tamén prestacións por desemprego en 2024.

O tipo medio de retención incrementouse con respecto ao ano anterior e situouse no 16,0%. Os colectivos que presentan o tipo máis alto son os que perciben só rendas salariais ou rendas salariais e pensións (16,6% e 16,9% respectivamente).

Persoas asalariadas, percepcións salariais e retencións segundo o grupo de poboación. Galicia
Unidade: persoas, euros, porcentaxe
2022 2023 2024
Total
     Persoas 1.067.825 1.083.004 1.106.738
     Retribucións (miles de €) 23.491.180 25.181.587 26.818.320
     Retribución anual media (€) 21.999 23.252 24.232
     Retencións (miles de €) 3.590.961 3.923.020 4.296.160
     Tipo de retención (%) 15,29 15,58 16,02
Asalariados
     Persoas 856.766 886.646 907.900
     Retribucións (miles de €) 20.612.538 22.452.914 23.998.053
     Retribución anual media (€) 24.059 25.323 26.432
     Retencións (miles de €) 3.280.978 3.628.907 3.980.266
     Tipo de retención (%) 15,92 16,16 16,59
Asalariados e pensionistas
     Persoas 44.255 44.840 50.637
     Retribucións (miles de €) 765.981 810.955 917.637
     Retribución anual media (€) 17.308 18.086 18.122
     Retencións (miles de €) 122.959 131.225 154.922
     Tipo de retención (%) 16,05 16,18 16,88
Asalariados e desempregados
     Persoas 162.014 147.064 143.887
     Retribucións (miles de €) 2.063.076 1.869.220 1.857.460
     Retribución anual media (€) 12.734 12.710 12.909
     Retencións (miles de €) 182.973 158.575 157.351
     Tipo de retención (%) 8,87 8,48 8,47
Asalariados, pensionistas e desempregados
     Persoas 4.790 4.454 4.314
     Retribucións (miles de €) 49.584 48.499 45.169
     Retribución anual media (€) 10.352 10.889 10.470
     Retencións (miles de €) 4.051 4.314 3.621
     Tipo de retención (%) 8,17 8,9 8,02
Fonte: Agencia Estatal de la Administración Tributaria. Mercado de trabajo y pensiones en las fuentes tributarias (descarga da táboa).

 

Fonte: Agencia Estatal de la Administración Tributaria. Mercado de trabajo y pensiones en las fuentes tributarias (descarga da táboa).

Fonte: Agencia Estatal de la Administración Tributaria. Mercado de trabajo y pensiones en las fuentes tributarias (descarga da táboa).

3 Salario medio anual

3.1 Salario medio anual. España e Galicia

No ano 2024 rexístrase o salario medio anual máis alto da serie desta estatística en Galicia (24.232 euros). O número de persoas que recibiron un salario en 2024 incrementouse ata os 1.106.738 e tamén aumenta a retribución total, que alcanza o seu máximo na serie temporal. O salario medio anual rexistrou en Galicia un incremento de 980 euros, un 4,2% máis que o ano anterior. En España, tamén se alcanza o valor máis alto da serie do salario medio anual no ano 2024 (24.962 euros).

Ademais, no periodo 1999-2024, o salario medio anual de Galicia reduce as diferenzas con respecto ao salario medio anual en España, aínda que este último segue a ser superior. Así, o salario medio anual en España é superior ao de Galicia nun 3,0% no ano 2024 fronte ao 7,2% no ano 1999.

O salario medio anual das mulleres incrementouse nun 4,7% no último ano en Galicia, mentres nos homes só alcanza o 3,9%. Este comportamento é similar ao ocorrido no conxunto do Estado, no que tamén se produce un maior incremento porcentual no salario medio das mulleres que no dos homes (un 4,5% e un 3,9%, respectivamente). Non obstante, no ano 2024 o salario medio anual dos homes segue a ser superior ao das mulleres tanto en Galicia como en España (21,6% e 23,2%, respectivamente).

 
Salario medio anual. Ambos sexos. España e Galicia
Unidade: euros
Ambos sexos
Homes
Mulleres
España Galicia España Galicia España Galicia
2015 18.645 17.839 20.779 19.899 16.143 15.501
2016 18.835 18.114 21.026 20.243 16.281 15.730
2017 19.172 18.463 21.417 20.554 16.568 16.123
2018 19.809 19.159 22.095 21.327 17.180 16.755
2019 20.566 19.879 22.875 22.038 17.927 17.511
2020 20.503 19.900 22.640 21.887 18.047 17.720
2021 21.519 20.786 23.724 22.818 19.011 18.580
2022 22.781 21.999 25.137 24.185 20.138 19.666
2023 23.981 23.252 26.390 25.527 21.298 20.840
2024 24.962 24.232 27.411 26.527 22.255 21.821
Fonte: Agencia Estatal de la Administración Tributaria. Mercado de trabajo y pensiones en las fuentes tributarias (descarga da táboa).

 

Fonte: Agencia Estatal de la Administración Tributaria. Mercado de trabajo y pensiones en las fuentes tributarias (descarga da táboa).

  

Fonte: Agencia Estatal de la Administración Tributaria. Mercado de trabajo y pensiones en las fuentes tributarias (descarga da táboa).

3.2 Salario medio anual por sexo e grupos de idade. Galicia

O salario medio é superior nos homes en todos os niveis de idade. En 2024, tanto no caso dos homes como no caso das mulleres, produciuse unha suba do salario medio en todos os grupos de idade coa excepción do grupo que recolle aos maiores de 65 anos. En 2024, neste grupo hai 19.601 asalariados, dos 1.106.738 asalariados totais.

 
Salario medio anual por sexo e grupos de idade. Galicia
Unidade: euros
Ambos sexos
Homes
Mulleres
Idade 2022 2023 2024 2022 2023 2024 2022 2023 2024
Total idade 21.999 23.252 24.232 24.185 25.527 26.527 19.666 20.840 21.821
Menor de 18 anos 1.843 1.689 1.844 2.119 1.934 2.102 1.515 1.383 1.488
De 18 a 25 anos 7.948 8.649 9.203 8.821 9.629 10.236 6.969 7.559 8.055
De 26 a 35 anos 17.854 19.102 20.183 18.810 20.016 21.180 16.871 18.160 19.154
De 36 a 45 anos 22.553 23.941 25.000 24.819 26.246 27.250 20.210 21.570 22.704
De 46 a 55 anos 25.635 27.016 28.260 28.684 30.199 31.501 22.388 23.662 24.899
De 56 a 65 anos 26.815 27.992 28.732 29.310 30.734 31.510 24.008 24.954 25.693
Maior de 65 anos 23.618 24.573 23.949 27.323 28.661 28.364 18.779 19.527 19.002
Fonte: Agencia Estatal de la Administración Tributaria. Mercado de trabajo y pensiones en las fuentes tributarias (descarga da táboa).

 

Fonte: Agencia Estatal de la Administración Tributaria. Mercado de trabajo y pensiones en las fuentes tributarias (descarga da táboa).

 

 

Fonte: Agencia Estatal de la Administración Tributaria. Mercado de trabajo y pensiones en las fuentes tributarias (descarga da táboa).

3.3 Salario medio anual por ramas de actividade. España e Galicia

En Galicia, no ano 2024 o maior salario medio rexístrase no sector das “Entidades financeiras e aseguradoras” e o menor nos “Outros servizos persoais e de ocio”. Con respecto a 2023 medra o salario medio anual en todos os sectores.

En canto ás diferenzas de nivel no salario medio por sectores, Galicia supera a España no sector primario (no que o emprego asalariado ten pouca entidade en Galicia), no sector da construción e no “Comercio, reparacións e transporte”. No resto de sectores o salario medio anual é superior en España, e as maiores diferenzas prodúcense en “Entidades financeiras e aseguradoras” e “Información e comunicacións”. As diferenzas máis pequenas están en “Servizos sociais”.

Salario medio anual por sectores. España e Galicia
Unidade: euros
2020
2021
2022
2023
2024
Sector España Galicia España Galicia España Galicia España Galicia España Galicia
Total sectores 20.503 19.900 21.519 20.786 22.781 21.999 23.981 23.252 24.962 24.232
Agricultura, gandería, silvicultura e pesca 8.411 15.619 9.037 16.507 9.803 17.786 10.713 18.651 11.425 19.874
Industria extractiva, enerxía e auga 29.799 29.233 29.990 29.780 32.117 31.070 33.276 31.846 33.997 32.525
Industria 24.188 21.870 25.442 22.903 26.673 24.462 28.076 26.208 29.354 27.277
Construción e actividades inmobiliarias 18.716 18.868 19.979 19.953 21.141 21.218 22.375 22.781 23.408 23.917
Comercio, reparacións e transporte 18.446 18.227 19.695 19.238 21.094 21.001 22.288 22.417 23.250 23.542
Información e comunicacións 32.645 25.771 33.566 26.625 35.253 27.708 37.114 29.678 38.548 30.589
Entidades financeiras e aseguradoras 43.955 34.417 43.982 34.889 45.431 35.680 48.300 38.388 50.614 39.788
Servizos ás empresas 18.347 15.593 19.285 16.331 20.206 16.958 21.614 18.430 22.660 19.376
Servizos sociais 26.225 26.074 26.722 26.720 28.201 27.985 29.320 29.010 30.227 29.852
Outros servizos persoais e de ocio 9.342 8.500 10.844 9.657 12.718 11.109 13.589 11.780 14.277 12.557
Fonte: Agencia Estatal de la Administración Tributaria. Mercado de trabajo y pensiones en las fuentes tributarias (descarga da táboa).

Fonte: Agencia Estatal de la Administración Tributaria. Mercado de trabajo y pensiones en las fuentes tributarias (descarga da táboa).

 

4 Persoas asalariadas e percepcións salariais por grupos de idade. España e Galicia

Nos seguintes gráficos amósase a estrutura comparada das persoas asalariadas e da masa salarial por grupo de idade de Galicia e España.

 

Fonte: Agencia Estatal de la Administración Tributaria. Mercado de trabajo y pensiones en las fuentes tributarias (descarga da táboa).

Fonte: Agencia Estatal de la Administración Tributaria. Mercado de trabajo y pensiones en las fuentes tributarias (descarga da táboa).

 

As observacións máis salientables resúmense nos seguintes puntos:

 

5 Datos provinciais

5.1 Salario medio anual por provincias

Ata o ano 2024 a evolución do salario medio anual é similar nas catro provincias: forte crecemento ata o ano 2008, moderación nos anos 2009 e 2010 e diminución ata o ano 2013, no que o salario medio se estabiliza con lixeiras variacións á alza ou á baixa. Desde 2015 rexístranse crecementos nas catro provincias ata o ano 2019. A partir do ano 2020 acelérase o ritmo de crecemento anual dos salarios en todas as provincias. Os crecementos absolutos acumulados neste último periodo rondan os 4.000 euros, o que representa un crecemento porcentual do 21,8% no salario medio do 2024 con respecto ao 2020. O comportamento é positivo nas catro provincias, e a provincia da Coruña é a que rexistra un maior incremento porcentual do salario medio anual.

A Coruña é a única provincia na que o salario medio supera á media galega e o fai nun 7,1%. Pola contra, nas outras tres provincias o salario medio anual é inferior ao de Galicia: un 4,3% menos no caso de Pontevedra, seguida por Lugo e Ourense cun 6,3% menos e un 8,0% menos, respectivamente.

