ÍNDICE


Principais resultados


1 Introdución

A “Encuesta de Estructura Salarial” é unha investigación sobre a estrutura e distribución dos salarios de periodicidade cuatrienal, que se realiza en todos os Estados Membros da Unión Europea (UE) de xeito harmonizado, en cumprimento do Regulamento do Consello da UE núm. 530/1999.

A enquisa esténdese a todos os traballadores e as traballadoras por conta allea que presten os seus servizos en centros de cotización e estivesen en alta na Seguridade Social no mes de outubro do ano de referencia. Non se inclúen, polo tanto, os funcionarios e as funcionarias adscritas ás mutualidades e si se inclúen os empregados e as empregadas das empresas públicas.

Investíganse só os centros de cotización con actividade principal incluída nas seccións B a S da CNAE-09. Polo tanto, quedan fóra do ámbito desta enquisa a agricultura, gandaría, silvicultura e pesca, as actividades dos fogares como empregadores de persoal doméstico, as actividades dos fogares como produtores de bens e servizos para uso propio e as actividades de organizacións e organismos extraterritoriais, independentemente do tamaño do centro de traballo.

Os obxectivos da enquisa poden resumirse, fundamentalmente, en dous:

2 Estrutura dos salarios

2.1 Estrutura do salario bruto anual

Tomamos o salario anual como referencia para comparar niveis salariais porque hai pagamentos con período de vencemento superior ao mes.

No ano 2022, o salario bruto anual situouse en Galicia nos 24.169,68 euros por traballador, un 8,65% superior ao do ano 2018 (22.244,59 euros).

Por sexos, no ano 2022, o salario bruto dos homes é un 21,51% maior que o das mulleres; no ano 2018 a diferenza a favor dos homes era dun 27,04%.

O salario ordinario é a partida que máis contribúe ao salario bruto, un 90,25% en 2022; os pagamentos extraordinarios e a valoración en especie só representan nese ano o 9,47% e o 0,28% respectivamente. O salario ordinario dos homes representa o 89,64% do salario bruto, mentres que nas mulleres acada o 90,94%.


Composición do salario bruto anual por sexo. Galicia.
Unidade: Euros
2018
2022
Compoñentes Total Homes Mulleres Total Homes Mulleres
Salario bruto 22.244,59 24.826,91 19.543,17 24.169,68 26.626,89 21.912,75
Pagamentos extraordinarios 2.172,22 2.515,14 1.813,48 2.289,08 2.671,87 1.937,49
Valoración en especie 52,11 68,21 35,27 66,59 86,08 48,70
Salario ordinario 20.020,26 22.243,56 17.694,42 21.814,01 23.868,94 19.926,56
(Salario bruto = Salario ordinario + Pagamentos extraordinarios + Valoración en especie)

                       Fonte: INE. Encuesta de Estructura Salarial. Elaboración IGE a partir dos ficheiros proporcionados polo INE(descarga da táboa)

Composición do salario bruto anual.
Galicia. Ano 2018.

   

Composición do salario bruto anual.
Galicia. Ano 2022.

                       Fonte: INE. Encuesta de Estructura Salarial. Elaboración IGE a partir dos ficheiros proporcionados polo INE (descarga da táboa)

En Galicia, no ano 2022, o salario bruto anual foi un 10,31% menor que a media española (26.948,87 euros).

                      Composición do salario bruto anual. España e Galicia. Ano 2022

                      Unidade: Euros

Compoñentes España Galicia
Salario bruto 26.948,87 24.169,68
Pagamentos extraordinarios 2.609,30 2.289,08
Valoración en especie 147,64 66,59
Salario ordinario 24.191,93 21.814,01

                       Fonte: INE. Encuesta de Estructura Salarial. Elaboración IGE a partir dos ficheiros proporcionados polo INE (descarga da táboa)

2.2 Estrutura do salario medio mensual

Para analizar a composición do salario segundo os conceptos retributivos pártese do salario mensual medio que, en cifras brutas, acadou no ano 2022 en Galicia o valor de 1.819,39 euros (1.997,38 euros no caso dos homes e 1.655,90 euros no caso das mulleres).

O salario mensual bruto está composto polo salario base, os complementos salariais, os pagamentos extraordinarios e os pagamentos por horas extraordinarias. O salario base é a compoñente principal do salario bruto mensual, do que representa o 71,31% en 2022, seguido dos complementos salariais, que supoñen un 26,48% do salario bruto.

O salario neto obtense a partir do salario mensual bruto despois de deducir as cotizacións á Seguridade Social a cargo do traballador e as retencións do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF). No ano 2022 o salario neto acadou en Galicia o valor de 1.450,10 euros mensuais, 1.567,88 euros no caso dos homes e 1.341,92 euros no das mulleres. En media, as cotizacións á Seguridade Social e as retencións do IRPF representan no ano 2022 o 20,30% do salario bruto mensual dos galegos.

                      Composición do salario bruto mensual. Galicia

                      Unidade: Euros

2018
2022
Compoñentes Total Homes Mulleres Total Homes Mulleres
Salario base 1.172,06 1.288,09 1.050,69 1.297,38 1.416,85 1.187,64
· Complementos salariais 459,11 507,37 408,62 481,86 531,40 436,35
· Pagamentos por horas extraordinarias 9,15 14,39 3,67 7,77 13,81 2,23
Salario ordinario 1.640,32 1.809,85 1.462,98 1.787,01 1.962,06 1.626,22
· Pagamentos extraordinarios 40,90 56,49 24,59 32,38 35,32 29,68
Salario bruto 1.681,22 1.866,34 1.487,57 1.819,39 1.997,38 1.655,90
· Cotizacións á Seguridade Social 106,87 117,52 95,74 116,98 129,83 105,17
· Retencións IRPF 229,73 274,43 182,98 252,31 299,67 208,81
Salario neto 1.344,62 1.474,39 1.208,85 1.450,10 1.567,88 1.341,92
(Salario ordinario = Salario base+Complementos salariais+Pagamentos por horas extraordinarias
 Salario bruto = Salario ordinario+Pagamentos extraordinarios
 Salario neto = Salario bruto-Cotizacións á Seguridade Social-Retencións IRPF)

                       Fonte: INE. Encuesta de Estructura Salarial. Elaboración IGE a partir dos ficheiros proporcionados polo INE (descarga da táboa)

3 Distribución salarial e percentís do salario bruto anual

3.1 Distribución salarial

O seguinte gráfico amosa a distribución dos salarios en Galicia no ano 2022. Represéntase a relación entre o número de asalariados e o seu salario bruto anual. O salario mediano é de 20.497,55 euros. Isto indica que o 50% dos asalariados galegos percibe unha retribución bruta non superior a esa cantidade. A distribución é asimétrica, cunha concentración de salarios por debaixo da media.


                      Distribución do salario bruto anual. Galicia. Ano 2022

                       Fonte: INE. Encuesta de Estructura Salarial. Elaboración IGE a partir dos ficheiros proporcionados polo INE

3.2 Percentís do salario bruto anual

No ano 2022, só un 25% dos asalariados galegos percibiu un salario bruto anual superior a 29.138,04 euros. Tan só un 10% dos asalariados obtivo un salario bruto anual superior a 41.574,36 euros.

Os percentís 10 e 25 de España e Galicia son moi similares, o que indica homoxeneidade de salarios nos niveis baixos. As diferenzas aumentan a medida que aumenta o salario e acentúanse no percentil 90, que en España é un 15,98% superior ao de Galicia.


                      Percentís do salario bruto anual. España e Galicia. Ano 2022

                      Unidade: Euros

                       Fonte: INE. Encuesta de Estructura Salarial. Elaboración IGE a partir dos ficheiros proporcionados polo INE (descarga da táboa)

4 Salario bruto

4.1 Salario bruto segundo o sexo e a idade

4.1.1 Salario bruto segundo o sexo

No ano 2022, o salario bruto anual medio en Galicia foi de 26.626,89 euros para os homes e de 21.912,75 euros para as mulleres, polo que o salario destas últimas representa o 82,30% do salario dos homes. No ano 2018 o salario feminino representaba o 78,72% do masculino, polo que no período 2018-2022 aumentan lixeiramente as diferenzas salariais entre homes e mulleres.


                      Salario bruto anual segundo o sexo. España e Galicia. Ano 2022

                      Unidade: Euros

                       Fonte: INE. Encuesta de Estructura Salarial. Elaboración IGE a partir dos ficheiros proporcionados polo INE (descarga da táboa)

A densidade do salario bruto anual das mulleres atópase á esquerda da dos homes en todos os niveis salariais. No extremo inferior pódese observar que o 50% das mulleres percibíu non máis de 18.165,51 euros no ano 2022, namentres que a porcentaxe de homes que percibiu menos desa cantidade é un pouco superior ao 25%.

                      Densidade do salario bruto anual segundo o sexo. Galicia. Ano 2022

                       Fonte: INE. Encuesta de Estructura Salarial. Elaboración IGE a partir dos ficheiros proporcionados polo INE

O salario mediano das mulleres no ano 2022 foi 18.165,51 euros, un 17,10% inferior ao seu salario medio. Esto indica unha concentración dos salarios por debaixo da media xa que máis do 50% das mulleres percibe un salario inferior ao salario medio.

Nos homes, o salario mediano no ano 2022 foi 22.994,16 euros, un 13,64% inferior ao seu salario medio, o que indica o mesmo comportamento que no caso das mulleres.

                      Percentís do salario bruto anual segundo o sexo. Galicia. Ano 2022

                      Unidade: Euros

Percentil Total Homes Mulleres
Percentil 10 9.755,28 13.579,23 8.507,88
Percentil 25 15.318,52 17.882,78 13.954,67
Percentil 50 20.497,55 22.994,16 18.165,51
Percentil 75 29.138,04 31.055,08 26.659,27
Percentil 90 41.574,36 44.139,55 39.631,17

                       Fonte: INE. Encuesta de Estructura Salarial. Elaboración IGE a partir dos ficheiros proporcionados polo INE (descarga da táboa)

Para comparar os salarios como “prezo da man de obra” é necesario empregar a ganancia por hora, que elimina o efecto producido polas diferenzas salariais segundo o tipo de xornada, a tempo completo ou a tempo parcial. Como se observa no apartado de asalariados segundo tipo de xornada e contrato, as mulleres teñen unha taxa de parcialidade superior á dos homes.

Na análise da ganancia media por hora por sexo confírmase o xa observado: maiores salarios dos homes tanto en Galicia como en España. Non obstante, a ganancia por hora mitiga algo as diferenzas entre homes e mulleres. E así, en Galicia no ano 2022, a ganancia por hora das mulleres representa o 90,52% da ganancia por hora dos homes, mentres que, en termos de salario bruto anual, esta porcentaxe é do 82,30%.

                      Ganancia por hora segundo o sexo. España e Galicia. Ano 2022

                      Unidade: Euros

                       Fonte: INE. Encuesta de Estructura Salarial. Elaboración IGE a partir dos ficheiros proporcionados polo INE (descarga da táboa)

4.1.2 Salario bruto segundo o grupo de idade

Os salarios melloran coa idade dos traballadores, grazas aos complementos de antigüidade e a que os traballadores van mellorando as súas condicións económicas na empresa co paso do tempo. En Galicia, no ano 2022, o salario bruto anual dos traballadores de 55 e máis anos foi un 106,31% superior ao dos asalariados menores de 25 anos; no caso de España, esta porcentaxe acada o 104,10%.

No ano 2022, o salario bruto anual en Galicia é inferior ao de España en todos os grupos de idade considerados. O grupo de idade que menos diferenzas presenta (en euros) é o de menores de 25 anos (diferenza de 1.453,33 euros), onde o salario bruto anual en Galicia é o 90,11% do de España para ese grupo de idade. Pola contra, o grupo de idade onde os salarios son máis diferentes é o grupo de 45 a 54 anos (diferenza de 3.344,83 euros), no que o salario de Galicia é o 88,60% do de España.

                      Salario bruto anual segundo o grupo de idade. Galicia e España. Ano 2022

                      Unidade: Euros

Idade España Galicia
Total 26.948,87 24.169,68
Menor de 25 14.700,90 13.247,57
25-34 22.484,94 19.310,44
35-44 26.840,57 23.530,95
45-54 29.334,60 25.989,77
55 e máis 30.003,94 27.331,52

   

                       Fonte: INE. Encuesta de Estructura Salarial. Elaboración IGE a partir dos ficheiros proporcionados polo INE (descarga da táboa)

No gráfico das densidades pódese observar que os salarios dos traballadores están máis concentrados en torno ao pico da curva (valor modal) nos dous grupos de idade inferiores que no grupo de idade de 55 e máis anos, onde os salarios presentan unha maior dispersión.


                      Densidade do salario bruto anual segundo o grupo de idade. Galicia. Ano 2022

                       Fonte: INE. Encuesta de Estructura Salarial. Elaboración IGE a partir dos ficheiros proporcionados polo INE

O salario mediano dos menores de 35 anos no ano 2022 foi 16.822,07 euros, un 7,93% inferior ao seu salario medio, o que significa que existe un maior número de asalariados menores de 35 anos percibindo salarios máis baixos. No caso dos traballadores de 35 a 55 anos e de 55 e máis anos, o salario mediano destes grupos de idade no ano 2022 é un 13,28% e un 15,72% inferior ao salario medio deses grupos.

                      Percentís do salario bruto anual segundo o grupo de idade. Galicia. Ano 2022

                      Unidade: Euros

Percentil Menor de 35 anos 35-55 anos 55 anos e máis
Percentil 10 7.648,60 11.030,73 10.772,42
Percentil 25 12.305,87 16.066,82 16.437,33
Percentil 50 16.822,07 21.544,66 23.034,40
Percentil 75 22.399,91 30.241,34 32.388,45
Percentil 90 30.306,00 41.574,36 49.727,86

                       Fonte: INE. Encuesta de Estructura Salarial. Elaboración IGE a partir dos ficheiros proporcionados polo INE (descarga da táboa)

A ganancia por hora, coma o salario bruto anual, aumenta coa idade dos traballadores: a maior idade, maior ganancia por hora. Así, en Galicia no ano 2022, os traballadores maiores de 55 anos teñen unha ganancia por hora un 53,09% superior á ganancia por hora dos traballadores menores de 25 anos. Esta porcentaxe é inferior á que se obtivo cos salarios brutos anuais (106,31%) debido, entre outras cousas, a que os traballadores máis novos teñen unha maior taxa de parcialidade, como se reflicte no apartado de asalariados segundo tipo de xornada e contrato.

                      Ganancia por hora segundo os grupos de idade. Galicia e España. Ano 2022

                      Unidade: Euros

Idade España Galicia
Total 13,20 11,76
Menor de 25 8,94 8,57
25-34 11,32 9,94
35-44 12,97 11,40
45-54 14,00 12,25
55 e máis 14,68 13,12

   

                       Fonte: INE. Encuesta de Estructura Salarial. Elaboración IGE a partir dos ficheiros proporcionados polo INE (descarga da táboa)

4.1.3 Salario bruto segundo o sexo e o grupo de idade

Os salarios dos galegos son superiores aos das galegas en todos os grupos de idade considerados, tal e como reflicten os datos dos salarios brutos anuais para o ano 2022.

O grupo de idade que menos diferenzas presenta (en euros) é o de 25 a 34 anos (diferenza de 1.732,90 euros), onde o salario bruto anual das mulleres é o 91,39% do dos homes para ese grupo de idade. No grupo de idade de máis de 55 anos as diferenzas ascienden a 6.734,31 euros, e para este grupo de idade o salario bruto anual das mulleres é o 78,18% do dos homes.


                      Salario bruto anual segundo o sexo e o grupo de idade. Galicia. Ano 2022

                      Unidade: Euros

Grupo de idade Total Homes Mulleres Diferenza: Homes - Mulleres Porcentaxe: Mulleres/Homes
Total 24.169,68 26.626,89 21.912,75 4.714,14 82,30
Menor de 25 13.247,57 14.613,48 11.973,19 2.640,29 81,93
25-34 19.310,44 20.121,67 18.388,77 1.732,90 91,39
35-44 23.530,95 26.312,22 21.220,49 5.091,73 80,65
45-54 25.989,77 28.701,53 23.522,56 5.178,97 81,96
55 e máis 27.331,52 30.858,34 24.124,03 6.734,31 78,18

                       Fonte: INE. Encuesta de Estructura Salarial. Elaboración IGE a partir dos ficheiros proporcionados polo INE (descarga da táboa)

4.2 Salario bruto segundo a ocupación

4.2.1 Salario bruto anual segundo a ocupación

A ocupación é unha das variables que máis inflúen no nivel salarial. Os salarios dos tres primeiros grupos (“Directores e xerentes”, “Técnicos e profesionais científicos e intelectuais” e “Técnicos e profesionais de apoio”) son superiores á media, tanto en Galicia como en España. En Galicia, no ano 2022, no grupo dos “Directores e xerentes” é onde se acada o salario bruto anual máis alto (45.976,32 euros) e supera nun 90,22% ao salario medio; en España, o salario deste grupo acada no ano 2022 a cifra de 59.478,63 euros e supera nun 120,71% ao salario medio.

Ademais, existen grandes diferenzas entre o primeiro grupo, o de “Directores e xerentes”, e os restantes. En Galicia, os salarios deste primeiro grupo son un 27,83% superiores aos do grupo de “Técnicos e profesionais científicos e intelectuais” e en España un 51,13%.


                      Salario bruto anual segundo a ocupación. Galicia e España. Ano 2022

                      Unidade: Euros
Ocupación España Galicia
Total 26.948,87 24.169,68
Directores e xerentes 59.478,63 45.976,32
Técnicos e profesionais científicos e intelectuais 39.356,06 35.966,08
Técnicos, profesionais de apoio 31.899,95 28.840,69
Empregados contables, administrativos e outros empregados de oficina 24.198,08 23.000,28
Traballadores dos servizos de restauración, personais, protección e comercio 18.992,66 16.692,18
Artesans e traballadores cualificados das industrias manufactureiras e a construción (excepto operadores de instalacions e maquinaria) 24.318,03 23.140,93
Operadores de instalacions e maquinaria, e montadores 24.792,88 22.686,73
Ocupacións elementais 17.017,06 17.004,78

                       Fonte: INE. Encuesta de Estructura Salarial. Elaboración IGE a partir dos ficheiros proporcionados polo INE (descarga da táboa)

As ocupacións menos remuneradas son os “Traballadores dos servizos de restauración, personais, protección ecomercio” e as “Ocupacións elementais”, nas que o salario bruto non supera en Galicia no ano 2022 os 17.005 euros anuais.

