Principais resultados

1 A construción no ano 2024

No 2024, o sector da construción en Galicia avanzou a un ritmo do 4,8%, acadando o Valor Engadido Bruto (VEB) os 5.232,2 millóns de euros. O sector representa o 6,4% do Produto Interior Bruto (PIB). O emprego no sector situouse nos 84.319 postos de traballo equivalentes a tempo completo, o 7,9% do total.

En España, o sector da construción medrou a un ritmo do 4,8% en 2024, representando o 5,2% do PIB. O emprego supón o 7,2% do total de postos de traballo equivalentes a tempo completo.

O seguinte gráfico mostra o crecemento anual do VEB da construción e do PIB para Galicia e España en termos reais.

PIB e VEB do sector da construción. Datos corrixidos de efectos estacionais e de calendario. Taxa de variación anual (%)

Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais. Revisión Estatística 2024; INE. Contabilidad nacional trimestral. Revisión estadística 2024.

No 2024, os postos de traballo equivalentes a tempo completo medran un 0,7% en Galicia e un 3,7% en España encadeando así catro anos consecutivos de subida tanto en Galicia como en España.

2 O sector no terceiro trimestre de 2025

O VEB do sector da construción acadou un ritmo de crecemento do 7,6% interanual no terceiro trimestre de 2025.

VEB Construción. Datos corrixidos de efectos estacionais e de calendario. Taxa de variación interanual (%)

Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais. Revisión Estatística 2024; INE. Contabilidad nacional trimestral. Revisión estadística 2024.

Os datos de emprego mostran un menor crecemento que os da actividade cun aumento do 1,6% dos postos de traballo equivalentes a tempo completo, como consecuencia, a produtividade increméntase.

As afiliacións medias á Seguridade Social no sector da construción rexistran un crecemento do 1,7%, sendo o número medio de afiliacións do sector 83.773 neste trimestre.

Afiliacións no sector da construción. Taxa de variación interanual (%)

Fonte: Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones. Afiliacións á Seguridade Social.

O paro rexistrado estase reducindo máis dun 10% en taxa interanual todos os meses dende maio de 2023, quedando en 6.829 persoas paradas neste sector no mes de novembro de 2025.

Paro rexistrado no sector da construción. Galicia

Unidade: miles de persoas

Fonte: Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. Paro rexistrado.

Segundo a EPA, a poboación ocupada no sector da construción neste terceiro trimestre de 2025 diminúe un 13,5%.

Poboación ocupada no sector da construción. Galicia

Unidade: miles de persoas

Fonte: INE. Enquisa de poboación activa.

2.1 Edificación residencial

Dende o punto de vista da demanda, o subsector da edificación residencial experimenta un incremento no terceiro trimestre de 2025, tal e como viña facendo nos anteriores trimestres. Dende a óptica de oferta, as series periodificadas de licenzas e visados tamén rexistran taxas positivas con respecto ao terceiro trimestre de 2024.

Demanda

A compravenda de vivendas, principal indicador de demanda, continúa aumentando no segundo trimestre de 2025, aínda que rexistra taxas inferiores ás do trimestre anterior.

O número de compravendas efectuadas sobre vivendas da Estadística de transmisiones de derechos de la propiedad do Instituto Nacional de Estadística (INE) aumentan un 7,6%. Por outra banda, os datos de compravenda de vivendas totais da Estatística registral inmobiliaria do Colegio de Registradores indican un aumento do 7,5%. As dúas estatísticas indican que é a compravenda de vivenda usada a que máis inflúe na evolución do conxunto, representando máis do 70% das compravendas, se ben, son as compravendas de vivenda nova as que máis aumentan. Segundo o Colegio de Registradores, as compravendas de vivenda usada aumentaron un 5,4% e a vivenda nova incrementouse un 13,7%. Segundo os datos do INE, as compravendas de vivenda usada aumentaron un 5% e as de vivenda nova aumentaron un 14,8%.

Compravenda de vivendas. Taxa de variación interanual
Unidade: porcentaxe
Estadística de transmisiones de derechos de la propiedad
Estadística registral inmobiliaria
Tempo Galicia España Galicia España
2023 -11,6 -10,2 -11,6 -16,7
2024 22,4 9,7 22,4 18,4
2024/I 13,5 -5,8 13,8 -5,9
2024/II 3,3 -3,5 3,8 -3,8
2024/III 26,0 19,2 25,7 18,9
2024/IV 48,3 34,2 47,3 32,9
2025/I 15,3 20,7 14,6 19,9
2025/II 33,0 18,7 32,4 17,0
2025/III 7,6 5,0 7,5 4,7
Fonte: INE. Estadística de transmisiones de derechos de la propiedad; Colegio de Registradores. Estadística registral inmobiliaria.

Atendendo á Estatística de transacciones inmobiliarias do Ministerio, o número de transaccións presenta unha taxa interanual do -5,2% no terceiro trimestre (13,6% no trimestre anterior). A vivenda usada varía un -3,2% e a nova un -25,8%.

Segundo a Estadística de constitución de hipotecas do INE, o número de vivendas hipotecadas, sen ter en conta aquelas con cambios nas condicións, mostra un crecemento do 22,3% no terceiro trimestre de 2025.

Transaccións inmobiliarias e hipotecas. Taxa de variación interanual
Unidade: porcentaxe
Transaccións inmobiliarias. Vivendas
Hipotecas en vivendas (sen cambios nas condicións)
Tempo Galicia España Galicia España
2023 -7,4 -11 -29,8 -20,6
2024 17,9 12 28,2 8,9
2024/I 8,9 1,5 4,7 -9,3
2024/II 17,1 11,3 -12,0 -9,6
2024/III 17,7 16,8 53,7 21,4
2024/IV 26,6 18,8 76,1 38,5
2025/I 16,6 14,7 39,9 21,8
2025/II 13,6 3,6 97,2 57,9
2025/III -5,2 2,7 22,3 24,9
Fonte: Ministerio de Vivienda y Agenda Urbana. Transacciones inmobiliarias; INE. Estadística de Hipotecas.

Neste terceiro trimestre, segundo a información da estatística do INE, o importe medio das hipotecas en vivenda foi de 127.809 euros, un 76% do importe medio estatal. Con respecto ao mesmo trimestre do 2024, o importe medio aumenta tanto en Galicia coma en España (3,6% e 12,1% respectivamente).

A Estadística registral inmobiliaria do Colegio de Registradores sinala que o importe medio das hipotecas creceu en taxa interanual un 3,4% en Galicia e un 11,1% en España. A cota media mensual redúcese un 2% en Galicia e aumenta un 5% en España. Esta mesma fonte indica que o tipo medio de xuro en Galicia pasou do 3,08% no segundo trimestre ao 2,91% no terceiro trimestre. O prazo medio das hipotecas incrementouse en Galicia (1,7%) e en España (3%), acadando os 295 e 305 meses, respectivamente.

Os prezos da vivenda en Galicia seguiron incrementándose no último trimestre. Se atendemos aos datos publicados polo Ministerio de Vivienda y Agenda Urbana, o prezo da vivenda (€/m2) rexistrou un crecemento dun 9,4% neste trimestre, inferior ao 10,8% do trimestre anterior. Segundo o indicador do INE, o prezo da vivenda aumenta un 13,4%, (12,7% no trimestre anterior). Por tipo de vivenda, segundo o Índice publicado polo INE, o prezo da vivenda nova increméntase un 10,9% en Galicia e un 9,7% en España no terceiro trimestre de 2025, mentres que o da vivenda usada se incrementa un 13,8% en Galicia e un 13,4% en España.

Prezos da vivenda: Vivenda libre. Taxa de variación interanual
Unidade: porcentaxe
Índices de prezos da vivenda (INE)
Euros por m2 (Ministerio)
Tempo Galicia España Galicia España
2023 3,6 4,0 3,4 3,9
2024 7,4 8,4 5,1 5,8
2024/I 5,1 6,3 4,1 4,3
2024/II 6,7 7,8 4,0 5,7
2024/III 7,3 8,1 6,4 6,0
2024/IV 10,5 11,3 6,1 7,0
2025/I 11,2 12,2 7,3 9,0
2025/II 12,7 12,7 10,8 10,4
2025/III 13,4 12,8 9,4 12,1
Fonte: Ministerio de Vivienda y Agenda Urbana. Valor tasado de la vivienda; INE. Índice de precios de la vivienda.

O gráfico seguinte mostra a alza nos prezos da vivenda nos últimos trimestres, tanto co indicador do INE como co do Ministerio.

Prezos da vivenda. Taxa de variación interanual (%)

Fonte: Ministerio de Vivienda y Agenda Urbana. Valor tasado de la vivienda; INE. Índices de precios de la vivienda.

O Euribor, tipo de xuro de referencia do mercado hipotecario, que estaba descendendo dende abril de 2024 comeza a incrementarse levemente a partir de agosto deste ano, acadando o valor de 2,217% en novembro de 2025.

O tipo de xuro dos préstamos hipotecarios para adquisición de vivenda de fogares, publicado polo Banco de España, situouse no 2,72% no terceiro trimestre de 2025.

Tipos de xuro das hipotecas

Fonte: Banco de España; Colegio de Registradores. Estadística Registral Inmobiliaria.

O esforzo financeiro, medido como a porcentaxe de salario que unha persoa ten que destinar ao pago do préstamo hipotecario, aumentou 0,3 puntos porcentuais no terceiro trimestre de 2025 respecto ao trimestre anterior.

Esforzo financeiro (%)

Fonte: IGE. Accesibilidade á vivenda.

O comportamento do emprego total da economía afecta á demanda de vivenda, debido a súa repercusión sobre a renda dispoñible dos fogares. Segundo a EPA, as persoas ocupadas totais aumentaron un 1,7% en taxa interanual no terceiro trimestre de 2025. Pola súa banda, as afiliacións totais á Seguridade Social (media do mes) tamén acadan un crecemento do 1,7% no terceiro trimestre de 2025.

Segundo os rexistros das oficinas de emprego, o paro rexistrado total está baixando dende o mes de abril de 2021. No terceiro trimestre de 2025 o paro rexistrado total diminuíu un 7,6%. O total de persoas paradas, medido pola EPA, amosa unha baixada do 8,8% no terceiro trimestre de 2025.

Oferta

Dende a perspectiva da oferta residencial, as series de licenzas e visados indican unha baixada con respecto ao mesmo trimestre do ano anterior. Segundo as licenzas municipais de obra, a superficie a construír diminúe un 1,4% no terceiro trimestre de 2025. Segundo os visados de dirección de obra dos Colexios de Arquitectos Técnicos, a superficie redúcese un 12,7%.

Edificación residencial: superficie total vivendas. Taxa de variación interanual
Unidade: porcentaxe
Tempo Licenzas Visados
2023 12,0 6,2
2024 16,2 56,0
2024/I 38,6 45,4
2024/II 19,0 33,1
2024/III 9,3 110,9
2024/IV 8,0 47,0
2025/I 19,9 60,6
2025/II 38,2 -17,6
2025/III -1,4 -12,7
Fonte: IGE. Estatística de construción de edificios; Colegios de Arquitectos. Obras en edificación.

No terceiro trimestre de 2025, o número medio mensual de vivendas visadas foi de 636, inferior á media mensual de 2024 (651 vivendas). No caso das licenzas concedidas polos concellos, a media mensual no terceiro trimestre de 2025 foi de 320 vivendas a crear de nova planta, sendo 298 vivendas a media do 2024.

