ÍNDICE


Principais resultados

1 Introdución

Os indicadores de multilocalización empresarial estudan:

Estes indicadores elabóranse para os establecementos de 10 ou máis persoas ocupadas e para o total de empresas.Nun e noutro caso, a investigación comprende as actividades incluídas nas seccións B, C, D, E (industria), G (comercio) e H, I, J, L, M, N (servizos de mercado, non financeiros) da Clasificación Nacional de Actividades Económicas 2009 (CNAE-09).

2 Actividade en Galicia das empresas con sede noutras comunidades autónomas

A cifra de negocios das empresas industriais con sede fóra de Galicia que en 2023 realizaron algunha actividade económica na comunidade autónoma supón o 42,4% do total do importe neto da cifra de negocios das empresas deste sector en Galicia. Para as empresas dedicadas ao sector servizos, esta porcentaxe sitúase no 20,3% en 2023 mentres que para as empresas comerciais a cifra baixa ao 16,0%.

En termos de emprego, as empresas industriais con sede fóra de Galicia deron traballo ao 16,6% das persoas ocupadas na industria de Galicia. No sector do comercio a cifra sitúase no 14,5% en 2023). No sector servizos a porcentaxe sobe ao 18,9%.

Actividade en Galicia de empresas con sede noutras comunidades autónomas. Ano 2023
Unidade: Porcentaxe (%)
Sector Persoas ocupadas Importe neto da cifra de negocios
Industria 16,6 42,4
Comercio 14,5 16,0
Servizos 18,9 20,3
Fonte: IGE. Indicadores de multilocalización empresarial.

Se comparamos a evolución entre 2022 e 2023. o peso do importe neto da cifra de negocios das empresas con sede noutra comunidade autónoma diminúe no sector industrial (-3,7 puntos) e no comercio diminuíu en 1,3 puntos. Pola contra, aumenta en -0,2 puntos no sector servizos.

Importe neto da cifra de negocios xerado en Galicia polas empresas con sede noutras comunidades autónomas
Unidade: porcentaxe (%)

Fonte: IGE. Indicadores de multilocalización empresarial (descarga da táboa: industria, comercio, servizos).


No caso do emprego, o peso das empresas con sede fóra e actividade en Galicia increméntase na Industria e no Comercio e permanece constante nos Servizos en 2023 con respecto ao 2022. A industria é o sector que rexistra o maior incremento neste indicador.Así, o persoal ocupado polas empresas con sede fóra pasa de representar o 15,6% do total da ocupación do sector en 2022 a representar o 16,6% en 2023; aumenta, por tanto, 1 punto. No comercio esta porcentaxe aumenta en 0,4 puntos. No sector Servizos, o peso das empresas con sede fóra de Galicia na xeración de emprego permaneceu constante no período considerado.

Persoal ocupado en Galicia polas empresas con sede noutras comunidades autónomas
Unidade: porcentaxe (%)

Fonte: IGE. Indicadores de multilocalización empresarial (descarga da táboa: industria, comercio, servizos).

3 Actividade noutras comunidades autónomas das empresas con sede en Galicia

No que respecta ás empresas industriais con sede en Galicia que en 2023 realizaron algunha actividade económica noutra comunidade autónoma, o 5,2% do seu importe neto da cifra de negocios facturouse fóra de Galicia. No sector servizos, esta porcentaxe sobe ao 9,0% e no comercio ao 17,8%.

Ademais, en 2023; o 3,7% das persoas ocupadas polas empresas industriais con sede en Galicia e actividade fóra estivo ocupada noutra comunidade autónoma; no sector servizos esta porcentaxe sitúase no 8,3% e no comercio acada o 19,9%.

Actividade noutras comunidades autónomas das empresas con sede en Galicia. Ano 2023
Unidade: Porcentaxe (%)
Sector Persoas ocupadas Importe neto da cifra de negocios
Industria 3,7 5,2
Comercio 19,9 17,8
Servizos 8,3 9,0
Fonte: IGE. Indicadores de multilocalización empresarial.

Se se comparan os pesos observados en 2023 cos do ano anterior, obsérvase que a porcentaxe do importe neto da cifra de negocios das empresas con sede en Galicia xerado fóra da nosa comunidade autónoma aumentou nos tres sectores: No comercio e nos Servizos o incremento situouse en 0,2 puntos, e na industria o aumento foi de 0,4 puntos.

Importe neto da cifra de negocios das empresas con sede en Galicia xerado noutras comunidades autónomas
Unidade: porcentaxe (%)

Fonte: IGE. Indicadores de multilocalización empresarial (descarga da táboa: industria, comercio, servizos).


No referido ao persoal ocupado, a porcentaxe de ocupados e ocupadas das empresas comerciais con sede en Galicia que traballa fóra aumentou 0,6 puntos porcentuais entre 2022 e 2023. Nas empresas do sector servizos aumenta o persoal ocupado alén das nosas fronteiras, 0,7 puntos e nas empresas industriais, esta porcentaxe tamén aumenta: 0,2 puntos.


Persoal das empresas con sede en Galicia ocupado noutras comunidades autónomas
Unidade: porcentaxe (%)

Fonte: IGE. Indicadores de multilocalización empresarial (descarga da táboa: industria, comercio, servizos).


4 Definicións e máis información

4.1 Definicións

4.2 Máis información