ÍNDICE


Principais resultados

1 Introdución

A Mostra continua de vidas laborais (MCVL) é un conxunto de microdatos anonimizados procedentes de rexistros da Seguridade Social, do Padrón municipal de habitantes e da Axencia Tributaria. A MCVL constitúe unha mostra representativa das persoas que durante o ano tiveron relación coa Seguridade Social, ben porque estiveron afiliadas en situación de alta laboral, ben porque percibiron unha prestación contributiva ou subsidio por desemprego, ou ben por que percibiron algún tipo de pensión contributiva da Seguridade Social. Para poder interpretar correctamente os datos hai que ter en conta as seguintes consideracións:

No referente ao salario por hora, hai que ter en conta que para este cálculo se traballa con relacións contractuais en alta laboral a 31 de outubro de cada ano, co obxecto de que os resultados poidan ser comparables cos procedentes da Enquisa de estrutura salarial do Instituto Nacional de Estadística (INE). Ademais, e para limitar o efecto distorsionante que producen as relacións contractuais de moi curta duración sobre os datos agregados, estudáronse unicamente as relacións que cumpriran a condición de estar en alta, polo menos, durante os tres meses completos de setembro, outubro e novembro. Polo tanto, para calcular o salario por hora primeiramente distribuíuse o salario anual entre as distintas relacións contractuais en función da duración de cada unha, ponderada polo coeficiente de tempo parcial. Así obtívose a percepción salarial diaria en cada relación contractual:

Percepción salarial diaria = Importe anual / (Número de días traballados x Coeficiente de tempo parcial)

A continuación, para calcular a percepción salarial por hora, distribuíuse a percepción diaria ao longo dunha xornada laboral normal de 8 horas:

Percepción salarial por hora = Percepción salarial diaria / 8

O número de días traballados obtense considerando o tempo que a persoa se atopa afiliada á Seguridade Social en alta laboral.

Para máis información sobre a explotación da MCVL, consultar aquí.

2 Persoas afiliadas en alta laboral

Durante o ano 2023, 1.208.325 galegos e galegas en idade laboral (de 16 ou máis anos) mantiveron algunha relación de afiliación en alta laboral coa Seguridade Social, un 1,4% máis que no ano 2022.

Poboación que estivo en alta laboral segundo o tempo traballado no ano e a idade. Ano 2023 . Galicia
Unidade: persoas de 16 e máis anos
Idade Total Menos de 1 mes De 1 mes a menos de 6 meses De 6 meses a menos de 1 ano Todo o ano
Total 1.208.325 32.350 121.525 227.275 827.175
De 16 a 24 anos 83.925 11.850 32.900 24.075 15.100
De 25 a 34 anos 205.525 5.750 25.150 59.400 115.225
De 35 a 44 anos 294.800 4.750 22.025 55.600 212.425
De 45 a 54 anos 351.175 5.175 22.325 53.175 270.500
De 55 a 64 anos 238.100 3.775 13.725 27.875 192.725
65 ou máis anos 34.800 1.050 * 5.400 7.150 21.200
Fonte: elaboración IGE a partir da Mostra continua de vidas laborais facilitada pola Seguridade Social (descarga da táboa).
Nota: (*) Poucas observacións mostrais, polo que o dato está afectado por un alto erro de mostraxe.

O 68,5% das persoas afiliadas traballou durante todo o ano 2023, o 18,8% traballou seis ou máis meses pero sen chegar ao ano completo, o 10,1% entre un mes e seis meses e o 2,7% traballou menos de un mes en todo o ano

A porcentaxe de persoas que traballaron todo o ano varía coa idade: o 18% entre menores de 25 anos; arredor do 56% entre 25 e 34 anos, e alcanza o 80,9% entre 55 e 64 anos.

Por sexo, a porcentaxe de homes que estiveron afiliados en alta laboral durante todo o ano 2023 foi do 69,8%, 2,8 puntos por riba da porcentaxe observada entre as mulleres (que se sitúa en 67%).


Persoas afiliadas que traballaron durante todo o ano segundo a idade. Galicia
Unidade: porcentaxe (%)

Fonte: elaboración IGE a partir da Mostra continua de vidas laborais facilitada pola Seguridade Social (descarga da táboa).


No gráfico de abaixo represéntase o número medio de anos de afiliación en alta laboral segundo o sexo e a idade da persoa, para todos/as os/as residentes en Galicia de 16 ou máis anos que estiveron afiliadas en alta laboral nalgún momento de 2023. Cabe destacar que, a medida que aumenta a idade, increméntase a diferenza entre o número medio de anos traballados polos homes e polas mulleres, debido á tardía incorporación da muller ao mercado laboral.


Número medio de anos de afiliación en alta laboral segundo o sexo e a idade. Galicia. Ano 2023
Unidade: anos

Fonte: elaboración IGE a partir da Mostra continua de vidas laborais facilitada pola Seguridade Social (descarga da táboa).
Nota: o número medio de anos traballados calculouse para as persoas afiliadas en alta laboral nalgún momento do ano de referencia.


No tocante á vida laboral das persoas afiliadas, o 46,9% das persoas que nalgún momento de 2023 estiveron afiliadas en alta laboral levaba traballado menos de 15 anos, o 29,7% entre 15 e 25 anos e o 23,4% 25 ou máis anos.

Entre as persoas afiliadas máis próximas á idade de xubilación (os de 55 ou máis anos), a porcentaxe das que levaban afiliadas en alta laboral menos de 15 anos é do 14,2%. O 21,6% levaba traballando entre 15 e menos de 25 anos e, finalmente, o 64,1% restante 25 ou máis anos.

Dos 1.208.325 galegos e galegas que en 2023 mantiveron algunha relación de afiliación en alta laboral coa Seguridade Social, 1.012.450 estiveron afiliadas por conta allea nalgún momento do ano. O 79% destas persoas afiliadas por conta allea traballou para unha soa empresa en 2023 (todo o ano ou parte del). Esta porcentaxe tamén cambia en función da idade da persoa. Así, entre os/as menores de 25 situouse no 61,1%, mentres que 9 de cada 10 persoas de 55 ou máis anos prestou servizos a unha única empresa en 2023.

Poboación que estivo afiliada en alta laboral por conta allea segundo o número de empresas nas que traballou no ano e a idade. Galicia
Unidade: Persoas de 16 e máis anos
Ano 2022
Ano 2023
Idade Total Unha empresa Dúas ou máis empresas Total Unha empresa Dúas ou máis empresas
Total 993.800 779.775 214.025 1.012.450 800.125 212.325
De 16 a 24 anos 75.950 46.900 29.050 81.575 49.875 31.700
De 25 a 34 anos 192.350 129.325 63.025 189.850 130.825 59.025
De 35 a 44 anos 260.925 207.225 53.700 253.800 203.650 50.150
De 45 a 54 anos 277.625 231.675 45.950 287.650 238.975 48.675
De 55 ou máis anos 186.950 164.650 22.300 199.575 176.800 22.775
Fonte: elaboración IGE a partir da Mostra continua de vidas laborais facilitada pola Seguridade Social (descarga da táboa).

3 Salarios anuais

A media do salario bruto para as persoas afiliadas por conta allea acadou os 21.738 euros anuais en 2023. Para as persoas afiliadas por conta allea durante todo o ano, a media sitúase nos 27.943 euros anuais; para o resto de persoas, as que traballaron só parte do ano, o salario medio anual sitúase nos 10.874 euros.

No que respecta ao valor mediano, a metade dos asalariados e das asalariadas galegas percibiu uns rendementos polo traballo inferiores aos 18.577 euros anuais.

Entre o 2022 e o 2023, o salario medio anual aumentou en 1.186 euros/ano. Obsérvanse diferenzas entre as persoas que traballaron o ano completo ou só parte do ano: o salario medio anual de ambos grupos aumentou entre 2022 e 2023, pero o incremento foi máis acusado no caso do primeiro grupo de persoas traballadoras. Este ingresou de media 1.246 euros máis en 2023 que no ano 2022. Por outra banda, o salario medio das persoas que traballaron parte do ano aumentou en 428 euros.

