A partir da información proporcionada polas proxeccións a curto prazo elaboradas cada dous anos polo Instituto Nacional de Estadística (INE), o IGE elabora a desagregación territorial das mesmas, ata o nivel de comarcas. Preséntanse neste momento os resultados obtidos para o período 2024-2039, por sexo e grupos quinquenais de idade. A información relativa a poboación está referida ao 1 de xaneiro de cada ano; a relativa aos fenómenos demográficos asociados, como por exemplo os nacementos, as defuncións ou os saldos migratorios, fai referencia a anos completos. Pode consultarse como se calcularon estas proxeccións na metodoloxía.
No caso de mantérense as tendencias demográficas actuais, Galicia
presentaría un comportamento de crecemento poboacional dende 2024 ata o
1 de xaneiro de 2030, pasando a decrecer entre esa data e a fin da
proxección, en 2039; no total do período experimentaríase
unha caída do 0,3%.
Variación anual da poboación residente en Galicia
Unidade: porcentaxe (%)
Fonte: INE. Proyecciones de población (descarga da táboa)
Por provincias, as de Lugo e Pontevedra son as
que manifestarían diminucións máis acusadas, dun 2,6% e
0,6% respectivamente, mentres que na provincia de
Ourense a poboación practicamente non variaría e na
provincia da Coruña agardaríase un incremento da poboación no período de
proxección do 0,5%.
Poboación residente no 1 de xaneiro de cada ano. Galicia e
provincias
Unidade: persoas, porcentaxe (%)
| Espazo | 2024 | 2039 | Taxa de variación |
|---|---|---|---|
| Galicia | 2.705.741 | 2.697.267 | -0,3 |
|
1.128.187 | 1.134.215 | 0,5 |
|
324.844 | 316.442 | -2,6 |
|
304.485 | 304.538 | 0,0 |
|
948.225 | 942.072 | -0,6 |
Fonte: INE. Proyecciones de población (descarga da táboa)
A diminución da poboación galega explicaríase maioritariamente polo
saldo vexetativo negativo no período, que seguiría a tendencia observada
nos últimos anos, aínda que cómpre salientar que se espera que tanto
nacementos como defuncións experimenten crecementos durante os vindeiros
anos. Asi, se en 2024 o saldo vexetativo se situaría na
cifra de -20.548 persoas, en 2038 proxéctase
en -20.253 persoas.Porén, o saldo migratorio en Galicia
presentaría signo positivo en todo o período da proxección, acadando o
seu valor máximo durante o ano 2024, 28.355
persoas; en 2038 proxéctase un saldo migratorio para
Galicia de 14.777 persoas.
Saldos vexetativo e migratorio proxectados. Galicia
Unidade: persoas
Fonte: INE. Proyecciones de población (descarga da táboa)
Por áreas (agrupación de comarcas), gañarían poboación nos vindeiros
anos a Área da Coruña, un 6,6%,
Área de Santiago, un 3,7%,Ourense central, un 2,5%,Área de Ourense, un 2,1%
e Área de Vigo, un 1,2%. Por outra parte, as que
presentarían un maior decrecemento poboacional entre 2024 e
2039 serían as de A Coruña suroriental, cunha
diminución do 8,1%, a de
Área da Costa da morte, cun decrecemento do
7,9%, a de Ferrol-Eume-Ortegal, cun descenso
do 5,9%, e a Lugo oriental, cunha diminución
do 5,8%.
Poboación residente no 1 de xaneiro de cada ano. Áreas
xeográficas
Unidade: persoas, porcentaxe (%)
| Espazo | 2024 | 2039 | Taxa de variación |
|---|---|---|---|
| A Coruña suroriental | 63.486 | 58.348 | -8,1 |
| Ferrol-Eume-Ortegal | 185.372 | 174.492 | -5,9 |
| Área da Costa da morte | 128.604 | 118.481 | -7,9 |
| A Barbanza-Noia | 98.442 | 93.229 | -5,3 |
| Área da Coruña | 453.766 | 483.775 | 6,6 |
| Área de Santiago | 198.517 | 205.890 | 3,7 |
| Lugo sur | 47.172 | 46.773 | -0,8 |
| Lugo oriental | 35.917 | 33.826 | -5,8 |
| Lugo central | 171.610 | 168.903 | -1,6 |
| A Mariña | 70.145 | 66.940 | -4,6 |
| O Carballiño-O Ribeiro | 41.507 | 40.912 | -1,4 |
| Ourense central | 46.013 | 47.174 | 2,5 |
| Ourense sur | 72.580 | 69.100 | -4,8 |
| Área de Ourense | 144.384 | 147.352 | 2,1 |
| Pontevedra nororiental | 63.008 | 60.090 | -4,6 |
| Pontevedra sur | 105.607 | 104.141 | -1,4 |
| Caldas-O Salnés | 144.006 | 142.386 | -1,1 |
| O Morrazo | 82.250 | 79.752 | -3,0 |
| Área de Pontevedra | 125.120 | 122.167 | -2,4 |
| Área de Vigo | 428.233 | 433.536 | 1,2 |
Fonte: IGE. Proxeccións de poboación (descarga da táboa)
Por comarcas, segundo estas estimacións Ortegal perdería
case a cuarta parte da súa poboación nos próximos quince anos, cun
decrecemento no período do 24,7%. Por outra banda, prevese
que varias comarcas gañen máis do 5% de poboación no período
considerado: A Coruña, Valdeorras, e
Santiago.
Variación da poboación residente entre 2024 e
2039. Comarcas
Unidade: porcentaxe
(%)
Fonte: IGE. Proxeccións de poboación (descarga da táboa)
A poboación galega presenta valores negativos no seu saldo vexetativo, é
dicir, un maior número de defuncións que de nacementos. Para o período
de proxección considerado, entre o 1 de xaneiro de 2024 e o
1 de xaneiro de 2039, estímanse 218.744
nacementos e 523.872 defuncións en Galicia, o que daría
lugar a un saldo vexetativo negativo de 305.128 persoas.
Por áreas, todas elas presentarían un saldo vexetativo negativo e saldo
migratorio positivo no período de proxección.
Nacementos, defuncións, saldo vexetativo e saldo migratorio
proxectados para o período 2024-2038. Galicia e áreas
xeográficas
Unidade: persoas
| Espazo | Nacementos | Defuncións | Saldo vexetativo | Saldo migratorio |
|---|---|---|---|---|
| Galicia | 218.744 | 523.872 | -305.128 | 296.653 |
| A Coruña suroriental | 5.015 | 13.720 | -8.705 | 3.567 |
| Ferrol-Eume-Ortegal | 13.173 | 40.013 | -26.840 | 15.962 |
| Área da Costa da morte | 12.007 | 29.145 | -17.138 | 7.018 |
| A Barbanza-Noia | 9.108 | 19.049 | -9.941 | 4.729 |
| Área da Coruña | 38.618 | 78.924 | -40.306 | 70.318 |
| Área de Santiago | 17.521 | 32.029 | -14.508 | 21.882 |
| Lugo sur | 3.411 | 12.848 | -9.437 | 9.040 |
| Lugo oriental | 2.452 | 10.105 | -7.653 | 5.564 |
| Lugo central | 15.127 | 35.012 | -19.885 | 17.180 |
| A Mariña | 5.168 | 15.073 | -9.905 | 6.699 |
| O Carballiño-O Ribeiro | 2.754 | 11.952 | -9.198 | 8.605 |
| Ourense central | 3.367 | 12.071 | -8.704 | 9.864 |
| Ourense sur | 4.382 | 20.129 | -15.747 | 12.264 |
| Área de Ourense | 11.204 | 28.570 | -17.366 | 20.332 |
| Pontevedra nororiental | 4.120 | 13.334 | -9.214 | 6.297 |
| Pontevedra sur | 8.215 | 18.142 | -9.927 | 8.465 |
| Caldas-O Salnés | 11.248 | 27.020 | -15.772 | 14.153 |
| O Morrazo | 5.777 | 13.879 | -8.102 | 5.602 |
| Área de Pontevedra | 8.820 | 22.310 | -13.490 | 10.537 |
| Área de Vigo | 37.261 | 70.535 | -33.274 | 38.578 |
Fonte: IGE. Proxeccións de poboación (descarga da táboa)
Nos próximos anos prevese un aumento do índice sintético de fecundidade
en Galicia, que pasaría de 1,00 en 2024 a
1,14 fillos por muller durante o ano 2038.
Índice sintético de fecundidade proxectado. Galicia e
provincias
Unidade: fillos por muller
| Espazo | 2024 | 2038 |
|---|---|---|
| Galicia | 1,00 | 1,14 |
|
1,02 | 1,16 |
|
1,09 | 1,28 |
|
0,94 | 1,12 |
|
0,97 | 1,08 |
Fonte: INE. Proyecciones de población (descarga da táboa)
A idade media da poboación de Galicia sitúase nos 48,4
anos. O seu valor increméntase ano tras ano e espérase que no 1 de
xaneiro de 2039 se sitúe nos51,4 anos.
Idade media. Galicia e provincias.
Datos no
1 de xaneiro de cada ano
Unidade: anos
| Espazo | 2024 | 2039 |
|---|---|---|
| Galicia | 48,4 | 51,4 |
|
48,0 | 50,8 |
|
50,5 | 52,6 |
|
51,4 | 53,5 |
|
47,1 | 51,0 |
Fonte: INE. Proyecciones de población (descarga da táboa)
A partir da información por grupos de idade pódense obter indicadores proxectados como, por exemplo, o índice de envellecemento (relación entre a poboación de 65 e máis anos con respecto á poboación menor de 20 anos) que, de seguir as tendencias actuais, reflectiría un maior envellecemento de zonas xa envellecidas na actualidade.
Índice de envellecemento. Galicia e áreas xeográficas.
Datos no 1 de xaneiro de cada ano
Unidade:
tanto por cento (%)
| Espazo | 2024 | 2039 |
|---|---|---|
| Galicia | 173,1 | 263,0 |
| A Coruña suroriental | 207,4 | 293,7 |
| Ferrol-Eume-Ortegal | 203,5 | 301,1 |
| Área da Costa da morte | 228,7 | 281,8 |
| A Barbanza-Noia | 165,0 | 250,3 |
| Área da Coruña | 147,4 | 228,3 |
| Área de Santiago | 135,0 | 223,1 |
| Lugo sur | 301,8 | 337,2 |
| Lugo oriental | 337,8 | 360,4 |
| Lugo central | 190,5 | 256,8 |
| A Mariña | 206,3 | 301,8 |
| O Carballiño-O Ribeiro | 326,1 | 375,7 |
| Ourense central | 263,4 | 314,3 |
| Ourense sur | 365,3 | 408,1 |
| Área de Ourense | 176,0 | 277,6 |
| Pontevedra nororiental | 216,2 | 305,1 |
| Pontevedra sur | 154,4 | 265,6 |
| Caldas-O Salnés | 151,6 | 263,5 |
| O Morrazo | 142,0 | 276,4 |
| Área de Pontevedra | 143,2 | 271,0 |
| Área de Vigo | 142,4 | 237,8 |
Fonte: IGE. Proxeccións de poboación (descarga da táboa)
Outro indicador que se inclúe nesta publicación é o índice de sobreenvellecemento (proporción de poboación de 85 e máis anos con respecto á poboación de 65 ou máis anos); o seu valor medio para o conxunto de Galicia se incrementará levemente entre 2024 e 2039, pasando do 19,1% ao 19,3% no período. A súa evolución por áreas será dispar; nalgunhas áreas da provincia de Lugo o índice de sobreenvellecemento diminuirá máis de tres puntos; noutras, pola contra, aumentará, coma na Área da Costa da morte ou na Área de Pontevedra onde aumentará 2,6 puntos entre 2024 e 2039.
Índice de sobreenvellecemento. Galicia e áreas
xeográficas
Datos no 1 de xaneiro de cada
ano
Unidade: porcentaxe (%)
| Espazo | 2024 | 2039 |
|---|---|---|
| Galicia | 19,1 | 19,3 |
| A Coruña suroriental | 20,7 | 20,3 |
| Ferrol-Eume-Ortegal | 18,8 | 19,7 |
| Área da Costa da morte | 18,7 | 21,3 |
| A Barbanza-Noia | 18,2 | 18,9 |
| Área da Coruña | 17,9 | 18,3 |
| Área de Santiago | 17,4 | 18,4 |
| Lugo sur | 25,2 | 22,1 |
| Lugo oriental | 24,4 | 21,9 |
| Lugo central | 22,2 | 18,9 |
| A Mariña | 19,7 | 17,6 |
| O Carballiño-O Ribeiro | 23,8 | 24,6 |
| Ourense central | 22,6 | 21,4 |
| Ourense sur | 22,7 | 21,8 |
| Área de Ourense | 21,0 | 21,3 |
| Pontevedra nororiental | 22,6 | 21,6 |
| Pontevedra sur | 18,1 | 17,1 |
| Caldas-O Salnés | 17,2 | 19,3 |
| O Morrazo | 15,0 | 17,0 |
| Área de Pontevedra | 17,7 | 20,3 |
| Área de Vigo | 16,4 | 18,0 |
Fonte: IGE. Proxeccións de poboación (descarga da táboa)
Comarcas que compoñen cada área xeográfica considerada:
2024-2039.Grupos quinquenais de
idade. Galicia, provincias, áreas e comarcas
2024-2039.Variables
demográficas proxectadas. Galicia, provincias, áreas e comarcas
2024-2039.Indicadores de
envellecemento proxectados. Galicia, provincias, áreas e comarcas
2024-2039.Variables
demográficas proxectadas. España, Galicia e provincias