Introdución

volver ao índice

Unha migración prodúcese cando unha persoa establece a súa residencia habitual nun territorio, tendo anteriormente a súa residencia noutra demarcación xeográfica distinta. A información sobre este tema procede en xeral de distintas fontes cuxo obxectivo inicial non é medir as migracións e que proporcionan aproximacións á súa cuantificación.

Os “Indicadores migratorios” do IGE toman como espazo territorial de referencia a comunidade autónoma de Galicia; consideran movemento migratorio interior aquel que teña orixe e destino un concello galego, e movemento migratorio exterior todo movemento que teña como orixe ou destino o resto de España ou o estranxeiro. Estes movementos clasifícanse segundo xénero, grupos de idade e nacionalidade, e a partir deles calcúlanse saldos migratorios, taxas de emigración/inmigración ou idades medias á migración. Inclúense tamén outras variables relacionadas co fenómeno migratorio, que aínda que non miden directamente movementos migratorios, proporcionan información relevante sobre o seu desenvolvemento, como son as obtidas dos datos sobre residentes estranxeiros en Galicia ou de persoas de nacionalidade española con vinculación cun concello galego residentes no estranxeiro.





Saldos migratorios

volver ao índice

O saldo migratorio (diferenza entre as entradas e as saídas) de Galicia en 2019 presenta un valor positivo de 17.747 persoas, e mantén a tendencia de incremento iniciada en 2016.

Saldo migratorio total. Galicia
Unidade: persoas

Fonte: IGE. Indicadores Migratorios (descarga da táboa)


O saldo migratorio total por cada 1000 habitantes aumentou nos últimos anos nas catro provincias galegas:

Saldo migratorio total por 1000 habitantes. Provincias
Unidade: tanto por mil (‰)

Fonte: IGE. Indicadores Migratorios (descarga da táboa)


Os concellos galegos que en 2019 presentaron maior saldo migratorio interior (é dicir, o saldo dos movementos con orixe e destino en Galicia) foron Sada (+188) e Oleiros (+168), e os de menor saldo interior en 2019 foron Ferrol (-289) e Lugo (-178).

Saldo migratorio interior. Concellos. Ano 2019.
Unidade: persoas

Fonte: IGE. Indicadores Migratorios (descarga da táboa)


Os concellos que presentaron maior saldo migratorio exterior (é dicir, o saldo dos movementos con orixe ou destino fóra de Galicia) en 2019 foron A Coruña (+2.861) e Vigo (+2.456); os que rexistraron menor saldo exterior foron en 2019 Oímbra (-27) e Beariz (-19).

Saldo migratorio exterior. Concellos. Ano 2019.
Unidade: persoas

Fonte: IGE. Indicadores Migratorios (descarga da táboa)





Taxas de emigración/inmigración

volver ao índice

Desde 2016 a taxa de inmigración (calculada como as inmigracións por cada 1000 habitantes) supera á taxa de emigración (emigracións por cada 1000 habitantes) en Galicia, tomando no ano 2019 os valores de 10,7 saídas por cada 1000 habitantes e 17,2 entradas por cada mil habitantes.

Taxas brutas emigración/inmigración. Galicia
Unidade: tanto por mil (‰)

Fonte: IGE. Indicadores Migratorios (descarga da táboa)


As taxas de inmigración poden entenderse como unha medida da atracción dun territorio, xa que proporcionan o número de persoas que instalaron alí a súa residencia en relación á poboación desde lugar. Se estas taxas se calculan para o colectivo de persoas de 16 a 64 anos, proporcionan información relevante sobre o dinamismo dese territorio. No ano 2019 os concellos con maior entrada relativa de poboación de 16 a 64 anos foron:

Concellos con maior entrada relativa de poboación de 16 a 64 anos. Ano 2019.
Unidade: tanto por mil (‰)

Concello Taxa específica de inmigración da poboación de 16 a 64 anos
Quintela de Leirado 107,3
Xunqueira de Ambía 94,5
Punxín 91,8
Bola, A 91,3
Pereiro de Aguiar 87,5
Lama, A 85,9
Ramirás 84,5
Rábade 84,4
Miño 84,0
Celanova 81,8