Media e mediana do salario bruto anual segundo o tempo traballado por conta allea no ano. Galicia
Unidade: euros/ano
Tempo traballado 2022 2023 Diferenza
Media
  • Total
20.552 21.738 1.186
  • Todo o ano
26.697 27.943 1.246
  • Parte do ano
10.446 10.874 428
Mediana
  • Total
17.431 18.577 1.146
  • Todo o ano
21.837 23.070 1.233
  • Parte do ano
8.414 8.832 418
Fonte: elaboración IGE a partir da Mostra continua de vidas laborais facilitada pola Seguridade Social (descarga da táboa).
Entre as persoas que traballaron todo o ano por conta allea, obsérvase como o salario se incrementa notablemente a medida que aumenta a idade da persoa, pasando de 16.712 euros para os mozos e mozas menores de 25 anos, aos 29.836 euros para a poboación de 55 a 64 anos.


Media do salario bruto anual segundo o tempo traballado por conta allea no ano e a idade. Galicia. Ano 2023
Unidade: euros/ano

Fonte: elaboración IGE a partir da Mostra continua de vidas laborais facilitada pola Seguridade Social (descarga da táboa).


Por outra banda, en 2023 a media do salario bruto anual foi de 23.913 euros para os homes e 19.527 para as mulleres (4.386 euros menos). Ao restrinxir a análise ás persoas que estiveron afiliadas en alta laboral por conta allea durante todo o ano, a diferenza (en termos absolutos) é maior: 30.571 euros para os homes fronte 25.214 para as mulleres (5.357 euros menos).


Media e mediana do salario bruto anual segundo o tempo traballado por conta allea no ano e o sexo. Galicia. Ano 2023
Unidade: euros/ano
Sexo Total Todo o ano Parte do ano
Media
  • Total
21.738 27.943 10.874
  • Homes
23.913 30.571 11.914
  • Mulleres
19.527 25.214 9.854
Mediana
  • Total
18.577 23.070 8.832
  • Homes
20.734 24.527 9.796
  • Mulleres
16.536 20.618 7.973
Fonte: elaboración IGE a partir da Mostra continua de vidas laborais facilitada pola Seguridade Social (descarga da táboa).

Dos sete concellos galegos con maior poboación, Santiago de Compostela presentaba no 2023 o salario bruto máis alto, con 25.397 euros anuais de media, seguido da Coruña, con 25.468 euros ao ano. No extremo oposto atopábase o concello de Lugo, onde os afiliados e as afiliadas por conta allea percibiron de media uns 21.030 euros/ano, sendo o único concello, entre os 7 de maior poboación, onde o salario medio se sitúa por debaixo da media de Galicia (21.738 euros/ano).


Media do salario bruto anual segundo o tempo traballado por conta allea no ano. Grandes concellos. Ano 2023
Unidade: euros/ano
Espazo Total Todo o ano Parte do ano
Coruña, A 25.468 32.897 10.782
Ferrol 22.155 29.183 10.852
Santiago de Compostela 25.397 32.120 11.937
Lugo 21.030 26.679 10.381
Ourense 22.420 28.387 11.643
Pontevedra 23.296 29.963 11.589
Vigo 23.298 30.236 10.658
Fonte: elaboración IGE a partir da Mostra continua de vidas laborais facilitada pola Seguridade Social (descarga da táboa).


4 Salarios por hora nos sete grandes concellos galegos


En 2023 o salario medio por hora en Galicia situouse nos 9,8€ e a mediana en 7,9€, indicando que o 50% das persoas asalariadas percibe menos de 7,9€ por hora. Nos sete grandes concellos galegos, agás Lugo, o salario medio é igual ou superior á media autonómica. No referente ao sexo, os homes cobran máis que as mulleres en todos os casos, tanto en media coma en mediana. A diferenza é menor en Pontevedra (+0,3 €/h) e maior en Ferrol (+1,2 €/h).