Ao comparar o salario bruto anual de Galicia con España nos distintos grupos de ocupación obsérvase que o salario en España é maior en todos os grupos de ocupación. As ocupacións onde menor diferenza (en euros) existe son as “Ocupacións elementais”, “Técnicos, profesionais de apoio” e os “Empregados contables, administrativos e outros empregados de oficina”.


                      Salario bruto anual segundo a ocupación. Galicia e España. Ano 2022

                      Unidade: Euros

                       Fonte: INE. Encuesta de Estructura Salarial. Elaboración IGE a partir dos ficheiros proporcionados polo INE (descarga da táboa)


4.2.2 Ganancia por hora segundo a ocupación

A comparación dos salarios segundo a ocupación en termos de ganancia por hora reflicte basicamente os mesmos resultados que ao considerar o salario bruto anual.

                      Ganancia por hora segundo a ocupación. Galicia e España. Ano 2022

                      Unidade: Euros
Ocupación España Galicia
Total 13,20 11,76
Directores e xerentes 25,91 20,06
Técnicos e profesionais científicos e intelectuais 19,44 17,91
Técnicos, profesionais de apoio 14,96 13,41
Empregados contables, administrativos e outros empregados de oficina 11,70 10,66
Traballadores dos servizos de restauración, personais, protección e comercio 9,89 8,68
Artesans e traballadores cualificados das industrias manufactureiras e a construción (excepto operadores de instalacions e maquinaria) 11,14 10,54
Operadores de instalacions e maquinaria, e montadores 11,53 10,41
Ocupacións elementais 9,21 9,19

                       Fonte: INE. Encuesta de Estructura Salarial. Elaboración IGE a partir dos ficheiros proporcionados polo INE (descarga da táboa)


                      Ganancia por hora segundo a ocupación. Galicia e España. Ano 2022

                      Unidade: Euros

                       Fonte: INE. Encuesta de Estructura Salarial. Elaboración IGE a partir dos ficheiros proporcionados polo INE(descarga da táboa)

4.3 Salario bruto anual segundo a actividade

4.3.1 Salario bruto anual segundo a actividade

Existen grandes diferenzas salariais segundo a actividade económica. As actividades económicas máis remuneradas son as “Actividades financeiras e de seguros”, onde o salario anual acada en 2022 en Galicia os 41.468,77 euros. Séguenlle a grande distancia da “Enerxía” e a “Información e comunicacións”. Por outro lado, as actividades con menor remuneración son as “Actividades artísticas, recreativas e de entretemento; Outros servizos” e o “Transporte e almacenamento; Hostalaría”, nas que o salario bruto anual non acada os 18.100 euros.

Os salarios brutos anuais en Galicia son inferiores aos de España en todas as agrupacións de actividade. Non obstante, as tres agrupacións nas que existen máis similitudes nos salarios son “Construción”, “Administración pública e defensa, seguranza social obrigatoria; Educación; Actividades sanitarias e de servizos sociais” e “Actividades artísticas, recreativas e de entretemento; Outros servizos”, nas que a porcentaxe do salario bruto anual de Galicia sobre o de España alcanza os valores do 93,21%, 92,76% e 92,53%, respectivamente.


                      Salario bruto anual segundo as ramas agregadas de actividade. Galicia e España. Ano 2022

                      Unidade: Euros

Actividade España Galicia
Total 26.948,87 24.169,68
B,D,E Enerxía 35.158,59 30.524,20
C Industria manufactureira 30.001,69 27.534,20
F Construción 25.149,61 23.440,80
G Comercio por xunto e ao retallo; reparación de vehículos de motor e motocicletas 23.209,92 19.499,29
H_I Transporte e almacenamento; Hostalaría 20.436,20 18.089,94
J Información e comunicacións 37.439,86 30.485,96
K Actividades financeiras e de seguros 47.252,68 41.468,77
L_N Actividades inmobiliarias; Actividades profesionais, científicas e técnicas; Actividades administrativas e servizos auxiliares 23.963,02 20.551,44
O_Q Administración pública e defensa, seguranza social obrigatoria; Educación; Actividades sanitarias e de servizos sociais 31.114,41 28.863,13
R_S Actividades artísticas, recreativas e de entretemento; Outros servizos 18.768,94 17.367,30

                       Fonte: INE. Encuesta de Estructura Salarial. Elaboración IGE a partir dos ficheiros proporcionados polo INE (descarga da táboa)

                      Salario bruto anual segundo as ramas agregadas de actividade. Galicia e España. Ano 2022

                      Unidade: Euros

                       Fonte: INE. Encuesta de Estructura Salarial. Elaboración IGE a partir dos ficheiros proporcionados polo INE (descarga da táboa)

4.3.2 Ganancia por hora segundo a actividade

A análise dos salarios en termos da ganancia por hora permite observar como as maiores diferenzas entre Galicia e España están en “Información e comunicacións”. As menores diferenzas están nas “Actividades artísticas, recreativas e de entretemento; Outros servizos”.

                      Ganancia por hora segundo as ramas agregadas de actividade. Galicia e España. Ano 2022

                      Unidade: Euros

Actividade España Galicia
Total 13,20 11,76
B,D,E Enerxía 15,93 13,13
C Industria manufactureira 13,48 12,17
F Construción 11,47 10,35
G Comercio por xunto e ao retallo; reparación de vehículos de motor e motocicletas 11,12 9,49
H_I Transporte e almacenamento; Hostalaría 10,81 9,59
J Información e comunicacións 16,89 13,74
K Actividades financeiras e de seguros 20,44 17,55
L_N Actividades inmobiliarias; Actividades profesionais, científicas e técnicas; Actividades administrativas e servizos auxiliares 12,08 10,58
O_Q Administración pública e defensa, seguranza social obrigatoria; Educación; Actividades sanitarias e de servizos sociais 15,86 14,61
R_S Actividades artísticas, recreativas e de entretemento; Outros servizos 10,79 9,96

                       Fonte: INE. Encuesta de Estructura Salarial. Elaboración IGE a partir dos ficheiros proporcionados polo INE (descarga da táboa)


                      Ganancia por hora segundo as ramas agregadas de actividade. Galicia e España. Ano 2022

                      Unidade: Euros

                       Fonte: INE. Encuesta de Estructura Salarial. Elaboración IGE a partir dos ficheiros proporcionados polo INE (descarga da táboa)

4.3.3 Salario bruto anual segundo o sexo e a actividade

As diferenzas salariais entre homes e mulleres aumentan ao excluír da análise a administración pública, defensa e seguridade social obrigatoria. Neste caso, os homes alcanzan un salario bruto anual de 26.081,51 euros, un 24,20% maior que o das mulleres. Se non se exclúen estas actividades, os homes gañan un 21,51% máis que as mulleres.


                      Salario bruto anual segundo o sexo e a actividade. Galicia. Ano 2022

                      Unidade: Euros

Agrupación de acividades económicas Total Homes Mulleres
Total 24.169,68 26.626,89 21.912,75
Industria, construción e servizos (excepto administración pública, defensa e seguridade social obrigatoria) 23.463,71 26.081,51 20.999,66

                       Fonte: INE. Encuesta de Estructura Salarial. Elaboración IGE a partir dos ficheiros proporcionados polo INE (descarga da táboa)

4.4 Salario bruto segundo o nivel de estudos

4.4.1 Salario bruto anual segundo o nivel de estudos

Canto máis alto sexa o nivel de estudos dun traballador, máis elavado será o seu salario. En Galicia, do mesmo xeito que en España, os traballadores con nivel de estudos igual ou superior ás ensinanzas de formación profesional de grado superior teñen salarios por enriba da media.

                      Salario bruto anual segundo o nivel de estudos. Galicia e España. Ano 2022

                      Unidade: Euros

Nivel de estudos España Galicia
Total 26.948,87 24.169,68
Menos que primaria 17.333,57 ..
Educación primaria 18.934,60 18.506,55
Primeira etapa de educación secundaria 20.225,81 19.304,13
Segunda etapa de educación secundaria 23.727,05 20.689,58
Ensinanzas de formación profesional de grao superior e similares 27.514,54 24.728,17
Diplomados universitarios e similares 33.722,61 30.483,81
Licenciados e similiares e doctores universitarios 44.672,13 39.600,89

                       Fonte: INE. Encuesta de Estructura Salarial. Elaboración IGE a partir dos ficheiros proporcionados polo INE (descarga da táboa)

En Galicia, os traballadores con educación primaria teñen unha remuneración inferior nun 23,43% ao salario medio; pola contra, o grupo dos licenciados e similares e doutores universitarios, percibe un salario medio anual un 63,85% superior á media.

4.4.2 Salario bruto anual segundo o sexo e o nivel de estudos

As diferenzas nos salarios entre homes e mulleres diminúen, en termos relativos, a medida que se incrementa o seu nivel de estudos. Así, mentres no ano 2022 en Galicia, o salario das mulleres con nivel de estudos “Menos que primaria, primaria e secundaria 1ª etapa”, representa o 70,64% do salario dos homes, nos traballadores con educación “Terciaria”, esta porcentaxe alcanza o 82,28%.

                      Salario bruto anual segundo o sexo e o nivel de estudos. Galicia. Ano 2022

                      Unidade: Euros

Nivel de estudos Total Homes Mulleres Diferenza: Homes - Mulleres Porcentaxe: Mulleres/Homes
Total 24.169,68 26.626,89 21.912,75 4.714,14 82,30
Menos que primaria, primaria e secundaria 1ª etapa 19.042,00 22.036,44 15.566,06 6.470,38 70,64
Secundaria 2ª etapa e postsecundaria non terciaria 20.689,58 23.526,63 17.945,80 5.580,83 76,28
Terciaria 32.222,32 36.039,61 29.652,68 6.386,93 82,28

                       Fonte: INE. Encuesta de Estructura Salarial. Elaboración IGE a partir dos ficheiros proporcionados polo INE (descarga da táboa)

Por outra parte, a análise do nivel de estudos alcanzado, non entre sexos senón dentro de cada sexo, amosa que os salarios das mulleres con educación terciaria son un 90,50% superiores aos das mulleres do primeiro grupo; nos homes, esta porcentaxe é do 63,55%. Esta situación reflicte unha maior diferenza nos salarios segundo o nivel de estudos nas mulleres que nos homes.


                      Salario bruto anual segundo o sexo e o nivel de estudos. Galicia. Ano 2022

                      Unidade: Euros

                       Fonte: INE. Encuesta de Estructura Salarial. Elaboración IGE a partir dos ficheiros proporcionados polo INE (descarga da táboa)

4.4.3 Distribución do salario bruto anual segundo o nivel de estudos

Mentres pouco máis do 10% dos asalariados con nivel de estudos “Menos que primaria, primaria e secundaria 1ª etapa” percibe salarios superiores a 28.500 euros, nos que teñen nivel de formación “Terciaria” está moi cerca do 50%.


                      Percentís do salario bruto anual segundo o nivel de estudos. Galicia. Ano 2022

                      Unidade: Euros

                       Fonte: INE. Encuesta de Estructura Salarial. Elaboración IGE a partir dos ficheiros proporcionados polo INE (descarga da táboa)

No gráfico das curvas de densidade dos salarios segundo o nivel de estudos pódese observar que nos traballadores con educación “Terciaria” os salarios están moito máis dispersos que nos outros dous grupos.

Por outra parte, os salarios dos traballadores con nivel de estudos “Menos que primaria, primaria e secundaria 1ª etapa” son os máis baixos. Tamén presentan maior concentración en torno ao valor modal (pico da curva), tal e como reflicte o feito de que a curva de densidade deste grupo sexa a que aparece máis desprazada cara á esquerda e, ademais, a que presenta un pico máis pronunciado.


                      Densidade do salario bruto anual segundo o nivel de estudos. Galicia. Ano 2022


                       Fonte: INE. Encuesta de Estructura Salarial. Elaboración IGE a partir dos ficheiros proporcionados polo INE

4.5 Salario bruto segundo a antigüidade

4.5.1 Salario bruto anual segundo a antigüidade

O salario bruto anual está directamente relacionado coa antigüidade no posto de traballo. O complemento de antigüidade mellora os salarios dos traballadores, aínda que o incremento non é unicamente debido a este complemento, senón que a antigüidade na empresa provoca melloras no posto de traballo e, por conseguinte, nas remuneracións.


                      Salario bruto anual segundo a antigüidade. España e Galicia. Ano 2022

                      Unidade: Euros

                       Fonte: INE. Encuesta de Estructura Salarial. Elaboración IGE a partir dos ficheiros proporcionados polo INE (descarga da táboa)

En Galicia, como en España, os salarios máis altos atópanse entre os asalariados que teñen unha antigüidade na empresa de 30 ou máis anos, onde o seu valor representa máis do dobre do salario percibido polos asalariados cunha antigüidade inferior a 1 ano.


