ÍNDICE


Principais resultados

Introdución

A Enquisa estrutural a fogares é unha actividade estatística anual dirixida aos fogares galegos co obxecto de obter información sobre as súas características socioeconómicas. Consta de dúas partes: unha primeira de carácter xeral que se repite todos os anos, deseñada para recoller información sobre variables básicas, e unha segunda de carácter específico.

O módulo específico de 2024 está dedicado ao ocio e hábitos culturais. Este módulo ten como obxectivo coñecer os hábitos culturais e de lecer da poboación galega.

Asistencia a espectáculos e eventos culturais e tempo libre

A porcentaxe de poboación galega de 5 ou máis anos que asiste ao cine polo menos unha vez ao mes é do 9,3%. Esta porcentaxe medrou 1 punto respecto ao ano 2014. Pola contra, a porcentaxe dos que non van nunca ao cine baixou do 55,6% en 2014 ata o 54,1% en 2024.


Persoas segundo a frecuencia de asistencia ao cine. Galicia
Unidade: porcentaxe
2014 2024
Cada semana 0,85 0,68
Cada mes 7,49 8,66
Algunha vez ao ano 36,05 36,52
Nunca, porque non dispón dese servizo preto do seu fogar 5,55 3,29
Nunca, por outros motivos 50,06 50,85
Total 100,00 100,00

                                                         Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares.

                                                         Nota: os datos fan referencia á poboación de 5 ou máis anos


No que respecta á asistencia a espectáculos deportivos, a porcentaxe de galegos e galegas que asiste polo menos unha vez no mes a este tipo de eventos aumentou do 13,8% en 2014 ata o 15% en 2024.

Persoas segundo a frecuencia de asistencia a espectáculos deportivos. Galicia
Unidade: porcentaxe
2014 2024
Cada semana 7,18 6,86
Cada mes 6,65 8,09
Algunha vez ao ano 20,81 18,51
Nunca, porque non dispón dese servizo preto do seu fogar 3,71 2,23
Nunca, por outros motivos 61,65 64,31
Total 100,00 100,00

                                                         Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares.

                                                         Nota: os datos fan referencia á poboación de 5 ou máis anos


O 2,7% da poboación galega de 5 ou máis anos asiste algunha vez ao mes a museos, exposicións, arquivos…, mentres que o 32,7% o fai algunha vez ao ano. Respecto a festas populares, verbenas e orquestras, o 5,6% asiste algunha vez ao mes e o 61,8% algunha vez ao ano.

Asistencia a espectáculos e eventos culturais. Galicia. Ano 2024
Unidade: porcentaxe
Teatro, monicreques, contacontos, circo… Espectáculos musicais (moderna, clásica, ópera…) Museos, exposicións, arquivos Festas populares, verbenas, orquestas
Algunha vez ao mes 1,98 3,39 2,72 5,59
Algunha vez ao ano 23,84 37,06 32,70 61,83
Nunca, porque non dispón dese servizo preto do seu fogar 4,21 3,07 3,35 0,55
Nunca, por outros motivos 69,97 56,48 61,23 32,03
Total 100,00 100,00 100,00 100,00

                              Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares.

                              Nota: os datos fan referencia á poboación de 5 ou máis anos


Facer actividades coa familia é a actividade principal que realizan no seu tempo libre as persoas de 5 a 14 anos (43,0%), de 30 a 49 anos (36,0%) e de 50 a 64 anos (26,0%). A actividade principal das persoas de 15 a 29 anos é saír ou reunirse con amigos, ir a bares, cafeterías, restaurantes, discotecas… (31,8%), mentres que a das persoas de 65 ou máis anos é ver a televisión, escoitar a radio ou ler a prensa (43,2%).

Persoas segundo a actividade principal que realizan no seu tempo libre por idade. Galicia. Ano 2024
Unidade: porcentaxe
De 5 a 14 anos De 15 a 29 anos De 30 a 49 anos De 50 a 64 anos De 65 ou máis anos Total
Relacións sociais 50,47 43,81 49,23 36,18 25,68 39,11
Facer actividades coa familia 42,96 11,99 35,96 25,96 19,65 26,47
Saír ou reunirse cos amigos, ir a bares, cafeterías, restaurantes, discotecas… 7,51 31,82 13,27 10,22 6,03 12,64
Audiovisuais e lectura 19,21 38,20 34,84 39,98 49,83 39,29
Ver a televisión, escoitar a radio ou ler a prensa 6,45 3,13 10,66 20,66 43,19 20,48
Navegar por internet 5,39 24,79 14,41 8,30 1,44 10,11
Escoitar música, ver películas, series, documentais 5,20 7,94 7,08 6,20 1,53 5,33
Ler 2,16 2,35 2,69 4,82 3,67 3,37
Deportes e xogos 27,63 14,70 10,58 11,09 8,72 12,17
Facer actividade física ou deportiva (camiñar, nadar…) 14,51 11,00 9,13 10,78 8,31 10,00
Videoxogos, xogar (cartas, xadrez, xogos infantís…) 13,13 3,70 1,45 0,31 0,41 2,17
Bricolaxe, manualidades, xardinería… 0,61 1,07 3,94 11,54 14,73 8,01
Outra (inclúe actividades artísticas) 2,08 2,22 1,41 1,21 1,03 1,43
Total 100,00 100,00 100,00 100,00 100,00 100,00

                         Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares.

