Principais resultados

1 Introdución

A Enquisa de poboación activa (EPA) é unha investigación por mostraxe, continua e dirixida ás vivendas familiares que o Instituto Nacional de Estadística (INE) realiza desde 1964.

A finalidade principal da EPA é coñecer a actividade económica no relativo ao seu compoñente humano. Está orientada a dar datos das principais categorías poboacionais en relación co mercado de traballo (ocupados, parados, activos e inactivos) e a obter clasificacións destas categorías segundo diversas características. Tamén posibilita confeccionar series temporais homoxéneas de resultados.

Cada trimestre, os fogares que rematan a súa colaboración coa EPA (os que están na sexta entrevista) responden a unha serie de variables adicionais ás investigadas en cada trimestre. A finalidade desta submostra, distribuída durante todo o ano, é a de proporcionar datos anuais de variables estruturais.

Estas variables estruturais para as que foi deseñada a Submostra clasifícanse en tres categorías: Enseñanza e formación (sector de estudos, experiencia laboral asociada ao plan de estudos…), Condicións de Traballo (número de traballadores no establecemento, contratación a través de ETT, papel da oficina de emprego na obtención do posto de traballo, traballo no domicilio, traballo a quendas, horarios especiais de traballo…) e Experiencia laboral (actividade, ocupación e situación profesional no último emprego…).

A EPA incorporou as cifras do Censo de poboación e vivendas do INE de 2021 ás súas estimacións dos anos 2021 en diante. Para máis información consultar a seguinte ligazón.

2 Educación

Entre as variables de submostra inclúese o sector de estudos co que se clasifica á poboación segundo a especialidade, campo ou área de contido do seu nivel de formación alcanzado. En 2025, o 57,4% dos galegos e das galegas de 16 e máis anos contaba cun nivel de Formación xeral, formación básica de adultos e habilidades persoais. Dentro desta categoría inclúense as persoas que acadaron, como máximo, a ensinanza secundaria obrigatoria ou o bacharelato, isto é, programas ou certificacións de estudos de carácter xeral. O resto da poboación tiña adquirido algunha especialidade. O sector de estudos de Negocios, administración e dereito é o que concentra maior número de persoas (9,7%).

Entre a poboación ocupada, a porcentaxe de persoas que se clasificou en programas de formación básica situábase no 38,0%. Entre as especialidades con maior porcentaxe de ocupados cómpre salientar os estudos en Negocios, administración e dereito (14,7%); Mecánica, electrónica e outra formación técnica; industria e construción (13,0%) e Saúde e Servizos sociais (9,6%).

Distribución da poboación de 16 e máis anos segundo a relación coa actividade económica e nivel de formación acadado. Galicia. Ano 2025
Unidade: Porcentaxes
Total Activos Ocupados Parados Inactivos
Total 100,00 100,00 100,00 100,00 100,00
00 Formación xeral, formación básica de adultos e habilidades persoais 57,36 39,07 38,04 50,38 78,43
01 Educación 4,29 5,83 5,96 4,41 2,51
02 Artes, humanidades e linguas 2,06 2,69 2,74 2,06 1,34
03 Ciencias sociais, periodismo e documentación 1,79 2,51 2,52 2,25 0,97
04 Negocios, administración e dereito 9,72 14,53 14,70 12,66 4,18
05 Ciencias naturais, químicas, físicas e matemáticas 1,52 2,18 2,31 0,94 0,74
06 Tecnoloxías da información e as comunicación (TIC) 2,32 3,68 3,66 4,03 0,76
07 Mecánica, electrónica e outra formación técnica; industria e construción 8,89 12,65 13,01 8,72 4,56
08 Agricultura, gandería, pesca, silvicultura e veterinaria 1,14 1,66 1,67 1,59 0,54
09 Saúde e Servizos sociais 6,11 9,29 9,65 5,35 2,45
10 Servizos 3,71 5,69 5,53 7,50 1,42
99 Sectores descoñecidos ou non especificados 1,10 0,22 0,24 0,00 2,12
Fonte: IGE. Enquisa de poboación activa. Variables de submostra (descarga da táboa)


O sector do nivel de formación ten influencia nas variables do mercado laboral. Así, a poboación formada en Tecnoloxías da información e as comunicacións acadou a taxa de actividade máis alta (84,9%), seguida de servizos (82,2%), e de saúde e servizos sociais (81,4%).

Por sexo, Tecnoloxías da información e as comunicacións tamén foi a especialidade con maior taxa de actividade para os homes (85,7%), mentres que para as mulleres a taxa máis alta observouse nos estudos relacionados con Ciencias naturais, químicas, físicas e matemáticas (88%).

Pola contra, as persoas con programas de formación xeral presentaron as menores taxas de actividade (36,5%), tanto para homes como para mulleres (43,9% e 29,4%, respectivamente)

Taxas de actividade por sector do nivel de formación alcanzado e sexo. Galicia. Ano 2025
Unidade: Porcentaxes
Total Homes Mulleres
Total 53,5 57,1 50,3
00 Formación xeral, formación básica de adultos e habilidades persoais 36,5 43,9 29,4
01 Educación 72,8 74,3 72,4
02 Artes, humanidades e linguas 69,8 64,2 72,2
03 Ciencias sociais, periodismo e documentación 74,9 69,3 79,1
04 Negocios, administración e dereito 80,0 79,9 80,1
05 Ciencias naturais, químicas, físicas e matemáticas 77,3 62,4 88,0
06 Tecnoloxías da información e as comunicación (TIC) 84,9 85,7 82,9
07 Mecánica, electrónica e outra formación técnica; industria e construción 76,2 76,1 76,7
08 Agricultura, gandería, pesca, silvicultura e veterinaria 77,9 80,6 71,5
09 Saúde e servizos sociais 81,4 79,4 81,9
10 Servizos 82,2 80,0 84,0
99 Sectores descoñecidos ou non especificados 10,6 17,1 6,9
Fonte: IGE. Enquisa de poboación activa. Variables de submostra (descarga da táboa)


No referente á taxa de ocupación, esta situouse no 32,5% para o grupo de poboación sen especialidade académica en 2025. As taxas de ocupación máis elevadas observáronse entre as persoas ocupadas especializadas no sector de Saúde e servizos sociais (77,5%) e no de Tecnoloxías da información e as comunicacións (77,2%). O sector de Negocios, administración e dereito é o de maior taxa de ocupación no caso dos homes (77,5% ) e o de Ciencias naturais, químicas, físicas e matemáticas no caso das mulleres (84,8%).

Taxas de ocupación por sector do nivel de formación alcanzado e sexo. Galicia. Ano 2025
Unidade: Porcentaxes
Total Homes Mulleres
Total 49,1 52,8 45,7
00 Formación xeral, formación básica de adultos e habilidades persoais 32,5 39,4 26,0
01 Educación 68,2 72,5 67,0
02 Artes, humanidades e linguas 65,3 59,8 67,6
03 Ciencias sociais, periodismo e documentación 69,2 62,9 73,9
04 Negocios, administración e dereito 74,2 77,5 72,6
05 Ciencias naturais, químicas, físicas e matemáticas 74,6 60,3 84,8
06 Tecnoloxías da información e as comunicación (TIC) 77,2 75,9 80,6
07 Mecánica, electrónica e outra formación técnica; industria e construción 71,8 72,0 70,0
08 Agricultura, gandería, pesca, silvicultura e veterinaria 71,6 77,2 57,6
09 Saúde e servizos sociais 77,5 77,3 77,5
10 Servizos 73,2 74,7 72,0
99 Sectores descoñecidos ou non especificados 10,6 17,1 6,9
Fonte: IGE. Enquisa de poboación activa. Variables de submostra (descarga da táboa)


Por último, a taxa de paro varía entre o 11% da poboación especializada en servizos (o sector de formación coa taxa de paro máis alta en 2025) ao 3,5% da poboación especializada no sector da ciencias naturais, químicas, físicas e matemáticas.

Taxas de paro por sector do nivel de formación alcanzado e sexo. Galicia. Ano 2025
Unidade: Porcentaxes
Total Homes Mulleres
Total 8,3 7,6 9,2
00 Formación xeral, formación básica de adultos e habilidades persoais 10,8 10,2 11,5
01 Educación 6,3 2,5 7,5
02 Artes, humanidades e linguas 6,5 6,9 6,3
03 Ciencias sociais, periodismo e documentación 7,6 9,2 6,6
04 Negocios, administración e dereito 7,3 3,0 9,4
05 Ciencias naturais, químicas, físicas e matemáticas 3,5 3,3 3,6
06 Tecnoloxías da información e as comunicación (TIC) 9,1 11,4 2,8
07 Mecánica, electrónica e outra formación técnica; industria e construción 5,8 5,4 8,8
08 Agricultura, gandería, pesca, silvicultura e veterinaria 8,2 4,2 19,4
09 Saúde e servizos sociais 4,8 2,6 5,3
10 Servizos 11,0 6,6 14,3
99 Sectores descoñecidos ou non especificados
Fonte: IGE. Enquisa de poboación activa. Variables de submostra (descarga da táboa)
Nota: (-) Non hai observacións na mostra

3 Condicións de traballo

En 2025, o 69,3% dos ocupados e das ocupadas de Galicia traballaba nun posto como empregado, con xefes pero sen subordinados, aínda que a porcentaxe era maior entre as mulleres (73,9%) que entre os homes (65,0%). A seguinte categoría en importancia era a de ocupado independente, isto é, sen xefes e sen subordinados, na que se atopaba o 11,8% dos traballadores e das traballadoras galegas.

Por tipo de posto laboral obsérvanse diferencias apreciables por sexo. En todas as categorías, agás na de empregado (con xefes e sen subordinados), clasificáronse máis homes que mulleres. O posto laboral de encargado, xefe de taller ou de oficina, capataz ou similar é no que se observa a maior fenda a favor dos homes.

Distribución das persoas ocupadas por tipo de posto laboral e sexo. Galicia. Ano 2025
Unidade: Porcentaxes
Total Homes Mulleres
Total 100,00 100,00 100,00
Empregado (con xefes e sen subordinados) 69,32 64,96 73,93
Encargado, xefe de taller ou de oficina, capataz ou similar 6,79 8,84 4,62
Mando intermedio 5,14 5,62 4,64
Ocupado independente (sen xefes e sen subordinados) 11,84 12,70 10,93
Director de pequena, mediana ou gran empresa 6,46 7,43 5,43
Non sabe 0,45 0,47 0,46
Fonte: IGE. Enquisa de poboación activa. Variables de submostra (descarga da táboa)


O 63,0% dos ocupados e das ocupadas de Galicia non traballou ningún sábado en 2025, o 28,8% traballou polo menos dous sábados ao mes e o 6,7% traballou só un sábado ao mes. Por outra banda, o 76,4% non traballou ningún domingo ao mes durante o ano 2025.

Persoas ocupadas por frecuencia coa que traballan o sábado ou o domingo. Galicia. Ano 2025

Unidade: Porcentaxes

Fonte: IGE. Enquisa de poboación activa. Variables de submostra. Descarga (Táboa sábados)(Táboa domingos)


O 85,7% da poboación ocupada non traballou ningún día no seu domicilio particular, o 6,9% traballou no domicilio ocasionalmente e o 6,6% máis da metade dos días que traballou, o que supón un lixeiro aumento do traballo no domicilio respecto do ano anterior.

Poboación ocupada segundo a frecuencia coa que traballa no seu domicilio particular. Anos 2024 e 2025. Galicia
Unidade: Porcentaxes
Días traballados no domicilio particular 2024 2025
Total 100,00 100,00
Ocasionalmente 7,22 6,86
Máis da metade dos días que traballou 5,32 6,62
Ningún día 86,89 85,66
Non sabe 0,57 0,85
Fonte: IGE. Enquisa de poboación activa. Variables de submostra (descarga da táboa)


Do total de asalariados e asalariadas residentes en Galicia, o 5,2% foron contratadas a través dunha empresa de traballo temporal e o 1,6% obtiveron o seu emprego actual coa mediación dunha oficina de emprego pública.

Persoas asalariadas por contratación a través dunha empresa de traballo temporal. Galicia. Ano 2025
Unidade: Porcentaxes
Variable Total Homes Mulleres
Total 100,00 100,00 100,00
Si 5,23 5,92 4,54
Non 94,26 93,83 94,73
Non sabe 0,51 0,27 0,75
Fonte: IGE. Enquisa de poboación activa. Variables de submostra (descarga da táboa)
Persoas asalariadas por participación dunha oficina de emprego pública na obtención do seu emprego actual. Galicia. Ano 2025
Unidade: Porcentaxes
Variable Total Homes Mulleres
Total 100,00 100,00 100,00
Si 1,67 1,50 1,84
Non 92,59 92,34 92,86
Non sabe 0,52 0,27 0,77
Non clasificable 5,23 5,92 4,54
Fonte: IGE. Enquisa de poboación activa. Variables de submostra (descarga da táboa)
Nota: As persoas contratadas a través dunha ETT figuran como non clasificables nesta táboa

4 Experiencia laboral e búsqueda de emprego

No ano 2025 o motivo principal polo cal as persoas paradas que traballaron anteriormente deixaron o último emprego foi por finalizar o contrato (42,3% dos casos). Por outra banda, o 21,8% das persoas paradas deixara o seu último emprego facía tres anos ou máis.

Persoas paradas que traballaron anteriormente segundo a causa para deixar o último emprego e o sexo. Galicia. Ano 2025
Unidade: Porcentaxes
Causa Total Homes Mulleres
Total 100,00 100,00 100,00
Despido ou suspensión do posto (inclúe regulación de emprego) 20,61 24,22 17,44
Fin do contrato (inclúe os fixos-discontinuos e os traballadores estacionais) 42,32 38,00 46,20
Outras razóns 15,15 19,78 11,50
Non sabe 0,00 0,00 0,00
Deixou o seu último emprego hai 3 anos ou máis 21,82 18,00 25,23
Fonte: IGE. Enquisa de poboación activa. Variables de submostra (descarga da táboa)

5 Metodoloxía, definicións, fontes e máis información

Metodoloxía

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

INE. Enquisa de poboación activa (EPA)