Principais resultados

1 Introdución

O principal obxectivo desta actividade estatística é coñecer o número de traballadores en alta laboral na Seguridade social e nas distintas mutualidades, Instituto Social de las Fuerzas Armadas (ISFAS), Mutualidad General de Funcionarios Civiles del Estado (MUFACE) e Mutualidad General Judicial (MUGEJU), por concello de residencia do traballador, así como a distribución segundo o sexo e a idade. Por outra banda, tamén se analizan as afiliacións nas distintas mutualidades en alta laboral en Galicia por concello e comarca de residencia da persoa afiliada e por sectores e seccións de actividade segundo a CNAE-2009.

Só se consideran as afiliacións de persoas que traballan e residen na Comunidade Autónoma de Galicia. Para obter o concello de residencia, crúzase o ficheiro de afiliación co Padrón municipal continuo do Instituto Nacional de Estadística (INE), naqueles casos onde sexa posible; noutro caso manterase o concello de residencia que figure no ficheiro de afiliación da mutualidade correspondente.

Para un mesmo traballador, poden figurar varias afiliacións en alta laboral, por exemplo, se ten varias actividades laborais nun mesmo réxime ou en varios. Cando se fala de afiliacións, cada traballador contabilízase tantas veces como situacións de cotización teña. Porén, para as táboas de persoas afiliadas, cada traballador contabilízase unha única vez.

2 Situación da afiliación á Seguridade Social e mutualidades en Galicia

Afiliacións á Seguridade Social e mutualidades en alta laboral. Galicia e provincias. Decembro de 2025
Unidade: Afiliacións
Espazo 2025/Decembro Variación relativa respecto a 2024/Decembro(%)
Galicia 1.095.473 1,0
A Coruña 467.593 1,1
Lugo 129.762 0,3
Ourense 111.548 0,9
Pontevedra 386.570 1,3

 

Persoas afiliadas á Seguridade Social e mutualidades en alta laboral. Galicia e provincias. Decembro de 2025
Unidade: Persoas
Espazo 2025/Decembro Variación relativa respecto a 2024/Decembro(%)
Galicia 1.054.276 1,0
A Coruña 450.207 1,1
Lugo 124.005 0,2
Ourense 107.194 0,7
Pontevedra 372.870 1,3

                              Fonte: IGE. Emprego na Seguridade Social e mutualidades. Descarga das táboas (Afiliacións) (Afiliados).


En Galicia, en decembro de 2025, rexistráronse 1.095.473 afiliacións á Seguridade Social, ISFAS, MUFACE e MUGEJU. En canto a persoas afiliadas, rexistráronse 1.054.276 persoas afiliadas nas distintas mutualidades. Con respecto ao mesmo mes do ano anterior, tanto as afiliacións coma as persoas afiliadas aumentaron un 1%.

Se se fai unha análise por mutualidades, pódese observar que as afiliacións á Seguridade Social incrementáronse en decembro de 2025 un 1,3%, con respecto a decembro do ano anterior, mentres que as afiliacións nas mutualidades estudadas diminuíron un 6,7%.

Afiliacións á Seguridade Social e mutualidades en alta laboral. Galicia
Unidade: Afiliacións
2024/Decembro 2025/Decembro Variación relativa (%)
Afiliacións totais 1.084.093 1.095.473 1,0
Afiliacións á Seguridade social 1.045.728 1.059.682 1,3
Mutualidades 38.365 35.781 -6,7

                                   Fonte: IGE. Emprego na Seguridade Social e mutualidades. (descarga da táboa).

3 Persoas afiliadas por sexo e grupos de idade

Para medir a estrutura da poboación afiliada á Seguridade Social e mutualidades en alta laboral constrúese o seguinte indicador de estrutura: poboación afiliada de 40 ou máis anos, dividido entre a poboación afiliada de 16 a 39 anos multiplicado por cen.

Outro indicador tomado das estatísticas demográficas é o de taxa de substitución da poboación afiliada (cociente entre a poboación afiliada menor de 25 anos e a poboación afiliada maior de 55 anos, multiplicado por 100). Este indicador utilízase para comparar a poboación que acaba de ingresar como cotizantes ao sistema da Seguridade Social e mutualidades coa que está en idade próxima a abandonalo e pasar á situación de pensionista.

