ÍNDICE


Introdución

As Contas do sector fogares son unha operación estatística do Sistema de Contas económicas de Galicia cuxo núcleo principal está formado polas Contas económicas e o Marco Input-Output, ambas operacións consolidadas segundo o Plan galego de estatística.

Proporcionan información da sucesión de contas correntes do sector institucional fogares. Entre as súas utilidades están:

Na difusión de resultados inclúense, así mesmo, datos da renda dispoñible bruta por habitante. A poboación utilizada neste cálculo é a poboación a 1 de xullo de cada ano proporcionada polas Cifras poboacionais de referencia que elabora o IGE. Para os anos anteriores a 2020, por non estar dispoñible o dato a 1 de xullo, estímase a poboación como o promedio da poboación a 1 de xaneiro do ano t e a 1 de xaneiro do ano t+1.

A publicación, que achega datos da serie 2010-2023, é coherente coas operacións estatísticas do Sistema de Contas Económicas de Galicia en Revisión estatística 2024.

Nota: os datos de 2023 son avance e os de 2022 provisionais.
Para o ano avance só se publica o agregado da renda dispoñible bruta e non a sucesión completa de contas


Renda dispoñible bruta dos fogares

A renda dispoñible bruta dos fogares ascendeu a 50.028 millóns de euros no 2023.

A renda dispoñible bruta é o saldo contable da conta de redistribución da renda e mide a renda que os fogares teñen dispoñible para destinar ao gasto en consumo final ou ben ao aforro. No ano 2022, a renda dispoñible bruta dos fogares ascendeu a 46.268 millóns de euros, isto é foi un 7,2% superior ao dato do ano 2021. Polo que respecta ao ano 2023 (estimación avance), a renda dispoñible bruta dos fogares galegos foi de 50.028 millóns de euros, un 8,1% superior á do ano anterior.

Renda dispoñible bruta. Galicia
Unidade: miles de euros, euros por habitante
Tempo Renda dispoñible bruta Renda dispoñible bruta por habitante
2010 38.452.671 13.867
2011 38.271.053 13.803
2012 36.028.100 13.021
2013 36.123.738 13.114
2014 35.919.924 13.105
2015 36.950.290 13.548
2016 37.879.050 13.952
2017 38.848.673 14.353
2018 40.032.997 14.817
2019 42.473.797 15.722
2020 41.680.995 15.444
2021 43.175.225 16.044
2022 46.267.590 17.169
2023 50.027.722 18.534

 

Fonte: IGE. Contas do sector fogares (descarga da táboa), IGE. Contas económicas anuais (descarga da táboa), IGE. Contas económicas trimestrais (descarga da táboa)


En 2023, a renda dispoñible bruta por habitante foi de 18.534 euros, un 8,0% máis alta que no período anterior, rexistra un crecemento superior ao rexistrado na economía, medido pola evolución do produto interior bruto (PIB).

Valor engadido bruto do sector fogares

O sector fogares achega o 22,4% do Produto interior bruto galego en 2022

Fixámonos agora no sector fogares como a agrupación das persoas na súa faceta de produtores de bens e servizos, é dicir, estamos a falar da actividade produtiva dos traballadores por conta propia non constituídos en sociedade. Na actividade dos fogares tamén se inclúen os servizos de aluguer das vivendas ocupadas polos seus propietarios.

O valor engadido bruto xerado por este colectivo en 2022 foi de 15.995 millóns de euros, o cal supón o 22,4% do Produto interior bruto (PIB) de Galicia e un crecemento do 9,1% con respecto ao período anterior.

Valor engadido bruto do sector fogares e Produto interior bruto. Galicia
Unidade: miles de euros, porcentaxe
Tempo Produto interior bruto Valor engadido bruto Porcentaxe sobre o PIB
2010 56.107.414 13.484.177 24,0
2011 54.682.290 12.980.578 23,7
2012 52.567.842 12.516.320 23,8
2013 52.392.587 12.601.435 24,1
2014 52.974.663 12.477.954 23,6
2015 54.653.914 12.658.105 23,2
2016 56.660.050 13.065.757 23,1
2017 58.547.481 13.483.350 23,0
2018 61.407.024 13.990.479 22,8
2019 62.980.466 14.396.952 22,9
2020 58.061.226 13.445.673 23,2
2021 64.751.732 14.659.626 22,6
2022 71.505.291 15.995.398 22,4
Fonte: IGE. Contas do sector fogares (descarga da táboa), IGE. Contas económicas anuais (descarga da táboa)

Saldo de rendas primarias e distribución secundaria da renda

O saldo das rendas primarias increméntase un 8,9% no 2022

A renda primaria defínese como a renda que reciben as unidades residentes en virtude da súa participación directa no proceso de produción e a renda a cobrar polo propietario dun activo financeiro ou dun recurso natural por facilitar fondos ou poñer os recursos naturais a disposición doutra unidade institucional. É dicir, sería a renda que obteñen os fogares antes de que interveña ningún mecanismo de redistribución. Está composta pola remuneración do traballo por conta allea (Remuneración dos asalariados), por conta propia (Renda mixta bruta), polas rendas netas que cobran os propietarios de activos financeiros (Rendas da propiedade) e polo excedente dos servizos de aluguer das vivendas ocupadas polos seus propietarios (Excedente de explotación bruto).