Fonte: IGE. Indicadores Migratorios (descarga da táboa)


De forma análoga, as taxas brutas de emigración enténdense como medida da propensión da poboación dese territorio a emigrar. No caso da poboación de 16 a 64 anos, os concellos nos que esta medida da saída relativa tomaron valores maiores en 2019 foron:

Concellos con maior saída relativa de poboación de 16 a 64 anos. Ano 2019.
Unidade: tanto por mil (‰)

Concello Taxa específica de emigración da poboación de 16 a 64 anos
Avión 112,1
Bola, A 94,6
Muíños 89,2
Beariz 83,5
Lama, A 80,9
Ramirás 78,0
San Amaro 76,1
Beade 76,1
Sober 74,0
Oímbra 73,3

Fonte: IGE. Indicadores Migratorios (descarga da táboa)





Idades medias

volver ao índice

A análise das idades medias das persoas que entran e saen de Galicia reflicte que desde o ano 2017 o proceso migratorio está a favorecer o rexuvenecemento da poboación galega; as idades promedio das persoas que chegan a Galicia é inferior á das que saen. Durante o ano 2019 as persoas que chegaron a Galicia para fixar a súa residencia tiñan unha idade media de 36,1 anos (40,0 anos os españois e 32,5 anos os estranxeiros), e as persoas que marcharon de Galicia unha idade de 37,1 anos (37,9 anos os españois e 35,5 anos os estranxeiros).

Idade media das migracións exteriores. Galicia
Unidade: anos

Fonte: IGE. Indicadores Migratorios (descarga da táboa)


Idade media das migracións exteriores, por nacionalidades. Ano 2019.
Unidade: anos

Total Españois Estranxeiros
Inmigracións 36,1 40,0 32,5
Emigracións 37,1 37,9 35,5

Fonte: IGE. Indicadores Migratorios (descarga da táboa)


Segundo o xénero das persoas migrantes, os homes que chegaron a Galicia en 2019 tiñan de media 35,8 anos, e os que marcharon 37,0 anos. No caso das mulleres, as que chegaron tiñan en promedio 36,4 anos e as que marcharon 37,2 anos.

Idade media das migracións exteriores, por sexo. Ano 2019.
Unidade: anos

Total Homes Mulleres
Inmigracións 36,1 35,8 36,4
Emigracións 37,1 37,0 37,2

Fonte: IGE. Indicadores Migratorios (descarga da táboa)


Por grao de urbanización, nas zonas pouco poboadas (ZPP) os movementos migratorios son protagonizados en promedio por persoas de máis idade que no resto das zonas. Na comparativa entre as zonas densamente poboadas (ZDP) e intermedias (ZIP), nos movementos exteriores a poboación migrante é máis nova nas ZDP que nas ZIP, mentres que nos movementos interiores os migrantes son persoas de máis idade nas ZDP que nas ZIP.

Os movementos exteriores, tanto co resto de España como co estranxeiro, producen un efecto de rexuvenecemento da poboación galega no ano 2019 en todas as zonas:

Idade dos migrantes exteriores, segundo grao de urbanización. Ano 2019.
Unidade: anos

Fonte: IGE. Indicadores Migratorios (descarga da táboa)


No caso dos movementos interiores, no ano 2019 tanto as zonas pouco poboadas como as densamente poboadas logran rexuvenecer a súa poboación debido a este tipo de proceso migratorio; porén, nas zonas intermedias de poboación, a idade media das persoas que chegan é lixeiramente superior á idade media das persoas que saen delas.

Idade dos migrantes interiores, segundo grao de urbanización. Ano 2019.
Unidade: anos

Fonte: IGE. Indicadores Migratorios (descarga da táboa)





Poboación estranxeira residente en Galicia

volver ao índice

Segundo os datos correspondentes ao 1 de xaneiro de 2019 do Padrón Municipal de Habitantes, a poboación estranxeira en Galicia representaba o 3,7% do total; destas, o 4,2% naceran en Galicia e o 95,0% no estranxeiro.

