Principais resultados

                                        Evolución do movemento natural da poboación. Primeiros trimestres do ano. Galicia

                                        Unidade: número

                                        Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación.
                                        Os datos de 2025 e 2026 son provisionais.


1 Nacementos

Os nacementos de nais residentes en Galicia rexistraron no primeiro trimestre de 2026 un descenso do 2,22% con respecto ao primeiro trimestre de 2025, interrompendo así unha serie de tres trimestres consecutivos de crecemento interanual.
Esta evolución foi diferente segundo o sexo: os nacementos de nenos aumentaron un 2,72%, mentres que os de nenas se reduciron un 7,18%.

Nacementos segundo sexo. Galicia
Unidade: número, porcentaxe
Total Homes Mulleres Total. Variación interanual (%)
2024/III 3.429 1.783 1.646 -4,48
2024/IV 3.345 1.724 1.621 -7,78
2025/I 3.156 1.583 1.573 -4,94
2025/II 3.430 1.736 1.694 5,34
2025/III 3.514 1.775 1.739 2,48
2025/IV 3.456 1.784 1.672 3,32
2026/I 3.086 1.626 1.460 -2,22
Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación.
Os datos de 2025 e 2026 son provisionais (descarga da táboa).


O 78,32% destes nacementos contabilizáronse nas provincias occidentais (o 43,36% na provincia da Coruña e o 34,96% na provincia de Pontevedra) e o 21,68% nas provincias de Lugo (o 12,70%) e Ourense (o 8,98%).

                                                                      Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación
                                                                      (descarga da táboa).


Con respecto ao mesmo trimestre do ano anterior, os nacementos creceron en Lugo (un 2,08%) e Pontevedra (un 1,41%), mentres que diminuíron na Coruña (un 4,29%) e Ourense (un 10,65%).

Nacementos. Galicia e provincias
Unidade: número
Tempo Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
2024/III 3.429 1.502 407 332 1.188
2024/IV 3.345 1.458 428 312 1.147
2025/I 3.156 1.398 384 310 1.064
2025/II 3.430 1.508 405 339 1.178
2025/III 3.514 1.567 412 337 1.198
2025/IV 3.456 1.449 428 351 1.228
2026/I 3.086 1.338 392 277 1.079
Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación.
Os datos de 2025 e 2026 son provisionais (descarga da táboa).


Os datos segundo idade da nai reflicten que o maior número de nacementos se rexistrou no grupo de idades de 30 a 39 anos (en conxunto o 62,54% do total de nacementos). Cómpre salientar o número de nacementos de nais de maior idade, que no caso de nais de 40 a 44 anos representou o 13,25% e nas de máis de 45 anos o 2,20%.

Nacementos segundo a idade da nai. Galicia.
1º trimestre de 2026. Datos provisionais

Unidade: número, porcentaxe
Idade da nai Nacementos Distribución (%)
Total 3.086 100,00
Menos de 20 anos 42 1,36
De 20 a 24 anos 176 5,70
De 25 a 29 anos 461 14,94
De 30 a 34 anos 930 30,14
De 35 a 39 anos 1.000 32,40
De 40 a 44 anos 409 13,25
De 45 a 49 anos 59 1,91
De 50 e máis anos 9 0,29
Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación
(descarga da táboa).


2 Defuncións

As defuncións de persoas residentes en Galicia aumentaron un 0,32% no primeiro trimestre de 2026 con respecto ao primeiro trimestre de 2025. Encadéanse así tres trimestres con taxa interanual positiva.

Este aumento debeuse ao incremento das defuncións entre as mulleres, con 79 falecementos máis, mentres que entre os homes se rexistrou unha diminución de 50 defuncións.

Defuncións segundo sexo. Galicia
Unidade: número, porcentaxe
Total Homes Mulleres Total. Variación interanual (%)
2024/III 7.381 3.637 3.744 -0,83
2024/IV 8.048 4.018 4.030 -5,19
2025/I 9.156 4.551 4.605 -1,63
2025/II 7.954 3.867 4.087 -0,72
2025/III 7.689 3.773 3.916 4,17
2025/IV 8.657 4.210 4.447 7,57
2026/I 9.185 4.501 4.684 0,32
Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación.
Os datos de 2025 e 2026 son provisionais (descarga da táboa).


A evolución interanual do número de defuncións foi desigual por provincias: aumentou en Lugo (2,91%) e Pontevedra (3,29%) e diminuíu na Coruña (1,71%) e en Ourense (2,79%).

Defuncións. Galicia e provincias
Unidade: número
Tempo Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
2024/III 7.381 2.977 1.073 1.079 2.252
2024/IV 8.048 3.251 1.228 1.141 2.428
2025/I 9.156 3.687 1.341 1.364 2.764
2025/II 7.954 3.206 1.239 1.094 2.415
2025/III 7.689 3.056 1.087 1.189 2.357
2025/IV 8.657 3.497 1.285 1.182 2.693
2026/I 9.185 3.624 1.380 1.326 2.855
Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación.
Os datos de 2025 e 2026 son provisionais (descarga da táboa).


No primeiro trimestre de 2026, máis da metade (o 56,06%) das defuncións de residentes en Galicia foi de persoas de 85 ou máis anos. O segundo grupo de idades que concentra as defuncións é o de 65 a 84 anos, co 34,57% das defuncións nese trimestre.

Defuncións segundo a idade. Galicia.
1º trimestre de 2026. Datos provisionais

Unidade: número, porcentaxe
Idade Defuncións Distribución (%)
Total 9.185 100,00
Menos de 25 anos 20 0,22
De 25 a 44 anos 70 0,76
De 45 a 64 anos 771 8,39
De 65 a 84 anos 3.175 34,57
De 85 ou máis anos 5.149 56,06
Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación
(descarga da táboa).


A maior presenza feminina nas idades avanzadas provoca que, no caso de persoas de 85 ou máis anos, máis do 60% das defuncións sexan de mulleres. En cambio, por debaixo dos 85 anos predominan as de homes.

                                                                      Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación
                                                                      (descarga da táboa).


3 Matrimonios

Tras cinco trimestres consecutivos con taxas interanuais positivas, no primeiro trimestre de 2026 rexistráronse un 5,44% menos de matrimonios de persoas con residencia prevista en Galicia, 1.409 matrimonios en 2026 fronte a 1.490 en 2025. Aínda así, esa é a segunda cifra máis alta nun primeiro trimestre desde o ano 2000.

Por tipo de matrimonio, diminuíron os matrimonios nos que os contraíntes eran persoas de diferente sexo (102 menos) e aumentaron os celebrados entre persoas do mesmo sexo (21 máis).

Matrimonios segundo tipo. Galicia
Unidade: número, porcentaxe
Total Diferente sexo Mesmo sexo Total. Variación interanual (%)
2024/III 3.483 3.380 103 -1,28
2024/IV 1.929 1.881 48 8,74
2025/I 1.490 1.451 39 15,86
2025/II 2.569 2.499 70 2,92
2025/III 3.552 3.458 94 1,98
2025/IV 2.103 2.030 73 9,02
2026/I 1.409 1.349 60 -5,44
Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación.
Os datos de 2025 e 2026 son provisionais (descarga da táboa).


4 Notas metodolóxicas

A “Explotación do movemento natural da poboación” proporciona información sobre os principais fenómenos demográficos (nacementos, defuncións e matrimonios). A poboación obxecto de estudo son os nacementos de nais residentes en Galicia, as persoas falecidas con residencia en Galicia e os matrimonios que teñen previsto fixar a súa residencia en Galicia.

Os datos que se presentan relativos aos anos 2025 e 2026 teñen carácter provisional, e proceden dos ficheiros mensuais con información sobre estes tres fenómenos que envía o INE ao IGE relativos a Galicia. A información de anos anteriores procede dos ficheiros anuais definitivos.


5 Anexo

Movemento natural da poboación. Galicia. Datos mensuais
Unidade: número
Mes Nacementos Defuncións Matrimonios
2024/Xullo 1.181 2.596 1.086
2024/Agosto 1.146 2.481 1.190
2024/Setembro 1.102 2.304 1.207
2024/Outubro 1.159 2.612 811
2024/Novembro 1.093 2.552 586
2024/Decembro 1.093 2.884 532
2025/Xaneiro 1.102 3.348 376
2025/Febreiro 980 2.721 460
2025/Marzo 1.074 3.087 654
2025/Abril 1.185 2.762 559
2025/Maio 1.081 2.636 1.032
2025/Xuño 1.164 2.556 978
2025/Xullo 1.167 2.635 1.117
2025/Agosto 1.175 2.655 1.252
2025/Setembro 1.172 2.399 1.183
2025/Outubro 1.154 2.641 934
2025/Novembro 1.180 2.722 589
2025/Decembro 1.122 3.294 580
2026/Xaneiro 1.036 3.571 420
2026/Febreiro 998 2.737 458
2026/Marzo 1.052 2.877 531
Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación.
Os datos de 2025 e 2026 son provisionais.

6 Metodoloxía, definicións, fontes e máis información

Metodoloxía

Definicións

Descarga de datos