As táboas de mortalidade son elaboradas por practicamente todos os institutos de estatística oficial para medir a incidencia da mortalidade, sen ter en conta a estrutura por idades da poboación en estudo. Constitúen un instrumento idóneo para a comprensión de grupos diferentes, resaltando as súas diferenzas e as súas semellanzas.
Están formadas por un conxunto de funcións biométricas aplicadas a unha xeración ficticia de individuos sometidos a un patrón de mortalidade similar ao observado na poboación de estudo durante o período de referencia. Entre as funcións que recolle unha táboa de mortalidade están as probabilidades de morte e supervivencia a cada idade x e, a máis coñecida destas funcións, a esperanza de vida en cada idade x, que vén representar o número medio de anos que lle restarían por vivir a un individuo de idade x, de manterse as condicións de mortalidade existentes no período de referencia.
Estas Táboas de mortalidade están elaboradas para a Comunidade Autónoma de Galicia e as catro provincias galegas, por sexo e por idades simples (“táboas completas”), ata o grupo final aberto de 100 anos ou máis.
Esta operación estatística inclúe o dato provisional da esperanza de
vida correspondente ao ano 2023, aínda que as táboas de
mortalidade aquí presentadas teñen carácter definitivo e están referidas
ao ano 2022.
Esperanza de vida ao nacemento. Ano 2022
Unidade: anos
| Espazo | Total | Homes | Mulleres |
|---|---|---|---|
| Galicia | 83,22 | 80,38 | 85,99 |
|
83,14 | 80,15 | 86,04 |
|
83,15 | 80,65 | 85,73 |
|
83,48 | 80,41 | 86,61 |
|
83,24 | 80,54 | 85,79 |
Fonte: IGE - Consellería de Sanidade. Táboas de mortalidade (descarga da táboa)
Esperanza de vida ao nacemento. Ano 2023
Unidade: anos
| Espazo | Total | Homes | Mulleres |
|---|---|---|---|
| Galicia | 83,95 | 80,92 | 86,89 |
|
84,05 | 81,04 | 86,90 |
|
83,52 | 81,02 | 86,27 |
|
83,66 | 80,78 | 86,78 |
|
83,93 | 80,79 | 86,96 |
Fonte: IGE - Consellería de Sanidade. Táboas de mortalidade (descarga
da táboa)
Nota: os datos do ano 2023 son
provisionais
Entre 2022 e 2023 prodúcese
un incremento da esperanza de vida: segundo os datos
provisionais, en 2023 o seu valor foi de 83,95
anos (0,73 anos máis que en 2022).
Por sexos, é maior a esperanza de vida ao nacemento feminina:
86,89 anos para as mulleres fronte a 80,92
anos para os homes en 2023. Entre 2022 e
2023 aumentou o diferencial entre sexos, que
pasou de 5,61 anos en 2022 a 5,97 anos en 2023.
Evolución da esperanza de vida ao nacemento. Galicia
Unidade: anos
Fonte: IGE - Consellería de Sanidade. Táboas de mortalidade (descarga
da táboa)
Nota: os datos do ano 2023 son
provisionais
A esperanza de vida aos 65 anos situouse en 2023 nos
22,18 anos; isto é, estímase que, de media, ás persoas que
cumpriron 65 anos en 2023 aínda lles quedarían por vivir
outros 22 anos máis. Este valor aumentou con
respecto ao ano anterior. A esperanza de vida aos 80 anos
tamén rexistrou un aumento entre ambos períodos.
Esperanza de vida aos 65 anos. Galicia
Unidade:
anos
| Tempo | Total | Homes | Mulleres |
|---|---|---|---|
| 2021 | 21,70 | 19,39 | 23,80 |
| 2022 | 21,42 | 19,26 | 23,39 |
| 2023 | 22,18 | 19,98 | 24,14 |
Fonte: IGE - Consellería de Sanidade. Táboas de mortalidade (descarga
da táboa)
Nota: os datos do ano 2023 son
provisionais
Esperanza de vida aos 80 anos. Galicia
Unidade:
anos
| Tempo | Total | Homes | Mulleres |
|---|---|---|---|
| 2021 | 10,42 | 9,14 | 11,34 |
| 2022 | 10,10 | 8,96 | 10,91 |
| 2023 | 10,84 | 9,66 | 11,66 |
Fonte: IGE - Consellería de Sanidade. Táboas de mortalidade (descarga
da táboa)
Nota: os datos do ano 2023 son
provisionais