Principais resultados

1 Introdución

O obxectivo desta operación estatística é obter estimacións municipais do Produto interior bruto (PIB) coherentes co resto de operacións estatísticas do Sistema de Contas Económicas do IGE. O punto de partida é a información dispoñible nas Contas Económicas Anuais, nas que se estiman, para Galicia, as contas de produción e explotación para 72 ramas de actividade.

Esta publicación difunde novos datos de actividade económica nos concellos e comarcas de Galicia para os anos 2021, 2022 e 2023, e reelabora a serie contable 2010-2020, para adaptarse á nova Revisión estatística 2024. A principal novedade é que esta operación estatística convértese en anual (antes difundíase cada dous anos) e, ademais, ofrece información por grandes sectores económicos para os concellos de máis de 5.000 habitantes (antes só se desagregaban os concellos de máis de 10.000 habitantes). Tamén se modifica a desagregación sectorial difundida no caso das comarcas e provincias: pásase de doce a dezaséis ramas de actividade sempre que se salvagarde o segredo estatístico.

O PIB é unha macromagnitude económica que resume o volume de actividade produtiva nun espazo económico nun período de tempo determinado. É o resultado dos procesos de produción de diversos axentes que operan en cada concello (empresas, fogares, administracións públicas, etc.) producindo bens e servizos finais. Esta variable depende do emprazamento das unidades produtivas nun concello, pero o desenvolvemento das actividades produtivas pode non ter reflexo na renda dos fogares.

Na difusión de resultados inclúense datos do PIB por habitante. A poboación utilizada neste cálculo é a difundida nas Cifras poboacionais de referencia que elabora o IGE.

2 Datos por concello

2.1 Distribución da xeración de valor no territorio

Os sete grandes concellos (Vigo, A Coruña, Ourense, Santiago de Compostela, Lugo, Pontevedra e Ferrol) concentran o 44,4% do Produto interior bruto de Galicia.

Vigo é o concello con maior nivel de actividade produtiva, cun PIB de 9.760 millóns de euros, seguido do concello de A Coruña que xerou 9.451 millóns de euros en 2023. Entre ambos concellos achegan o 24,9% do PIB de Galicia.

O terceiro concello en xeración de valor engadido é Santiago de Compostela, que en 2023 xerou 4.840 millóns de euros. Tras Santiago sitúase Arteixo con 3.129 millóns de euros, e a continuación os concellos de Lugo, Ourense e Pontevedra con cifras de actividade superiores aos 2.400 millóns de euros. Os concellos de Ferrol, O Porriño e Oleiros completan a relación dos dez primeiros concellos por volume de actividade económica.

Estrutura do Produto Interior Bruto (PIB) dos dez concellos con maior PIB. Ano 2023

Unidade: porcentaxes sobre o PIB

Fonte: IGE. Produto interior bruto municipal (descarga da táboa).

A estrutura produtiva destes concellos presenta algunhas similitudes: a contribución do sector primario ao PIB é baixa (en ningún dos dez concellos supera o 2 %) e o sector servizos é o predominante, excepto no concello do Porriño, superado polo sector industrial. Ademais deste concello, en Vigo tamén o peso do sector industrial no PIB é superior á media galega (16,2 %). Nos outros oito concellos o sector servizos achega, cando menos, o 69,9 % do PIB. O sector da construción é especialmente relevante no PIB de Oleiros, cunha contribución do 17,9 %.

2.2 Estrutura produtiva dos concellos de máis de 5.000 habitantes

Para os concellos de máis de 5.000 habitantes difúndese información do valor xerado no sector primario, industria (que inclúe a enerxía), construción e servizos, ademais dos impostos netos sobre os produtos.

No ano 2023, no conxunto da economía galega o sector primario representa o 4,7% do PIB, a Industria e enerxía o 16,2%, a construción o 6,3%, o sector servizos o 64,1% e os impostos sobre os produtos representan o 8,6% restante. Tomando como referencia estes datos, e á vista da estrutura produtiva dos concellos de máis de 5.000 habitantes, podemos destacar os seguintes trazos deste grupo de concellos:

Os quince concellos de máis de 5.000 habitantes con maior peso segundo sector de actividade

  

  

Fonte: IGE. Produto interior bruto municipal (descarga da táboa).

3 Datos por comarca

3.1 Distribución da actividade produtiva por comarcas

A Coruña é a principal comarca de Galicia en termos de actividade económica. En 2023 xerou un PIB de 15.925 millóns de euros, o que representa o 20,7% do total de Galicia. Con respecto ao 2022 a actividade incrementouse un 5,3%. A comarca de Vigo tivo un PIB de 13.578 millóns de euros, que representa un 17,6% do total galego, e entre 2022 e 2023 tivo un crecemento do 5,8%. En ambos casos, rexistraron un crememento do PIB en termos correntes inferior ao do total de Galicia (7,9 %).