Media e mediana dos salarios brutos por hora. Galicia e grandes concellos. Ano 2023
Unidade: euros por hora
Media
Mediana
Total Homes Mulleres Total Homes Mulleres
Galicia 9,8 10,4 9,2 7,9 8,3 7,2
15030 Concello da Coruña 11,4 12,4 10,4 8,5 9,0 8,0
15036 Concello de Ferrol 10,3 10,9 9,6 8,4 9,0 7,8
15078 Concello de Santiago 11,0 11,8 10,3 8,8 9,1 8,5
27028 Concello de Lugo 9,6 10,1 9,2 7,6 7,9 7,5
32054 Concello de Ourense 9,8 10,1 9,5 7,7 8,0 7,3
36038 Concello de Pontevedra 10,5 10,9 10,0 8,7 8,8 8,5
36057 Concello de Vigo 11,0 11,4 10,6 8,6 9,1 8,1
Fonte: elaboración IGE a partir da Mostra continua de vidas laborais facilitada pola Seguridade Social.


Media e mediana dos salarios por hora. Galicia e grandes concellos. Ano 2023
unidades: euros por hora

Fonte: elaboración IGE a partir da MCVL facilitada pola Seguridade Social.


Mediana dos salarios por hora segundo o sexo. Galicia e grandes concellos. Ano 2023
unidades: euros por hora

Fonte: elaboración IGE a partir da MCVL facilitada pola Seguridade Social


Na seguinte táboa pódese observar a evolución dos salarios medios e medianos por hora dende o ano 2016 en Galicia, nas provincias e nos sete grandes concellos da nosa Comunidade Autónoma. A táboa mostra unha evolución xeralmente positiva dos salarios medios e medianos por hora en Galicia desde o ano 2016 ata o 2023. En Galicia, o salario medio por hora pasou de 8,1€ en 2016 a 9,8€ en 2023, o que supón un aumento do 21% en sete anos. A mediana tamén subiu de 6,4€ a 7,9€, un incremento do 23%, o que indica unha mellora tamén para os salarios situados na metade inferior da distribución. A Coruña, Vigo e Santiago presentan os salarios máis altos, tanto en media como en mediana, superando en 2023 os 10,5 € por hora na media en A Coruña (11,4 €) e Vigo (11,0 €).


Evolución dos salarios por hora. Galicia e grandes concellos. Ano 2023
Unidade: euros por hora
Media
Mediana
2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
Galicia 8,1 8,4 8,4 8,6 8,4 8,9 9,4 9,8 6,4 6,6 6,7 6,9 6,8 7,1 7,5 7,9
15 A Coruña 8,5 8,7 8,7 9,0 8,8 9,2 9,9 10,2 6,6 6,8 6,9 7,1 6,9 7,2 7,7 8,1
15030 Concello da Coruña 9,7 9,6 9,7 10,2 9,9 10,2 10,9 11,4 7,1 7,2 7,2 7,5 7,4 7,7 8,2 8,5
15036 Concello de Ferrol 8,6 8,4 8,7 8,6 8,4 8,8 9,6 10,3 7,1 7,1 7,2 7,4 7,2 7,5 7,9 8,4
15078 Concello de Santiago 9,2 9,5 9,4 10,1 9,5 10,0 10,6 11,0 7,3 7,5 7,5 7,9 7,9 8,2 8,5 8,8
27 Lugo 7,2 7,6 7,6 7,8 7,7 8,2 8,6 9,0 5,9 6,1 6,2 6,4 6,4 6,7 7,0 7,3
27028 Concello de Lugo 7,8 7,9 8,1 8,1 8,0 8,4 9,0 9,6 6,4 6,4 6,6 6,8 6,6 6,9 7,3 7,6
32 Ourense 7,3 7,8 7,5 7,8 7,6 8,1 8,5 9,0 5,9 6,0 6,1 6,3 6,2 6,6 6,8 7,2
32054 Concello de Ourense 8,0 8,1 8,1 8,4 8,3 8,9 9,2 9,8 6,4 6,5 6,6 6,7 6,5 7,1 7,4 7,7
36 Pontevedra 8,2 8,4 8,5 8,7 8,4 8,9 9,4 9,8 6,5 6,7 6,8 7,0 6,8 7,2 7,5 7,9
36038 Concello de Pontevedra 8,5 8,5 8,6 9,0 8,8 9,3 9,9 10,5 7,2 7,1 7,2 7,6 7,4 7,8 8,2 8,7
36057 Concello de Vigo 9,1 9,4 9,4 9,6 9,2 9,8 10,4 11,0 7,4 7,5 7,5 7,8 7,5 7,9 8,1 8,6
Fonte: elaboración IGE a partir da Mostra continua de vidas laborais facilitada pola Seguridade Social.