4.5.2 Salario bruto anual segundo o sexo e a antigüidade

Os salarios brutos anuais dos homes e das mulleres teñen un comportamento similar respecto aos anos de antigüidade na empresa.

As diferenzas relativas entre os salarios dos homes e das mulleres son maiores nos asalariados con menos de 1 ano de antigüidade. Neste grupo o salario das mulleres representa o 72,30% do salario dos homes.

Por outra banda, as menores diferenzas preséntanse nos asalariados de entre 21 e 29 anos de antigüidade, no que o salario das mulleres supón o 88,86% do salario dos homes.


                      Salario bruto anual segundo o sexo e a antigüidade. Galicia. Ano 2022

                      Unidade: Euros

Antigüidade Total Homes Mulleres Diferenza: Homes - Mulleres Porcentaxe: Mulleres/Homes
Total 24.169,68 26.626,89 21.912,75 4.714,14 82,30
Menos de 1 ano 17.279,84 20.323,93 14.693,72 5.630,21 72,30
De 1 a 3 anos 19.732,95 21.611,29 17.817,04 3.794,25 82,44
De 4 a 10 anos 23.361,29 25.255,16 21.534,08 3.721,08 85,27
De 11 a 20 anos 27.495,32 30.794,42 25.003,88 5.790,54 81,20
De 21 a 29 anos 32.397,83 34.236,34 30.422,76 3.813,58 88,86
30 ou máis anos 36.514,78 39.109,03 33.671,59 5.437,44 86,10

                       Fonte: INE. Encuesta de Estructura Salarial. Elaboración IGE a partir dos ficheiros proporcionados polo INE (descarga da táboa)

                      Salario bruto anual segundo o sexo e a antigüidade. Galicia. Ano 2022

                      Unidade: Euros

                       Fonte: INE. Encuesta de Estructura Salarial. Elaboración IGE a partir dos ficheiros proporcionados polo INE (descarga da táboa)

4.5.3 Ganancia por hora segundo a antigüidade

Na análise da ganancia por hora segundo a antigüidade dos traballadores obsérvase o mesmo comportamento ascendente do salario respecto a antigüidade do traballador, tanto en España como en Galicia.

 

                      Ganancia por hora segundo a antigüidade. España e Galicia. Ano 2022

                      Unidade: Euros

                       Fonte: INE. Encuesta de Estructura Salarial. Elaboración IGE a partir dos ficheiros proporcionados polo INE (descarga da táboa)

4.6 Salario bruto segundo o tipo de xornada

4.6.1 Salario bruto anual segundo o tipo de xornada

O tipo de xornada é unha das variables que determina o nivel salarial. O salario medio anual dos asalariados con xornada a tempo parcial no ano 2022 en Galicia foi inferior en case un 60% ao dos asalariados con xornada a tempo completo. De feito, o salario dos traballadores a tempo parcial representa un 41,28% do salario dos traballadores a tempo completo.


                      Salario bruto anual segundo o tipo de xornada. España e Galicia. Ano 2022

                      Unidade: Euros

Espazo Total Tempo completo Tempo parcial Diferenza: tempo completo - Tempo parcial Porcentaxe: Tempo parcial/Tempo completo
España 26.948,87 30.998,32 12.986,05 18.012,27 41,89
Galicia 24.169,68 27.669,31 11.423,15 16.246,16 41,28

                       Fonte: INE. Encuesta de Estructura Salarial. Elaboración IGE a partir dos ficheiros proporcionados polo INE (descarga da táboa)

4.6.2 Salario bruto anual segundo o sexo e o tipo de xornada

A análise segundo o sexo reflicte que a tempo completo o salario das mulleres representa o 92,08% do salario dos homes con este tipo de xornada, mentres que nos traballadores a tempo parcial esta diferenza entre sexos increméntase e o salario das mulleres con este tipo de xornada é o 89,21% do salario dos homes na mesma situación.

                      Salario bruto anual segundo o sexo e o tipo de xornada. Galicia. Ano 2022

                      Unidade: Euros

Tipo de xornada Total Homes Mulleres Diferenza: Homes - Mulleres Porcentaxe: Mulleres/Homes
Total 24.169,68 26.626,89 21.912,75 4.714,14 82,30
Tempo completo 27.669,31 28.734,79 26.460,18 2.274,61 92,08
Tempo parcial 11.423,15 12.375,79 11.040,86 1.334,93 89,21

                       Fonte: INE. Encuesta de Estructura Salarial. Elaboración IGE a partir dos ficheiros proporcionados polo INE (descarga da táboa)

No seguinte gráfico represéntase a función de densidade do salario bruto anual segundo o tipo de xornada e o sexo.


                      Densidade do salario bruto anual segundo o sexo e o tipo de xornada. Galicia. Ano 2022


                       Fonte: INE. Encuesta de Estructura Salarial. Elaboración IGE a partir dos ficheiros proporcionados polo INE

Pódese apreciar que as densidades dos traballadores a tempo completo atópanse á dereita das densidades dos traballadores a tempo parcial. Esto indica que os salarios brutos anuais dos traballadores a tempo completo son maiores que os de aqueles que traballan a tempo parcial en ambos os dous sexos.

Por outra banda, a densidade das mulleres a tempo parcial é máis apuntada que o resto, o que reflicte unha maior concentración dos salarios brutos anuais deste tipo de traballadoras.

4.6.3 Ganancia por hora segundo o tipo de xornada

A comparación do salario bruto anual, é válida desde o punto de vista dos ingresos dos traballadores, pero non resulta pertinente se comparamos salarios como “prezo da man de obra”, posto que os salarios a tempo completo corresponden a máis horas de traballo. Neste caso, a ganancia por hora é unha variable máis relevante.

Ao comparar a ganancia por hora en Galicia entre os dous tipos de xornada, obsérvase que no ano 2022, a ganancia por hora dos asalariados a tempo parcial é un 26,84% menor que a ganancia por hora dos asalariados a tempo completo.


                      Ganancia por hora segundo o tipo de xornada. España e Galicia. Ano 2022

                      Unidade: Euros

                       Fonte: INE. Encuesta de Estructura Salarial. Elaboración IGE a partir dos ficheiros proporcionados polo INE (descarga da táboa)

4.6.4 Ganancia por hora segundo o sexo o tipo de xornada

Segundo o tipo de xornada e sexo, os resultados son semellantes tanto en ganancia por hora como en salario bruto anual: homes e mulleres perciben salarios por hora máis elevados nos traballos a tempo completo que a tempo parcial.


                      Ganancia por hora segundo o sexo e o tipo de xornada. España e Galicia. Ano 2022

                      Unidade: Euros

                       Fonte: INE. Encuesta de Estructura Salarial. Elaboración IGE a partir dos ficheiros proporcionados polo INE (descarga da táboa)

4.7 Salario bruto segundo o tipo de contrato

4.7.1 Salario bruto anual segundo o tipo de contrato

Para os efectos da enquisa consideráronse dous tipos de contrato: de duración indefinida e de duración determinada. Para poder realizar comparacións entre os asalariadosde ambas modalidades, axustouse o salario daqueles asalariados que non permaneceron todo o ano no centro de traballo e asignóuselles un salario anual equivalente ao que percibirían no caso de traballar durante todo o ano nas mesmas condicións.

O salario dos galegos con contrato de traballo de duración indefinida foi en 2022 superior nun 5,78% ao dos asalariados con contrato de duración determinada. En España, esta diferenza é superior e alcanza, no mesmo ano, o 8,35%.


                      Salario bruto anual segundo o tipo de contrato. España e Galicia. Ano 2022

                      Unidade: Euros

Espazo Total Duración indefinida Duración determinada Diferenza: Duración indefinida - Duración determinada Porcentaxe: Duración determinada/ Duración indefinida
España 26.948,87 27.193,32 25.096,82 2.096,50 108,35
Galicia 24.169,68 24.326,45 22.998,23 1.328,22 105,78

                       Fonte: INE. Encuesta de Estructura Salarial. Elaboración IGE a partir dos ficheiros proporcionados polo INE (descarga da táboa)

4.7.2 Salario bruto anual segundo o sexo e o tipo de contrato

A análise segundo o sexo reflicte diferenzas segundo o tipo de contrato; mentres os homes con contrato de traballo de duración indefinida cobran un 18,60% máis que os que teñen contrato de duración determinada, nas mullleres, son as que teñen un contrato de duración determinada as que cobran un 6,43% que as que teñen uno de duración indefinida.

                      Salario bruto anual segundo o sexo e o tipo de contrato. Galicia. Ano 2022

                      Unidade: Euros

                       Fonte: INE. Encuesta de Estructura Salarial. Elaboración IGE a partir dos ficheiros proporcionados polo INE (descarga da táboa)

No seguinte gráfico represéntase a función de densidade do salario bruto anual para Galicia segundo o sexo e o tipo de contrato.


                      Densidade do salario bruto anual segundo o sexo e o tipo de contrato. Galicia. Ano 2022


                       Fonte: INE. Encuesta de Estructura Salarial. Elaboración IGE a partir dos ficheiros proporcionados polo INE

A densidade das mulleres con contrato de duración indefinida é máis apuntada que o resto, o que reflicte unha maior concentración dos seus salarios.

En ambos os dous sexos, a densidade dos contratos de duración determinada é menos apuntada que a de duración indefinida, isto é, maior dispersión nos salarios dos traballadores e traballadoras con contrato de duración determinada.

5 Principais indicadores

Neste bloque inclúense tres indicadores definidos pola Oficina de Estadística de la Unión Europea (Eurostat) e calculados:

Isto significa que os resultados deste bloque non representan ao conxunto das persoas asalariadas incluídas no resto deste resumo. Este feito debe terse en conta á hora de interpretar os resultados.


5.1 Fenda salarial

O indicador de Fenda salarial definido por Eurostat representa a diferenza entre a ganancia media por hora dos homes e das mulleres, expresada como porcentaxe da ganancia media por hora dos homes. Como se indicou, para o cálculo deste indicador só se teñen en conta os asalariados de empresas de 10 ou máis asalariados pertencentes ás seccións B a S da CNAE 2009, excluíndo a sección O (“Administración pública, defensa e seguridade social obrigatoria”).

A fenda salarial é un indicador non axustado, é dicir, mide as diferenzas globais entre as ganancias medias de homes e mulleres, sen considerar as posibles diferenzas derivadas da distribución por sector, tipo de xornada, categoría profesional, tipo de contrato, etc. Polo tanto, a fenda salarial reflicte un concepto diferente ao de igual salario para o mesmo traballo para homes e mulleres.

No ano 2022 a fenda salarial en Galicia foi do 10,4%. Isto significa que, en media, os homes gañaron un 10,4% máis por hora que as mulleres no ámbito considerado por este indicador.

                      Fenda salarial na industria, construción e servizos (excepto AAPP, defensa e SS obrigatoria). Galicia.

                      Unidade: Porcentaxe

Actividade económica 2010 2014 2018 2022
Industria, construción e servizos (excepto administración pública, defensa e seguridade social obrigatoria) 13,5 11,5 8,5 10,4

                       Fonte: INE. Encuesta de Estructura Salarial. Elaboración IGE a partir dos ficheiros proporcionados polo INE (descarga da táboa)

Entre 2018 e 2024, a fenda salarial aumentou en 1,9 puntos porcentuais, o que indica que as diferenzas salariais entre homes e mulleres se incrementaron nese período no colectivo analizado por Eurostat.

Compre sinalar que, se se replicamos este indicador considerando a totalidade das persoas asalariadas na industria, construción e servizos, e sen restricións polo tamaño da empresa, as diferenzas salariais entre homes e mulleres melloran no mesmo período.

Diferenza porcentual na ganancia por hora entre homes e mulleres no conxunto da industria, construción e servizos. Galicia

Unidade: Porcentaxe

                       Fonte: INE. Encuesta de Estructura Salarial. Elaboración IGE a partir dos ficheiros proporcionados polo INE (descarga da táboa)

A fenda salarial en Galicia sitúase en 2022 por debaixo da UE28, que acada o valor do 12,70% e por riba da de España, cuxa fenda se sitúa en 8,70% en 2022.

Fenda salarial na industria, construción e servizos (excepto AAPP, defensa e SS obrigatoria). Países da UE 28 e Galicia. Ano 2022

Unidade: Porcentaxe

                       Fonte: INE. Encuesta de Estructura Salarial. Elaboración IGE a partir dos ficheiros proporcionados polo INE (descarga da táboa)

5.1.1 Fenda salarial segundo o tipo de xornada

No ano 2022, os homes que traballaban a tempo parcial en Galicia gañaban un 15,5% máis (con respecto ao seu salario), que as mulleres que traballaban co mesmo tipo de xornada. Os salarios a tempo completo son máis homoxéneos e a fenda salarial neste tipo de xornada non acada o 7%.

Fenda salarial segundo o tipo de xornada na industria, construción e servizos (excepto AAPP, defensa e SS obrigatoria). Galicia. Ano 2022

Unidade: Porcentaxe

Tipo de xornada 2022
Total 10,4
Tempo completo 6,6
Tempo parcial 15,5

                       Fonte: INE. Encuesta de Estructura Salarial. Elaboración IGE a partir dos ficheiros proporcionados polo INE (descarga da táboa)

Evolución da fenda salarial segundo o tipo de xornada na industria, construción e servizos (excepto AAPP, defensa e SS obrigatoria). Galicia.

Unidade: Porcentaxe

                       Fonte: INE. Encuesta de Estructura Salarial. Elaboración IGE a partir dos ficheiros proporcionados polo INE(descarga da táboa)

5.2 Proporción de persoas asalariadas con salarios baixos

Considéranse persoas asalariadas con salarios baixos aquelas que gañan 2/3 ou menos da mediana das ganancias brutas por hora na rexión/país de referencia. Polo tanto, cómpre resaltar que o limiar empregado para determinar qué salarios son baixos é específico de cada país. Para o cálculo deste indicador só se consideran as persoas asalariadas de empresas de 10 ou máis asalariados incluídas nalgunha das seccións B a S (excluída a O: “Administración pública, defensa e seguridade social obrigatoria”) da CNAE 2009

En Galicia, no ano 2022, o 9,0% das persoas asalariadas tiña salarios baixos, unha porcentaxe inferior á do ano 2018, que era do 13,1%.

A consideración deste indicador segundo o sexo permite observar importantes diferenzas entre homes e mulleres. Así, no ano 2022 a porcentaxe de mulleres asalariadas con salarios baixos en Galicia acadou o valor do 13,9% fronte ao 3,9% dos homes.

                      Porcentaxe de persoas asalariadas con salarios baixos segundo o sexo. Galicia.

                      Unidade: Porcentaxe

                       Fonte: INE. Encuesta de Estructura Salarial. Elaboración IGE a partir dos ficheiros proporcionados polo INE (descarga da táboa)

5.2.1 Proporción de persoas asalariadas con salarios baixos segundo a idade

Se se fai a análise da proporción de persoas asalaraiadas con salarios baixos segundo a idade, obsérvase que nos menores de 30 anos este indicador ascende ao 14,0%, superior ao dato para as persoas asalariadas de 50 e máis anos, que se sitúa no 8,3%.


                      Porcentaxe de asalariados con salarios baixos segundo a idade. Galicia.

                      Unidade: Porcentaxe

                       Fonte: INE. Encuesta de Estructura Salarial. Elaboración IGE a partir dos ficheiros proporcionados polo INE(descarga da táboa)

5.2.2 Proporción de persoas asalariadas con salarios baixos segundo o nivel de estudos

Tendo en conta a proporción de asalariados con salarios baixos segundo o nivel de estudos, obsérvase que a medida que aumenta o nivel de estudos a proporción de asalariados con salarios baixos é menor.

                      Porcentaxe de persoas asalariadas con salarios baixos segundo o nivel de estudos. Galicia.

                      Unidade: Porcentaxe

                       Fonte: INE. Encuesta de Estructura Salarial. Elaboración IGE a partir dos ficheiros proporcionados polo INE(descarga da táboa)

5.2.3 Proporción de persoas asalariadas con salarios baixos nos países da Unión Europea

A comparación por países debe realizarse con cautela debido á existencia de umbrais diferentes para cada país. Non obstante, os datos de Eurostat reflicten que no ano 2022 en Galicia esta porcentaxe é do 9% e en España do 13,24%.

                      Porcentaxe de asalariados con salarios baixos nos países da Unión Europea. Ano 2022.

                      Unidade: Porcentaxe

                       Fonte: INE. Encuesta de Estructura Salarial. Elaboración IGE a partir dos ficheiros proporcionados polo INE (descarga da táboa)

5.3 Mediana das ganancias medias por hora

5.3.1 Mediana das ganancias medias por hora segundo o sexo

A mediana das ganancias medias por hora defínese coma o valor tal que a metade da poboación nesa rexión/país gaña menos o igual que ese valor e a outra metade gaña máis. Os datos son relativos a asalariados de empresas de 10 ou máis traballadores, incluídas nalgunha das seccións B a S (excluída a O) da CNAE 2009.

En 2022, a metade das persoas asalariadas galegas ten un salario por hora non superior a 10,1 euros. Este valor é inferior para as mulleres que para os homes, 9,1 euros por hora, fronte a 10,9 euros por hora.

Mediana das ganancias medias por hora segundo o sexo. Galicia

Unidade: Euros

                       Fonte: INE. Encuesta de Estructura Salarial. Elaboración IGE a partir dos ficheiros proporcionados polo INE(descarga da táboa)

5.3.2 Mediana das ganancias medias por hora segundo a idade

Se se analiza a mediana das ganancias medias por hora segundo a idade para o ano 2022, obsérvase que este valor aumenta a medida que aumenta a idade. Así a mediana aumenta un 24,1% de ter menos de 30 anos a ter 50 ou máis anos.


Mediana das ganancias medias por hora segundo a idade. Galicia

Unidade: Euros

                       Fonte: INE. Encuesta de Estructura Salarial. Elaboración IGE a partir dos ficheiros proporcionados polo INE(descarga da táboa)


5.3.3 Mediana das ganancias medias nos países da Unión Europea

A mediana das ganancias medias por hora para Galicia situouse no 2022 en 10.1 euros por hora, na mitade da táboa de países da UE, e inferior á de España, 11.02 euros.

                      Mediana das ganancias medias por hora nos países da Unión Europea. Ano 2022

                      Unidade: Porcentaxe

                       Fonte: INE. Encuesta de Estructura Salarial. Elaboración IGE a partir dos ficheiros proporcionados polo INE (descarga da táboa)

6 Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

INE. Encuesta de Estructura Salarial. Elaboración IGE a partir dos ficheiros proporcionados polo INE