Principais resultados

Introdución

O obxectivo da operación estatística Enquisa a empresas multilocalizadas é coñecer que parte da actividade produtiva das empresas con sede social fóra de Galicia e con actividade en Galicia pode ser atribuída a nosa Comunidade Autónoma.

A información sobre a actividade produtiva das empresas queda sintetizada nas súas contas de perdas e ganancias, de acceso público a través do depósito que realizan destas no Rexistro Mercantil. Non obstante, nesta fonte non se desagrega nos distintos establecementos cos que contan as empresas multilocalizadas, polo que no Instituto Galego de Estatística (IGE) procedeuse a realizar unha enquisa na que se solicita unha versión reducida da conta de perdas e ganancias da empresa, con información que permita a estimación dunha serie de variables (valor engadido, excedente de explotación, etc.) a nivel dos establecementos radicados en Galicia.

A información obtida ten unha dobre finalidade:

O ámbito de estudo desta operación estatística confórmano as empresas con actividade en Galicia e domicilio social fóra da Comunidade Autónoma e que se dediquen a actividades comprendidas nas seccións B, C, E, G, H, I, J, L, M, N, P, Q, R e S da [Clasificación Nacional de Actividades Económicas (CNAE-2009)] É dicir, sectores da industria e dos servizos.

A enquisa realízase cada dous anos, pero solicítase información dos dous exercicios económicos previos. No caso de que o exercicio contable da empresa non coincida co ano natural, a información vai referida ao exercicio contable.


Principais variables económicas


No ano 2023 en Galicia había 6.360 establecementos pertencentes a empresas con actividade en Galicia e sede social fóra da Comunidade Autónoma, 43 establecementos máis que un ano antes. O 92% destes establecementos adícase a tarefas relacionadas co sector dos servizos, mentres que o 8% restante enmárcase dentro do sector industrial.

Estes establecementos deron traballo a 125.946 asalariados e asalariadas en 2023, o 80% no sector servizos e o 20% na industria. Entre 2022 e 2023 o número de persoas contratadas polos establecementos das empresas multilocalizadas en Galicia aumentou un 5,4%.

A cifra de negocios xerada en Galicia polas empresas multilocalizadas acada os 31.567.062 miles de euros en 2023. O valor desta variable, ao contrario que acontecía co número de asalariados/as, está bastante repartido entre industria e servizos: o 52,2% da cifra de negocios total xérase na industria e o 47,8% no sector servizos. O valor desta variable diminuíu un 5,1% en 2023 respecto ao ano anterior.

O valor dos aprovisionamentos baixa en 398.804 miles de euros entre 2022 e 2023. Ambos anos presentan un maior valor para a industria que para os servizos. Na industria temos o 58% do valor dos aprovisionamentos en 2022 e o 57% en 2023.

O importe dos gastos de persoal dos establecementos radicados en Galicia das empresas con sede fóra elévase a 4.813.446 miles de euros; increméntase un 13,9% respecto ao ano 2022. O saldo adquisición menos venda de activos, pola contra, experimentou unha diminución entre 2022 e 2023 (do 42,9%). O gasto en servizos exteriores, pola súa banda, non deixou de crecer dende 2016 (no último ano increméntase un 7,6% respecto ao 2022).


Principais variables económicas por sector de actividade das empresas con actividade en Galicia e sede social fóra da Comunidade Autónoma.
Unidade: establecementos, persoas, miles de euros
2022
2023
Variables Total Industria Servizos Total Industria Servizos
Nº establecementos 6.317 512 5.805 6.360 506 5.854
Nº asalariados 119.517 25.227 94.289 125.946 25.233 100.713
Cifra de negocios 33.265.047 18.452.100 14.812.948 31.567.062 16.489.766 15.077.296
Aprovisionamentos 17.879.528 10.226.532 7.652.996 17.480.724 9.934.834 7.545.890
Gastos de persoal 4.226.628 1.173.020 3.053.608 4.813.446 1.198.139 3.615.307
Servizos exteriores 4.093.290 1.930.620 2.162.670 3.782.590 1.360.666 2.421.924
Adquisición - Venta de activos 673.673 257.003 416.669 962.478 303.235 659.243
Fonte: IGE. Enquisa a empresas multilocalizadas (descarga da táboa).


Evolución do número de establecementos das empresas con actividade en Galicia e sede social fóra da Comunidade Autónoma, por sector de actividade

Unidade: establecementos

Fonte: IGE. Enquisa a empresas multilocalizadas (descarga da táboa).


Resultados sede central


Non todas as empresas multilocalizadas con actividade en Galicia teñen sede central. Na nosa comunidade autónoma, en concreto, o 40,7% destas empresas a tiñan en 2023. O número medio de asalariados e asalariadas na sede central, para aquelas empresas que contan con esta figura, situouse nas 346,1 persoas en 2022 e subiu a 373,7 traballadores e traballadoras en 2023. Ademais, as empresas con sede central do sector servizos presentan máis plantilla na sede central que as empresas do sector industrial.

O gasto medio de persoal por asalariado incrementouse en 6.919 euros entre 2022 e 2023 un 16,1%. Este incremento é maior no sector industrial (37,1% respecto a 2022).


Principais variables económicas referidas á sede central, por sector de actividade das empresas con actividade en Galicia e sede social fóra da Comunidade Autónoma.
Unidade: porcentaxe, persoas, euros
2022
2023
Variables Total Industria Servizos Total Industria Servizos
Porcentaxe de empresas con sede central 40,9 32,7 42,3 40,7 32,7 42,0
Asalariados medios 346 81 431 374 86 466
Gasto medio de persoal por asalariado 43.069,5 52.954,3 41.987,9 49.988,5 72.589,8 47.572,8
Fonte: IGE. Enquisa a empresas multilocalizadas (descarga da táboa).


Factores que inflúen no investimento en Galicia


Para o 42,2% das empresas con actividade en Galicia e sede social fóra da Comunidade Autónoma en 2024, a “evolución da demanda nacional” é o principal factor que inflúe á hora de investir en Galicia, seguido pola “evolución da demanda galega” (25,8% das empresas). A “carencia de man de obra cualificada” e a “evolución das exportacións” tamén son factores a ter en conta para o 3,1% e o 10,19% das empresas respectivamente. O resto de factores (dificultade para financiarse, trabas administrativas, lexislación, etc) non teñen tanta relevancia á hora de tomar a decisión de investir.


Factores que inflúen no investimento das empresas con actividade en Galicia e sede social fóra da Comunidade Autónoma. Galicia. Ano 2024

Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Enquisa a empresas multilocalizadas (descarga da táboa).


Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Enquisa a empresas multilocalizadas