No ano 2022 o saldo das rendas primarias do sector fogares presentan un incremento do 8,9% con respecto ao ano anterior. A principal compoñente deste saldo, a Remuneración dos asalariados, medrou nun 7,9%, mentres a Renda mixta bruta tivo un incremento máis importante (11,4%). O Excedente de explotación bruto medrou un 6,6% e as Rendas da propiedade, que teñen un menor peso no saldo das rendas primarias, un 21,2%.

Así pois, o crecemento en 2022 da renda dispoñible bruta responde a un crecemento das rendas primarias dos fogares, é dicir, a evolución deste saldo condiciona a evolución da renda dispoñible bruta, como xa ocorrera nos anos anteriores.

No ano 2022 o saldo das rendas primarias foi maior que a renda dispoñible bruta. Isto significa que, no proceso de redistribución da renda, os recursos (prestacións sociais e outras transferencias correntes recibidas) son inferiores aos empregos (impostos correntes sobre a renda e patrimonio, cotizacións sociais e outras transferencias correntes pagadas).

 

Saldo de rendas primarias. Galicia
Unidade: miles de euros
Tempo Saldo das rendas primarias bruto
2010 39.643.928
2011 39.244.368
2012 36.591.599
2013 36.590.242
2014 36.584.604
2015 37.227.559
2016 38.311.661
2017 39.631.377
2018 41.101.603
2019 43.761.984
2020 41.192.112
2021 43.779.781
2022 47.657.333
Fonte: IGE. Contas do sector fogares (descarga da táboa)

Distribución de ingresos e gastos

A Renda dispoñible bruta é o saldo contable dunha serie de recursos (ou ingresos) e empregos (gastos) que se recollen nas contas de asignación da renda primaria e distribución secundaria da renda.

Distribución dos recursos
Unidade: miles de euros
Contas 2010 2022
Excedente de explotación bruto 4.237.806 5.190.361
Outras transferencias correntes 2.672.762 4.656.681
Prestacións sociais distintas das transferencias sociais en especie 10.904.439 14.687.337
Remuneración dos asalariados 26.818.036 31.978.033
Renda mixta bruta 7.079.010 8.559.394
Rendas da propiedade 2.165.233 2.188.724
Fonte: IGE. Contas do sector fogares (descarga da táboa)

 

Distribución dos empregos
Unidade: miles de euros
Contas 2010 2022
Cotizacións sociais netas 8.442.385 9.726.005
Impostos correntes sobre a renda, o patrimonio, etc. 3.873.185 6.092.679
Outras transferencias correntes 2.452.888 4.915.077
Rendas da propiedade 656.157 259.179
Fonte: IGE. Contas do sector fogares (descarga da táboa)

No ano 2022, a remuneración dos asalariados representa un 47,5% dos recursos totais dos fogares, o excedente de explotación/renda mixta achega o 20,4% dos recursos, mentres as prestacións sociais acadan un 21,8%. As outras transferencias correntes (que inclúen bolsas de estudo, remesas de emigrantes, transferencias entre fogares e outras rendas) e as rendas da propiedade achegan un 10,2% dos recursos.

O 46,3% dos empregos totais do sector fogares son cotizacións sociais, isto é, achegas dos fogares aos sistemas de prestacións sociais. Séguelle en relevancia os impostos sobre a renda, o patrimonio, etc., cun peso no total dos gastos do 29,0%.

 

O cociente entre cotizacións sociais e prestacións sociais foi do 66,2% no ano 2022, cando no inicio do período era do 77,4%.

O papel das transferencias sociais en especie na economía dos fogares

En 2022 as transferencias sociais en especie ascenderon a 10.341 millóns de euros

As transferencias sociais en especie son os bens e servizos individuais proporcionados aos fogares, principalmente polas Administracións públicas, de xeito gratuíto ou a prezos economicamente non significativos. Son financiados polos impostos, cotizacións e outros ingresos das administracións públicas. Son, principalmente, servizos de educación e sanidade.

No ano 2022 estes bens e servizos ascenderon a 10.341 millóns de euros. Esta contía incrementa a renda dispoñible dos fogares dando lugar á chamada Renda dispoñible axustada que medrou no 2022 un 6,6%.

A distribución da renda dos fogares entre o gasto en consumo final e o aforro

O aforro do sector fogares decrementouse no ano 2022

O gasto en consumo dos fogares medrou en 2022 un 12,2%, polo que temos como resultado unha diminución do aforro do sector fogares en Galicia.

O cociente entre aforro e renda dispoñible denomínase taxa de aforro e no ano 2022 foi do 9,5%.


Definicións, fontes e máis información

Definicións

Máis información: