ÍNDICE


Principais resultados

1 Introdución

O IGE realiza dende o ano 2011 unha explotación do ficheiro de pensións contributivas do sistema da Seguridade Social xestionadas polo Instituto Nacional de la Seguridad Social (INSS) e polo Instituto Social de la Marina (ISM). A devandita explotación é froito do convenio de colaboración entre os ditos organismos e o IGE (BOE, núm. 55, do 5 de marzo de 2022).

Os datos que se presentan neste apartado son relativos ao colectivo de titulares de pensións contributivas do sistema da Seguridade Social xestionadas polo INSS e polo ISM, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia:

Non se inclúen, polo tanto, aquelas persoas que teñen un sistema de previsión social distinto á Seguridade Social, como por exemplo, os funcionarios de clases pasivas.

Inclúense todas as clases de prestacións: xubilación, incapacidade, xubilación procedente de incapacidade, viuvez, orfandade e a favor de familiares.

O criterio xeográfico empregado para a clasificación dos datos é o concello de residencia do titular da pensión, que se obtén mediante o cruce do ficheiro de Pensións Contributivas da Seguridade Social co Padrón municipal continuo do Instituto Nacional de Estadística (INE).

A data de referencia dos datos é o 31 de decembro de cada ano.


2 Número de pensionistas e importe medio por sexo e grupo de idade. Galicia

No ano 2024, en Galicia 335.858 homes e 347.028 mulleres perciben pensións contributivas da Seguridade Social.

O 81,8% das persoas que perciben pensións contributivas teñen 65 ou máis anos. O grupo de idade máis frecuente é o de 65 a 74 anos, tanto no caso dos homes (127.338 persoas) como no das mulleres (111.940 persoas).

O importe medio calcúlase como a media da suma dos importes percibidos en pensións contributivas da Seguridade Social por cada pensionista. En Galicia, no ano 2024 este importe situouse en 1.402,71 euros, no caso dos homes, e 1.075,64 euros no caso das mulleres.

Ao comparar o importe medio segundo o sexo e a idade do pensionista pode observarse que os homes teñen importes medios superiores ás mulleres en todos os grupos de idade. Ademáis, os importes maiores, tanto para homes como para mulleres, atópanse nos grupos de idade de 55 a 64 anos, de 65 a 74 anos e de 75 a 84 anos. Nestes grupos de idade, o importe medio dos homes é un 35,4%, un 26,9% e un 35,9% superior ao das mulleres, respectivamente.

Número de pensionistas e importe medio por pensionista, segundo o sexo e grupo de idade. Galicia. Ano 2024.
Unidade: persoas, €
Número
Importe
Idade Ambos Sexos Homes Mulleres Ambos Sexos Homes Mulleres
Total 682.886 335.858 347.028 1.236,50 1.402,71 1.075,64
0-44 20.497 11.443 9.054 631,72 669,49 584,00
45-54 29.385 16.098 13.287 936,53 975,48 889,34
55-64 74.546 41.461 33.085 1.196,93 1.354,12 999,93
65-74 239.278 127.338 111.940 1.433,27 1.591,15 1.253,67
75-84 204.046 98.848 105.198 1.237,03 1.431,92 1.053,91
85 e máis 115.134 40.670 74.464 1.036,49 1.166,68 965,38

                       Fonte: IGE. Pensións da Seguridade Social por concello de residencia da persoa pensionista (descarga da táboa)


  

                       Fonte: IGE. Pensións da Seguridade Social por concello de residencia da persoa pensionista (descarga da táboa)


No ano 2024 en Galicia, polo menos o 50% dos/as pensionistas (341.443 persoas) percibiron un importe medio igual ou superior aos 967,36 euros; o 10% percibiron non máis de 603,10 euros.

Po sexo a distribución do importe medio dos homes presenta unha maior dispersión e a diferencia entre o importe medio percibido polo homes e o percibido polas mulleres acrecéntase nos importes medios máis elevados. Así, o 25% dos homes perciben un importe medio superior aos 1.800 euros, mentres que no colectivo das mulleres só acadan esta cantidade algo máis do 10% das pensionistas.