 

Salario medio anual. Galicia e provincias
Unidade: euros
Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
2015 17.839 18.972 16.806 16.595 17.184
2016 18.114 19.360 16.954 16.680 17.422
2017 18.463 19.539 17.409 17.109 17.898
2018 19.159 20.385 17.959 17.614 18.529
2019 19.879 21.208 18.648 18.280 19.160
2020 19.900 21.172 18.963 18.447 19.105
2021 20.786 22.000 19.823 19.398 20.046
2022 21.999 23.456 20.788 20.355 21.097
2023 23.252 24.840 21.939 21.473 22.259
2024 24.232 25.959 22.704 22.294 23.182
Fonte: Agencia Estatal de la Administración Tributaria. Mercado de trabajo y pensiones en las fuentes tributarias (descarga da táboa).

 

Fonte: Agencia Estatal de la Administración Tributaria. Mercado de trabajo y pensiones en las fuentes tributarias (descarga da táboa).

 

5.2 Tramos de salario. Índice de Gini por sexo e por provincias

A estatística da Axencia Tributaria ofrece, para o colectivo de asalariados, información por 13 tramos de salario. Para establecer os tramos tómase como referencia o Salario Mínimo Interprofesional. Con esta distribución por tramos represéntase a curva de Lorenz e calcúlase o índice de Gini.

A curva de Lorenz amosa graficamente a concentración do ingreso ou da riqueza dun espazo determinado (o máis usual é o conxunto de persoas ou fogares dun país ou rexión). Canto máis cerca esté a curva da recta que une os puntos (0,0) e (100,100), máis igualitaria será a distribución da renda. O caso extremo é cando a distribución coincide coa recta, no que todos os individuos percibirían a mesma renda. Cos datos obxecto de análise, relaciónanse as porcentaxes acumuladas de poboación asalariada coas porcentaxes acumuladas de masa salarial nun ano.

A partir da curva de Lorenz calcúlase o índice de Gini, que proporciona unha medida cuantitativa do grao de concentración dos ingresos (ou da riqueza) dun determinado país, rexión ou grupo social. Este coeficiente varía entre 0 e 1, onde o 0 indica a igualdade máxima e o 1 cando un só individuo acapara todo o ingreso. Polo tanto, este coeficiente permítenos facer comparacións no grao de desigualdade entre os grupos obxecto de estudo e a súa evolución no tempo.

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos de Mercado de trabajo y pensiones en las fuentes tributarias de la AEAT

 

En primeiro lugar represéntase a curva de Lorenz de Galicia e de España. A imaxe das dúas curvas superpostas indica que a distribución salarial en España é lixeiramente máis desigual que en Galicia.

Se se comenza polos salarios máis baixos, vese que en Galicia hai un 34,1% da poboación asalariada que percibe un 11,0% da masa salarial (en España o 37,0% das persoas asalariadas percibe o 11,3% da masa salarial) e que o 76,7% absorbe o 50,5% dos salarios en Galicia, e en España o 74,8% do colectivo asalariado o 45,4% da masa salarial.

Se nos situamos nas rendas salariais máis elevadas, en Galicia un 8,6% das persoas asalariadas reciben o 26,0% da masa salarial, en cambio en España un 10,4% recibe o 31,6% dos salarios totais.

As rendas salariais están máis concentradas en España que en Galicia, é dicir, a distribución do ingreso é menos desigual na nosa Comunidade autónoma.

Como se deduce do gráfico no que se representa o índice de Gini referido ao ano 2024, a desigualdade nos ingresos por salarios, é maior nas mulleres que nos homes nas catro provincias, sendo Lugo a que rexistra a diferenza máis elevada. Ou dito doutro xeito, as diferenzas salariais son máis elevadas nas mulleres asalariadas que nos homes asalariados.

En canto á evolución temporal, o grao de desigualdade víñase reducindo desde o ano 2017, coa excepción de 2020, e mantense prácticamente constante no ano 2024, con respecto ao 2023.

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos de Mercado de trabajo y pensiones en las fuentes tributarias de la AEAT

 

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos de Mercado de trabajo y pensiones en las fuentes tributarias de la AEAT

 

6 Definicións e máis información

6.1 Definicións

6.2 Máis información