ÍNDICE


ZDP: Zona densamente poboada; ZIP: Zona intermedia; ZPP: Zona pouco poboada


Información para Galicia e provincias segundo o grao de urbanización


Porcentaxe de afiliacións por conta propia segundo o grao de urbanización. Información para Galicia e provincias. Ano 2021

 

2021
Total ZDP ZIP ZPP
Galicia 21,6 17,1 21,6 28,3
   • A Coruña 21,0 17,0 20,3 27,9
   • Lugo 26,5 18,2 24,1 33,8
   • Ourense 22,6 17,8 23,5 26,4
   • Pontevedra 20,4 16,6 22,2 25,3


Información para Galicia segundo o subgrao de urbanización


Porcentaxe de afiliacións á Seguridade Social por sectores de actividade económica e subgrao de urbanización. Galicia

 
En Galicia, a porcentaxe de afiliacións por conta propia increméntase a medida que se descende no grao de urbanización da zona densamente poboada á pouco poboada. Ademais, este comportamento repítese nas catro provincias galegas.
 
A desagregación nas seis subzonas de urbanización pon en evidencia as diferenzas existentes entre as subzonas, especialmente entre as situadas nos extremos. Así, a porcentaxe de afiliacións por conta propia representa na ZDP no ano 2021 o 17,1% das afiliacións totais ao Sistema, fronte ao 31,3% da ZPP baixa.
 
Polo tanto, os resultados reflicten unha maior presenza de emprego autónomo nas zonas máis rurais

 

2016 2017 2018 2019 2020 2021
Total 23,9 23,1 22,5 22,0 22,2 21,6
ZDP 18,3 17,7 17,5 17,1 17,4 17,1
ZIP alta 22,9 22,2 21,6 21,2 21,5 20,9
ZIP baixa 26,6 25,6 25,0 24,5 24,6 23,8
ZPP alta 25,4 24,5 23,6 23,0 23,1 22,5
ZPP intermedia 32,9 31,9 30,9 30,4 30,5 29,6
ZPP baixa 35,7 34,6 33,4 32,5 32,5 31,3

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Porcentaxe de afiliacións por conta propia:
É a porcentaxe que supoñen as afiliacións por conta propia (réxime de autónomos e réxime do mar por conta propia) sobre o total de afiliacións á Seguridade Social. Os datos refírense ao 31 de decembro de cada ano.
Persoas afiliadas á Seguridade Social:
A afiliación ao Sistema da Seguridade Social é obrigatoria para todas as persoas incluídas no campo de aplicación da Seguridade Social e única para toda a vida do traballador ou da traballadora e para todo o sistema, sen prexuízo das baixas, altas e demais variacións que con posterioridade á afiliación poidan producirse. É dicir, o traballador ou a traballadora afíliase cando comeza a súa vida laboral e se dá de alta nalgún dos rexímenes do Sistema da Seguridade Social. Esta situación denomínase alta inicial. Se cesa na súa actividade será dado ou dada de baixa pero seguirá afiliado ou afiliada en situación de baixa laboral. Se retoma a actividade producirase unha alta denominada alta sucesiva a efectos estatísticos, pero non terá que afiliarse novamente, dado que, como xa se indicou, a afiliación é única para toda a vida do traballador.

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Elaboración propia a partir dos ficheiros de afiliacións e contas de cotización facilitados pola Seguridade Social