As seguintes comarcas, en orde de magnitude, son as de Santiago, Ourense, Ferrol, Lugo e Pontevedra. Estas sete comarcas representan o 65,7% do PIB de Galicia e en todas elas o nivel de actividade económica incrementouse con respecto ao ano 2022. Destaca a comarca de Lugo cun incremento do 13,7% e Santiago cun crecemento do 12,4 %.

Fóra das comarcas cuxa cabeceira é un dos sete grandes concellos de Galicia, destacan O Salnés, O Morrazo e Barbanza. A suma destas tres comarcas representa o 7,0% do PIB galego.

As dez comarcas de Galicia con maior Produto interior bruto (PIB). Ano 2023
Unidade: miles de euros, taxa de variación interanual e contribución ao PIB en %
Comarca PIB Contribución ao PIB de Galicia Taxa de variación 2022-2023
A Coruña 15.924.764 20,7 5,3
Vigo 13.578.484 17,6 5,8
Santiago 6.221.235 8,1 12,4
Ourense 4.243.802 5,5 8,3
Ferrol 3.687.328 4,8 7,2
Lugo 3.610.492 4,7 13,7
Pontevedra 3.341.471 4,3 5,2
O Salnés 2.439.881 3,2 6,3
O Morrazo 1.542.884 2,0 5,0
Barbanza 1.401.567 1,8 6,6
Fonte: IGE. Produto interior bruto municipal (descarga da táboa).

3.2 Datos comarcais do Produto interior bruto por habitante

Se falamos de PIB por habitante a situación das comarcas é diferente. O Sar ocupa o primeiro lugar, cun PIB por habitante de 44.980 euros, é dicir, un 58 % máis que a media de Galicia (28.529,9 euros). A Coruña rexistra a segunda cifra comarcal en termos de PIB por habitante con 38.659 euros. Xunto as de Santiago e Eume, estas catro comarcas rexistraron en 2023 un PIB por habitante superior, cando menos, nun 25% a media galega.

Terra de Celanova, Muros, Noia e O Condado están entre as comarcas con menor actividade produtiva por habitante. En todas elas o PIB por habitante é inferior ao 60% da media de Galicia.

Índice do PIB comarcal por habitante (Galicia = 100). Ano 2023

Fonte: IGE. Produto interior bruto municipal (descarga da táboa).

3.3 Especialización produtiva por comarca

As estimacións publicadas polo IGE inclúen información da estrutura produtiva das comarcas cun nivel de desagregación de 16 ramas de actividade, sempre que a salvagarda do segredo estatístico o permita. Este detalle permite construír uns índices de especialización relativa, que comparan a estrutura produtiva de cada comarca coa de Galicia, identificando aqueles sectores máis predominantes, en termos relativos.

Vinte comarcas teñen especialización produtiva no sector primario (inclúe agricultura, gandaría, pesca e silvicultura) e once comarcas teñen especialización produtiva no sector enerxético (Eume, Fisterra, Noia, Terra de Soneira, Chantada, Baixa Limia, O Ribeiro, Terra de Celanova, Terra de Trives, Viana e A Paradanta).

A presenza da industria manufactureira é sobranceira en varias comarcas:

Especialización produtiva por comarca. Ano 2023

Fonte: IGE. Produto interior bruto municipal (descarga da táboa)

NOTA: calcúlase un índice de especialización para cada comarca e sector como o cociente entre o peso do VEB do sector na comarca e o peso do VEB do sector na economía galega. En cada comarca defínese o sector de especialización como aquel que presenta o maior valor dos índices anteriores.

4 Datos por provincia

Os datos provinciais obtéñense por agregación dos datos municipais. Nas provincias da Coruña e Pontevedra concéntrase o 78,1% da actividade económica xerada en Galicia. A provincia da Coruña é a responsable do 45,5% e ten un PIB por habitante superior nun 9,2% á media da Comunidade autónoma. A provincia de Pontevedra ten un PIB de 25.126 millóns de euros, pero o PIB por habitante é inferior á media. Ourense achega o 10,2% da xeración de valor na nosa comunidade e é a provincia cun PIB por habitante inferior. O PIB da provincia de Lugo representa o 11,6% do total e, en termos per cápita, situouse no 96,9 % da media de Galicia.

Produto interior bruto provincial. Ano 2023
Unidade: PIB en miles de euros, PIB por habitante en euros, contribución ao PIB en porcentaxes
Galicia e provincias PIB Contribución ao PIB de Galicia PIB por habitante PIB por habitante sobre a media galega
Galicia 77.008.465 100,0 28.530 100,0
A Coruña 35.050.118 45,5 31.162 109,2
Lugo 8.962.318 11,6 27.650 96,9
Ourense 7.870.244 10,2 25.888 90,7
Pontevedra 25.125.785 32,6 26.552 93,1
Fonte: IGE. Produto interior bruto municipal (descarga da táboa).

O sector servizos é o sector económico cunha contribución máis elevada ao PIB provincial, porén cómpre destacar algúns aspectos significativos de cada provincia:

                              Fonte: IGE. Produto interior bruto municipal (descarga da táboa).


5 Definicións, fontes e máis información

Definicións

Máis información: