A Explotación do movemento natural da poboación proporciona información sobre os principais fenómenos demográficos (nacementos, defuncións e matrimonios) e, xunto coa Explotación dos movementos migratorios, permite estudar a evolución e as características dunha poboación ao longo do tempo. A poboación obxecto de estudo son os nacementos de nais residentes en Galicia, as persoas falecidas con residencia en Galicia e os matrimonios que teñen previsto fixar a súa residencia en Galicia.
O número de defuncións en Galicia no ano 2023 foi de 32.782, 2.214 menos que no ano 2022. Por outra parte, o número de nacementos continúa o descenso iniciado no ano 2009 e sitúase no ano 2023 en 14.004.
O saldo vexetativo ou crecemento natural da poboación calcúlase como
a diferenza entre o número de nacementos producidos nun ano e o número
de defuncións. Un saldo vexetativo negativo indica que se produciron
máis defuncións que nacementos. Como resultado da diminución das
defuncións no último ano, o saldo vexetativo en Galicia pasa de -20.501
no ano 2022 a -18.778 en 2023. Hai máis de 30 anos que Galicia non
presenta un saldo vexetativo positivo.
Evolución do número de nacementos, defuncións e do saldo vexetativo. Galicia. 1975-2023
Unidade: Número
Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación. (descarga da táboa)
En Galicia, no ano 2023, só 3 dos 313 concellos presenta un saldo vexetativo positivo. Polo que respecta aos concellos das sete grandes cidades galegas, todos eles presentan un saldo negativo.
Saldo vexetativo por concellos. Ano 2023
Unidade: Número