Principais resultados

  • En 2024, o gasto en I+D sobre o PIB incrementouse ata o 1,3% en Galicia e sitúase dúas décimas por debaixo do nivel estatal e nove por debaixo da UE-27.

  • O sistema galego de innovación destaca por ter un alto nivel de formación da poboación, mentres que non conta cunha posición destacada na creación e uso de propiedade intelectual (patentes, marcas e deseños).

  • En 2024, o 16,4% das empresas con sede en Galicia realiza gasto en innovación. Este gasto sitúase en 968,7 millóns de euros, un 32,7% máis que en 2022.

  • A estrutura do gasto en innovación das empresas galegas está menos centrada na I+D e máis noutros gastos de innovación como o desenvolvemento de software, enxeñería ou actividades de marketing (54,0% do gasto total en Galicia e 36,6% en España).

  • Nove de cada dez empresas innovadoras galegas levaron a cabo innovación de proceso no período 2022-2024 fronte ao 49,8% das que realizaron innovación de produto, porcentaxes moi similares ás empresas españolas.

  • Galicia destaca por un maior financiamento público (Administración Local e Autonómica) que a media estatal (41,9% fronte ao 27,8%). O tecido empresarial galego está orientado á cooperación externa para impulsar as súas actividades innovadoras.

1 Introdución

Este documento ofrece información clave para avaliar a actividade innovadora en Galicia, mediante a elaboración de indicadores e a análise dos datos procedentes da Enquisa sobre Innovación nas Empresas, realizada polo Instituto Nacional de Estadística (INE).

Co obxectivo de medir e comparar o nivel de innovación entre países e rexións, a Comisión Europea desenvolveu dúas ferramentas de referencia baseadas nun sistema de indicadores que permiten avaliar o desempeño innovador. Estas ferramentas son o European Innovation Scoreboard (EIS), orientado á análise a escala nacional e supranacional, e o Regional Innovation Scoreboard (RIS), centrado no ámbito rexional.

Pola súa parte, o Instituto Galego de Estatística (IGE) elabora a actividade estatística Indicadores de innovación, cuxos resultados permiten caracterizar a posición relativa e o grao de desenvolvemento da innovación galega no contexto estatal e europeo. Tamén realiza a actividade Explotación da Enquisa de Innovación nas Empresas do INE, que facilita un tratamento detallado dos datos da enquisa para Galicia.

No apartado 2 preséntase unha análise comparativa da posición de Galicia en materia de innovación en relación con España e coa Unión Europea dos 27 (UE-27), utilizando para iso un conxunto de indicadores definidos no RIS da Comisión Europea.

O apartado 3 aborda a evolución ao longo do tempo de diversos indicadores elaborados polo IGE, de acordo coas definicións establecidas no EIS e no RIS.

Por último, o apartado 4 ofrece unha análise comparativa da situación da innovación nas empresas galegas e españolas, a partir da explotación dos datos da Enquisa sobre Innovación nas Empresas.

2 A innovación en Galicia

A Táboa 1 amosa a posición relativa de Galicia respecto de España e da Unión Europea dos 27 (UE-27) en base a un conxunto de indicadores de innovación proporcionados polo RIS da Comisión Europea. Son indicadores de rendemento relativo, onde o valor 100 nun indicador representa que Galicia acada un rendemento equivalente ao de España ou ao da UE-27. Sempre se utiliza a información dispoñible máis recente.

Táboa 1: Resultados de innovación en Galicia respecto a España e a UE-27
Unidade: Porcentaxe
Indicador Concepto España UE-27
Fonte: IGE, INE, EUROSTAT e Comisión Europea
Nota: (a) Valor obtido do RIS da Comisión Europea. Na columna de España, considérase España = 100 e na columna da EU-27 considérase UE-27=100
  1. Formación
Poboación de 25 a 34 anos con nivel de formación alcanzado educación terciaria 100,8 120,2
  1. Formación
Formación permanente 97,5 115,6
  1. Gasto
Gasto en I+D en relación ao PIB 86,9 58,1
  1. Gasto
Gasto en innovación non de I+D como porcentaxe da cifra de negocio total 83,9 60,3
  1. Gasto
Gasto en innovación por persoa empregada (a) 89,9 69,5
  1. PEME
PEMEs innovadoras que colaboran con outras como porcentaxe de PEMEs 108,8 78,8
  1. PEME
PEMEs innovadoras en produto como porcentaxe de PEMEs 92,8 62,5
  1. PEME
PEMEs innovadoras en procesos de negocio como porcentaxe de PEMEs 94,2 59,8
  1. Emprego
Emprego en actividades de coñecemento-intensivo como porcentaxe do emprego total 81,6 72,5
  1. Emprego
Emprego en empresas innovadoras (a) 97,4 58,1
  1. TIC
Penetración da banda larga (a) 91,1 111,8
  1. TIC
Computación na nube nas empresas (a) 67,6 38,1
  1. TIC
Especialistas en TIC empregados (a) 78,5 73,3
  1. Solicitudes
Solicitudes de patentes PCT (a) 82,0 53,0
  1. Solicitudes
Solicitudes de marcas (a) 64,2 75,5
  1. Solicitudes
Solicitudes de deseños (a) 79,4 70,0
  1. Resultados
Vendas de produtos novos para o mercado e para a empresa como porcentaxe da cifra de negocio (a) 80,1 122,2
  1. Resultados
Exportación de produtos de tecnoloxía media e alta (a) 97,9 64,8
  1. Resultados
Produtividade do traballo (a) 96,1 84,6

Da análise dos indicadores despréndese que Galicia presenta unha posición favorable en materia de formación da poboación, tanto no relativo á educación terciaria como á formación permanente. Así mesmo, a extensión da banda larga tamén rexistra un resultado positivo con respecto á UE-27.

En relación con España, cabe destacar os bos resultados en exportacións de produtos de tecnoloxía media e alta, así como no nivel de emprego nas empresas innovadoras.

Respecto dos indicadores das pequenas e medianas empresas (PEMEs) innovadoras, Galicia supera a media española en colaboración entre elas (108,8), mentres que en innovación en produto (92,8) e en procesos de negocio (94,2) o rendemento é lixeiramente inferior á media española, situándose claramente por debaixo da media europea, tal e como se pode ver na Figura 1.

Pola contra, entre as debilidades da innovación en Galicia, cómpre salientar a computación na nube, o gasto en innovación, especialmente en I+D, e o número de solicitudes de patentes internacionais (PCT), marcas e deseños.

