Principais resultados

1 Introdución

As táboas de mortalidade son elaboradas por practicamente todos os institutos de estatística oficial para medir a incidencia da mortalidade. Constitúen un instrumento idóneo para comparar grupos poboacionais diferentes, porque parten da idea de aplicar o patrón de mortalidade observado en cada unha das poboacións a unha xeración ficticia de individuos.

Entre as funcións que recolle unha táboa de mortalidade están as probabilidades de morte e de supervivencia; a máis coñecida é a esperanza de vida en cada idade x, que representa o número medio de anos que lle restarían por vivir a un individuo de idade x, no caso de manterse as condicións de mortalidade existentes no período de referencia.

As Táboas de mortalidade que difunde o IGE están elaboradas para a Comunidade Autónoma de Galicia e as catro provincias galegas, por sexo e por idades simples (son por tanto “táboas completas”), ata o grupo final aberto de 100 anos ou máis.

2 Esperanzas de vida en Galicia e provincias

Nesta edición das Táboas de mortalidade preséntanse os datos definitivos referidos ao ano 2023 para Galicia e provincias, por sexo, da esperanza de vida ao nacemento. Segundo estes resultados, no ano 2023 podía esperarse que unha persoa menor de 1 ano residente en Galicia vivira 83,76 anos máis, de manterse as condicións de mortalidade que había nese ano.

Esperanza de vida ao nacemento. Ano 2023
Unidade: anos
Espazo Total Homes Mulleres
Galicia 83,76 80,77 86,68
A Coruña 83,85 80,86 86,69
Lugo 83,52 80,83 86,28
Ourense 83,71 80,70 86,74
Pontevedra 83,77 80,68 86,76
Fonte: IGE - Consellería de Sanidade. Táboas de mortalidade (descarga da táboa).


Ademais, inclúense nesta edición os resultados provisionais ou avance da esperanza de vida ao nacemento correspondente ao ano 2024. Entre 2023 e 2024 produciuse un incremento da esperanza de vida ao nacemento en Galicia, en 2024 o seu valor foi de 84,06 anos (0,3 anos máis que en 2023).

Esperanza de vida ao nacemento. Ano 2024
Unidade: anos
Espazo Total Homes Mulleres
Galicia 84,06 81,19 86,83
A Coruña 84,05 81,10 86,87
Lugo 83,87 81,03 86,81
Ourense 83,95 81,20 86,68
Pontevedra 84,13 81,31 86,81
Fonte: IGE - Consellería de Sanidade. Táboas de mortalidade (descarga da táboa).
Nota: os datos do ano 2024 son provisionais.


A esperanza de vida ao nacemento feminina é maior cá masculina: 86,83 anos no caso das mulleres fronte a 81,19 anos dos homes en 2024. Porén, entre 2023 e 2024 diminuíu o diferencial entre sexos, que pasou de 5,91 anos en 2023 a 5,64 anos en 2024.

                              Evolución da esperanza de vida ao nacemento. Galicia
                              Unidade: anos

                              Fonte: IGE - Consellería de Sanidade. Táboas de mortalidade (descarga da táboa).
                              Nota: os datos do ano 2024 son provisionais.


A esperanza de vida aos 65 anos situouse nos 21,96 anos en 2023; isto é, estímase que, de media, ás persoas que cumpriron 65 anos en 2023 aínda lles quedarían por vivir outros 22 anos máis. En 2024 o dato provisional da esperanza de vida aos 65 anos aumentou en 0,07 anos con respecto ao valor do ano anterior.

Esperanza de vida aos 65 anos. Galicia
Unidade: anos
Tempo Total Homes Mulleres
2021 21,70 19,39 23,80
2022 21,42 19,26 23,39
2023 21,96 19,78 23,91
2024 22,03 19,89 23,94
Fonte: IGE - Consellería de Sanidade. Táboas de mortalidade (descarga da táboa).
Nota: os datos do ano 2024 son provisionais.


A esperanza de vida aos 80 anos tamén rexistrou un aumento en 2024 con respecto a 2023, en concreto de 0,09 anos. Segundo estes datos, un home de 80 anos en 2024 podía esperar vivir en promedio 9,50 anos máis mentres que unha muller 11,44 anos máis, se se mantivesen as condicións de mortalidade dese ano.

Esperanza de vida aos 80 anos. Galicia
Unidade: anos
Tempo Total Homes Mulleres
2021 10,42 9,14 11,34
2022 10,10 8,96 10,91
2023 10,55 9,36 11,40
2024 10,64 9,50 11,44
Fonte: IGE - Consellería de Sanidade. Táboas de mortalidade (descarga da táboa).
Nota: os datos do ano 2024 son provisionais.

3 Definicións, fontes e máis información

Definicións

Metodoloxía

Descarga de datos