                         Nota: os datos fan referencia á poboación de 5 ou máis anos que realiza actividades no seu tempo libre


Medios de comunicación

O 75,5% da poboación galega de 5 ou máis anos ve a televisión a diario. Entre os que o fan en días laborables, o 33% ven a televisión menos dunha hora durante o día, o 35,6% máis dunha hora pero menos de dúas e o 31,4% restante, máis de dúas horas.

                                                         Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares
                                                         Nota: os datos fan referencia á poboación de 5 ou máis anos que ve a televisión en días laborables


Durante a fin de semana, o 38,5% das persoas que ven a televisión fano durante máis de dúas horas diarias.

                                                         Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares
                                                         Nota: os datos fan referencia á poboación de 5 ou máis anos que ve a televisión en fin de semana


No tocante á prensa, o 30,3% das persoas len o periódico todos os días, porcentaxe inferior á rexistrada no ano 2014.

Persoas segundo a frecuencia coa que len o periódico. Galicia
Unidade: porcentaxe
2014 2024
Diariamente 33,25 30,26
Dúas ou máis veces á semana 12,61 14,65
Unha vez á semana 8,72 7,82
Polo menos unha vez ao mes 2,21 1,10
Esporadicamente 15,56 17,28
Nunca 27,65 28,90
Total 100,00 100,00

                                                              Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares.

                                                              Nota: os datos fan referencia á poboación de 5 ou máis anos

Internet é o medio máis habitual entre as persoas de 16 ou máis anos para informarse da actualidade. O 56% acoden en primeiro lugar a esta fonte. Séguelle a televisión, que é utilizada polo 34,1% das persoas como primeiro recurso para informarse.

Hai diferenzas significativas en función da idade. Así, entre as persoas menores de 30 anos, o 93,5% acode en primeiro lugar a Internet para informarse da actualidade e a televisión queda relegada moi por debaixo a un segundo lugar co 3,9%. Para as persoas de 30 a 49 anos, Internet tamén segue a ser o medio máis habitual ao que acudir para informarse en primeiro lugar (80,9%) seguido pola televisión (13,5%). Só nas persoas maiores de 64 anos, os galegos e galegas recorren maioritariamente á televisión (68,9%).

Persoas segundo a fonte á que acoden en primeiro lugar para informarse da actualidade. Galicia. Ano 2024
Unidade: porcentaxe
De 16 a 29 anos De 30 a 49 anos De 50 a 64 anos De 65 ou máis anos Total
Internet 93,50 80,89 54,24 14,93 55,98
Televisión 3,93 13,51 34,06 68,88 34,09
Radio 0,24 1,92 5,23 6,15 3,82
Prensa en papel 0,62 2,11 5,00 6,00 3,82
Outra 0,26 0,36 0,25 0,55 0,37
Non se informa 1,44 1,21 1,22 3,49 1,93
Total 100,00 100,00 100,00 100,00 100,00

                                   Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares.

                                   Nota: os datos fan referencia á poboación de 5 ou máis anos. Internet inclúe prensa, radio e televisión vía Internet


Actividade física ou deportiva

O 71% da poboación de 5 ou máis anos residente na comunidade autónoma de Galicia practicou actividade física ou deportiva nos últimos doce meses.A maioría (97,8%) realizouna ao menos un día á semana.

Das persoas que practicaron actividade física ou deportiva polo menos un día á semana, o 28,2% fixérono os sete días da semana fronte ao 3,8% que o fixeron só un día.


                                   Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares

                                   Nota: os datos fan referencia á poboación de 5 ou máis anos que practicou actividade física ou deportiva nos últimos 12 meses                                    e polo menos unha vez á semana


Entre os rapaces e rapazas de 5 a 15 anos, os deportes máis practicados nas actividades extraescolares dos colexios son o baloncesto (16,5%), o atletismo (18,5%), o fútbol (18,6%) e outros xogos colectivos de balón (voleibol, balonmán…) cun 20,8%. Fóra do colexio, o 30,6% anda en bicicleta e o 33,6% practica a natación.

Persoas menores de 16 anos que practicaron determinadas actividades físicas ou deportivas nos últimos 12 meses. Galicia. Ano 2024
Unidade: porcentaxe
Si, no colexio Si, fóra do colexio Non Total
Atletismo 18,50 4,34 77,16 100
Baile ou ballet 6,36 11,43 82,21 100
Baloncesto 16,53 8,18 75,28 100
Andar en bicicleta 2,01 30,57 67,42 100
Fútbol ou fútbol sala 18,56 25,76 55,68 100
Karate, judo ou similares 3,46 8,81 87,73 100
Nadar 4,35 33,62 62,04 100
Outros xogos colectivos de balón (voleibol, balonmán…) 20,76 6,89 72,35 100
Patinaxe 4,23 9,25 86,52 100
Pádel, tenis ou similares 7,21 8,17 84,62 100

                              Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares.

                              Nota: As actividades físicas ou deportivas no colexio refírense ás actividades extraescolares, non incluíndo as clases de educación                               física


No tocante á poboación de 16 ou máis anos, o 79,3% manifesta que sae a camiñar. Ademais, case 3 de cada dez persoas practican actividades deportivas en ximnasios ou outros centros (aerobic, ioga, musculación, cardio …) e o 10,1% fai acondicionamento físico na casa.

Persoas de 16 ou máis anos que practicaron determinadas actividades físicas ou deportivas nos últimos 12 meses. Galicia. Ano 2024
Unidade: porcentaxe
Actividades físicas ou deportivas Incidencia
Camiñar 79,26
Correr 11,28
Actividades nun ximnasio ou noutros centros (aerobic, ioga, musculación, cardio…) 28,22
Acondicionamento físico na casa (bicicleta estática…) 10,07
Nadar 9,34
Andar en bicicleta 9,43
Fútbol, fútbol sala 6,20
Baloncesto 1,90
Outros xogos colectivos de balón (voleibol, balonmán, hóckey, rugby…) 1,43
Pádel, tenis ou similares (tenis de mesa, bádminton, squash…) 3,93
Caza, pesca 2,96
Outra 3,13

                                                         Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares.


Libros

En 2024, o 14,9% das persoas de 5 ou máis anos manifesta que leu libros nos últimos doce meses a diario. Esta porcentaxe diminuíu 2,5 puntos respecto ao ano 2014. Ademais produciuse unha aumento de case 3 puntos porcentuais na porcentaxe de poboación que non leu nunca nos últimos doce meses.

O 12,7% das persoas que leron algún libro no último ano usou polo menos unha vez ao mes os servizos das bibliotecas para a consulta de libros. Estes servizos refírense a consulta de obras ou préstamos de libros non relacionados coa profesión ou estudo. No outro extremo o 75,7% non utilizou nunca estes servizos nos últimos doce meses.

Persoas segundo a frecuencia coa que leron libros nos últimos 12 meses. Galicia
Unidade: porcentaxe
2014 2024
Diariamente 17,31 14,85
Dúas ou máis veces á semana 12,38 12,38
Varias veces ao mes 10,78 12,42
Esporadicamente 14,71 12,69
Nunca 44,81 47,66
Total 100,00 100,00

                                        Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares.

                                        Nota: os datos fan referencia á poboación de 5 ou máis anos. Só se consideran os libros non relacionados coa profesión ou                                         estudo


A temática máis habitual é a novela seguida dos libros de divulgación e información (política, deportes, historia…).

Persoas segundo o tema de libros lidos nos últimos 12 meses. Galicia. Ano 2024
Unidade: porcentaxe
Incidencia
Novelas 69,61
Infantil, xuvenil 17,84
Cómics, historietas 12,11
Biografías, memorias 17,59
Teatro, poesía 6,24
Divulgación, información (política, deportes, historia…) 34,76
Outro 0,36

                                        Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares.

                                        Nota: os datos fan referencia á poboación de 5 ou máis anos que leu algún libro, non relacionado coa profesión ou estudo,                                         nos últimos 12 meses

En cantidade de libros lidos, o 56,2% leu menos de 6 libros non relacionados coa súa profesión ou estudo nos últimos doce meses. A porcentaxe das persoas que leron entre 6 e 10 libros acadou o 22,4% e, finalmente, o 21,4% leu máis de dez libros no último ano.

                                        Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares

                                        Nota: os datos fan referencia á poboación de 5 ou máis anos que leu algún libro, non relacionado coa profesión ou estudo,                                         nos últimos 12 meses


Que os proxenitores sexan lectores habituais inflúe de xeito significativo neste hábito nos fillos. De feito, entre os rapaces e rapazas de 5 a 14 anos cuxos proxenitores son lectores habituais, o 67,7% tamén le habitualmente. Porén, esta porcentaxe redúcese ata o 40,6% entre os fillos cuxos proxenitores non son lectores habituais.

Entre a mocidade de 15 a 19 anos con proxenitores lectores habituais, a porcentaxe dos que len habitualmente redúcese considerablemente respecto aos de menor idade e sitúase no 47,4%.

Finalmente, entre a mocidade de 20 a 24 anos, cabe destacar que o 56,7% non le habitualmente a pesar de seren os proxenitores lectores habituais. Por outro lado, entre a mocidade cuxos proxenitores non len habitualmente, o 71,5% tampouco ten este hábito.

Fillos lectores segundo o sexan ou non os seus pais. Galicia. Ano 2024
Unidade: porcentaxe
Pais lectores habituais Pais non lectores habituais
De 5 a 14 anos
Fillo lector habitual 67.64 40.59
Fillo non lector habitual 32.36 59.41
Total 100 100
De 15 a 19 anos
Fillo lector habitual 47.39 24.04
Fillo non lector habitual 52.61 75.96
Total 100 100
De 20 a 24 anos
Fillo lector habitual 43.31 28.48
Fillo non lector habitual 56.69 71.52
Total 100 100

                                                         Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares


Definicións e máis información

Definicións

Descarga de datos