Estudo de salarios / A remuneración do factor traballo na economía galega

Principais resultados

1 Introdución

Os datos do Sistema de Contas Económicas de Galicia ofrecen unha perspectiva macroeconómica da remuneración do factor traballo na comunidade autónoma. A metodoloxía seguida na elaboración das Contas Económicas en Galicia permite realizar comparacións con outros espazos económicos. Neste apartado analizarase como evoluciona a remuneración dos asalariados en Galicia, en que sectores está máis concentrada e en cales a remuneración por hora é maior, e veremos como mudou a economía galega nos últimos anos.

2 Peso da remuneración dos asalariados no PIB

A remuneración de asalariados é unha compoñente do Produto Interior Bruto cando se analiza pola vía das rendas. Indica qué parte do valor engadido bruto xerado por unha economía vai destinada a remunerar o factor traballo. Este concepto inclúe a remuneración total, en efectivo ou en especie, a pagar por un empregador a un asalariado a cambio do traballo realizado por este durante o exercicio contable. Non inclúe a remuneración do traballo non asalariado, que estaría recollida no excedente bruto de explotación, concretamente no concepto de “Renda mixta”.

É un concepto interior, isto é, considera as rendas do traballo pagadas por unidades residentes, independentemente da residencia do asalariado.

 

Peso da remuneración dos asalariados no PIB. Galicia, España e Europa
Unidade: Porcentaxes
2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024
Galicia 44,7 44,1 44,0 44,0 45,5 47,7 45,2 44,2 43,9 44,0
España 45,7 45,2 45,1 45,4 46,7 49,8 48,9 47,7 47,8 48,4
UE27 46,8 47,0 47,0 47,4 47,6 48,7 47,5 46,7 47,0 47,9
Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais. Revisión Estatística 2024; Eurostat. National accounts (ESA 2010)

 

 

 

No ano 2024, o peso dos salarios representa o 44,0% do PIB galego (0,1 puntos porcentuais máis que en 2023). Este indicador acadou o seu máximo en Galicia no ano 2020 (situándose no 47,7% do PIB).

En España, o peso no PIB no ano 2024 tamén é menor ao de 2020. Nos tres espazos: Galicia, economía española e europea a remuneración do factor traballo gañou peso no último ano. A participación das rendas salariais no PIB é inferior en Galicia que nos outros espazos económicos.

 

Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais. Revisión Estatística 2024; Eurostat. National accounts (ESA 2010)

3 Evolución da remuneración de asalariados

 

Evolución da remuneración de asalariados. Galicia, España e Europa
Unidade: Taxa de variación interanual (%)
2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024
Galicia 2,7 2,2 3,0 4,9 6,0 -3,4 5,9 7,8 7,3 5,8
España 4,3 2,2 4,0 4,3 6,4 -4,1 7,5 8,6 9,1 7,7
UE27 2,8 3,2 4,2 4,3 4,0 -1,6 6,3 7,2 7,3 6,2
Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais. Revisión Estatística 2024; Eurostat. National accounts (ESA 2010)

 

 

 

En termos correntes, a evolución da remuneración de asalariados en Galicia volve a ser positiva no ano 2024. Pero o seu crecemento é mais moderado que no conxunto nacional.

Ao longo da serie, a evolución en Galicia é similar á evolución da remuneración en España: no período anterior a 2008, o crecemento foi superior á media da UE27 e ambas presentan taxas negativas entre 2009 e 2013 e no ano 2020.

 

Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais. Revisión Estatística 2024; Eurostat. National accounts (ESA 2010)

4 Remuneración de asalariados por hora efectiva asalariada

 

Remuneración de asalariados por hora efectiva asalariada. Galicia, España e Europa
Unidade: Euros/hora
2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024
Galicia 16,3 16,5 16,6 17,3 18,0 19,6 19,5 20,6 21,7 22,7
España 19,5 19,5 19,7 20,0 20,9 22,2 22,5 23,2 24,8 26,2
UE27 22,2 22,4 23,0 23,6 24,2 25,4 25,6 26,6 28,2 29,7
Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais. Revisión Estatística 2024; Eurostat. National accounts (ESA 2010)

 

 

 

A remuneración por hora asalariada en Galicia alcanzou en 2024 os 22,7 euros. Esta cifra supón o 76,2% da remuneración por hora na UE27.

Este diferencial Galicia-UE27 reduciuse desde o ano 2000 (a remuneración hora galega representaba o 71,1 % da europea) ao ano 2009, no que a remuneración por hora asalariada alcanzou o 79,6 %. Dende ese período o diferencial volve medrar.

Pese a que nos últimos anos se incrementou o diferencial, o balance nos últimos 24 anos é positivo xa que a remuneración por hora asalariada medrou a maior ritmo en Galicia que en España e Europa. Nesta comparativa, realizada a prezos correntes, non se está tendo en conta o diferencial no nivel de prezos entre os espazos económicos.

 

Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais. Revisión Estatística 2024; Eurostat. National accounts (ESA 2010)

5 Remuneración de asalariados por grandes sectores de actividade

A información do sistema de contas permite coñecer en qué sectores (ou ramas de actividade) está concentrada a remuneración de asalariados. Loxicamente, dependerá do volume de traballo asalariado, e da remuneración media en cada sector.

 

Distribución da remuneración de asalariados por sectores. Ano 2024

 

 

 

 

Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais. Revisión Estatística 2024; Eurostat. National accounts (ESA 2010)

 

 

 

Como na meirande parte das economías occidentais, a remuneración dos asalariados concéntrase no sector servizos. Porén, en Galicia, o peso do sector servizos é inferior ao dato español ou da UE27. A achega do sector primario á remuneración dos asalariados é do 2,5% en Galicia no ano 2024, porcentaxe superior á remuneración deste sector en España ou Europa.

 

 

Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais. Revisión Estatística 2024; Eurostat. National accounts (ESA 2010)

 

 

 

Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais. Revisión Estatística 2024; Eurostat. National accounts (ESA 2010)

 

Analizando a evolución do peso da remuneración de asalariados por sectores ao longo dos últimos 24 anos obsérvase como o peso da industria vaise reducindo en todo o período; a construción sofre unha caída desde o ano 2007, e o sector servizos non deixa de medrar.

Estes fenómenos son comúns nos tres espazos considerados se ben a magnitude dos cambios é diferente.

6 Remuneración de asalariados por hora efectiva asalariada por sectores de actividade

 

Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais. Revisión Estatística 2024; Eurostat. National accounts (ESA 2010)

 

 

 

Galicia ten unha remuneración de asalariados por hora inferior á media europea en todos os sectores salvo no primario.

As diferenzas son menores no caso do sector da construción ou da Administración pública, sanidade e educación e relativamente importantes en sectores como o das actividades inmobiliarias, no sector das actividades financeiras e de seguros, da información e das comunicacións ou no das actividades profesionais, científicas e técnicas; actividades administrativas e servizos auxiliares.

As actividades financeiras e de seguros, da Administración pública, sanidade e educación e de información e comunicacións son as que presentan unha maior remuneración por hora en Galicia. En España tamén son estes sectores de actividade os mellor remunerados. Na UE-27 adiantan en remuneración media as Actividades profesionais, científicas e técnicas; actividades administrativas e servizos auxiliares ás da Administración pública, sanidade e educación.

7 Evolución do custo laboral unitario real

Este indicador compara a evolución da remuneración por asalariado coa evolución dos prezos e da produtividade por posto traballo (calculada como valor engadido bruto a prezos correntes e postos de traballo asalariados). De modo que toma un valor positivo se o crecemento da remuneración por asalariado supera o crecemento da produtividade e dos prezos.

 

Evolución do custo laboral unitario real. Galicia, España e Europa
Unidade: Taxa de variación interanual (%)
2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024
Galicia -0,9 -1,5 -0,6 -0,5 3,5 4,2 -4,5 -2,8 -0,9 -0,3
España -0,6 -1,2 -0,8 0,3 2,7 7,0 -1,8 -2,3 0,0 1,0
UE27 -1,2 0,1 -0,2 0,5 0,1 2,5 -2,5 -1,9 0,6 1,6
Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais. Revisión Estatística 2024; Eurostat. National accounts (ESA 2010)

 

 

 

En Galicia esta serie só toma valores positivos en 2007, 2008, 2009, 2011, 2019 e 2020.

 

Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais. Revisión Estatística 2024; Eurostat. National accounts (ESA 2010)

 

 

 

A seguinte táboa recolle a evolución das compoñentes do custo laboral unitario real en Galicia: remuneración por asalariado, produtividade do traballo e prezos. E mostra como no ano 2024 a evolución da remuneración media en Galicia (4,4%) é inferior ao conxunto da evolución da produtividade (1,9 %) e dos prezos (2,8 %) o que provoca que o indicador de evolución do custo laboral unitario real tome un valor negativo (-0,3%).

 

Evolución das compoñentes do custo laboral unitario real en Galicia
Unidade: Taxa de variación interanual (%)
2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024
Remuneración media 1,1 0,2 0,6 3,3 3,3 4,9 0,1 4,3 4,8 4,4
Produtividade por posto de traballo 1,8 1,5 -0,1 2,4 -1,5 0,1 1,9 1,5 0,2 1,9
Deflactor 0,2 0,1 1,2 1,4 1,4 0,6 2,9 5,7 5,6 2,8
Coste laboral unitario real -0,9 -1,5 -0,6 -0,5 3,5 4,2 -4,5 -2,8 -0,9 -0,3
Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais. Revisión Estatística 2024

 

 

 

 

Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais. Revisión Estatística 2024

 

 

 


8 Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Contas económicas de Galicia. Revisión Estatística 2024 (os datos de 2022 son provisionais, e os datos de 2023 e 2024 son avance).
Eurostat. National accounts (ESA 2010)