ÍNDICE


Estudo de salarios / O mercado de traballo en Galicia

Principais resultados

1 Introdución

A Enquisa de Poboación Activa (EPA) é unha investigación por mostraxe, continua e dirixida ás vivendas familiares que o Instituto Nacional de Estadística (INE) realiza dende 1964. En xullo de 2008 firmouse un convenio de colaboración entre o INE e o Instituto Galego de Estatística (IGE) para duplicar a mostra da EPA no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

A finalidade principal da EPA é coñecer a actividade económica no relativo ao seu compoñente humano. Está orientada a dar datos das principais categorías poboacionais en relación co mercado de traballo (poboación ocupada, parada, activa e inactiva) e a obter clasificacións de estas categorías segundo diversas características. Tamén posibilita confeccionar series temporais homoxéneas de resultados.

A partir da Enquisa de Poboación Activa (IGE-INE), neste apartado descríbese a poboación asalariada en Galicia segundo o sexo, idade, tipo de xornada, tipo de contrato, rama de actividade, nivel de estudos e a ocupación.

2 Datos xerais


Evolución da poboación en relación coa actividade económica. Galicia
Unidade: Miles de persoas
2006 2009 2013 2017 2021 2024
Pob. de 16 e máis anos 2.380,4 2.407,0 2.382,3 2.341,9 2.344,4 2.372,0
Poboación activa 1.270,9 1.319,5 1.290,9 1.248,3 1.228,9 1.262,3
Poboación ocupada 1.164,9 1.155,4 1.006,4 1.052,7 1.087,1 1.144,0
Poboación asalariada 887,2 898,0 775,3 827,3 877,7 934,8
Contrato indefinido 579,6 659,8 598,6 604,0 663,3 785,8
Contrato temporal 307,6 238,2 176,7 223,3 214,4 149,0
Poboación parada 106,1 164,1 284,6 195,6 141,8 118,3
Poboación inactiva 1.109,5 1.087,5 1.091,4 1.093,6 1.115,5 1.109,7

   


Evolución da poboación activa, ocupada e parada. Galicia
Unidade: Miles de persoas


No ano 2024, a poboación galega de 16 e máis anos foi de 2.372.000 persoas, das cales 1.262.300 persoas clasifícanse como activas, o que situou a taxa de actividade no 53,2%.

A cifra media de persoas ocupadas ascendeu a 1.144.000 persoas, situando a taxa de ocupación no 48,2%. A taxa de paro foi do 9,4%, con 118.300 persoas en paro.

Atendendo á situación profesional, en Galicia había 934.800 persoas asalariadas (o 81,7% da poboación ocupada); 785.800 con contrato indefinido, e os 149.000 restantes con contrato temporal, de aquí que a taxa de temporalidade se situara no 15,9%.


Principais taxas do mercado laboral segundo o sexo. Galicia e España. Ano 2006
Unidade: Porcentaxes
España
Galicia
Total Homes Mulleres Total Homes Mulleres
Taxa de actividade 59,6 65,8 53,7 53,8 59,0 49,0
Taxa de ocupación 45,0 50,3 40,0 42,1 46,2 38,4
Taxa de paro 24,4 23,6 25,4 21,7 21,6 21,7
Taxa de temporalidade 24,0 23,5 24,5 23,5 23,2 23,7
Taxa de salarización 82,4 78,5 87,0 78,1 74,7 81,9
Taxa de parcialidade 17,2 8,2 26,8 15,6 6,9 24,5

 

Principais taxas do mercado laboral segundo o sexo. Galicia e España. Ano 2024
Unidade: Porcentaxes
España
Galicia
Total Homes Mulleres Total Homes Mulleres
Taxa de actividade 58,8 63,9 53,9 53,2 57,4 49,5
Taxa de ocupación 52,1 57,4 47,1 48,2 52,3 44,5
Taxa de paro 11,3 10,2 12,7 9,4 8,8 10,0
Taxa de temporalidade 15,9 13,6 18,4 15,9 12,6 19,3
Taxa de salarización 85,2 82,1 88,7 81,7 79,2 84,4
Taxa de parcialidade 14,3 7,0 22,2 14,1 6,6 21,7


Taxa de actividade segundo o sexo. Galicia
Unidade: Porcentaxes

   

Taxa de paro segundo o sexo. Galicia
Unidade: Porcentaxes


No ano 2024, en Galicia, a taxa de temporalidade (porcentaxe de poboación asalariada con contrato temporal sobre o total de poboación asalariada) situouse no 15,9%.

