ÍNDICE


Principais resultados

Introdución

A Enquisa de poboación activa (EPA) é unha investigación por mostraxe, continua e dirixida ás vivendas familiares que o Instituto Nacional de Estadística (INE) realiza desde 1964. No ano 2008 asimouse un convenio de colaboración entre o INE e o Instituto Galego de Estatística (IGE) para a duplicación da mostra no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

A finalidade principal da EPA é coñecer a actividade económica no relativo ao seu compoñente humano. Está orientada a dar datos das principais categorías poboacionais en relación co mercado de traballo (ocupados, parados, activos e inactivos) e a obter clasificacións destas categorías segundo diversas características. Tamén posibilita confeccionar series temporais homoxéneas de resultados.

Cada trimestre, os fogares que rematan a súa colaboración coa EPA (os que están na sexta entrevista) responden a unha serie de variables adicionais ás investigadas en cada trimestre. A finalidade desta submostra, distribuída durante todo o ano, é a de proporcionar datos anuais de variables estruturais.

Na submostra recóllense as variables estruturais específicas para as que foi deseñada xunto coas demais variables trimestrais da EPA. Polo tanto, a submostra pode ofrecer, para algúns indicadores, resultados diferentes dos que se obteñen como media anual dos datos trimestrais da EPA. Para paliar este problema, a elevación dos resultados da submostra realízase de modo que as estimacións sexan coherentes coa media trimestral para os ocupados, parados e inactivos por sexo e grupos decenais de idade a nivel de España e para o total de ocupados, parados e inactivos para as comunidades autónomas.

A EPA incorporou as cifras do Censo de poboación e vivendas do INE de 2021 ás súas estimacións dos anos 2021 en diante. Para máis información consultar a seguinte ligazón.


Educación

Entre as variables de submostra inclúese o sector de estudos co que se clasifica á poboación segundo a especialidade, campo ou área de contido do seu nivel de formación alcanzado. En 2024, o 58,3% dos galegos e das galegas contaba cun nivel de formación xeral, formación básica de adultos e habilidades persoais. Dentro desta categoría inclúense as persoas que acadaron, como máximo, a ensinanza secundaria obrigatoria ou o bacharelato, isto é, programas ou certificacións de estudos de carácter xeral. O resto da poboación tiña adquirido algunha especialidade.

Entre a poboación ocupada, a porcentaxe de persoas que se clasifica en programas de formación básica situábase no 40,3%. Entre as especialidades con maior porcentaxe de ocupados cómpre salientar os estudos en negocios, administración e dereito (13,3%); mecánica, electrónica e outra formación técnica; industria e construción (12,6%) e saúde e servizos sociais (10,0%).


Poboación de 16 e máis anos por relación coa actividade económica e nivel de formación acadado. Galicia. Ano 2024

Unidade: miles de persoas e porcentaxes

Total Activos Ocupados Parados Inactivos Porcentaxe Total Porcentaxe Ocupados
Total 2.372,0 1.262,3 1.144,0 118,3 1.109,7 100,00 100,00
00 Formación xeral, formación básica de adultos e habilidades persoais 1.383,4 516,6 460,6 56,0 866,8 58,32 40,26
01 Educación 98,3 66,5 61,2 5,3 31,8 4,14 5,35
02 Artes, humanidades e linguas 70,5 52,5 45,7 6,7 18,0 2,97 3,99
03 Ciencias sociais, periodismo e documentación 37,3 28,4 25,8 2,7 8,9 1,57 2,26
04 Negocios, administración e dereito 224,1 165,3 152,7 12,6 58,8 9,45 13,35
05 Ciencias naturais, químicas, físicas e matemáticas 31,6 23,1 21,4 1,7 8,5 1,33 1,87
06 Tecnoloxías da información e as comunicación (TIC) 52,8 45,2 42,0 3,2 7,6 2,23 3,67
07 Mecánica, electrónica e outra formación técnica; industria e construción 196,1 155,9 143,9 11,9 40,2 8,27 12,58
08 Agricultura, gandería, pesca, silvicultura e veterinaria 28,1 20,5 19,7 0,8 7,6 1,18 1,72
09 saúde e servizos sociais 157,7 124,6 114,3 10,3 33,0 6,65 9,99
10 Servizos 73,7 61,0 55,4 5,6 12,8 3,11 4,84
99 Sectores descoñecidos ou non especificados 18,5 2,7 1,2 1,6 15,7 0,78 0,10

Fonte: IGE. Enquisa de poboación activa. Variables de submostra (Descarga da táboa)


O sector do nivel de formación ten influencia nas variables do mercado laboral. Así, a poboación formada en tecnoloxías da información e as comunicacións acadou a taxa de actividade máis alta (85,6%), seguida de servizos (82,7%), e de mecánica, electrónica e outra formación técnica; industria e construción (79,5%).

Por sexo, tecnoloxías da información e as comunicacións tamén foi a especialidade con maior taxa de actividade para os homes (86,4%), mentres que para as mulleres observouse nos estudos relacionados co sector servizos (85,9%).

Pola contra, as persoas con programas de formación xeral presentaron as menores taxas de actividade (53,2%), tanto para homes como para mulleres (58% e 48,9%, respectivamente)


Taxas de actividade por sector do nivel de formación alcanzado e sexo. Galicia. Ano 2024

Unidade: porcentaxes

Total Homes Mulleres
Total 53,2 58,0 48,9
00 Formación xeral, formación básica de adultos e habilidades persoais 37,3 44,9 30,1
01 Educación 67,7 78,2 65,0
02 Artes, humanidades e linguas 74,4 75,0 74,0
03 Ciencias sociais, periodismo e documentación 76,1 71,1 79,5
04 Negocios, administración e dereito 73,8 81,0 70,2
05 Ciencias naturais, químicas, físicas e matemáticas 73,1 67,2 76,1
06 Tecnoloxías da información e as comunicación (TIC) 85,6 86,4 83,0
07 Mecánica, electrónica e outra formación técnica; industria e construción 79,5 78,5 85,7
08 Agricultura, gandería, pesca, silvicultura e veterinaria 73,0 69,3 85,3
09 saúde e servizos sociais 79,0 82,5 78,1
10 Servizos 82,7 78,0 85,9
99 Sectores descoñecidos ou non especificados 14,8 12,1 15,9

Fonte: IGE. Enquisa de poboación activa. Variables de submostra (Descarga da táboa)


No referente á taxa de ocupación, esta situouse no 33,3% para o grupo de poboación sen especialidade académica en 2024. As taxas de ocupación máis elevadas observáronse entre as persoas ocupadas especializadas no sector das tecnoloxías da información e as comunicacións, cunha porcentaxe do 79,6%. Este sector é o de maior taxa de ocupación no caso dos homes (79,3% ) e o de agricultura, gandería, pesca, silvicultura e veterinaria no caso das mulleres (85,3%).


Taxas de ocupación por sector do nivel de formación alcanzado e sexo. Galicia. Ano 2024

unidades: porcentaxes

Total Homes Mulleres
Total 48,2 52,8 44,1
00 Formación xeral, formación básica de adultos e habilidades persoais 33,3 40,2 26,6
01 Educación 62,3 74,1 59,3
02 Artes, humanidades e linguas 64,9 62,8 66,2
03 Ciencias sociais, periodismo e documentación 69,0 64,8 71,9
04 Negocios, administración e dereito 68,1 74,5 64,9
05 Ciencias naturais, químicas, físicas e matemáticas 67,7 58,2 72,6
06 Tecnoloxías da información e as comunicación (TIC) 79,6 79,3 80,7
07 Mecánica, electrónica e outra formación técnica; industria e construción 73,4 72,6 78,9
08 Agricultura, gandería, pesca, silvicultura e veterinaria 70,1 65,5 85,3
09 saúde e servizos sociais 72,5 78,5 70,9
10 Servizos 75,1 75,7 74,8
99 Sectores descoñecidos ou non especificados 6,4 6,4 6,4

Fonte: IGE. Enquisa de poboación activa. Variables de submostra (Descarga da táboa)


Por último, a taxa de paro varía entre o 12,9% da poboación especializada en artes, humanidades e linguas (o sector de formación coa taxa de paro máis alta en 2024) ao 4% da poboación especializada no sector da agricultura, gandería, pesca, silvicultura e veterinaria.


Taxas de paro por sector do nivel de formación alcanzado e sexo. Galicia. Ano 2024

Unidades: porcentaxes

Total Homes Mulleres
Total 9,4 9,0 9,8
00 Formación xeral, formación básica de adultos e habilidades persoais 10,8 10,4 11,5
01 Educación 7,9 5,3 8,7
02 Artes, humanidades e linguas 12,9 16,3 10,6
03 Ciencias sociais, periodismo e documentación 9,3 8,8 9,7
04 Negocios, administración e dereito 7,6 7,9 7,5
05 Ciencias naturais, químicas, físicas e matemáticas 7,4 13,5 4,7
06 Tecnoloxías da información e as comunicación (TIC) 7,1 8,3 2,8
07 Mecánica, electrónica e outra formación técnica; industria e construción 7,7 7,6 7,9
08 Agricultura, gandería, pesca, silvicultura e veterinaria 4,0 5,5 0,0
09 saúde e servizos sociais 8,3 4,8 9,2
10 Servizos 9,1 2,9 13,0
99 Sectores descoñecidos ou non especificados 56,9 46,9 59,9

Fonte: IGE. Enquisa de poboación activa. Variables de submostra (Descarga da táboa)


Condicións de traballo

En 2024 o 70,0% dos ocupados e das ocupadas de Galicia traballaba nun posto como empregado, con xefes pero sen subordinados, aínda que a porcentaxe era maior entre as mulleres (74,8%) que entre os homes (65,6%). A seguinte categoría en importancia era a de ocupado independente, isto é, sen xefes e sen subordinados, na que se atopaba o 13,2% dos traballadores e das traballadoras galegas.

Por tipo de posto laboral obsérvanse diferencias significativas por sexo. En todas as categorías, agás na de empregado (con xefes e sen subordinados), clasificáronse máis homes que mulleres, tanto en número como en porcentaxe sobre o total de ocupados e ocupadas. Cabe destacar a de director de empresa onde se situou practicamente o doble de homes que de mulleres.


Persoas ocupadas por tipo de posto laboral e sexo. Galicia. Ano 2024

Unidades: miles de persoas

Total Homes Mulleres
Total 1.144,0 596,4 547,6
Empregado (con xefes e sen subordinados) 800,7 391,2 409,5
Encargado, xefe de taller ou de oficina, capataz ou similar 73,1 45,1 28,0
Mando intermedio 52,3 29,6 22,7
Ocupado independente (sen xefes e sen subordinados) 151,0 86,4 64,6
Director de pequena, mediana ou gran empresa 65,5 43,5 22,0
Non sabe 1,5 0,5 0,9

Fonte: IGE. Enquisa de poboación activa. Variables de submostra (Descarga da táboa)


O 64,3% dos ocupados e das ocupadas de Galicia non traballou ningún sábado en 2024, o 29,2% traballou polo menos dous sábados ao mes e o 5,5% traballou só un sábado ao mes. Por outra banda, o 79,4% non traballou ningún domingo ao mes durante o ano 2024.


Persoas ocupadas por frecuencia coa que traballan o sábado. Galicia. Ano 2024

Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Enquisa de poboación activa. Variables de submostra (Descarga da táboa)


Persoas ocupadas por frecuencia coa que traballan o domingo. Galicia. Ano 2024

Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Enquisa de poboación activa. Variables de submostra (Descarga da táboa)


Dos 939.600 asalariados e asalariadas residentes en Galicia no ano 2024, 36.600 persoas foron contratadas a través dunha empresa de traballo temporal e 18.700 obtiveron o seu emprego actual coa mediación dunha oficina de emprego pública.


Persoas asalariadas por contratación a través dunha empresa de traballo temporal. Galicia. Ano 2024

Unidade: miles de persoas

Variable Total Homes Mulleres
Total 939,6 474,8 464,8
Si 36,6 19,7 16,8
Non 899,9 452,0 447,9
Non sabe 3,0 3,0 0,0

Fonte: IGE. Enquisa de poboación activa. Variables de submostra (Descarga da táboa)


Persoas asalariadas por participación dunha oficina de emprego pública na obtención do seu emprego actual. Galicia. Ano 2024

Unidade: miles de persoas

Variable Total Homes Mulleres
Total 939,6 474,8 464,8
Si 18,7 6,5 12,2
Non 880,8 446,1 434,8
Non sabe 3,5 2,5 1,0
Non clasificable 36,6 19,7 16,8

Fonte: IGE. Enquisa de poboación activa. Variables de submostra (Descarga da táboa)


Experiencia laboral e búsqueda de emprego

No ano 2024 o motivo principal polo cal as persoas paradas que traballaron anteriormente deixaron o último emprego foi por finalizar o contrato (43,9% dos casos). Por outra banda, o 23,8% da persoas paradas deixara o seu último emprego facía tres anos ou máis.


Persoas paradas que traballaron anteriormente segundo a causa para deixar o último emprego e o sexo. Galicia. Ano 2024

Unidade: miles de persoas

Causa Total Homes Mulleres
Total 107,0 52,8 54,2
Despido ou suspensión do posto (inclúe regulación de emprego) 21,4 11,4 9,9
Fin do contrato (inclúe os fixos-discontinuos e os traballadores estacionais) 47,0 23,0 24,0
Enfermidade ou incapacidade propia 1,3 0,5 0,8
Realizar estudos ou recibir formación 1,1 0,8 0,3
Coidado de nenos ou de adultos enfermos, incapacitados ou maiores 0,7 0,3 0,4
Outras responsabilidades familiares 0,0 0,0 0,0
Xubilación anticipada ou normal 0,0 0,0 0,0
Outras razóns persoais 1,7 0,7 1,0
Outras razóns (inclúen o cese nunha actividade propia e por vontade propia) 8,2 4,6 3,6
Non sabe 0,0 0,0 0,0
Deixou o seu último emprego hai 3 anos ou máis 25,5 11,4 14,0

Fonte: IGE. Enquisa de poboación activa. Variables de submostra (Descarga da táboa)


Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos