Estudo de salarios / A remuneración do factor traballo na economía galega

Principais resultados

1 Introdución

Os datos do Sistema de Contas Económicas de Galicia ofrecen unha perspectiva macroeconómica da remuneración do factor traballo na comunidade autónoma. A metodoloxía seguida na elaboración das Contas Económicas en Galicia permite realizar comparacións con outros espazos económicos. Neste apartado analizarase como evoluciona a remuneración dos asalariados en Galicia, en que sectores está máis concentrada e en cales a remuneración por hora é maior.

2 Peso da remuneración dos asalariados no PIB

A remuneración de asalariados é unha compoñente do Produto Interior Bruto cando se analiza pola vía das rendas. Indica qué parte do valor engadido bruto xerado por unha economía vai destinada a remunerar o factor traballo. Este concepto inclúe a remuneración total, en efectivo ou en especie, a pagar por un empregador a un asalariado a cambio do traballo realizado por este durante o exercicio contable. Non inclúe a remuneración do traballo non asalariado, que estaría recollida no excedente bruto de explotación, concretamente no concepto de “Renda mixta”.

É un concepto interior, isto é, considera as rendas do traballo pagadas por unidades residentes, independentemente da residencia do asalariado.

Nos tres espazos: Galicia, economía española e europea, a remuneración do factor traballo gañou peso no 2024. En Galicia, o peso dos salarios representa o 44,2 do PIB galego (0,2 puntos porcentuais máis que en 2023). Este indicador acadou o seu máximo en Galicia no ano 2009 (situándose no 48,1 do PIB). En España, o peso no PIB no ano 2024 tamén é menor ao de 2009. A participación das rendas salariais no PIB é inferior en Galicia que nos outros espazos económicos.

Peso da remuneración dos asalariados no PIB. Galicia, España e Europa
Unidade: Porcentaxes
2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024
Galicia 44,7 44,1 44,0 44,0 45,5 47,7 45,2 44,3 44,0 44,2
España 45,7 45,2 45,1 45,4 46,7 49,8 48,9 47,7 47,5 47,9
UE27 46,8 47,0 47,0 47,4 47,6 48,7 47,5 46,6 46,9 47,7
Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais. Revisión Estatística 2024; Eurostat. National accounts (ESA 2010).

Peso da remuneración dos asalariados no PIB. Galicia, España e Europa

Unidade: Porcentaxes

Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais. Revisión Estatística 2024; Eurostat. National accounts (ESA 2010).


3 Evolución da remuneración de asalariados

En termos correntes, a evolución da remuneración de asalariados en Galicia volve a ser positiva no ano 2024, pero o seu crecemento é mais moderado que no conxunto nacional.

Evolución da remuneración de asalariados en termos correntes. Galicia, España e Europa
Unidade: Taxa de variación interanual (%)
2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024
Galicia 2,7 2,2 3,0 4,9 6,0 -3,4 5,9 7,9 7,2 6,1
España 4,3 2,2 4,0 4,3 6,4 -4,1 7,5 8,6 8,5 7,3
UE27 2,8 3,2 4,2 4,3 4,0 -1,6 6,3 7,3 7,4 6,1
Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais. Revisión Estatística 2024; Eurostat. National accounts (ESA 2010).

A dinámica temporal da remuneración de asalariados en Galicia é semellante á de España, con un ritmo de crecemento superior ao da UE27 no período previo ao 2008 e no período 2022-2023, e unhas reducións máis pronunciadas que a UE27 no período 2010-2013.

Evolución da remuneración de asalariados en termos correntes. Galicia, España e Europa

Unidade: Taxa de variación interanual(%)

Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais. Revisión Estatística 2024; Eurostat. National accounts (ESA 2010).


4 Remuneración de asalariados por hora efectiva asalariada

A remuneración por hora asalariada en Galicia alcanzou en 2024 os 22,5 euros. Esta cifra supón o 76,0% da remuneración por hora na UE27. Este diferencial Galicia-UE27 reduciuse desde o ano 2000 (a remuneración hora galega representaba o 71,1 % da europea) ao ano 2009, no que a remuneración por hora asalariada alcanzou o 79,6 %. Dende ese período o diferencial volve medrar.

Remuneración de asalariados por hora efectiva asalariada. Galicia, España e Europa
Unidade: Euros/hora
2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024
Galicia 16,3 16,5 16,6 17,3 18,0 19,6 19,5 20,7 21,6 22,5
España 19,5 19,5 19,7 20,0 20,9 22,2 22,5 23,2 24,4 25,6
UE27 22,2 22,4 23,0 23,6 24,2 25,4 25,6 26,6 28,1 29,6
Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais. Revisión Estatística 2024; Eurostat. National accounts (ESA 2010).

