ÍNDICE


Principais resultados

1 Introdución

A taxa de actividade é a porcentaxe de persoas activas na poboación de 16 ou máis anos. A poboación activa é o conxunto de persoas de 16 ou máis anos que subministran man de obra para a produción de bens e servizos ou que están sen traballo, dispoñibles para traballar e buscando activamente un emprego.

A partir das series históricas da Enquisa de poboación activa (EPA) e das Proxeccións de poboación a curto prazo, baixo a hipótese de que se mantivesen as tendencias pasadas, o IGE proxecta as taxas de actividade xunto co volume e estrutura da poboación activa por sexo e idade para o período temporal 2025-2038.

2 Proxección das taxas de actividade

A taxa de actividade da poboación de 16 ou máis anos pasará do 53,2% en 2024 ao 51,2% en 2038, o que supón unha caída de 2,0 puntos porcentuais. Agora ben, esta redución non será tan intensa nas mulleres como nos homes, dado que nos homes baixará do 57,3% ao 54,3% e nas mulleres do 49,4% ao 48,3%.

En canto á poboación entre os 16 e 64 anos a taxa de actividade pasará do 74,4% en 2024 ao 76,0% en 2038, grazas á mellora da taxa de actividade das mulleres, que subirá 3,3 puntos porcentuais.

Taxas de actividade da poboación de 16 ou máis anos e entre os 16 e 64 anos por sexo. Galicia

Unidade: porcentaxe

16 ou máis anos
Sexo Ano 2024 Ano 2038
Total 53,2 51,2
Homes 57,3 54,3
Mulleres 49,4 48,3

   

16 a 64 anos
Sexo Ano 2024 Ano 2038
Total 74,4 76,0
Homes 77,1 77,1
Mulleres 71,7 75,0

Fonte: IGE. Proxeccións de taxas de actividade (descarga da táboa)

Nota: os datos do ano 2024 proceden da Enquisa de poboación activa (EPA)


A comparación para 2024 e 2038 das taxas de actividade por sexo e grupo decenal de idade pon de manifesto que baixará a taxa de actividade nos grupos de menos de 35 anos e subirá no resto, así como a redución da fenda de xénero das taxas de actividade que terá lugar na poboación entre os 35 e 64 anos.

Taxas de actividade por sexo e grupo decenal de idade. Galicia

Unidade: porcentaxe

Ano 2024

   

Ano 2038

Fonte: IGE. Proxeccións de taxas de actividade (descarga da táboa)

Nota: os datos do ano 2024 proceden da Enquisa de poboación activa (EPA)

3 Proxección da poboación activa

En 2038 a poboación activa será menor que en 2024, tanto para os homes como para as mulleres, sendo esta baixada máis acusada nos homes. En concreto, a poboación activa de 16 ou máis anos diminuirá un 2,0% (3,6% para os homes e 0,3% para as mulleres) e a poboación activa entre os 16 e 64 anos diminuirá un 4,8% (6,5% para os homes e 3,0% para as mulleres).

Como consecuencia, aumentará a porcentaxe de mulleres na poboación activa, que pasará do 48,6% en 2024 ao 49,5% en 2038, poñéndose de manifesto que nos próximos anos continuará o proceso de converxencia da poboación activa feminina coa masculina que está tendo lugar no mercado laboral.

Poboación activa de 16 ou máis anos e entre os 16 e 64 anos por sexo. Galicia

Unidade: miles de persoas

16 ou máis anos
Sexo Ano 2024 Ano 2038
Total 1.262,3 1.236,9
Homes 648,6 625,0
Mulleres 613,7 612,0

   

16 a 64 anos
Sexo Ano 2024 Ano 2038
Total 1.234,1 1.174,8
Homes 634,7 593,3
Mulleres 599,4 581,5

Fonte: IGE. Proxeccións de taxas de actividade (descarga da táboa)

Nota: os datos do ano 2024 proceden da Enquisa de poboación activa (EPA)


Ao comparar as pirámides de poboación activa de 2024 e 2038, destaca:

Poboación activa por sexo e grupo decenal de idade. Galicia

Unidade: miles de persoas

Ano 2024

   

Ano 2038

Fonte: IGE. Proxeccións de taxas de actividade (descarga da táboa)

Nota: os datos do ano 2024 proceden da Enquisa de poboación activa (EPA)


As proxeccións da poboación activa permiten proxectar a evolución de indicadores analíticos do mercado laboral:

As ratios de persoas activas por cada persoa inactiva reduciranse en 2038 respecto a 2024, sobre todo a calculada por cada persoa inactiva de 65 ou máis anos. Así mesmo, segundo o índice de feminidade a poboación activa será máis paritaria entre homes e mulleres e mellorará o índice de xuventude.

Indicadores derivados. Galicia
Unidade: tanto por un
Tempo Ratio de persoas activas por cada persoa inactiva Ratio de persoas activas por cada persoa inactiva de 65 ou máis anos Índice de feminidade Índice de xuventude
2024 0,885 1,844 0,946 0,507
2025 0,885 1,821 0,952 0,500
2026 0,885 1,801 0,957 0,496
2027 0,885 1,782 0,962 0,493
2028 0,888 1,769 0,965 0,495
2029 0,890 1,754 0,968 0,499
2030 0,891 1,735 0,970 0,503
2031 0,891 1,715 0,972 0,508
2032 0,889 1,692 0,974 0,514
2033 0,887 1,667 0,976 0,520
2034 0,884 1,641 0,977 0,527
2035 0,879 1,615 0,978 0,537
2036 0,874 1,587 0,978 0,547
2037 0,867 1,557 0,979 0,556
2038 0,858 1,526 0,979 0,566

Fonte: IGE. Proxeccións de taxas de actividade (descarga da táboa)

Nota: os datos do ano 2024 proceden da Enquisa de poboación activa (EPA)

4 Definicións e máis información

Definicións

Máis información: