Principais resultados


                                        Evolución do movemento natural da poboación. Galicia

                                        Unidade: número

                                        Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación.
                                        Os datos de 2025 son provisionais.


1 Nacementos

Os nacementos de nais residentes en Galicia aumentaron no terceiro trimestre de 2025 un 2,39% con respecto ao terceiro trimestre de 2024. Este é o segundo trimestre consecutivo no que se rexistrou unha taxa interanual positiva, despois de taxas con signo negativo desde principios de 2024.

O terceiro trimestre de cada ano adoita a ser o trimestre no que máis nacementos se producen; de feito, neste terceiro trimestre de 2025 acadouse o máximo trimestral desde comezos de 2024. Tamén é habitual que nazan máis nenos ca nenas; en concreto neste trimestre houbo 1.773 nacementos de varóns fronte a 1.738 nacementos de mulleres.

Nacementos segundo sexo. Galicia
Unidade: número, porcentaxe
Total Homes Mulleres Total. Variación interanual (%)
2024/I 3.320 1.733 1.587 -0,27
2024/II 3.256 1.697 1.559 -5,84
2024/III 3.429 1.783 1.646 -4,48
2024/IV 3.345 1.724 1.621 -7,78
2025/I 3.161 1.585 1.576 -4,79
2025/II 3.431 1.738 1.693 5,37
2025/III 3.511 1.773 1.738 2,39
Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación.
Os datos de 2025 son provisionais (descarga da táboa).


O número de nacementos de nais residentes aumentou nas catro provincias galegas neste trimestre con respecto ao mesmo período do ano anterior. Como no caso do total de Galicia, nas provincias da Coruña e Pontevedra produciuse o máximo trimestral desde comezos de 2024.

Nacementos. Galicia e provincias
Unidade: número
Tempo Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
2024/I 3.320 1.452 367 307 1.194
2024/II 3.256 1.383 408 314 1.151
2024/III 3.429 1.502 407 332 1.188
2024/IV 3.345 1.458 428 312 1.147
2025/I 3.161 1.397 384 310 1.070
2025/II 3.431 1.507 405 339 1.180
2025/III 3.511 1.565 412 336 1.198
Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación.
Os datos de 2025 son provisionais (descarga da táboa).


Segundo a distribución provincial dos nacementos no terceiro trimestre de 2025, o 78,7% contabilizouse nas provincias occidentais (o 44,57% na provincia da Coruña e o 34,12% na provincia de Pontevedra) e só o 21,3% nas provincias de Lugo (o 11,73%) e Ourense (o 9,57%).

                                                                      Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación.
                                                                      Datos provisionais (descarga da táboa).


Os datos segundo idade da nai reflicten que o maior número de nacementos rexistrouse no grupo de idades de 30 a 39 anos (en conxunto o 63,71% do total de nacementos). Cómpre salientar o número de nacementos de nais de maior idade, que no caso de nais de 40 a 44 anos foron 437 (o 12,45% do total), de 45 a 49 anos foron 68 (o 1,94% do total) e no caso de nais de 50 ou máis anos foron 4 nacementos (o 0,11% do total).

Nacementos segundo a idade da nai. Galicia.
3º trimestre de 2025

Unidade: número, porcentaxe
Idade da nai Nacementos Distribución (%)
Total 3.511 100,00
Menos de 20 anos 42 1,20
De 20 a 24 anos 219 6,24
De 25 a 29 anos 504 14,35
De 30 a 34 anos 1.093 31,13
De 35 a 39 anos 1.144 32,58
De 40 a 44 anos 437 12,45
De 45 a 49 anos 68 1,94
De 50 e máis anos 4 0,11
Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación.
Datos provisionais (descarga da táboa).


2 Defuncións

As defuncións de persoas residentes en Galicia aumentaron un 3,85% no terceiro trimestre de 2025 con respecto ao terceiro trimestre de 2024. O aumento produciuse tanto no caso dos homes (121 defuncións máis que un ano antes) como no das mulleres (incremento de 163 defuncións).

Neste trimestre acadouse o mínimo do que vai de ano, xa que, como é habitual, o terceiro trimestre é o que rexistra un menor número de defuncións anualmente.

Defuncións segundo sexo. Galicia
Unidade: número, porcentaxe
Total Homes Mulleres Total. Variación interanual (%)
2024/I 9.308 4.550 4.758 0,29
2024/II 8.012 3.960 4.052 5,85
2024/III 7.381 3.637 3.744 -0,83
2024/IV 8.048 4.018 4.030 -5,19
2025/I 9.143 4.544 4.599 -1,77
2025/II 7.935 3.852 4.083 -0,96
2025/III 7.665 3.758 3.907 3,85
Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación.
Os datos de 2025 son provisionais (descarga da táboa).


Este aumento interanual das defuncións produciuse nas catro provincias galegas: 105 defuncións máis en Ourense, 101 defuncións máis en Pontevedra, 69 defuncións máis na Coruña e 9 defuncións máis en Lugo.

Defuncións. Galicia e provincias
Unidade: número
Tempo Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
2024/I 9.308 3.758 1.389 1.354 2.807
2024/II 8.012 3.212 1.223 1.130 2.447
2024/III 7.381 2.977 1.073 1.079 2.252
2024/IV 8.048 3.251 1.228 1.141 2.428
2025/I 9.143 3.679 1.340 1.363 2.761
2025/II 7.935 3.198 1.237 1.090 2.410
2025/III 7.665 3.046 1.082 1.184 2.353
Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación.
Os datos de 2025 son provisionais (descarga da táboa).


No terceiro trimestre de 2025 máis da metade (o 51,44%) das defuncións de residentes en Galicia foi de persoas de 85 ou máis anos. O segundo grupo de idades que concentra as defuncións é o de 65 a 84 anos, co 37,89% das defuncións nese trimestre.

Defuncións segundo a idade.Galicia.
3º trimestre de 2025

Unidade: número, porcentaxe
Idade Defuncións Distribución (%)
Total 7.665 100,00
Menos de 25 anos 27 0,35
De 25 a 44 anos 91 1,19
De 45 a 64 anos 700 9,13
De 65 a 84 anos 2.904 37,89
De 85 ou máis anos 3.943 51,44
Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación.
Datos provisionais (descarga da táboa).


A maior presenza feminina nas idades avanzadas provoca que, no caso de persoas de 85 ou máis anos, máis do 60% das defuncións sexan de mulleres. En cambio, as defuncións de persoas de ata 84 anos son maioritariamente de homes.

                                                                      Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación.
                                                                      Datos provisionais (descarga da táboa).


3 Matrimonios

Segundo os datos referidos ao terceiro trimestre de 2025, os matrimonios de persoas residentes en Galicia, ou que teñen pensado establecer a súa residencia en Galicia despois do matrimonio, aumentaron un 1,72% con respecto ao terceiro trimestre de 2024. Por tipo de matrimonio, aumentaron os matrimonios nos que os contraíntes eran persoas de diferente sexo (70 máis) e diminuíron os celebrados entre persoas do mesmo sexo (10 menos).

Matrimonios segundo tipo. Galicia
Unidade: número, porcentaxe
Total Diferente sexo Mesmo sexo Total. Variación interanual (%)
2024/I 1.286 1.239 47 0,08
2024/II 2.496 2.426 70 2,25
2024/III 3.483 3.380 103 -1,28
2024/IV 1.929 1.881 48 8,74
2025/I 1.487 1.448 39 15,63
2025/II 2.558 2.488 70 2,48
2025/III 3.543 3.450 93 1,72
Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación.
Os datos de 2025 son provisionais (descarga da táboa).


4 Notas metodolóxicas

A “Explotación do movemento natural da poboación” proporciona información sobre os principais fenómenos demográficos (nacementos, defuncións e matrimonios). A poboación obxecto de estudo son os nacementos de nais residentes en Galicia, as persoas falecidas con residencia en Galicia e os matrimonios que teñen previsto fixar a súa residencia en Galicia.

Os datos que se presentan relativos ao ano 2025 teñen carácter provisional, e proceden dos ficheiros mensuais con información sobre estes tres fenómenos que envía o INE ao IGE relativos a Galicia. A información de anos anteriores procede dos ficheiros anuais definitivos.


5 Anexo

Movemento natural da poboación. Galicia. Datos mensuais
Unidade: número
Mes Nacementos Defuncións Matrimonios
2024/Xaneiro 1.137 3.624 334
2024/Febreiro 1.031 2.730 422
2024/Marzo 1.152 2.954 530
2024/Abril 1.018 2.757 617
2024/Maio 1.151 2.654 919
2024/Xuño 1.087 2.601 960
2024/Xullo 1.181 2.596 1.086
2024/Agosto 1.146 2.481 1.190
2024/Setembro 1.102 2.304 1.207
2024/Outubro 1.159 2.612 811
2024/Novembro 1.093 2.552 586
2024/Decembro 1.093 2.884 532
2025/Xaneiro 1.103 3.345 376
2025/Febreiro 980 2.717 459
2025/Marzo 1.078 3.081 652
2025/Abril 1.186 2.755 559
2025/Maio 1.082 2.632 1.028
2025/Xuño 1.163 2.548 971
2025/Xullo 1.166 2.626 1.113
2025/Agosto 1.173 2.646 1.249
2025/Setembro 1.172 2.393 1.181
Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación.
Os datos de 2025 son provisionais.


6 Metodoloxía, definicións, fontes e máis información

Metodoloxía

Definicións

Descarga de datos