Pese a todo, o balance nos últimos 24 anos é positivo. Nesta comparativa, realizada a prezos correntes, non se está tendo en conta o diferencial no nivel de prezos entre os espazos económicos.

Remuneración de asalariados por hora efectiva asalariada. Galicia, España e Europa

Unidade: Euros/hora

Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais. Revisión Estatística 2024; Eurostat. National accounts (ESA 2010).


5 Remuneración de asalariados por grandes sectores de actividade

A información do sistema de contas permite coñecer en qué sectores (ou ramas de actividade) está concentrada a remuneración de asalariados. Loxicamente, dependerá do volume de traballo asalariado, e da remuneración media en cada sector.

Como na meirande parte das economías occidentais, a remuneración dos asalariados concéntrase no sector servizos. Porén, en Galicia, o peso do sector servizos é inferior ao dato español ou da UE27. O peso do sector primario na remuneración dos asalariados é do 2,2% en Galicia no ano 2024, porcentaxe superior á remuneración deste sector en España ou Europa.

Distribución da remuneración de asalariados por sectores. Ano 2024

Unidade: Porcentaxes

Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais. Revisión Estatística 2024; Eurostat. National accounts (ESA 2010).

Analizando a evolución do peso da remuneración de asalariados por sectores ao longo dos últimos 24 anos, obsérvase como o peso da industria vaise reducindo en todo o período; a construción sofre unha caída desde o ano 2007, e o sector servizos non deixa de medrar. Este fenómeno non só se produce en Galicia, senón tamén en España en na UE-27.


Distribución da remuneración de asalariados por sectores. Galicia

Unidade: Porcentaxes

Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais. Revisión Estatística 2024.

Distribución da remuneración de asalariados por sectores. España

Unidade: Porcentaxes

Fonte: Eurostat. National accounts (ESA 2010).


Distribución da remuneración de asalariados por sectores. UE27

Unidade: Porcentaxes

Fonte: Eurostat. National accounts (ESA 2010).

6 Remuneración de asalariados por hora efectiva asalariada por sectores de actividade

Galicia ten unha remuneración de asalariados por hora inferior á media europea en todos os sectores. Con respecto a España, só no sector primario e na construción ten unha remuneración superior.

Con respecto á Unión Europea, as maiores diferenzas atópanse no sector Información e comunicacións e nas Actividades financeiras e de seguros. As diferenzas son menores no caso do sector da construción ou da Administración pública, sanidade e educación.

As actividades financeiras e de seguros, da Administración pública, sanidade e educación e de información e comunicacións son as que presentan unha maior remuneración por hora en Galicia, aspecto compartido coa economía española.


Remuneración de asalariados por hora efectiva asalariada por sectores de actividade. Ano 2024

Unidade: Euros/hora

Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais. Revisión Estatística 2024; Eurostat. National accounts (ESA 2010).

7 Evolución do custo laboral unitario real

Este indicador compara a evolución da remuneración por asalariado coa evolución dos prezos e da produtividade real por posto traballo (calculada como cociente entre valor engadido bruto a prezos constantes e postos de traballo). De modo que toma un valor positivo se o crecemento da remuneración por asalariado supera o crecemento da produtividade e dos prezos.

Evolución do custo laboral unitario real. Galicia, España e Europa
Unidade: Taxa de variación interanual (%)
2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024
Galicia -0,9 -1,5 -0,6 -0,5 3,5 4,2 -4,5 -2,6 -0,7 0,0
España -0,6 -1,2 -0,8 0,3 2,7 7,0 -1,8 -2,5 -0,3 0,5
UE27 -1,2 0,1 -0,4 0,5 0,1 2,5 -2,5 -2,1 0,5 1,5
Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais. Revisión Estatística 2024; Eurostat. National accounts (ESA 2010).

En Galicia esta serie só toma valores positivos en 2007, 2008, 2009, 2011, 2019 e 2020.

Evolución do custo laboral unitario real

Unidade: Taxa de variación interanual (%)

Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais. Revisión Estatística 2024; Eurostat. National accounts (ESA 2010).

8 Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Contas económicas de Galicia. Revisión Estatística 2024 (os datos de 2023 son provisionais, e os datos de 2024 son avance).
Eurostat. National accounts (ESA 2010).