Percentís dos importes por pensionista, segundo o sexo. Galicia. Ano 2024.
Unidade: persoas, €
Ambos sexos Homes Mulleres
Percentil 10 603,10 609,60 585,89
Percentil 25 783,30 825,20 783,30
Percentil 50 967,36 1.149,30 849,70
Percentil 75 1.513,54 1.805,34 1.219,50
Percentil 90 2.397,97 2.805,69 1.905,99

  

                       Fonte: IGE. Pensións da Seguridade Social por concello de residencia da persoa pensionista (descarga da táboa)


3 Número de pensionistas e importe medio. Galicia e provincias

En Galicia, no ano 2024, o 40,0% destes pensionistas residía na provincia da Coruña; o 32,4% na provincia de Pontevedra, e o 27,6% restante distribúese de forma homoxénea entre Lugo e Ourense. A distribución do número de pensionistas está relacionada coa poboación de cada provincia, xa que, no ano 2024, o 41,7% da poboación de Galicia residía na provincia da Coruña; o 35,0% na provincia de Pontevedra; o 12,0% na provincia de Lugo, e o restante 11,3% na provincia de Ourense.

O importe medio por persoa en pensións contributivas da Seguridade Social nas provincias da Coruña e Pontevedra é superior ao importe medio de Galicia (1.236,50 euros) e en ambas as dúas provincias supera os 1.275 euros. O importe medio acada o valor máis baixo na provincia de Ourense, onde se sitúa nos 1.096,59 euros.

  

                       Fonte: IGE. Pensións da Seguridade Social por concello de residencia da persoa pensionista (descarga da táboa)


Dende o comezo desta operación estatística, no ano 2011, ata o ano 2024, o número de pensionistas en Galicia incrementouse un 7,6%. A provincia na que máis medrou o número de pensionistas foi Pontevedra, na que o incremento é do 13,7% no período, mentres que nas provincias de Lugo e Ourense diminúe lixeiramente (un 4,0% e un 0,2%, respectivamente).

Pola súa banda, o importe medio da pensión en Galicia aumentou en 451,04 euros, un 57,4% entre os anos 2011 e 2024. Este importe medio incrementouse en todas as provincias; as provincias nas que máis se incrementou foron Lugo e A Coruña (un 58,3% e un 57,1%) mentres que nas provincias de Ourense e Pontevedra o incremento foi menor (un 56,7% e un 56,2%, respectivamente).

Número de pensionistas e importe medio por pensionista. Galicia e provincias. Anos 2011 e 2024.
Unidade: persoas, €
2011
2024
Espazo Número Importe Número Importe
Galicia 634.686 785,46 682.886 1.236,50
   • A Coruña 247.467 813,30 273.238 1.277,64
   • Lugo 99.943 733,05 95.947 1.160,37
   • Ourense 92.882 699,62 92.685 1.096,59
   • Pontevedra 194.394 817,96 221.016 1.277,38

  

                       Fonte: IGE. Pensións da Seguridade Social por concello de residencia da persoa pensionista (descarga da táboa)


4 Importe medio por concellos

No 60% dos concellos galegos o importe medio por persoa en pensións contributivas da Seguridade Social non supera os 1.083,86 euros e só en 51 concellos galegos se superan os 1.236,5 euros.

O 20% dos concellos co importe máis elevado correspóndese principalmente coas zonas dos sete grandes concellos, xunto coa Mariña Lucense, a zona de Valdeorras, As Pontes de García Rodríguez, Bueu, na zona do Barbanza e Baiona.

Concellos con importe medio por pensionista máis alto. Ano 2024.
Unidade: persoas, €
Concello Número Importe medio Mediana do importe
Pontes de García Rodríguez, As 2.762 1.842,48 1.596,76
Fene 3.468 1.595,65 1.351,59
Cervo 1.401 1.591,45 1.309,12
Ferrol 15.291 1.542,88 1.257,82
Coruña, A 54.543 1.489,52 1.228,21
Ares 1.531 1.488,88 1.154,85
Mugardos 1.404 1.462,91 1.206,95
Oleiros 7.509 1.460,27 1.157,40
Vigo 66.069 1.459,05 1.202,08
Bueu 2.965 1.457,62 1.187,96

  

Concellos con importe medio por pensionista máis baixo. Ano 2024.
Unidade: persoas, €
Concello Número Importe medio Mediana do importe
Avión 636 754,50 815,01
Baltar 365 821,80 783,30
Santa Comba 2.984 825,70 805,20
Padrenda 572 845,27 825,20
Vimianzo 2.257 848,53 825,20
Tordoia 1.262 851,77 817,47
Mazaricos 1.494 851,86 825,20
Calvos de Randín 330 851,92 801,69
Irixo, O 635 854,18 825,20
Ramirás 565 856,82 825,20

                       Fonte: IGE. Pensións da Seguridade Social por concello de residencia da persoa pensionista (descarga da táboa)