Persoas afiliadas á Seguridade Social e mutualidades en alta laboral. Galicia e sete grandes concellos. Decembro de 2025
Unidade: Persoas, porcentaxes
Espazo 2024/Decembro 2025/Decembro % sobre o total 2025/Decembro
Galicia 1.043.859 1.054.276 100,0
A Coruña 99.558 100.988 9,6
Ferrol 21.279 21.590 2,0
Santiago de Compostela 43.081 43.354 4,1
Lugo 41.477 41.800 4,0
Ourense 40.959 41.658 4,0
Pontevedra 33.163 33.468 3,2
Vigo 115.904 117.995 11,2

 

Índice de estrutura e taxa de substitución da poboación afiliada. Galicia e sete grandes concellos. Decembro de 2025
Unidade: Porcentaxes
Espazo Índice de estrutura da poboación afiliada Taxa de substitución da poboación afiliada
Galicia 234,5 18,1
A Coruña 211,0 18,8
Ferrol 234,5 19,0
Santiago de Compostela 236,7 14,2
Lugo 239,8 16,6
Ourense 222,3 17,2
Pontevedra 256,0 15,9
Vigo 228,1 19,3

                              Fonte: IGE. Emprego na Seguridade Social e mutualidades (descarga da táboa).


En decembro de 2025, por cada 100 persoas afiliadas á Seguridade Social e mutualidades en alta laboral menores de 40 anos, residían en Galicia 234,5 traballadores maiores desta idade. Dos sete grandes concellos galegos, Santiago de Compostela, Lugo e Pontevedra, presentaban, para este indicador, valores superiores á media galega, que variaban desde 256 no concello de Pontevedra ata 236,7 en Santiago de Compostela.

En Galicia, por cada 100 persoas que están en idade próxima a abandonar o mercado laboral, contabilízanse 18 persoas que acaban de ingresar no mercado.


 

Persoas afiliadas á Seguridade Social e mutualidades en alta laboral segundo sexo. Galicia e sete grandes concellos. Decembro 2025
Unidade: Persoas, porcentaxes
Espazo Total Homes Mulleres % Mulleres
Galicia 1.054.276 533.663 520.613 49,4
A Coruña 100.988 48.739 52.249 51,7
Ferrol 21.590 10.936 10.654 49,3
Santiago de Compostela 43.354 20.858 22.496 51,9
Lugo 41.800 19.700 22.100 52,9
Ourense 41.658 19.607 22.051 52,9
Pontevedra 33.468 16.138 17.330 51,8
Vigo 117.995 57.741 60.254 51,1

                              Fonte: IGE. Emprego na Seguridade Social e mutualidades (descarga da táboa).


En decembro de 2025 o 49,4% das persoas afiliadas en Galicia son mulleres. O grupo de idade con maior número de persoas afiliadas corresponde á idade de 45-49 anos, tanto no caso dos homes como no das mulleres. Nos sete grandes concellos, a porcentaxe de mulleres superou á dos homes agás en Ferrol, donde a porcentaxe de mulleres foi inferior e situouse no 49,3%.


4 Afiliacións por actividade

As 1.095.473 afiliacións que houbo en Galicia en decembro de 2025 repártense entre Agricultura e pesca (4,5%), Industria e enerxía (13,2%), Construción (7,2%), Servizos (74,4%). Ademais, temos unha pequena porcentaxe das afiliacións (0,7%) que non foi posible asignar a ningún sector por falta de información ao respecto.


Afiliacións en alta laboral de residentes en Galicia por sectores de actividade. Decembro de 2025

Unidade: Porcentaxe

                              Fonte: IGE. Emprego na Seguridade Social e mutualidades (descarga da táboa).

Por seccións de actividade destacan a rama do comercio co 16,2% do total de afiliacións e a rama da industria manufactureira que posúe o 12,3% do total de afiliacións.

Afiliacións en alta laboral de residentes en Galicia por seccións de actividade. Decembro de 2025

Unidade: Porcentaxe

                              Fonte: IGE. Emprego na Seguridade Social e mutualidades (descarga da táboa).

O sector servizos aglutina o maior número de afiliacións (74,4%). O mapa seguinte reflexa o peso das afiliacións nos servizos por concello de residencia e amosa un maior peso nos sete grandes concellos e nos seus municipios limítrofes. Cabe destacar Santiago de Compostela e A Coruña, onde o 87,9% e 86,1% das afiliacións existentes a finais de decembro do ano 2025 correspondían ao sector servizos.

 

Taboa dos 15 concellos de Galicia con maior porcentaxe de afiliacións en alta laboral nos servizos. Decembro de 2025
Unidade: Porcentaxes
Espazo % Afiliacións servizos
Santiago de Compostela 87,9
A Coruña 86,1
Ames 84,5
Lugo 84,1
Oleiros 83,6
Pontevedra 83,2
Sada 81,8
Ourense 81,8
Mondariz Balneario 81,5
Teo 81,3
Culleredo 81,1
Ferrol 80,6
Castrelo do Val 80,2
Cambre 80,1
Monforte de Lemos 80,1

                              Fonte: Emprego na Seguridade Social e mutualidades (descarga da táboa).


5 Definicións, metodoloxía, fontes e máis información

Definicións

Metodoloxía

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Emprego na Seguridade Social e mutualidades