ÍNDICE



Principais resultados

1 Introdución

A Enquisa estrutural a fogares (EEF) é unha operación estatística anual dirixida aos fogares galegos, cuxo obxectivo é obter información sobre as súas características socioeconómicas e condicións de vida. Permite describir a composición dos fogares, a presenza de menores e persoas maiores, os ingresos e os gastos, así como distintas situacións de vulnerabilidade económica e social.

A EEF estrutúrase en dous módulos: un módulo xeral, de periodicidade anual, que recolle información estrutural, e un módulo específico, de carácter variable, orientado á análise de aspectos concretos de interese. Este informe presenta os resultados correspondentes ao módulo xeral.

Para a elaboración dos resultados correspondentes ao ano 2024 seleccionouse unha mostra representativa de 9.203 fogares, nos que se enquisaron 21.849 persoas. A mostra distribúese entre as catro provincias galegas, cun tamaño de 3.399 fogares na Coruña, 2.858 en Pontevedra, 1.545 en Lugo e 1.401 en Ourense. A recollida da información realizouse durante o segundo trimestre de 2025, con referencia ao ano 2024.

Os resultados preséntanse para o conxunto de Galicia e para as catro provincias, e inclúen tamén desagregacións territoriais por áreas xeográficas (agrupacións de comarcas) e para os sete grandes concellos galegos.

2 Estrutura dos fogares galegos

A 31 de decembro de 2024 había en Galicia 1.108.583 fogares. A estrutura dos fogares constitúe un elemento clave para describir as condicións de vida da poboación, ao reflectir os patróns de convivencia e a súa composición.

Neste apartado analízase a estrutura dos fogares galegos no ano 2024 a partir de tres dimensións: a tipoloxía do fogar, a composición por idades e a emancipación da poboación nova, incorporando en cada caso a perspectiva territorial.

2.1 Tipoloxía do fogar

A tipoloxía dos fogares defínese segundo a súa composición familiar. Para iso, téñense en conta os núcleos familiares existentes en cada fogar, entendidos como as relacións de parella e de parentesco directo entre proxenitores e fillos ou fillas que conviven na mesma vivenda.

Distínguense tres tipos de núcleo: parellas sen fillos, parellas con fillos e fogares monoparentais, nos que convive un único proxenitor ou proxenitora cos seus fillos ou fillas. A partir desta definición, identifícanse tres grandes tipos de fogares:

En 2024, a tipoloxía de fogar máis frecuente en Galicia é a das parellas con fillos, que representan o 28,12 % do total. Séguenlle as parellas sen fillos, cun 25,18 %, e os fogares unipersoais, que supoñen un 24,26 % e dos que máis da metade son de persoas de 65 ou máis anos.

Os fogares monoparentais representan o 10,11 % do total, mentres que os fogares con estruturas máis complexas —un núcleo e outros e varios núcleos— teñen unha presenza máis reducida, conxuntamente inferior ao 10 %.

A distribución por provincias presenta diferenzas apreciables. Lugo e Ourense rexistran unha maior porcentaxe de fogares unipersoais, un 26,61 % e un 28,25 %, respectivamente. Por outra banda, Pontevedra e A Coruña destacan polo maior peso relativo das parellas con fillos, cun 30,47 % e un 28,25 %, respectivamente.

Fogares segundo a tipoloxía do fogar. Ano 2024
Unidade: porcentaxe
Tipoloxía Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
Total 100,00 100,00 100,00 100,00 100,00
Unipersoal 24,26 24,91 26,61 28,25 21,14
  Unipersoal de 65 ou máis anos 12,41 12,66 15,37 15,88 9,76
Monoparental 10,11 10,06 10,02 7,82 11,04
Parella sen fillos 25,18 25,35 25,53 27,30 24,06
Parella con fillos 28,12 28,25 23,62 25,68 30,47
  Algún fillo menor de 25 anos 21,18 21,67 17,52 18,35 22,92
Sen núcleo 2,77 2,56 2,86 3,12 2,87
Un núcleo e outros 6,50 5,92 8,05 6,18 6,76
Varios núcleos 3,07 2,94 3,31 1,66 3,65
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa).
Nota: os datos refírense a 31 de decembro

Dos sete grandes concellos de Galicia, Ourense é o que ten a maior porcentaxe de fogares unipersoais (28,04 %), A Coruña a de fogares monoparentais (12,77 %), Lugo a de parellas sen fillos (26,40 %) e Pontevedra a de parellas con fillos (33,87 %).

Fogares segundo a tipoloxía do fogar. Ano 2024
Unidade: porcentaxe
Fogares Ferrol A Coruña Santiago de Compostela Lugo Ourense Pontevedra Vigo
Total 100,00 100,00 100,00 100,00 100,00 100,00 100,00
Unipersoal 27,41 27,38 27,46 25,11 28,04 22,74 21,35
Monoparental 9,66 12,77 8,30 12,14 8,22 9,21 12,53
Parella sen fillos 24,71 24,85 25,38 26,40 25,40 22,34 23,92
Parella con fillos 28,99 25,13 26,95 26,69 29,11 33,87 28,51
Outro tipo 9,23 9,86 11,91 9,65 9,23 11,83 13,69
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa).
Nota: a categoría outro tipo inclúe: sen núcleo, un núcleo e outros e varios núcleos

2.2 Estrutura por idades nos fogares galegos

Neste apartado analízanse distintos indicadores referidos á presenza de persoas de 65 ou máis anos e de menores nos fogares.

En Galicia, os fogares compostos por persoas de 65 ou máis anos representan o 25,34 % do total, o que supón 280.919 fogares. Por provincias, obsérvanse diferenzas na súa distribución. Ourense presenta a maior porcentaxe (30,95 %), mentres que Pontevedra rexistra o valor máis baixo (22,21 %).

Fogares compostos por persoas de 65 ou máis anos. Ano 2024
Unidade: número, porcentaxe
Espazo Número Porcentaxe sobre total
Galicia 280.919 25,34
A Coruña 117.353 25,13
Lugo 39.755 29,08
Ourense 41.359 30,95
Pontevedra 82.452 22,21
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa).

En 2024, este tipo de fogares crece en Galicia 0,72 puntos con respecto ao ano anterior. O aumento rexístrase nas catro provincias, que van desde os 0,53 puntos de Lugo aos 0,97 puntos de Pontevedra.

Fogares compostos por persoas de 65 ou máis anos
Unidade: peso no total de fogares da provincia/Galicia (%)

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa).

O 80,16 % dos fogares galegos non conta con ningún menor de 16 anos, mentres que un 12,49 % ten un único menor desta idade e un 7,35 % dous ou máis menores. Por provincias, Lugo e Ourense presentan unha porcentaxe de fogares sen menores de 16 anos por enriba do 82 %, mentres que Pontevedra é a única cuxa porcentaxe de fogares con algún menor de 16 anos supera o 20 %.

Fogares segundo o número de persoas menores de 16 anos. Ano 2024
Unidade: porcentaxe
Espazo Ningunha Unha Dúas ou máis
Galicia 80,16 12,49 7,35
A Coruña 80,03 12,41 7,56
Lugo 82,36 11,24 6,40
Ourense 83,80 10,36 5,85
Pontevedra 78,20 13,81 7,99
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa).


O seguinte gráfico amosa a porcentaxe de fogares con presenza dalgún menor de 5 anos nos anos 2023 e 2024. En 2024, o 6,08 % dos fogares galegos teñen algún menor de 5 anos. Ao igual que cos menores de 16 anos, Pontevedra é a que presenta a porcentaxe máis alta de fogares con menores (6,60 %) e Lugo e Ourense as máis baixas (5,46 % e 5,08 %, respectivamente).


Fogares con algún menor de 5 anos
Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa).


A táboa seguinte amosa a porcentaxe de persoas de 65 ou máis anos nos sete grandes concellos de Galicia. O 29,58% dos fogares do concello de Ferrol están compostos por persoas de 65 ou máis anos. No outro extremo, atópase o concello de Santiago de Compostela, onde esta porcentaxe é do 20,05%.

Fogares compostos por persoas de 65 ou máis anos. Ano 2024
Unidade: número, porcentaxe
Espazo Número Porcentaxe sobre total
Ferrol 8.117 29,58
A Coruña 26.496 24,36
Santiago de Compostela 8.354 20,05
Lugo 10.067 24,28
Ourense 11.957 26,15
Pontevedra 6.742 20,77
Vigo 25.375 21,75
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa).

Tal e como se mostra nos seguintes mapas, as áreas de Ourense, agás a área da capital, xunto coa do sur de Lugo, son as que teñen as porcentaxes máis elevadas de fogares compostos por persoas de 65 ou máis anos. No extremo oposto sitúase a área do Morrazo cun 20,67% de fogares desta tipoloxía.

Con respecto aos fogares con algún menor de 16 anos, a área de Santiago ten a maior porcentaxe deste tipo de fogares, un 22,55 %, mentres que Lugo oriental, cun 13,12 %, é a que presenta a menor porcentaxe.

Fogares compostos por persoas de 65 ou máis anos. Áreas. Ano 2024
Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa).

   

Fogares con algún menor de 16 anos. Áreas. Ano 2024
Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa).

2.3 Emancipación residencial da poboación nova

Neste apartado analízase a situación residencial da poboación nova segundo o grupo de idade, distinguindo entre as persoas de 18 a 24 anos e de 25 a 34 anos, e atendendo á súa permanencia no fogar familiar.

No ano 2024, o 62,74% da poboación galega de entre 18 e 34 anos vive no fogar familiar. Esta situación é especialmente frecuente no grupo de 18 a 24 anos, no que o 89,26 % dos mozos e mozas reside cos proxenitores, mentres que no grupo de 25 a 34 anos esta porcentaxe sitúase no 44,69 %. Con respecto a 2023, hai un aumento de 1,35 puntos no grupo de 18 a 24 anos e de 2,68 puntos no grupo de 25 a 34 anos.

Mozos e mozas que viven cos proxenitores. Galicia
Unidade: porcentaxe de mozos e mozas que viven cos proxenitores sobre o total nese grupo de idade (%)

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa).

   

A seguinte táboa analiza a percepción de ingresos polos mozos e mozas que viven cos proxenitores. En 2024, o 76,84 % da mocidade de 25 a 34 anos que vive cos proxenitores ten ingresos por traballo.

Mozos e mozas que viven cos proxenitores segundo a tipoloxía de ingresos por grupo de idade. Galicia. Ano 2024
Unidade: porcentaxe
Tipoloxía De 18 a 24 anos De 25 a 34 anos
Total 100,00 100,00
Sen ingresos 41,47 13,69
Ingresos do traballo 40,79 76,84
Outros ingresos 17,73 9,47
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa).


3 Situación económica dos fogares galegos

Este bloque analiza a situación económica dos fogares galegos no ano 2024 a partir da información sobre os seus ingresos, o gasto asociado á vivenda principal e a capacidade para chegar a fin de mes.

3.1 Ingresos dos fogares

Neste apartado analízase o nivel e a estrutura dos ingresos dos fogares galegos no ano 2024, atendendo tanto ao seu valor medio e mediano como á orixe das rendas percibidas. A información permite describir a evolución recente dos ingresos e a importancia relativa das distintas fontes de renda nos fogares.

No ano 2024, o ingreso medio mensual neto nos fogares galegos sitúase en 2.830 euros. A mediana é de 2.567 euros; isto indica que o 50% dos fogares galegos percibe unha retribución neta non superior a esa cantidade. Por provincias, Pontevedra é a que ten o maior ingreso medio mensual en 2024 con 2.910 euros, séguenlle A Coruña con 2.853 euros, Lugo con 2.797 euros e, finalmente, Ourense con 2.562 euros.

Tanto o ingreso medio como a mediana rexistran incrementos con respecto a 2023, un 4,89 % no caso do ingreso medio e un 4,26 % no caso da mediana. Por provincias, a subida máis alta no ingreso medio dáse en Pontevedra, cun 6,28 %, e na mediana en Ourense, cun 8,00 %.


Media e mediana de ingresos netos mensuais
Unidade: euros, tanto por cento
Ingreso medio mensual por fogar
Mediana de ingresos mensuais por fogar
Espazo 2023 2024 Taxa de variación 2023 2024 Taxa de variación
Galicia 2.698 2.830 4,89 2.462 2.567 4,26
A Coruña 2.754 2.853 3,59 2.500 2.567 2,68
Lugo 2.676 2.797 4,52 2.392 2.500 4,52
Ourense 2.419 2.562 5,91 2.200 2.376 8,00
Pontevedra 2.738 2.910 6,28 2.561 2.683 4,76
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa).

O seguinte gráfico amosa a distribución dos ingresos dos fogares en Galicia no ano 2024. Represéntase a relación entre o número de fogares e o seu ingreso neto mensual. A distribución amosa unha estrutura asimétrica: existe unha maior concentración de fogares con ingresos por debaixo da media. Este feito explica a diferenza entre o valor medio e a mediana e indica que unha parte reducida dos fogares concentra os ingresos máis elevados.


Distribución do ingreso neto mensual dos fogares. Galicia. Ano 2024
Unidade: número

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa).


A continuación, analízase a composición dos ingresos dos fogares segundo a súa orixe, distinguindo entre ingresos procedentes do traballo por conta allea, do traballo por conta propia, das prestacións sociais e doutras rendas. Esta información permite identificar o grao de dependencia das distintas fontes de renda nos fogares galegos.

No ano 2024, o 50,84% dos ingresos dos fogares galegos procede do traballo por conta allea, o 10,54% do traballo por conta propia, o 35,81% de prestacións e o 2,82% de rendas e outros ingresos.


Estrutura de ingresos dos fogares segundo a súa orixe. Ano 2024
Unidade: porcentaxe
Tipo Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
Total 100,00 100,00 100,00 100,00 100,00
Traballo conta allea 50,84 52,56 43,93 46,47 52,54
Traballo conta propia 10,54 10,56 11,73 8,65 10,69
Prestacións 35,81 34,11 40,34 42,72 34,11
Rendas e outros ingresos 2,82 2,77 4,00 2,16 2,66
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa).


Na seguinte táboa analízase o grao de dependencia dos fogares galegos das prestacións sociais, medindo a proporción de fogares nos que estas representan máis do 50 %, máis do 75 % ou a totalidade dos ingresos.

En 2024, no 41,62 % dos fogares galegos as prestacións sociais supoñen máis do 50 % dos ingresos totais. No 29,27% dos fogares as prestacións constitúen a totalidade dos seus ingresos.


Fogares nos que os ingresos por prestacións representan máis do 50, 75 ou o 100 por cen do total dos seus ingresos. Ano 2024
Unidade: porcentaxe
Espazo Máis dun 50% Máis dun 75% O 100%
Galicia 41,62 33,07 29,27
A Coruña 40,08 32,34 28,65
Lugo 45,69 36,62 31,95
Ourense 49,49 41,17 38,07
Pontevedra 39,22 29,77 25,89
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa).


Dos sete grandes concellos, Santiago de Compostela e Vigo, con 3.267 e 3.153 euros, respectivamente, son os que presentan o maior ingreso medio mensual neto por fogar, mentres que o máis baixo corresponde a Ferrol (2.676 euros).


Ingreso medio mensual neto por fogar
Unidade: euros
Espazo 2023 2024
Ferrol 2.499 2.676
A Coruña 2.814 2.887
Santiago de Compostela 3.010 3.267
Lugo 2.811 2.940
Ourense 2.575 2.846
Pontevedra 2.867 3.035
Vigo 3.005 3.153
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa).

Por áreas xeográficas, a área de Santiago é a que ten o ingreso medio mensual neto máis alto (3.217 euros), mentres que Ourense sur é a que o ten máis baixo (2.260 euros).

As áreas de Ourense, agás a área da capital, e Lugo sur son as áreas coas maiores porcentaxes de fogares con ingresos procedentes unicamente de prestacións, destacando Ourense sur cun 47,60 %.

Ingreso medio mensual por fogar. Áreas.
Ano 2024
Unidade: euros

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa).

   

Fogares con ingresos procedentes unicamente de prestacións. Áreas. Ano 2024
Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa).


3.2 Gasto dos fogares

Neste apartado analízase o gasto dos fogares galegos asociado á vivenda principal, atendendo á incidencia dos fogares que realizan pagos por hipoteca ou aluguer, ao importe medio destes gastos e á proporción dos ingresos do fogar que se destina a estes gastos. A información refírese exclusivamente á vivenda habitual e non inclúe outros gastos de consumo.

En 2024, o 16,18% dos fogares galegos ten gastos asociados ao pagamento da hipoteca da vivenda principal, cun gasto medio mensual de 471,07 euros. Pola súa banda, unha proporción semellante de fogares presenta gastos por aluguer da vivenda principal (16,57%), cun importe medio mensual de 423,18 euros, descontadas as posibles axudas públicas e gastos correntes incluídos no recibo (comunidade, auga…).

Gasto dos fogares en hipoteca e aluguer da vivenda principal. Ano 2024
Unidade: porcentaxe, euros
Hipoteca da vivenda principal
Aluguer da vivenda principal
Espazo Porcentaxe de fogares con gasto Gasto medio mensual Porcentaxe de fogares con gasto Gasto medio mensual
Galicia 16,18 471,07 16,57 423,18
A Coruña 16,91 485,03 18,23 429,62
Lugo 14,04 428,09 15,16 370,17
Ourense 11,87 440,63 13,66 384,01
Pontevedra 17,60 474,20 16,05 444,43
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa).


No ano 2024, a maioría dos fogares galegos que teñen gasto por hipoteca ou aluguer da vivenda principal destina entre o 10 e o 20 % dos seus ingresos mensuais ao seu pagamento, en concreto o 51,01 % e o 41,97 %, respectivamente. Non obstante, unha parte dos fogares supera o limiar do 30 % ou máis dos ingresos ao pagamento destes conceptos. En concreto, o 8,90 % dos fogares con hipoteca dedican máis do 30 % dos seus ingresos ao seu pagamento, mentres que no caso do aluguer esta porcentaxe ascende ao 25,30 % dos fogares.

Fogares segundo a porcentaxe de ingresos dedicados ao pagamento de hipoteca ou aluguer da vivenda principal. Galicia. Ano 2024
Unidade: porcentaxe
Intervalo Hipoteca Aluguer
Total 100,00 100,00
Ata o 10,00% 24,70 10,34
Entre o 10,01% e o 20,00% 51,01 41,97
Entre o 20,01% e o 25,00% 9,64 12,49
Entre o 25,01% e o 30,00% 5,75 9,91
Entre o 30,01% e o 40,00% 4,55 12,89
Entre o 40,01% e o 50,00% 2,04 6,42
Máis do 50,00% 2,31 5,99
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa).

Dentro dos sete grandes concellos galegos, Ferrol é o que conta cunha maior porcentaxe de fogares con gasto en hipoteca da vivenda principal (19,68 %), mentres que o maior gasto medio en hipoteca rexístrase en Santiago de Compostela (536,60 euros/mes).

Algo máis dun 30 % dos fogares da Coruña e Santiago de Compostela teñen gasto en aluguer, onde tamén se sitúa o aluguer máis alto (474,47 euros/mes en Santiago de Compostela e 472,55 euros/mes na Coruña).


Gasto dos fogares en aluguer e hipoteca da vivenda principal. Grandes concellos. Ano 2024
Unidade: porcentaxe, euros
Concepto Ferrol A Coruña Santiago de Compostela Lugo Ourense Pontevedra Vigo
HIPOTECA
Porcentaxe de fogares que teñen gasto en hipoteca da vivenda principal (incidencia) 19,68 17,79 13,72 15,77 15,40 19,16 14,41
Gasto medio do fogar en hipoteca da vivenda principal (euros) 384,62 523,72 536,60 452,37 452,80 417,86 509,59
ALUGUER
Porcentaxe de fogares que teñen gasto en aluguer da vivenda principal (incidencia) 19,50 30,89 30,44 26,12 22,39 22,78 24,66
Gasto medio do fogar en aluguer da vivenda principal (euros) 269,27 472,55 474,47 399,76 435,72 448,13 472,36
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa).


3.3 Capacidade dos fogares para chegar a fin de mes

A capacidade dos fogares para chegar a fin de mes constitúe un indicador sintético da súa situación económica percibida, xa que resume a relación entre os ingresos dispoñibles e os gastos habituais do fogar.

No ano 2024, o 59,64 % dos fogares galegos manifesta chegar a fin de mes con facilidade ou moita facilidade, mentres que o 34,65 % declara facelo con dificultade. Pola súa banda, o 5,71 % dos fogares sinala que chega a fin de mes con moita dificultade.


Fogares segundo o grado de dificultade para chegar a fin de mes. Galicia. Ano 2024
Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa).


4 Risco de pobreza ou exclusión social

Neste bloque analízanse os indicadores de risco de pobreza e exclusión social da poboación galega no ano 2024. Preséntanse a taxa de risco de pobreza monetaria, baseada nos ingresos equivalentes do fogar, e a taxa AROPE, que integra as situacións de risco de pobreza e outras dimensións de vulnerabilidade asociadas como son a carencia material e social severa e a baixa intensidade laboral no fogar.

4.1 Taxa de risco de pobreza monetaria

A taxa de risco de pobreza monetaria mide a proporción de persoas que residen en fogares con ingresos baixos en relación coa distribución de ingresos existente no conxunto da poboación.

O cálculo baséase nos ingresos equivalentes, que se obteñen a partir dos ingresos totais do fogar, axustados segundo o número de persoas que o compoñen e a súa idade, co obxectivo de ter en conta as economías de escala que se producen na convivencia. Para este axuste utilízase unha escala de equivalencia que asigna un valor de 1 ao primeiro adulto do fogar, 0,5 aos restantes adultos (persoas de 14 ou máis anos) e 0,3 a cada menor de 14 anos. Os ingresos totais do fogar divídense pola suma destes valores, obténdose así o ingreso equivalente por persoa. A partir desta distribución de ingresos equivalentes, calcúlase a mediana, e establécese como limiar de risco de pobreza o 60 % da dita mediana.

No ano 2024, a taxa de risco de pobreza monetaria en Galicia sitúase no 14,75% da poboación, o que supón que 396.847 persoas residen en fogares cuxos ingresos equivalentes están por debaixo do limiar establecido. Por provincias, Ourense presenta a taxa máis elevada, cun 16,92 %, séguenlle Lugo cun 15,77 % e A Coruña cun 14,84 %. Pontevedra é a única provincia cuxa taxa está por debaixo da de Galicia, cun 13,61 %.

Con respecto ao ano 2023, a taxa de risco de pobreza monetaria aumenta en todas as provincias, agás en Ourense, onde baixa 0,14 puntos. En Galicia a taxa aumenta 1,14 puntos.

Taxa de risco de pobreza
Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa).

4.2 Taxa de risco de pobreza en exclusión social (AROPE)

A taxa de risco de pobreza ou exclusión social (indicador AROPE) mide a proporción de persoas que se atopan en, cando menos, unha das seguintes situacións:

Trátase dun indicador sintético que permite aproximar situacións de vulnerabilidade económica desde unha perspectiva máis ampla que a renda monetaria.

En 2024, 495.789 persoas galegas atópanse en risco de pobreza ou exclusión social, o que representa o 18,43% da poboación.

A análise por compoñentes, que se representa na seguinte figura, amosa que o risco de pobreza monetaria constitúe o elemento con maior peso no indicador AROPE, mentres que a carencia material e social severa e a baixa intensidade laboral afectan a unha proporción menor da poboación. Así, hai 168.929 persoas de 0 a 64 anos que viven en fogares con baixa intensidade laboral e 95.230 persoas que viven con carencia material e social severa, con 1.239 delas atopándose en ambas as dúas situacións, mentres que en risco de pobreza monetaria atópanse 396.847 persoas. Por último, 29.540 persoas (o 1,10 % da poboación galega) están simultaneamente en risco de pobreza monetaria, en carencia material e social severa e viven nun fogar con baixa intensidade laboral.


Persoas en risco de pobreza ou exclusión social (estratexia Europa 2030) segundo as súas compoñentes. Galicia. Ano 2024
Unidade: número

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa).


Por provincias, a taxa AROPE sitúase en Ourense no 21,55 %, en Lugo no 19,03 %, na Coruña nun valor case idéntico ao galego (18,63 %), e Pontevedra nunha taxa inferior á galega (17,00 %).

Tendo en conta o comportamento das compoñentes da pobreza ou exclusión social, este non é homoxéneo entre as distintas provincias. Así, mentres que a porcentaxe de poboación que vive en fogares con baixa intensidade laboral é inferior ao dato de Galicia (8,54 %) na Coruña e en Pontevedra, e superior en Lugo e en Ourense, a porcentaxe de persoas que sofre carencia material e social severa presenta o comportamento contrario: Lugo e Ourense teñen un dato inferior á media galega (3,54 %) e A Coruña presenta o dato máis alto. Por outra banda, a taxa de pobreza monetaria si que segue o mesmo patrón de comportamento entre as provincias cá taxa AROPE.


Persoas en risco de pobreza ou exclusión social (estratexia Europa 2030) segundo as súas compoñentes. Galicia e provincias. Ano 2024
Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa).

A desagregación por idade pon de manifesto que a taxa máis elevada de risco de pobreza ou exclusión social corresponde á poboación menor de 16 anos, mentres que a poboación de 65 ou máis anos presenta valores máis baixos.


Taxa de risco de pobreza ou exclusión social (estratexia Europa 2030). Galicia
Unidade: porcentaxe
Idade 2023 2024
Total 17,29 18,43
Menos de 16 anos 21,48 24,12
De 16 a 24 anos 21,41 21,27
De 25 a 49 anos 16,67 18,26
De 50 a 64 anos 21,52 21,67
De 65 ou máis anos 11,15 12,42
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa).


5 Metodoloxía, definicións, fontes e máis información

Metodoloxía

Definicións

Descarga de datos