Tendo en conta que a realización das obras se estende ao longo de máis ou menos ano e medio, se periodificamos os datos de licenzas e de visados obteríamos os resultados que se mostran no cadro seguinte. A superficie aumenta un 18,2% segundo as licenzas e un 48,3% segundo os visados no terceiro trimestre.

Edificación residencial periodificada: superficie total vivendas. Taxa de variación interanual
Unidade: porcentaxe
Tempo Licenzas Visados
2023 -5,4 1,8
2024 9,8 17,2
2024/I -8,8 5,3
2024/II 2,5 15,0
2024/III 17,7 23,9
2024/IV 30,1 25,2
2025/I 31,7 27,8
2025/II 25,0 43,5
2025/III 18,2 48,3
Fonte: IGE. Elaboración propia.

No seguinte gráfico móstrase o comportamento da serie de visados periodificada.

Edificación residencial: visados de obra nova periodificados (superficie a construír). Taxa de variación interanual (%)

Fonte: IGE. Elaboración propia.

2.2 Edificación non residencial

As dúas principais fontes de información deste subsector indican comportamentos diferentes no terceiro trimestre de 2025. Así, a superficie diminúe un 30% segundo os visados de dirección de obra dos Colexios de Arquitectos Técnicos, mentres que se incrementa un 160,9% segundo a información das licenzas municipais de obra.

Edificación non residencial: superficie. Taxa de variación interanual
Unidade: porcentaxe
Tempo Licenzas Visados
2023 -45,1 -44,7
2024 -0,2 20,1
2024/I -5,7 164,4
2024/II -46,8 -28,1
2024/III -16,3 38,5
2024/IV 85,3 -6,4
2025/I 9,1 -36,0
2025/II 98,7 -18,7
2025/III 160,9 -30,0
Fonte: IGE. Estatística de construción de edificios; Colegios de Arquitectos. Obras en edificación.

As series periodificadas de visados e licenzas, máis contemporáneas co nivel de actividade, tamén indican un comportamento diferente, cunhas taxas do -28,5% os visados e do 79,8% as licenzas.

Edificación non residencial periodificada: superficie. Taxa de variación interanual
Unidade: porcentaxe
Tempo Licenzas Visados
2023 -18,7 -42,4
2024 -30,8 32,0
2024/I -31,5 29,2
2024/II -31,7 46,3
2024/III -39,7 29,5
2024/IV -18,8 23,9
2025/I 10,5 -1,9
2025/II 32,5 -16,3
2025/III 79,8 -28,5
Fonte: IGE. Elaboración propia

Edificación non residencial: visados de obra nova periodificados (superficie a construír). Taxa de variación interanual (%)

Fonte: IGE. Elaboración propia.

2.3 Licitación oficial

Segundo os datos do Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible, no terceiro trimestre de 2025, o importe licitado en construción polas administracións (edificación e enxeñería civil) en Galicia rexistrou un incremento interanual do 20,8%. As obras de enxeñería civil, que supuxeron un 72,3% da actividade licitadora da Administración neste trimestre, increméntanse un 15,4%.

Licitación oficial. Taxa de variación interanual
Unidade: porcentaxe
Licitación oficial total
Licitación oficial en enxeñería civil
Tempo Galicia España Galicia España
2023 -2,3 -10,8 -11,3 -10,4
2024 -18,2 7,7 -6,4 1,8
2024/I -36,1 16,6 -41,0 18,6
2024/II -21,8 -17,5 -17,9 -32,8
2024/III 5,9 19,2 4,1 5,5
2024/IV -20,5 21,1 37,0 26,5
2025/I 71,3 -9,1 40,3 -17,1
2025/II 50,0 19,5 17,1 36,4
2025/III 20,8 4,3 15,4 -7,1
Fonte: Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible. Licitación oficial en construcción.