Segundo a idade, os salarios medios por hora aumentan co aumento da idade, sendo máis altos nas persoas de 55 e máis anos en todos os grandes concellos, agás Ferrol e Pontevedra. Nos salarios medianos, esta relación non se cumpre en Ferrol, Pontevedra e Vigo, concellos nos que o grupo de 45 a 54 anos percibe o salario mediano máis alto.


Media e mediana dos salarios por hora segundo os grupos de idade. Galicia e grandes concellos. Ano 2023
Unidade: euros por hora
Media
Mediana
Total [16,35) [35,45) [45,55) 55 e máis Total [16,35) [35,45) [45,55) 55 e máis
Galicia 9,8 8,1 9,8 10,3 10,7 7,9 7,0 7,9 8,2 8,3
15030 Concello da Coruña 11,4 8,8 11,6 12,2 12,3 8,5 7,2 8,9 8,9 9,2
15036 Concello de Ferrol 10,3 8,6 10,0 11,2 11,0 8,4 8,0 8,2 9,2 8,5
15078 Concello de Santiago 11,0 8,9 11,0 11,8 11,9 8,8 7,4 8,7 9,5 9,6
27028 Concello de Lugo 9,6 8,3 8,7 9,7 11,8 7,6 6,9 7,5 7,9 8,5
32054 Concello de Ourense 9,8 8,5 9,2 9,3 12,0 7,7 6,9 7,3 7,7 8,9
36038 Concello de Pontevedra 10,5 8,9 10,3 11,5 10,5 8,7 7,4 8,6 9,1 9,0
36057 Concello de Vigo 11,0 8,4 11,4 11,5 12,0 8,6 6,9 8,6 9,4 9,0
Fonte: elaboración IGE a partir da Mostra continua de vidas laborais facilitada pola Seguridade Social.


Se temos en conta o tipo de xornada, o salario medio por hora das persoas con xornada a tempo parcial en Galicia é menor que o das persoas con xornada a tempo completo. Esta situación mantense nos sete grandes concellos galegos.


Media dos salarios por hora segundo o sexo e o tipo de xornada. Galicia e grandes concellos. Ano 2023
Unidade: euros por hora
Total
Completa
Parcial
Total Homes Mulleres Total Homes Mulleres Total Homes Mulleres
Galicia 9,8 10,4 9,2 10,2 10,5 9,7 8,5 9,6 8,0
15030 Concello da Coruña 11,4 12,4 10,4 12,0 12,8 11,2 8,8 9,9 8,3
15036 Concello de Ferrol 10,3 10,9 9,6 10,8 11,1 10,2 8,8 9,5 * 8,4
15078 Concello de Santiago 11,0 11,8 10,3 11,5 12,0 11,0 9,1 10,8 8,1
27028 Concello de Lugo 9,6 10,1 9,2 9,8 9,8 9,8 9,0 12,6 7,6
32054 Concello de Ourense 9,8 10,1 9,5 10,3 10,2 10,4 7,8 9,3 7,2
36038 Concello de Pontevedra 10,5 10,9 10,0 10,9 11,0 10,7 8,7 10,2 8,0
36057 Concello de Vigo 11,0 11,4 10,6 11,3 11,7 10,7 10,1 9,5 10,3
Fonte: elaboración IGE a partir da Mostra continua de vidas laborais facilitada pola Seguridade Social.
Nota: (*) Poucas observacións mostrais, polo que o dato está afectado por un elevado erro de mostraxe.



Por último, no seguinte gráfico amósase a densidade dos salarios por hora para os sete grandes concellos de Galicia. Nel pódese observar como de concentrado se atopa o salario por hora en torno ao valor modal. En termos xerais, a distribución é similar nos sete concellos máis poboados de Galicia. Lugo é o concello con aparente maior concentración de persoas en torno ao valor modal e, polo tanto, o que amosa menor dispersión salarial. No concello de Santiago de Compostela, pola contra, a distribución suxire que existe maior variabilidade no salario por hora que perciben os seus residentes.



5 Definicións e máis información

5.1 Definicións

5.2 Máis información