Poboación estranxeira residente en Galicia, segundo o seu lugar de nacemento. Ano 2019.
Unidade: porcentaxe (%)

Fonte: IGE. Indicadores Migratorios (descarga da táboa)


Por idades, só o 6,3% das persoas estranxeiras residentes en Galicia no 1 de xaneiro de 2019 tiñan 65 ou máis anos de idade.

Poboación estranxeira residente en Galicia, por grupos de idade. Ano 2019.
Unidade: porcentaxe (%)

Fonte: IGE. Indicadores Migratorios (descarga da táboa)


A distribución da poboación estranxeira no territorio galego é desigual: en 2019, a maior porcentaxe de poboación estranxeira (con respecto ao total da poboación municipal) aparece en concellos do sur da provincia de Ourense: Carballeda de Valdeorras (15,5%), Oímbra (13,8%) e Entrimo (12,6%).

Porcentaxe de poboacion estranxeira. Concellos. Ano 2019.
Unidade: porcentaxe (%)

Fonte: IGE. Indicadores Migratorios (descarga da táboa)


Tampouco é uniforme a presenza de poboación estranxeira nos sete grandes concellos de Galicia. No ano 2019, nos concellos de A Coruña, Lugo e Ourense supera o 5% do total da poboación, mentres que no concello de Ferrol a poboación estranxeira supón o 2,6% do total.

Porcentaxe de poboación estranxeira residente nos sete grandes concellos de Galicia. Ano 2019.
Unidade: porcentaxe (%)

Total Homes Mulleres
GALICIA 3,7 3,7 3,7
A Coruña 5,3 5,5 5,1
Ferrol 2,6 2,5 2,6
Santiago de Compostela 4,7 4,6 4,8
Lugo 5,3 5,4 5,3
Ourense 5,1 5,0 5,2
Pontevedra 3,8 3,9 3,8
Vigo 4,9 4,9 4,8

Fonte: IGE. Indicadores Migratorios (descarga da táboa)





Poboación galega residente no estranxeiro

volver ao índice

A poboación de nacionalidade española inscrita no Padrón de Españoles Residentes en el Extranjero (PERE), con referencia a algún concello galego no 1 de xaneiro de 2020, vive maioritariamente en países de América, o 77,7%, e de Europa o 21,4% do total. Por grupos de idade, o 30,4% ten 65 ou máis anos, mentres que o 10,0% ten 15 anos de idade ou menos.

Poboación galega residente no estranxeiro por continente de residencia. Ano 2020.
Unidade: porcentaxe (%)

Fonte: IGE. Indicadores Migratorios (descarga da táboa)

Poboación galega residente no estranxeiro por grupos de idade. Ano 2020.
Unidade: porcentaxe (%)

Fonte: IGE. Indicadores Migratorios (descarga da táboa)


En canto ao lugar de nacemento desta poboación galega residente no estranxeiro no 1 de xaneiro de 2020, o 27,5% naceu en Galicia mentres que o 71,6% naceu no estranxeiro.

Poboación galega residente no estranxeiro segundo lugar de nacemento. Ano 2020.
Unidade: porcentaxe (%)

Fonte: IGE. Indicadores Migratorios (descarga da táboa)

Tres de cada catro novas inscricións no Padrón de Españoles Residentes en el Extranjero (PERE) de galegos e galegas durante o ano 2019 (recollidas no rexistro na data 1 de xaneiro de 2020) tivo lugar en América, e case o 80% das novas inscricións eran persoas nacidas no estranxeiro. En canto á idade desas novas inscricións, máis do 61% delas foi de persoas menores de 35 anos.


Novas inscripcións no PERE de galegos e galegas residentes no estranxeiro por continente de residencia. Ano 2020.
Unidade: porcentaxe (%)

Fonte: IGE. Indicadores Migratorios (descarga da táboa)

Novas inscripcións no PERE de galegos e galegas residentes no estranxeiro por grupos de idade. Ano 2020.
Unidade: porcentaxe (%)

Fonte: IGE. Indicadores Migratorios (descarga da táboa)


Novas inscripcións no PERE de galegos e galegas residentes no estranxeiro
segundo lugar de nacemento. Ano 2020.

Unidade: porcentaxe (%)

Fonte: IGE. Indicadores Migratorios (descarga da táboa)





Definicións e máis información

volver ao índice

Definicións

Máis información