Figura 1: Resultados de innovación en Galicia respecto a España e a UE-27
Unidade: Porcentaxe

Fonte: IGE, INE, EUROSTAT e Comisión Europea

3 Dinámica temporal dos indicadores de innovación

Neste apartado preséntase a análise da evolución temporal dunha serie de indicadores elaborados polo IGE e que están incorporados no RIS.

3.1 Recursos humanos

Os indicadores de recursos humanos teñen un excelente comportamento en Galicia. Na Figura 2 apréciase un crecemento sostido da variable a partir do ano 2014. No ano 2024, o 53 % da poboación galega de entre 25 e 34 anos contaba cun nivel de formación de educación terciaria. Este indicador sitúase 0,4 puntos porcentuais por riba do valor de España e 8,9 puntos por riba da media da UE-27.

Figura 2: Poboación de 25 a 34 anos con nivel de formación alcanzado educación terciaria
Unidade: Porcentaxe

Fonte: IGE. Indicadores de Innovación (descarga da táboa).

Do mesmo xeito, o indicador de Formación permanente, calculado como a porcentaxe de poboación de 25 a 64 anos que participou nalgunha actividade formativa, chega ao 15,6 % en Galicia no ano 2024. Esta cifra é 0,4 puntos inferior á do conxunto de España e 2,1 puntos por riba da media da UE-27. Na Figura 3 pódese apreciar un incremento notable desde o ano 2020.

Figura 3: Formación permanente
Unidade: Porcentaxe

Fonte: IGE. Indicadores de Innovación (descarga da táboa).

3.2 Financiamento

No tocante ao gasto en investigación e desenvolvemento (I+D) en relación ao produto interior bruto (PIB), Galicia e España atópanse por baixo da media europea. Desde o ano 2014, Galicia vén reducindo a distancia neste indicador con respecto á UE-27, tal e como se amosa na Figura 4. No ano 2024, o gasto realizado en I+D en Galicia supuxo o 1,3% do PIB mentres que en España e a UE-27 acadou o 1,5% e o 2,2%, respectivamente.

Figura 4: Gasto en I+D en relación ao PIB
Unidade: Porcentaxe

Fonte: IGE. Indicadores de Innovación (descarga da táboa).

3.3 Impacto económico da innovación

Na Figura 5 móstranse a porcentaxe de emprego en actividades de coñecemento intensivo, como porcentaxe do total de emprego. En 2024, o 11,1% das persoas ocupadas galegas desenvolvían a súa labor en actividades de coñecemento intensivo. Esta porcentaxe é igual á rexistrada no ano 2023 (11,1%).

Figura 5: Emprego en actividades de coñecemento-intensivo como porcentaxe do emprego total
Unidade: Miles de euros, persoas e porcentaxe

Fonte: IGE. Indicadores de Innovación (descarga da táboa).

4 A innovación empresarial en Galicia

Neste apartado realízase unha análise comparativa do comportamento innovador das empresas con sede en Galicia e das do conxunto de España, con información relativa ao ano 2024 ou ao período 2022-2024, para as empresas con 10 ou máis asalariados.

A información utilizada refírese aos resultados da última edición dispoñible da Enquisa sobre Innovación nas Empresas elaborada polo INE. Esta enquisa recolle información relativa ao gasto en innovación, o emprego en actividades innovadoras, a cooperación e os resultados da innovación obtidos.

Desde o edición 2022, o INE considera como empresa a efectos estatísticos tanto unha unidade legal independente como un grupo empresarial —ou parte del— que opere de maneira conxunta e con autonomía de decisión.

No ano 2024, 1.285 empresas con sede en Galicia, declararon realizar gasto en actividades de innovación, o que supón un incremento do 17,7% respecto de 2022. As empresas innovadoras representan o 16,4% do total de empresas, cifra que supera en 1,6 puntos porcentuais a rexistrada en 2022.

Táboa 2: Empresas con gasto en innovación. Ano 2024
Unidade: Número de empresas e porcentaxe
Ano 2024 Variación con 2022
Galicia España Galicia España
Fonte: INE. Encuesta sobre innovación en las empresas. Elaboración IGE a partir dos ficheiros facilitados polo INE. (descarga da táboa)
Empresas con gasto en innovación 1.285 24.275 17,7 0,9
  • Empresas con gasto en I+D interna
448 8.858 3,5 0,7
  • Empresas con gasto en adquisición de I+D (I+D externa)
118 2.187 -4,1 -6,8
  • Empresas con outros gasto de innovación (excluíndo I+D interna e externa)
1.011 18.525 20,5 -0,6
Incidencia de empresas con gasto en innovación sobre o total de empresas 16,4 15,1 1,6 -0,5

No que atinxe á tipoloxía das actividades1, as actividades de innovación distintas da I+D son as máis frecuentes, realizadas polo 78,7 % das empresas con gasto en innovación (1.011). Así mesmo, o 34,9 % das empresas (448) desenvolveu I+D interna, mentres que o 9,2 % (118) realizou I+D externa.

O gasto agregado en innovación ascendeu a preto de 969 millóns de euros, cun crecemento do 32,7 % en comparación con dous anos antes. Mentres que as actividades de innovación implicaron a 3.672 persoas do persoal interno, o que supón un incremento do 34 % respecto de 2022.

Táboa 3: Gasto e persoal interno en innovación. Ano 2024
Unidade: Miles de euros, persoas e porcentaxe
Ano 2024 Variación con 2022
Galicia España Galicia España
Fonte: INE. Encuesta sobre innovación en las empresas. Elaboración IGE a partir dos ficheiros facilitados polo INE. (descarga da táboa)
Gasto en innovación 968.719 23.554.119 32,7 13,0
Persoal interno en innovación 3.672 82.805 34,0 22,1

O número de empresas galegas con gasto en innovación representa o 5,3% do total estatal, mentres que o gasto en innovación destas empresas galegas supón o 4,1%. Por outra banda, o 4,4% do persoal interno dedicado a actividades de innovación desempeña estas funcións en empresas con sede en Galicia.

Na Táboa 4 recóllese a información das empresas con gasto en innovación efectuado en Galicia, independentemente de que teñan a sede na comunidade ou fóra dela. Así pois, no ano 2024, 1.446 empresas realizaron gasto en actividades de innovación en Galicia, o que supón un incremento do 18% respecto de 2022.

O gasto total en innovación asociado a estas empresas ascendeu a 1.073,6 millóns de euros, cun aumento do 30,4% en comparación con 2022.

Táboa 4: Empresas e gasto en innovación segundo o lugar onde se realizou o gasto. Ano 2024
Unidade: Número de empresas, miles de euros e porcentaxe
Ano 2024 Variación con 2022
Galicia España Galicia España
Fonte: INE. Encuesta sobre innovación en las empresas. Elaboración IGE a partir dos ficheiros facilitados polo INE.
Empresas con gasto en innovación 1.446 24.275 18,0 0,9
Gasto en innovación 1.073.602 23.554.119 30,4 13,0

4.1 Gastos en innovación

A porcentaxe de empresas con gasto en innovación aumenta de forma progresiva co tamaño da empresa, tanto en Galicia como no conxunto de España. Este patrón reflicte unha maior capacidade das empresas de maior dimensión para acometer investimentos en actividades innovadoras.

En Galicia, o 13,3% das empresas con 10 a 49 persoas empregadas realizou gasto en innovación, porcentaxe que se incrementa ata o 28,3% nas empresas de 50 a 249 persoas empregadas e alcanza o 55,0% nas empresas de 250 ou máis persoas empregadas.

En comparación co conxunto de España, Galicia presenta valores superiores en todos os tramos de tamaño empresarial, con diferenzas máis acusadas nas empresas medianas e grandes. Así, nas empresas de 50 a 249 persoas empregadas, a proporción de empresas innovadoras en Galicia supera en 3,5 puntos porcentuais a media estatal, mentres que nas de 250 ou máis persoas empregadas a diferenza ascende a 8,9 puntos porcentuais.

No total de empresas, a porcentaxe de empresas con gasto en innovación sitúase no 16,4% en Galicia, fronte ao 15,1% en España, o que confirma unha maior incidencia relativa da innovación no tecido empresarial galego, especialmente entre as empresas de maior tamaño.

Táboa 5: Empresas con gasto en innovación segundo o tamaño da empresa. Ano 2024
Unidade: Porcentaxe
Persoas empregadas Galicia España
Fonte: INE. Encuesta sobre innovación en las empresas. Elaboración IGE a partir dos ficheiros facilitados polo INE. (descarga da táboa)
Nota: Porcentaxe sobre o total de empresas
De 10 a 49 13,3 12,1
De 50 a 249 28,3 24,8
250 e máis 55,0 46,1
Total 16,4 15,1

A porcentaxe de empresas con gasto en innovación presenta diferenzas relevantes segundo o sector de actividade, tanto en Galicia como no conxunto de España.

Entre os sectores con información dispoñible, en Galicia a industria concentra a maior proporción de empresas con gasto en innovación (20,7%), seguida polo sector de servizos (17,2%). Pola súa banda, a construción presenta unha menor incidencia das actividades innovadoras (8,5%).

En comparación coa media estatal, Galicia rexistra valores lixeiramente inferiores na industria (Galicia, 20,7%; España, 23,6%) e practicamente equivalentes na construción (Galicia, 8,5%; España, 8,6%). Pola contra, o sector de servizos amosa unha maior proporción de empresas innovadoras en Galicia (17,2%) que no conxunto de España (14,2%).

Táboa 6: Empresas con gasto en innovación segundo o sector de actividade. Ano 2024
Unidade: Porcentaxe
Sector de actividade Galicia España
Fonte: INE. Encuesta sobre innovación en las empresas. Elaboración IGE a partir dos ficheiros facilitados polo INE. (descarga da táboa)
Nota: Porcentaxe sobre o total de empresas
Primario 3,2 8,8
Industria 20,7 23,6
Construción 8,5 8,6
Servizos 17,2 14,2
Total 16,4 15,1

A distribución do gasto en innovación difire de maneira significativa entre Galicia e o conxunto de España segundo o tipo de gasto, o que evidencia distintos perfís de investimento en actividades innovadoras. En Galicia, a maior parte do gasto en innovación concéntrase en outros gastos de innovación, que representan o 54,0% do total, mentres que o gasto en I+D interna supón o 43,2%. Pola contra, o gasto en I+D externa ten un peso reducido, do 2,8%.

No conxunto de España, o patrón é distinto, xa que o gasto en I+D interna constitúe o principal compoñente do investimento en innovación (54,0%), seguido dos outros gastos de innovación (36,6%), mentres que a I+D externa alcanza o 9,4% do total.

En comparación coa media estatal, Galicia presenta unha menor intensidade relativa do gasto en I+D, tanto interna como externa, e unha maior orientación cara a outros gastos de innovación, o que suxire un modelo de innovación máis baseado na adopción de tecnoloxías, adquisición de equipamento, software ou coñecemento incorporado, fronte a un menor protagonismo das actividades de I+D desenvolvidas directamente polas empresas.

Táboa 7: Distribución do gasto en innovación por tipo de gasto. Ano 2024
Unidade: Porcentaxe
Gastos Galicia España
Fonte: INE. Encuesta sobre innovación en las empresas. Elaboración IGE a partir dos ficheiros facilitados polo INE. (descarga da táboa)
Gasto en I+D interna 43,2 54,0
Gasto en I+D externa 2,8 9,4
Outros gastos de innovación 54,0 36,6
Total 100,0 100,0

A distribución dos outros gastos de innovación amosa diferenzas relevantes entre Galicia e o conxunto de España, especialmente na estrutura entre gastos correntes e gastos de capital.

En Galicia, os gastos correntes constitúen a principal compoñente deste tipo de gasto, cun 47,8% do total, seguidos do custo laboral (24,0%). Pola súa banda, os gastos de capital representan o 17,7%, mentres que o resto de gastos supón o 10,5%.

No conxunto de España, a estrutura é distinta, cun maior peso dos gastos de capital (37,1%), seguidos do custo laboral (27,4%) e dos gastos correntes (23,0%). O resto de gastos alcanza o 12,5% do total.

En comparación coa media estatal, Galicia presenta unha maior concentración dos outros gastos de innovación en gastos correntes, e unha menor proporción de gastos de capital.

Táboa 8: Distribución do gasto en outros gastos de innovación. Ano 2024
Unidade: Porcentaxe
Gastos Galicia España
Fonte: INE. Encuesta sobre innovación en las empresas. Elaboración IGE a partir dos ficheiros facilitados polo INE. (descarga da táboa)
Custo laboral 24,0 27,4
Gasto correntes 47,8 23,0
Gastos de capital 17,7 37,1
Resto de Gastos 10,5 12,5
Total 100,0 100,0

4.2 Intensidade en innovación

A intensidade de innovación das empresas, medida como a relación entre o gasto en innovación e a cifra de negocio, sitúase en valores semellantes en Galicia e no conxunto de España. No total de empresas, a intensidade de innovación acada o 0,9% tanto en Galicia como en España.

Se se consideran unicamente as empresas con gasto en innovación, a intensidade elévase ata o 1,7% en ambos os dous ámbitos territoriais. Así mesmo, nas empresas con actividades de I+D, a intensidade sitúase no 2,0 % en Galicia e no 2,1 % en España, cunha diferenza moi reducida.

Táboa 9: Intensidade de innovación das empresas. Ano 2024
Unidade: Porcentaxe
Intensidade Galicia España
Fonte: INE. Encuesta sobre innovación en las empresas. Elaboración IGE a partir dos ficheiros facilitados polo INE. (descarga da táboa)
Nota: Intensidade de innovación = (Gastos de innovación / cifra de negocio) × 100
Do total de empresas 0,9 0,9
Das empresas con gasto en innovación 1,7 1,7
Das empresas con actividades de I+D 2,0 2,1

En función do tamaño empresarial, obsérvase que a intensidade de innovación é maior nas empresas de menor dimensión, tanto en Galicia como en España. En Galicia, as empresas con 10 a 49 persoas empregadas presentan unha intensidade do 3,8 %, fronte ao 2,0 % nas empresas de 50 a 249 persoas empregadas e ao 1,5 % nas de 250 ou máis persoas empregadas. Este patrón reprodúcese no conxunto de España, con valores lixeiramente superiores nas empresas máis pequenas.

Táboa 10: Intensidade de innovación das empresas con gasto en innovación segundo o tamaño da empresa. Ano 2024
Unidade: Porcentaxe
Persoas empregadas Galicia España
Fonte: INE. Encuesta sobre innovación en las empresas. Elaboración IGE a partir dos ficheiros facilitados polo INE. (descarga da táboa)
Nota: Intensidade de innovación = (Gastos de innovación / cifra de negocio) × 100
De 10 a 49 3,8 3,9
De 50 a 249 2,0 1,8
250 e máis 1,5 1,5
Total 1,7 1,7

A análise por sector de actividade amosa unha intensidade de innovación semellante en Galicia e España nos principais sectores. En Galicia, a intensidade sitúase no 1,7 % na industria e no 1,8 % nos servizos, mentres que a construción presenta valores sensiblemente inferiores (0,2 %). No sector primario, o dato para Galicia non resulta estatisticamente representativo debido ao baixo número de observacións mostrais, polo que está afectado por un elevado erro de mostraxe.

No conxunto, os resultados indican que a intensidade de innovación do tecido empresarial galego é comparable á media estatal, con diferenzas máis asociadas ao tamaño e ao sector de actividade que ao ámbito territorial.

Táboa 11: Intensidade de innovación das empresas con gasto en innovación por sector de actividade. Ano 2024
Unidade: Porcentaxe
Sector de actividade Galicia España
Fonte: INE. Encuesta sobre innovación en las empresas. Elaboración IGE a partir dos ficheiros facilitados polo INE. (descarga da táboa)
Nota: Intensidade de innovación = (Gastos de innovación / cifra de negocio) × 100
(*) Poucas observacións mostrais, polo que o dato está afectado por un alto erro de mostraxe
Primario * 1,6
Industria 1,7 1,7
Construción 0,2 0,5
Servizos 1,8 1,8
Total 1,7 1,7

4.3 Innovación

A análise da incidencia dos distintos tipos de innovación nas empresas innovadoras amosa que a innovación de proceso é moito máis frecuente que a innovación de produto, tanto en Galicia como no conxunto de España, e en todos os tramos de tamaño empresarial.

En Galicia, o 89,8 % das empresas innovadoras realizou innovacións de proceso, fronte ao 49,8% que introduciu innovacións de produto, valores moi similares aos rexistrados a nivel estatal. A incidencia da innovación de produto incrementa co tamaño da empresa, pasando do 47,1% nas empresas de 10 a 49 persoas empregadas ao 67,2% nas de 250 ou máis persoas empregadas, patrón que tamén se observa en España. No caso da innovación de proceso, a incidencia é elevada en todos os tamaños, superando o 95% nas grandes empresas.

Táboa 12: Empresas innovadoras por tipo de innovación segundo o tamaño da empresa. Período 2022-2024
Unidade: Porcentaxe
Empresas con innovación de produto Empresas con innovación de proceso
Persoas empregadas Galicia España Galicia España
Fonte: INE. Encuesta sobre innovación en las empresas. Elaboración IGE a partir dos ficheiros facilitados polo INE. (descarga da táboa)
Nota: Porcentaxe sobre as empresas que realizan innovación de producto e/ou de proceso
De 10 a 49 47,1 48,6 87,8 88,6
De 50 a 249 54,4 57,2 94,7 90,1
250 e máis 67,2 67,3 97,1 92,8
Total 49,8 51,5 89,8 89,2

No que respecta ao impacto da innovación de produto sobre a cifra de negocio, obsérvase que a maior parte dos ingresos procede de produtos que se mantiveron sen cambios, tanto en Galicia como en España. En Galicia, estes produtos representan o 58,8% da cifra de negocio, fronte ao 63,1% no conxunto estatal. As innovacións que foron novidade unicamente para a empresa supoñen o 29,3% da cifra de negocio en Galicia, porcentaxe superior á correspondente ás innovacións que foron novidade no mercado, que acadan o 11,9%. Este último tipo de innovación presenta un maior peso relativo nas empresas de tamaño medio.

Táboa 13: Porcentaxe da cifra de negocios debida ás innovacións de producto segundo tamaño da empresa. Ano 2024
Unidade: Porcentaxe
Innovacións de produto que foron novidade unicamente para a empresa Innovacións de produto que foron novidade no mercado Produtos que se mantiveron sen cambios
Persoas empregadas Galicia España Galicia España Galicia España
Fonte: INE. Encuesta sobre innovación en las empresas. Elaboración IGE a partir dos ficheiros facilitados polo INE. (descarga da táboa)
Nota: A porcentaxe da cifra de negocios refírese ao ano 2024 e calcúlase nas empresas que realizaron innovación de produto no período 2022-2024
De 10 a 49 37,4 44,3 9,3 9,6 53,4 46,2
De 50 a 249 30,7 36,0 13,4 13,4 56,0 50,6
250 e máis 27,7 24,0 11,7 9,5 60,6 66,4
Total 29,3 26,9 11,9 10,1 58,8 63,1

En relación cos axentes implicados no desenvolvemento das innovacións de produto no período 2022-2024, tanto en Galicia como en España predomina o desenvolvemento interno, xa sexa de maneira exclusiva ou mediante adaptacións e modificacións realizadas pola propia empresa.

En Galicia, 598 empresas desenvolveron innovacións de produto exclusivamente con recursos propios, mentres que 245 empresas o fixeron en colaboración con outras empresas ou organizacións. Dentro destas colaboracións, destacan as realizadas con outras empresas, consultoras ou entidades similares, así como, en menor medida, con universidades, institutos de investigación e centros tecnolóxicos.

Táboa 14: Empresas con innovación de produto por tipo de socio para o desenvolvemento. Período 2022-2024
Unidade: Número de empresas
Tipo de socio Galicia España
Fonte: INE. Encuesta sobre innovación en las empresas. Elaboración IGE a partir dos ficheiros facilitados polo INE. (descarga da táboa)
Nota: (*) Inclúe outras empresas do seu grupo (filiais,asociadas, empresas matriz, etc.), empresas consultoras, universidades, institutos de investigación, institucións privadas sen fins de lucro
Empresas con innovacións de produtos desenvolvidas unicamente pola propia empresa 598 14.183
Empresas con innovacións de produtos desenvolvidas pola propia empresa xunto con outras empresas ou organizacións (*) 245 4.835
  • Universidades/institutos de investigación
74 1.100
  • Centro tecnolóxico
79 1.017
  • Empresas, consultoras, IPSFL, outros
187 3.995
Empresas con innovacións de produtos desenvolvidas pola propia empresa a través de adaptacións ou modificacións 183 3.643
Empresas con innovacións de produtos desenvolvidas por outras empresas ou organizacións (*) 199 4.214

No ámbito da innovación de proceso de negocio, no período 2022-2024 identificáronse en Galicia 1.834 empresas innovadoras, cunha ampla diversidade de tipoloxías (Táboa 15). As innovacións máis frecuentes corresponden aos métodos de procesamento da información ou comunicación (960 empresas) e aos métodos para producir ou desenvolver bens ou prestar servizos (787 empresas), seguidas das innovacións en contabilidade e operacións administrativas e en organización do traballo e xestión de recursos humanos.

Táboa 15: Empresas innovadoras por tipo de innovación de proceso de negocio. Período 2022-2024
Unidade: Número de empresas
Tipo de innovación Galicia España
Fonte: INE. Encuesta sobre innovación en las empresas. Elaboración IGE a partir dos ficheiros facilitados polo INE. (descarga da táboa)
Empresas con innovacións de procesos de negocio 1.834 39.313
Innovacións nos métodos para producir ou desenvolver bens ou proporcionar servizo 787 17.007
Innovacións en sistemas loxísticos ou métodos de entrega ou distribución 259 6.079
Innovacións en métodos de procesamento de información ou comunicación 960 19.937
Innovacións en métodos de contabilidade ou outras operacións administrativas 747 17.895
Innovacións en prácticas de negocios para procedementos organizativos ou relacións externas 317 6.476
Innovacións en organización de responsabilidade laboral, toma de decisións ou xestión de recursos humanos 513 12.590
Innovacións en márketing para promoción, embalaxe, fixación de prezos, posicionamento do produto ou servizos post-venda 452 11.824

No referente ao desenvolvemento das innovacións de proceso, tamén predomina o desenvolvemento interno, con 1.015 empresas galegas que realizaron estas innovacións exclusivamente cos seus propios medios (Táboa 16). A colaboración con outras empresas ou organizacións está presente en 420 empresas, fundamentalmente con outras empresas, consultoras ou entidades afíns, mentres que a cooperación con universidades, institutos de investigación e centros tecnolóxicos ten un peso máis reducido. Así mesmo, 492 empresas galegas introduciron innovacións de proceso desenvolvidas por outras entidades.

Táboa 16: Empresas con innovación de proceso de negocio por tipo de socio para o desenvolvemento. Período 2022-2024
Unidade: Número de empresas
Tipo de socio Galicia España
Fonte: INE. Encuesta sobre innovación en las empresas. Elaboración IGE a partir dos ficheiros facilitados polo INE. (descarga da táboa)
Nota: (*) Inclúe outras empresas do seu grupo (filiais, asociadas, empresas matriz,etc.), empresas consultoras, universidades, institutos de investigación, institucións privadas sen fins de lucro
Empresas con innovacións de procesos de negocio desenvolvidas unicamente pola propia empresa 1.015 21.782
Empresas con innovacións de procesos de negocio desenvolvidas pola propia empresa xunto con outras empresas ou organizacións (*) 420 7.879
  • Universidades/institutos de investigación
30 551
  • Centro tecnolóxico
39 577
  • Empresas, consultoras, IPSFL, outros
391 7.426
Empresas con innovacións de procesos de negocio desenvolvidas pola propia empresa a través de adaptacións ou modificacións 194 5.619
Empresas con innovacións de procesos de negocio desenvolvidas por outras empresas ou organizacións (*) 492 10.867

En conxunto, os resultados reflicten que o modelo de innovación das empresas galegas no período 2022-2024 está fortemente orientado á innovación de proceso, cun claro predominio do desenvolvemento interno, e cunha presenza da cooperación interempresarial e institucional similar á observada no conxunto de España, aínda que cun menor peso relativo das innovacións de produto que supoñen unha verdadeira novidade para o mercado.

4.4 Financiamento

Nas empresas con actividades innovadoras e financiamento privado obsérvase unha relación positiva entre o tamaño da empresa e a incidencia de obter financiamento. En Galicia, o 29,0% das empresas de 10 a 49 persoas empregadas recibiron financiamento fronte ao 47,1% das empresas de 250 ou máis.

Táboa 17: Empresas con actividades innovadoras e financiamento privado (créditos e/ou emisión de débeda) segundo o tamaño da empresa. Período 2022-2024
Unidade: Porcentaxe
Obtiveron financiamento (a) Usaron o finaciamento para actividades innovadoras (b)
Persoas empregadas Galicia España Galicia España
Fonte: INE. Encuesta sobre innovación en las empresas. Elaboración IGE a partir dos ficheiros facilitados polo INE. (descarga da táboa)
Nota: (a): Porcentaxe sobre o total de empresas con actividades innovadoras. (b): Porcentaxe sobre o total de empresas con actividades innovadoras que obtiveron financiamento de ese tipo
De 10 a 49 29,0 28,8 35,6 36,2
De 50 a 249 35,0 31,6 27,6 34,7
250 e máis 47,1 39,4 34,2 32,3
Total 31,2 30,1 33,4 35,5

No uso do financiamento para actividades innovadoras non se detecta un patrón lineal co tamaño. As empresas de menor tamaño presentan un uso de 35,6%, mentres que as seguintes só alcanzan o 27,6%. Isto suxire que o tamaño non garante un uso máis intensivo do financiamento para innovación.