A taxa de salarización (porcentaxe de poboación asalariada sobre o total de poboación ocupada) situouse no 81,7% e a taxa de parcialidade da poboación asalariada (porcentaxe de poboación asalariada con xornada parcial sobre o total de poboación asalariada) situouse no 14,1%.

Por sexo, as maiores diferenzas danse na taxa de parcialidade, mentres que a porcentaxe de mulleres galegas asalariadas que tiñan xornada parcial foi do 21,7%, nos homes esta porcentaxe foi do 6,6%.

3 Poboación asalariada por sexo e grupos de idade

No ano 2024, en Galicia e España, o grupo de idade con maior número de poboación asalariada corresponde ás idades de 45 a 49 anos. A primeira pirámide establece a comparativa dos anos 2006 e 2024 da poboación asalariada en Galicia. Nesta obsérvase o aumento que se produciu na poboación asalariada feminina, acadando na actualidade un maior equilibrio entre homes e mulleres.

No período 2006-2024 a idade media da poboación asalariada foi en aumento, aínda que presenta un estancamento nos últimos anos.

En Galicia, ata o ano 2014, a idade media dos homes foi superior á das mulleres, a partir deste ano a idade media das mulleres é lixeiramente superior. No ano 2024, a idade media da poboación asalariada sitúase en 44,4 para os homes e 44,8 para as mulleres. Comparando as dúas gráficas inferiores, obsérvase tamén que a idade media da poboación asalariada en Galicia foi, en todo o período, lixeiramente superior á media española.


 



Idade media da poboación asalariada. Galicia
Anos

   


Idade media da poboación asalariada. España
Anos

4 Poboación asalariada segundo o tipo de xornada e tipo de contrato

4.1 Poboación asalariada segundo o tipo de xornada

No ano 2024, en Galicia, o 85,9% da poboación asalariada traballou a xornada completa. Segundo o sexo, o 6,6% dos homes tiña xornada parcial, mentres que para as mulleres esta porcentaxe foi do 21,7%. A taxa de parcialidade diminuiu 1,5 puntos respecto á rexistrada fai dez anos. No ano 2024, a taxa de parcialidade en Galicia situouse en 14,1%.


Poboación asalariada por tipo de xornada e sexo. Galicia e España. Ano 2024
Unidade: Miles de persoas e porcentaxes
España
Galicia
Distribución
Total Homes Mulleres Total Homes Mulleres Homes Galicia % Mulleres Galicia % Galicia % España %
Total 18.439,8 9.527,1 8.912,7 934,8 468,9 465,9 100,00 100,00 100,0 100,00
Completa 15.794,3 8.857,7 6.936,6 803,0 438,1 365,0 93,43 78,34 85,9 85,65
Parcial 2.645,5 669,3 1.976,1 131,8 30,8 101,0 6,57 21,68 14,1 14,35


Taxa de parcialidade da poboación asalariada por sexo. Galicia e España
Unidade: Porcentaxes

   

Poboación asalariada por tipo de xornada. Galicia. Ano 2024
Unidade: Porcentaxes




A gráfica da dereita mostra a evolución da taxa de parcialidade da poboación asalariada por grupos de idade en Galicia. Nos últimos anos, produciuse un aumento na taxa, especialmente no grupo de idade de 16 a 24 anos, onde pasou do 15,0% no ano 2005 ao 33,2% no ano 2024.

No grupo de idade de 25 a 54 anos, sobe 2,9 puntos porcentuais no período 2005-2024, e acadou o 13,1% no ano 2024. Por último o grupo de idade de máis de 55 anos non experimenta moitas variacións: o 13,1% da poboación asalariada de máis de 55 anos tiñan xornada parcial no ano 2024.

   

Taxa de parcialidade da poboación asalariada por grupos de idade. Galicia
Unidade: Porcentaxes



4.2 Poboación asalariada segundo o tipo de contrato

No ano 2024, o 84,1% da poboación asalariada galega tiña contrato indefinido. Por sexo, o 12,6% dos homes tiña contrato temporal, mentres que para as mulleres esta porcentaxe foi do 19,3%.

Poboación asalariada por tipo de contrato e sexo. Galicia e España. Ano 2024
Unidade: Miles de persoas e porcentaxes
España
Galicia
Distribución
Total Homes Mulleres Total Homes Mulleres Homes Galicia % Mulleres Galicia % Galicia % España %
Total 18.439,8 9.527,1 8.912,7 934,8 468,9 465,9 100,0 100,0 100,00 100,00
Contrato indefinido 15.509,9 8.235,8 7.274,1 785,8 409,8 376,0 87,4 80,7 84,06 84,11
Contrato temporal 2.929,9 1.291,3 1.638,6 149,0 59,1 89,9 12,6 19,3 15,94 15,89


Taxa de temporalidade por sexo. Galicia e España
Unidade: Porcentaxes

   

Poboación asalariada por tipo de contrato. Galicia. Ano 2024
Unidade: Porcentaxes






A taxa de temporalidade tamén presenta disparidades segundo a idade. O grupo de idade de 16 a 24 anos é o que ten a taxa máis alta, no ano 2024 situouse no 46,0%. É dicir, no ano 2024, da poboación asalariada galega de 16 a 24 anos, o 46,0% tiña un contrato temporal.

O grupo de idade de 55 e máis anos ten a menor taxa: no ano 2024, da poboación asalariada deste grupo de idade, o 8,7% tiñan contrato temporal. Por último o grupo de idade de 25 a 54 anos tiña unha taxa de temporalidade no ano 2024 do 15,9%.

   


Taxa de temporalidade da poboación asalariada por grupos de idade. Galicia
Unidade: Porcentaxes

5 Poboación asalariada segundo a rama de actividade

No ano 2024, as ramas con máis persoas asalariadas en galicia son:

o resto das ramas aglutinan o 30,2% restante da poboación asalariada. Moi similar foi a distribución no caso de España.

Segundo o sexo, das mulleres asalariadas galegas no 2024, o 35,3% traballaba na rama “O_Q Administración pública e defensa; seguridad social obligatoria; educación; actividades sanitarias e de servizos sociais”, mentres que para os homes as porcentaxes máis altas corresponden á rama “B.E. Industria e enerxía” (25,5%) e a rama “G_I Comercio por xunto e ao retallo; reparación de vehículos de motor e motocicletas; transporte e almacenamento; hostalaría” (25,0%).

En Galicia atópase o 5,1% do total de poboación asalariada de España. Por ramas de actividade, as ramas con máis peso respecto a España foron a da “B.E. Industria e enerxía” e a da “A. Agricultura, gandería, silvicultura e pesca” cun 6,3%.

Poboación asalariada por rama de actividade e sexo. Galicia e España. Ano 2024
Unidade: Miles de persoas e porcentaxes
España
Galicia
Distribución
Total Homes Mulleres Total Homes Mulleres Galicia % España % Peso Galicia %
Total 18.439,8 9.527,1 8.912,7 934,8 468,9 465,9 100,00 100,00 5,07
A. Agricultura, gandería, silvicultura e pesca 475,0 352,9 122,1 29,8 24,4 5,4 3,19 2,58 6,27
B.E. Industria e enerxía 2.662,0 1.908,0 754,1 168,4 119,8 48,6 18,01 14,44 6,33
F. Construción 1.115,5 1.009,6 105,9 55,4 50,0 5,3 5,93 6,05 4,97
G_I Comercio por xunto e ao retallo; reparación de vehículos de motor e motocicletas; transporte e almacenamento; hostalaría 5.007,7 2.617,8 2.389,9 241,6 117,0 124,6 25,85 27,16 4,82
J Información e comunicacións 733,4 501,6 231,7 32,3 22,8 9,5 3,46 3,98 4,40
K Actividades financieras e de seguros 405,4 175,1 230,3 16,0 7,4 8,6 1,71 2,20 3,95
L_M_N Actividades inmobiliarias, actividades profesionais, científicas e técnicas; actividades administrativas e servizos auxiliares 1.978,0 893,1 1.085,0 86,9 32,8 54,2 9,30 10,73 4,39
O_Q Administración pública e defensa; seguridad social obligatoria; educación; actividades sanitarias e de servizos sociais 4.791,4 1.688,8 3.102,7 242,5 78,2 164,3 25,94 25,98 5,06
R_U Actividades artísticas, recreativas e de entretemento; reparación de artículos de uso doméstico e outros servizos 1.271,3 380,4 891,0 61,9 16,5 45,4 6,62 6,89 4,87


Distribución da poboación asalariada por ramas de actividade e sexo. Galicia. Ano 2024
Unidade: Porcentaxes


Distribución da poboación asalariada por ramas de actividade. Galicia e España. Ano 2024
Unidade: Porcentaxes

6 Poboación asalariada segundo o nivel de estudos

En canto ao nivel de formación da poboación asalariada galega no ano 2024, a desagregación é esta:

Segundo o sexo, a porcentaxe de mulleres asalariadas con estudos superiores foi do 56,7%, situándose por enriba da dos homes cuxa porcentaxe foi do 42,4%.

Por sectores, o 74,5% das persoas asalariadas no sector público tiñan estudos superiores, mentres que no sector privado só o 43,1% tiñan estudos superiores.