Comparando con España, Galicia ten porcentaxes similares na obtención de financiamento, pero algo menores no uso efectivo deste en empresas medianas. Por sectores, a industria galega mostra un uso elevado do financiamento para innovación (39,5%), superior ao sector servizos (30,3%). O sector da construción destaca pola maior proporción de empresas que obtiveron financiamento (46,1%), superior á media galega (31,2%).

Táboa 18: Empresas con actividades innovadoras e financiamento privado (créditos e/ou emisión de débeda) por sector de actividade. Período 2022-2024
Unidade: Porcentaxe
Obtiveron financiamento (a) Usaron o finaciamento para actividades innovadoras (b)
Sector de actividade Galicia España Galicia España
Fonte: INE. Encuesta sobre innovación en las empresas. Elaboración IGE a partir dos ficheiros facilitados polo INE. (descarga da táboa)
Nota: (a): Porcentaxe sobre o total de empresas con actividades innovadoras. (b): Porcentaxe sobre o total de empresas con actividades innovadoras que obtiveron financiamento de ese tipo.
(*) Poucas observacións mostrais, polo que o dato está afectado por un alto erro de mostraxe
Primario * 33,1 * 31,8
Industria 31,0 29,3 39,5 41,6
Construción 46,1 34,7 33,8 32,8
Servizos 30,1 29,6 30,3 33,7
Total 31,2 30,1 33,4 35,5

No caso do financiamento público, o financiamento increméntase de forma máis clara coa dimensión empresarial. En Galicia, o 40,1% das pequenas empresas de 10 a 49 empregados reciben financiamento fronte ao 56,4% das grandes empresas de 250 ou máis. Comparando con España, Galicia presenta unha proporción maior de empresas que reciben financiamento público en todos os tramos de tamaño, destacando especialmente as pequenas e medianas.

Táboa 19: Empresas con actividades innovadoras e financiamento público (Admón. Local ou Autonómica) segundo tamaño da empresa. Período 2022-2024
Unidade: Porcentaxe
Obtiveron financiamento da Admón. Local ou Autonómica (a) Usaron o finaciamento para actividades innovadoras (b)
Persoas empregadas Galicia España Galicia España
Fonte: INE. Encuesta sobre innovación en las empresas. Elaboración IGE a partir dos ficheiros facilitados polo INE. (descarga da táboa)
Nota: (a): Porcentaxe sobre o total de empresas con actividades innovadoras. (b): Porcentaxe sobre o total de empresas con actividades innovadoras que obtiveron financiamento de ese tipo
De 10 a 49 40,1 25,2 42,8 40,0
De 50 a 249 44,6 33,3 34,3 38,9
250 e máis 56,4 38,5 42,2 47,0
Total 41,9 27,8 40,7 40,4

Por sectores, o sector industrial e de servizos en Galicia mostra un uso elevado do financiamento público para innovación (44,8% e 42,2%, respectivamente). O sector da construción ten unha porcentaxe elevada de obtención de financiamento (41%), pero un uso relativamente baixo para innovación (23,3%), indicando unha posible desviación do financiamento cara a outros fins.

O financiamento público en Galicia parece máis orientado á innovación que o privado, especialmente en empresas grandes e nos sectores industrial e de servizos. Galicia supera á media española na obtención de financiamento público, aínda que o uso efectivo para innovación está máis equilibrado co conxunto estatal.

Táboa 20: Empresas con actividades innovadoras e financiamento público (Admón. Local ou Autonómica) por sector de actividade. Período 2022-2024
Unidade: Porcentaxe
Obtiveron financiamento da Admón. Local ou Autonómica (a) Usaron o finaciamento para actividades innovadoras (b)
Sector de actividade Galicia España Galicia España
Fonte: INE. Encuesta sobre innovación en las empresas. Elaboración IGE a partir dos ficheiros facilitados polo INE. (descarga da táboa)
Nota: (a): Porcentaxe sobre o total de empresas con actividades innovadoras. (b): Porcentaxe sobre o total de empresas con actividades innovadoras que obtiveron financiamento de ese tipo.
(*) Poucas observacións mostrais, polo que o dato está afectado por un alto erro de mostraxe.
Primario * 34,4 * 25,5
Industria 44,1 32,7 44,8 48,9
Construción 41,0 19,6 23,3 34,7
Servizos 40,7 26,5 42,2 37,5
Total 41,9 27,8 40,7 40,4

4.5 Cooperación

Durante o período 2022-2024, o 8,9 % das empresas galegas cooperou para realizar actividades innovadoras, porcentaxe lixeiramente superior á media nacional do 8,1 %. Isto indica unha maior propensión relativa á cooperación dentro do tecido empresarial innovador galego. En particular, o 3% das empresas cooperou especificamente en actividades de I+D interna, tamén por enriba da media española (2,4 %), o que reflicte unha maior orientación cara á colaboración en actividades con maior intensidade tecnolóxica.

A cooperación noutras actividades innovadoras alcanzou o 6,8 % das empresas galegas, valor similar ao conxunto nacional (6,5%). Pola contra, a cooperación en actividades non innovadoras foi inferior en Galicia (8,7%) en comparación coa media española (9,6%), o que suxire unha maior concentración da cooperación empresarial galega en actividades directamente relacionadas coa innovación.

Táboa 21: Empresas con actividades de innovación que cooperaron. Período 2022-2024
Unidade: Porcentaxe
Tipo de actividade de cooperación Galicia España
Fonte: INE. Encuesta sobre innovación en las empresas. Elaboración IGE a partir dos ficheiros facilitados polo INE. (descarga da táboa)
Nota: Porcentaxe sobre o total de empresas
Empresas que cooperaron para realizar actividades innovadoras 8,9 8,1
Empresas que cooperaron para realizar actividades de I+D interna 3,0 2,4
Empresas que cooperaron noutras actividades innovadoras 6,8 6,5
Empresas que cooperaron para actividades non innovadoras 8,7 9,6

Entre as empresas innovadoras que cooperaron (Táboa 22), a gran maioría establece colaboracións con empresas alleas ao seu grupo empresarial, alcanzando o 94,8% en Galicia, valor moi próximo ao rexistrado en España (94,3%) . Isto confirma que a cooperación externa é o principal mecanismo de interacción para o desenvolvemento de innovación.

En Galicia destaca especialmente a cooperación con consultores, laboratorios comerciais ou institutos privados de investigación, cun 63,4 %, claramente superior á media nacional (55,8%). Tamén é superior a cooperación con provedores (28,8% fronte a 25%), con clientes ou usuarios (17,9% fronte a 15,4%) e con empresas competidoras (5,8% fronte a 4,9%). Estes datos evidencian unha maior intensidade de cooperación vertical e técnica no sistema galego de innovación.

A cooperación con universidades e centros de ensino superior tamén é superior en Galicia, cun 19,8%, en comparación co 17,7% nacional, o que indica unha maior vinculación co ámbito científico-académico. Pola contra, a cooperación con outras empresas non pertencentes ao grupo é inferior en Galicia (30,2%) respecto ao conxunto nacional (38,6%), o que pode indicar unha menor diversificación das redes empresariais horizontais.

Finalmente, a cooperación con administracións públicas e institutos públicos de investigación presenta valores moi similares en Galicia e España, mentres que a cooperación con institucións sen ánimo de lucro e co sector público como usuario é relativamente reducida en ambos ámbitos. En conxunto, o patrón galego caracterízase por unha intensidade de cooperación lixeiramente superior á media nacional e cunha maior orientación cara a axentes técnicos especializados e ao ámbito científico, o que reforza a capacidade de apoio externo ás actividades innovadoras.

Táboa 22: Empresas con actividades de innovación por tipo de socio de cooperación. Período 2022-2024
Unidade: Porcentaxe
Tipo de socio de cooperación Galicia España
Fonte: INE. Encuesta sobre innovación en las empresas. Elaboración IGE a partir dos ficheiros facilitados polo INE. (descarga da táboa)
Nota: Porcentaxe sobre o total de empresas que cooperaron en actividades innovadoras
Empresas fóra do seu grupo de empresas 94,8 94,3
  • Empresas que cooperaron con consultores, laboratorios comerciais ou institutos privados de investigación
63,4 55,8
  • Empresas que cooperaron con proveedores de equipos, materiais, compoñentes ou software
28,8 25,0
  • Empresas que cooperaron con empresas que son os seus usuarios ou clientes
17,9 15,4
  • Empresas que cooperaron con empresas competidoras
5,8 4,9
  • Empresas que cooperaron con outras empresas
30,2 38,6
Empresas que cooperaron con outras empresas do seu mesmo grupo 8,3 7,3
Empresas que cooperaron con universidades ou outros centros de ensinanza superior 19,8 17,7
Empresas que cooperaron con administración Pública ou institutos públicos de investigación 11,0 11,0
Empresas que cooperaron con usuarios ou clientes do sector público 3,5 4,0
Empresas que cooperaron con institucións sen fins de lucro 4,9 5,5

Analizando por tamaño das empresas, obsérvase unha relación positiva entre o número de asalariados e a probabilidade de cooperar para innovar. Entre as empresas galegas, só o 6,6% das pequenas (10 a 49 asalariados) cooperou, fronte ao 40,3% das grandes empresas (250 ou máis). Este patrón tamén se reproduce en España, aínda que con porcentaxes lixeiramente inferiores nas empresas grandes (31,0%).

Táboa 23: Empresas que cooperaron para realizar actividades innovadoras segundo o tamaño da empresa. Período 2024-2025
Unidade: Porcentaxe
Persoas empregadas Galicia España
Fonte: INE. Encuesta sobre innovación en las empresas. Elaboración IGE a partir dos ficheiros facilitados polo INE. (descarga da táboa)
Nota: Porcentaxe sobre o total de empresas.
De 10 a 49 6,6 6,3
De 50 a 249 17,7 13,2
250 e máis 40,3 31,0
Total 8,9 8,1

Por sectores de actividade, Galicia presenta porcentaxes de cooperación relativamente equilibradas. A industria destaca cun 10,5%, seguida do sector servizos cun 9,0%, mentres que o primario e a construción presentan porcentaxes máis baixas (6,1% e 6,4%). Comparando con España, a distribución sectorial é similar, con lixeiras diferenzas: a industria española mostra un 11,1% e os servizos un 8,0%.

En xeral, entre as empresas que realizaron actividades innovadoras, Galicia mostra unha intensidade de cooperación igual ou superior á media española, especialmente en relación con consultores e institutos privados, nas empresas de maior tamaño e nos sectores industrial e servizos. Isto evidencia que o tecido empresarial galego que innova está fortemente orientado á cooperación externa para mellorar as súas actividades.

Táboa 24: Empresas que cooperaron para realizar actividades innovadoras segundo o sector de actividade. Período 2024-2025
Unidade: Porcentaxe
Sector de actividade Galicia España
Fonte: INE. Encuesta sobre innovación en las empresas. Elaboración IGE a partir dos ficheiros facilitados polo INE. (descarga da táboa)
Nota: Porcentaxe sobre o total de empresas.
Primario 6,1 4,6
Industria 10,5 11,1
Construción 6,4 5,0
Servizos 9,0 8,0
Total 8,9 8,1

4.6 Beneficios medioambientais

No período 2022-2024, unha proporción moderada de empresas innovadoras en Galicia implementou medidas co fin de obter beneficios medioambientais dentro da empresa. O 5,8% das empresas reduciu o uso de materiais ou auga por unidade producida, mentres que o 7,5% reduciu o uso de enerxía ou a súa pegada de CO₂. A redución da contaminación do solo, lumínica, acústica, auga ou aire afectou ao 6,8% das empresas galegas, e un 8,8% substituíu materiais por outros menos contaminantes ou perigosos.

En canto á substitución parcial de enerxía fósil por enerxías renovables, Galicia presenta un 6,3%, algo inferior á media nacional do 8,5%. O reciclado de residuos, auga ou materiais para uso propio ou venda é a medida máis común, alcanzando un 11,9% das empresas innovadoras galegas. A contribución á protección da biodiversidade foi implementada por un 4,8% das empresas, lixeiramente por baixo da media española (5,2%).

Táboa 25: Empresas por tipo de innovación con beneficios medioambientais obtidos dentro da empresa. Período 2024-2025
Unidade: Porcentaxe
Tipo de innovación Galicia España
Fonte: INE. Encuesta sobre innovación en las empresas. Elaboración IGE a partir dos ficheiros facilitados polo INE. (descarga da táboa)
Nota: Empresas que no período introduciron innovacións que permitiron obter algún beneficio medioambientais de forma significativa. Porcentaxe sobre o total das empresas.
Reduciron o uso de material ou de auga por unidade producida 5,8 6,6
Reduciron o uso de enerxía ou da pegada de CO2 7,5 10,2
Reduciron a contaminación do solo, luminosa, acústica, auga ou do aire 6,8 7,3
Substituíron parte dos materiais por outros menos contaminantes ou perigosos 8,8 8,8
Substituíron unha parte da enerxía fósil por enerxías renovables 6,3 8,5
Reciclaron residuos, auga ou materiais para o seu propio uso ou venta 11,9 12,7
Contribuíron á protección da biodiversidade 4,7 5,2

Durante o consumo ou uso dos bens e servizos polos usuarios finais, tamén se observan beneficios medioambientais, aínda que con porcentaxes algo máis elevadas en certas medidas. O 7,9% das empresas reduciu o uso de enerxía ou a pegada de carbono dos produtos, mentres que o 7,7% reduciu a contaminación do aire, auga ou solo asociada ao consumo dos seus produtos. O fomento do reciclaxe de produtos despois do uso destaca como a medida máis frecuente, cun 19,1% das empresas galegas, seguido da extensión da vida útil dos produtos mediante produtos máis resistentes, duradeiros ou fáciles de reparar, cun 10,2%.

A contribución á protección da biodiversidade durante o uso dos bens e servizos mantense baixa, cun 4,0% das empresas galegas, inferior á media nacional (5,5%). En xeral, Galicia presenta porcentaxes lixeiramente inferiores á media española en case todas as medidas, tanto dentro da empresa como durante o uso dos produtos, sendo o reciclado e a durabilidade dos produtos as iniciativas máis frecuentes entre as empresas innovadoras galegas.

Táboa 26: Empresas por tipo de innovación con beneficios medioambientais obtidos durante o consumo ou uso dos bens ou servizos para o usuario final. Período 2024-2025
Unidade: Porcentaxe
Tipo de innovación Galicia España
Fonte: INE. Encuesta sobre innovación en las empresas. Elaboración IGE a partir dos ficheiros facilitados polo INE. (descarga da táboa)
Nota: Empresas que no período introduciron innovacións que permitiron obter algún beneficio medioambientais de forma significativa. Porcentaxe sobre o total de empresas
Reduciron o uso de enerxía ou pegada de carbono 7,9 10,0
Reduciron a contaminación no aire, da auga, do solo, luminosa ou acústica 7,7 7,9
Facilitaron a reciclaxe de produtos despois do seu uso 19,1 22,1
Estenderon a vida útil dos seus produtos a través de produtos máis resistentes, máis duradeiros ou máis doados de reparar 10,2 11,4
Contribuíron á protección da biodiversidade 4,0 5,5

4.7 Uso de dereitos da propiedade intelectual

Durante o período 2022-2024, unha proporción relativamente pequena de empresas innovadoras en Galicia utilizou dereitos de propiedade intelectual. A solicitude de modelos de utilidade afectou ao 1,0% das empresas galegas, e a solicitude de variedades vexetais foi aínda menor, cun 0,3%. Os rexistros de dereitos de deseño industrial alcanzaron o 1,1%, mentres que o rexistro de marcas ou nomes comerciais foi a modalidade máis frecuente, cun 10,7% das empresas innovadoras galegas, lixeiramente superior á media nacional do 9,9%.

O uso de dereitos de autor foi escaso, cun 0,2% das empresas, mentres que o emprego de segredos comerciais afectou ao 1,2%. A solicitude de patentes foi relativamente limitada, cun 3,3% das empresas galegas, lixeiramente superior á media nacional do 2,9%.

As actividades de transferencia de dereitos tamén foron pouco frecuentes. Só o 0,6% das empresas concedeu licenzas a terceiros, e un 0,5% vendeu ou cedeu dereitos de propiedade industrial ou intelectual. O intercambio de dereitos foi residual, cun 0,1% das empresas galegas. No que respecta á adquisición de dereitos, o 1,5% das empresas comprou ou adquiriu licenzas de patentes ou outros dereitos, cunha distribución similar entre licenzas a empresas ou persoas físicas (1,3%) e a organizacións públicas, universidades ou outros centros de ensino superior (0,2%).

En xeral, o patrón de Galicia é similar ao do conxunto nacional, destacando que o rexistro de marcas é a actividade de propiedade intelectual máis frecuente entre as empresas innovadoras, mentres que a solicitude de patentes, modelos de utilidade, variedades vexetais e o intercambio ou cesión de dereitos son practicamente residuais.

Táboa 27: Empresas con actividades innovadoras que utilizaron dereitos de propiedade intelectual. Período 2022-2024
Unidade: Porcentaxe
Tipo de protección da propiedade intelectual Galicia España
Fonte: INE. Encuesta sobre innovación en las empresas. Elaboración IGE a partir dos ficheiros facilitados polo INE. (descarga da táboa)
Nota: Porcentaxe sobre as empresas que teñen actividades innovadoras
Solicitaron algún modelo de utilidade 1,0 1,4
Solicitaron algunha variedade vexetal 0,3 0,8
Rexistraron algún dereito de deseño industrial 1,1 1,3
Rexistraron algunha marca o nome comercial 10,7 9,9
Reclamaron dereitos de autor 0,2 0,6
Usaron secretos comerciais 1,2 1,1
Solicitaron algunha patente 3,3 2,9
Concederon licenzas dos seus dereitos de propiedade industrial e/ou intelectual a terceiros 0,6 0,7
Venderon ou asinaron algún dos seus dereitos de propiedade industrial e/ou intelectual a terceiros 0,5 1,0
Intercambiaron dereitos de propiedade industrial e/ou intelectual 0,1 0,2
Compraron ou adquiriron licenzas de patentes ou outros dereitos de propiedade intelectual e industrial 1,5 1,5
Compraron ou adquiriron licenzas a empresas ou persoas físicas 1,3 1,4
Compraron ou adquiriron licenzas a organizacións públicas, universidades ou outros centros de ensino 0,2 0,3

5 Definicións, metodoloxía, fontes e máis información:

Definicións

Metodoloxía

Descarga de datos

Notas

  1. As actividades de I+D poden desenvolverse dentro da empresa (I+D interna) ou poden adquirirse a outras empresas ou organismos (compra de I+D ou I+D externa). Noutros gastos de innovación inclúese os gastos de actividades innovadoras distintas de I+D: adquisición de equipo de maquinaria, software, dereitos da propiedade intelectual/industrial, servizos de deseño, formación e desenvolvemento profesional, etc.↩︎