Distribución da poboación asalariada por nivel de estudos, sexo e sector. Galicia. Ano 2024
Unidade: Miles de persoas e porcentaxes
Total
Público
Privado
Total Homes Mulleres Total Homes Mulleres Total Homes Mulleres Total % Público % Privado %
Total 934,8 468,9 465,9 191,9 75,4 116,5 742,9 393,5 349,4 100,00 100,00 100,00
Analfabetos, primarios 23,1 15,1 8,0 0,8 0,5 0,3 22,4 14,6 7,7 2,47 0,42 3,02
Primeira etapa de educación secundaria 220,3 131,5 88,8 13,7 9,0 4,7 206,6 122,5 84,1 23,57 7,14 27,81
Educación secundaria. Segunda etapa 228,3 123,2 105,1 34,4 17,1 17,3 193,9 106,1 87,8 24,42 17,93 26,10
Educación superior 463,0 199,0 264,0 143,0 48,8 94,2 320,0 150,2 169,8 49,53 74,52 43,07


Distribución da poboación asalariada por nivel de estudos e sexo. Galicia. Ano 2024
Unidade: Porcentaxes


Distribución da poboación asalariada por nivel de estudos e sector. Galicia. Ano 2024
Unidade: Porcentaxes

7 Poboación asalariada segundo a ocupación

No ano 2024, do total da poboación asalariada galega, as ocupacións con máis importancia son:

No caso de España apréciase unha distribución similar.

Segundo o sexo, o 29,0% das asalariadas galegas traballaban na ocupación “5 Traballadores dos servizos de restauración, persoais, protección e vendedores” e o 22,5% dos asalariados galegos traballaban na ocupación “7 Artesáns e traballadores cualificados das industrias manufactureiras e a construción (salvo operadores de instalacións e maquinaria)”. As porcentaxes máis baixas no caso das mulleres correspondía á ocupación “0 Ocupacións militares” (0,2%), á ocupación “6 Traballadores cualificados no sector agrícola, gandeiro, forestal e pesqueiro” (0,5%) e á ocupación “1 Directores e xerentes” (1,1%).

Poboación asalariada por ocupación e sexo. Galicia e España. Ano 2024
Unidade: Miles de persoas e porcentaxes
España
Galicia
Distribución
Total Homes Mulleres Total Homes Mulleres Galicia % España % Peso Galicia %
Total 18.439,8 9.527,1 8.912,7 934,8 468,9 465,9 100,00 100,00 5,07
1 Directores e xerentes 494,5 308,0 186,5 13,8 8,8 5,0 1,48 2,68 2,79
2 Técnicos e profesionais científicos e intelectuais 3.700,3 1.518,3 2.181,9 173,5 63,5 110,0 18,56 20,07 4,69
3 Técnicos; profesionais de apoio 2.247,1 1.325,5 921,6 120,1 69,2 51,0 12,85 12,19 5,34
4 Empregados contables, administrativos e outros empregados de oficina 2.091,6 686,0 1.405,5 95,2 29,2 65,9 10,18 11,34 4,55
5 Traballadores dos servizos de restauración, persoais, protección e vendedores 3.784,6 1.474,4 2.310,2 199,6 64,5 135,2 21,35 20,52 5,27
6 Traballadores cualificados no sector agrícola, gandeiro, forestal e pesqueiro 151,7 133,9 17,8 14,5 12,0 2,5 1,55 0,82 9,56
7 Artesáns e traballadores cualificados das industrias manufactureiras e a construción (salvo operadores de instalacións e maquinaria) 1.848,2 1.707,4 140,8 117,5 105,3 12,2 12,57 10,02 6,36
8 Operadores de instalacións e maquinaria, e montadores 1.428,8 1.215,3 213,5 84,0 69,7 14,3 8,99 7,75 5,88
9 Ocupacións elementais 2.593,8 1.072,8 1.520,9 111,3 42,2 69,1 11,91 14,07 4,29
0 Ocupacións militares 99,4 85,3 14,0 5,2 4,4 0,8 0,56 0,54 5,23



Poboación asalariada segundo a ocupación. Galicia e España. Ano 2024
Unidade: Porcentaxes



Poboación asalariada segundo a ocupación e o sexo. Galicia. Ano 2024
Unidade: Porcentaxes

8 Situación de Galicia respecto das comunidades autónomas

8.1 Taxas de paro, ocupación e actividade da poboación de 16 a 64 anos

No ano 2024, a taxa de paro da poboación de 16 a 64 anos en Galicia situouse no 9,5%, 1,9 puntos por debaixo da media estatal (11,4%). Navarra acadou a menor taxa de paro, un 7,7%. No extremo oposto estaba Melilla que acadou a maior taxa de paro, un 28,3%.

A taxa de ocupación da poboación de 16 a 64 anos en Galicia acadou o 67,3% en 2024, moi similar á media estatal (67,2%). A comunidade con maior taxa de ocupación foi Madrid (72,3%), e a de menor taxa Melilla (50,6%).

No ano 2024, a taxa de actividade da poboación de 16 a 64 anos en Galicia situouse no 74,4%, 1,5 puntos por debaixo da media estatal (75,9%). A comunidade con maior taxa de ocupación foi Madrid (79,5%), e a de menor taxa Ceuta (70,4%).


          Taxas de paro, ocupación e actividade da poboación de 16 a 64 anos por Comunidades Autónomas. Ano 2024
          Unidade: porcentaxe

 


8.2 Taxa de temporalidade

En Galicia, no ano 2024 a porcentaxe de poboación asalariada con contrato temporal sobre o total de poboación asalariada (taxa de temporalidade) foi do 15,9%, mesma porcentaxe que a media estatal. A comunidade con maior taxa de temporalidade foi Melilla (26,8%), e a comunidade coa taxa máis baixa foi a Comunidade de Balears, Illes (11,7%).

9 Situación de Galicia respecto da Unión Europea

9.1 Taxas de paro, ocupación e actividade da poboación de 16 a 64 anos

No ano 2024, España situouse no primeiro posto da lista de países con máis taxa de paro (11,4%), situándose 5,4 puntos por enriba da media comunitaria dos 27 (6%). No extremo oposto estaba a República Checa, que acadou a menor taxa de paro, un 2,7%. En Galicia, a taxa de paro situouse 3,5 puntos por enriba da media europea dos 27.

A taxa de ocupación en Galicia acadou o 67,3% en 2024, situándose 3,5 puntos por debaixo da media comunitaria (70,8%). O país con maior taxa de ocupación foi Holanda (82,3%), e o de menor taxa Italia (62,2%).

No ano 2024, a taxa de actividade en Galicia situouse no 74,4%, 1 punto por debaixo da media comunitaria (75,4%).

          Taxas de paro, ocupación e actividade da poboación de 16 a 64 anos por países da Unión Europea. Ano 2024
          Unidade: porcentaxe

 

9.2 Taxa de parcialidade

A porcentaxe de poboación asalariada con xornada parcial sobre o total de poboación asalariada (taxa de parcialidade) foi aumentando dende principio de século ata o ano 2013, onde comeza un lixeiro descenso ata o ano 2024. Neste ano, tanto a galega (14,1%) como a española (14,3%) son inferiores á media comunitaria (19,2%). No caso galego, situouse 5,1 puntos porcentuais por debaixo da media comunitaria. O país con maior taxa de parcialidade foi Holanda (45,6%) e o menor Rumanía (0,3%).

As diferenzas nesta taxa acentúanse cando desagregamos por sexo: en Galicia, no ano 2024, a taxa pasou do 21,7% para as mulleres ao 6,6% para os homes; no caso da Unión Europea foi do 29,7% das mulleres ao 9,3% dos homes.


 


9.3 Taxa de temporalidade

En España e Galicia, a porcentaxe de poboación asalariada con contrato temporal sobre o total de poboación asalariada (taxa de temporalidade) presenta diferenzas respecto á media Europea, aínda que estas diferenzas foron diminuíndo ao longo dos anos, na actualidade á media Galega supera en 3,1 puntos a media da EU27.

A taxa de temporalidade presenta lixeiras diferenzas segundo o sexo. En Galicia, no ano 2024 foi do 19,3% para as mulleres e do 12,6% para os homes; no caso da Unión Europea e a taxa de temporalidade das mulleres foi do 13,7% fronte ao 12,1% dos homes.


 


9.4 Taxa de salarización

Por último, analízase a taxa de salarización, é dicir, a porcentaxe de poboación asalariada sobre o total de poboación ocupada. Como mostran as gráficas seguintes, as porcentaxes son similares no caso de España e a UE27. No caso galego a taxa é menor: no ano 2024 situouse no 81,7%, 3,5 puntos por debaixo da media española e 4 puntos por debaixo da media da UE27. Por países, Dinamarca presentou a maior taxa (91,9%) e Grecia a menor (69,3%).


 


10 Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

Datos de Galicia: IGE/INE. Enquisa de poboación activa
Datos de Europa: Eurostat/ LFS: EU Labour Force Survey. Extraído o 15/05/2025 Nota: Para o cálculo das taxas, Eurostat inclúe a poboación de 15 anos.