A Enquisa estrutural a fogares (EEF) é unha actividade estatística anual dirixida aos fogares galegos co obxecto de obter información sobre as súas características socioeconómicas. Consta de dúas partes: unha primeira de carácter xeral que se repite todos os anos, deseñada para recoller información sobre variables básicas, e unha segunda de carácter específica.
No ano 2022 un dos módulos específicos ten por finalidade avaliar o uso e extensión das novas tecnoloxías na poboación galega.
No ano 2022 o 86,03% da poboación de Galicia
utiliza o teléfono móbil, cifra superior en 43,49 puntos á
rexistrada no ano 2002, que se situou no 42,54%.
Persoas que usan teléfono móbil. Galicia
Unidade: porcentaxe (%)
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga
da táboa)
Nota: os datos fan referencia á poboación de
5 ou máis anos
Persoas que usaron ordenador no último mes. Galicia
Unidade: porcentaxe (%)
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga
da táboa)
Nota: os datos fan referencia á poboación de
5 ou máis anos
En 2022, o 27,55% dos galegos de 5 ou máis
anos manifestou non usar o ordenador, o 60,7% fíxoo no
último mes, o2,49% fai máis dun mes pero menos de tres
meses, o 2,44% hai máis de 3 meses e menos dun ano e o
6,82%, fai máis dun ano. A porcentaxe de persoas que
utilizaron o ordenador no último mes aumentou un 2,42
puntos con respecto ao ano 2018 e 31,84 puntos
con respecto a 2002.
As maiores porcentaxes de uso do ordenador danse nos grupos de idade de
5 a 19 anos e de 20 a 29 anos, onde o87,94% e o
86,37% dos mozos e mozas galegas comprendidas nestas idades
utilizaron o ordenador no último mes.
Persoas que usaron tablet ou ordenador. Galicia. Ano
2022
Unidade: porcentaxe (%)
| Variable | No último mes | Nunca o usou |
|---|---|---|
| Home | 63,00 | 24,51 |
| Muller | 58,56 | 30,37 |
| De 5 a 19 anos | 87,94 | 7,89 |
| De 20 a 29 anos | 86,37 | 0,40 |
| De 30 a 54 anos | 76,07 | 8,90 |
| De 55 ou máis anos | 33,33 | 55,71 |
| Total | 60,70 | 27,55 |
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga
da táboa)
Nota: os datos fan referencia á poboación de
5 ou máis anos
En 2022, o 85,38% dos fogares galegos contaba
con conexión a Internet (917.086 fogares) . Esta porcentaxe
varía en función da área xeográfica. Así, na área de Santiago, que
comprende as comarcas da Barcala, O Sar e Santiago, a porcentaxe é do
91,05%, mentres que na área de Ourense sur esta porcentaxe
sitúase no71,05%.
Porcentaxe de fogares con conexión a internet. Áreas. Ano
2022
Unidade: porcentaxe sobre o total de
fogares da área (%)
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa)
Os motivos polos que os fogares galegos non teñen conexión a internet
son fundamentalmente que Non a necesitan, nun
52,30% dos fogares,
Teñen poucos coñecementos para usala, nun
50,86%dos casos, e Non a queren, nun
48,98% dos fogares.
O uso de internet está máis estendido entre os mozos e mozas de 15 a 24
anos, xa que a utilizaron nos últimos tres meses o 99,74%.
Cabe salientar, tamén, que o uso da rede polos nenos e nenas de 5 a 14
anos sitúase no 87,33%. O uso de internet vai diminuíndo
segundo aumenta a idade da poboación. Deste xeito, a porcentaxe de
poboación de 55 a 64 anos que utiliza Internet baixa ata
o85,78% e para a franxa de idade de 65 ou máis anos sitúase
en 38,81%.
Persoas se conectaron a internet nos últimos 3 meses segundo o
sexo e a idade. Galicia. Ano 2022
Unidade:
porcentaxe (%)
| Idade | Home | Muller | Total |
|---|---|---|---|
| De 5 a 14 anos | 88,66 | 85,90 | 87,33 |
| De 15 a 24 anos | 99,94 | 99,53 | 99,74 |
| De 25 a 34 anos | 99,36 | 99,11 | 99,24 |
| De 35 a 44 anos | 98,25 | 98,44 | 98,34 |
| De 45 a 54 anos | 95,63 | 96,89 | 96,26 |
| De 55 a 64 anos | 83,65 | 87,78 | 85,78 |
| De 65 ou máis anos | 44,28 | 34,63 | 38,81 |
| Total | 82,04 | 77,16 | 79,51 |
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga
da táboa)
Nota: os datos fan referencia á poboación de
5 ou máis anos
No ano 2022, o79,51% dos galegos e galegas de
5 ou máis anos manifestou terse conectado á Internet nos tres últimos
meses. Entre a poboación de 16 ou máis anos que se conectou a Internet
nos tres últimos meses, o 47,26% realizou algunha compra
neses tres últimos meses e o 10,52% fai máis de tres meses
e menos dun ano.
Persoas que usaron internet nos últimos 3 meses e realizaron
algunha compra por internet por momento último de compra. Galicia. Ano
2022
Unidade: porcentaxe (%)
| Momento | 2018 | 2022 |
|---|---|---|
| Total | 57,48 | 65,69 |
| Nos últimos 3 meses | 38,96 | 47,26 |
| Hai máis de 3 meses e menos de 1 ano | 10,69 | 10,52 |
| Hai máis de 1 ano | 7,83 | 7,91 |
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga
da táboa)
Nota: os datos fan referencia á poboación de
16 ou máis anos que usou internet nos últimos 3 meses
As maiores porcentaxes, no tocante ás compras realizadas por Internet,
rexístranse entre a poboación de 16 a 24 anos e a de 25 a 39 anos, nos
que a porcentaxe que nos tres últimos meses realizou algunha compra por
este medio foi do 56,67% e do68,61%,
respectivamente.
Persoas que usaron internet nos últimos 3 meses e compraron por
internet por momento último de compra. Galicia. Ano
2022
Unidade: porcentaxe (%)
| Variable | Nos últimos 3 meses | Hai máis de 3 meses e menos de 1 ano |
|---|---|---|
| Home | 45,27 | 11,91 |
| Muller | 49,22 | 9,16 |
| De 16 a 24 anos | 56,67 | 11,68 |
| De 25 a 39 anos | 68,61 | 12,82 |
| De 40 a 54 anos | 54,09 | 11,38 |
| De 55 ou máis anos | 22,67 | 7,70 |
| Total | 47,26 | 10,52 |
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga
da táboa)
Nota: os datos fan referencia á poboación de
16 ou máis anos que usou internet nos últimos 3 meses
Entre os bens e servizos mercados máis habitualmente a través de
Internet figuran Roupa, zapatos ou accesorios; o
68,17% das persoas de 16 ou máis anos que realizaron
compras por internet mercaron este produto. A continuación atópanse os
Mobles, accesorios para o fogar ou produtos de xardineríaco24,98%,
Entregas de restaurantes, cadeas de comida rápidaco
22,27% e
Artigos deportivos (agás roupa deportiva)co21,52%.
Tipoloxía de compras efectuadas por internet no último ano.
Galicia
Unidade: porcentaxe (%)
| Tipoloxía | 2022 |
|---|---|
| Alimentos ou bebidas de tendas ou supermercados | 13,42 |
| Artigos deportivos (agás roupa deportiva) | 21,52 |
| Bicicletas, automóbiles ou outros vehículos ou as súas pezas de reposto | 7,37 |
| Cosméticos, produtos de beleza ou benestar | 16,78 |
| Entregas de restaurantes, cadeas de comida rápida | 22,27 |
| Equipamento electrónico ou electrodomésticos | 13,96 |
| Libros, revistas ou xornais en formato físico | 21,41 |
| Medicamentos ou suplementos dietéticos | 6,61 |
| Mobles, accesorios para o fogar ou produtos de xardinería | 24,98 |
| Música en formato físico | 4,03 |
| Ordenadores, tablets, teléfonos móbiles ou accesorios | 20,95 |
| Películas ou series en formato físico | 2,73 |
| Produtos de limpeza ou hixiene persoal | 8,38 |
| Roupa, zapatos ou accesorios | 68,17 |
| Xoguetes para nenos ou artigos para o coidado de nenos | 17,82 |
| Outros | 1,78 |
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga
da táboa)
Nota: os datos fan referencia á poboación de
16 ou máis anos que usou internet nos últimos 3 meses e comprou por
internet no último ano
No ano 2022, en Galicia o71,10% das persoas de
16 ou máis anos proporcionaron datos persoais por internet (nome, data
de nacemento, número de documento de identidade) e o 61,51%
proporcionou detalles de pago (número de tarxeta de crédito ou de conta
bancaria).
Persoas que proporcionaron datos persoais por internet nos
últimos 12 meses segundo o nivel de estudos. Galicia. Ano
2022
Unidade: porcentaxe (%)
| Primeira etapa de educación secundaria e inferior | Segunda etapa de educación secundaria e educación postsecundaria non superior | Educación superior | Total | |
|---|---|---|---|---|
| Datos persoais (nome, data de nacemento, número de documento de identidade) | 51,73 | 78,60 | 87,15 | 71,10 |
| Detalles de pago (número de tarxeta de crédito ou de conta bancaria) | 38,35 | 68,21 | 82,08 | 61,51 |
| Información de contacto (enderezo, número de teléfono, correo electrónico) | 51,55 | 78,53 | 87,37 | 71,09 |
| Outra información persoal (conversacións privadas, fotos persoais, localización actual, información relativa á saúde, ocupación, ingresos…) | 24,13 | 32,66 | 36,58 | 30,73 |
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga
da táboa)
Nota: os datos fan referencia á poboación de
16 ou máis anos que usou internet nos últimos 12 meses
Por outra parte, no ano 2022 o 52,41% das
persoas de 16 e máis anos residentes en Galicia sufriron incidentes de
seguridade en internet nos últimos 12 meses. Segundo a idade, as
porcentaxes máis altas están nos grupos de idade de 25 a 39 anos e de 16
a 24 anos.
Persoas que sufriron incidentes de seguridade en internet nos
últimos 12 meses segundo idade. Galicia. Ano 2022
Unidade: porcentaxe (%)
| Idade | 2022 |
|---|---|
| De 16 a 24 anos | 57,68 |
| De 25 a 39 anos | 59,62 |
| De 40 a 54 anos | 56,71 |
| De 55 a 64 anos | 46,50 |
| De 65 ou máis anos | 35,04 |
| Total | 52,41 |
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga
da táboa)
Nota: os datos fan referencia á poboación de
16 ou máis anos que usou internet nos últimos 12 meses
Ademais, o 56,71% das persoas de 16 e máis anos
residentes en Galicia actualizan periodicamente algún dos seus produtos
de seguridade informática (actualizar antivirus, descargar
actualizacións do teléfono móbil,..), mentres que o 26,54%
non o fai ou non usa antivirus.
Persoas que actualizan algún dos seus produtos de seguridade
informática (actualizar antivirus, descargar actualizacións do teléfono
móbil,..) segundo idade. Galicia. Ano 2022
Unidade: porcentaxe (%)
| Actualización | De 16 a 24 anos | De 25 a 39 anos | De 40 a 54 anos | De 55 a 64 anos | De 65 ou máis anos | Total |
|---|---|---|---|---|---|---|
| Si, periodicamente (automática ou manualmente) | 67,25 | 66,96 | 61,99 | 47,22 | 33,10 | 56,71 |
| Si, ocasionalmente ou cando se acorda | 18,37 | 16,12 | 18,62 | 16,08 | 12,94 | 16,75 |
| Non, non o fai ou non usa antivirus | 14,38 | 16,91 | 19,40 | 36,70 | 53,97 | 26,54 |
| Total | 100,00 | 100,00 | 100,00 | 100,00 | 100,00 | 100,00 |
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga
da táboa)
Nota: os datos fan referencia á poboación de
16 ou máis anos que usou internet nos últimos 12 meses
En 2022 un total de 1.444.863 persoas de 16
ou máis anos relacionáronse coas administracións públicas a través de
internet. Isto supón que o 70,96% do total da poboación que
realizou xestións ante as administracións ou organismos públicos o fixo
a través da rede, porcentaxe que en 2018 era do
51,21%.
Os principais servizos polos que interactuaron coas administracións públicas a través da rede foron: facer xestións sanitarias (pedir citas, solicitar tarxeta, cambios de médico…) e facer a declaración da renda.
Servizos e actividades utilizados nas relacións por internet
ante as administracións ou os organismos públicos durante os últimos 12
meses. Galicia
Unidade: porcentaxe (%)
| Servizos e actividades | 2008 | 2013 | 2018 | 2022 |
|---|---|---|---|---|
| Acceso a bibliotecas públicas (consulta de fondos…) | 11,52 | 15,49 | 8,22 | 6,79 |
| Declaración da renda e pago doutros impostos e taxas (IBI, imposto sobre vehículos de tracción mecánica…) | .. | .. | 50,32 | 41,24 |
| Petición e entrega de certificados (incluído Rexistro Civil) | 15,95 | 12,41 | 8,26 | 11,91 |
| Tramitación ante oficinas de emprego (enviar currículo, responder ofertas…) | 8,60 | 21,25 | 10,34 | 14,67 |
| Tramitación de beneficios sociais (axudas por fillos, bolsas, prestación de desemprego…) | 11,22 | 15,33 | 10,65 | 10,30 |
| Tramitación de documentos persoais (carné de conducir, pasaporte…) | 10,15 | 19,93 | 18,78 | 13,37 |
| Trámites agrogandeiros e forestais (permiso para queimas, movementos de gando, obtención de crotais…) | .. | .. | 4,94 | 4,71 |
| Xestións con centros educativos non universitarios (controis de asistencia dos fillos, titorías…) | .. | .. | 13,53 | 18,73 |
| Xestións sanitarias (pedir citas, solicitar tarxeta, cambios de médico…) | 55,48 | 64,24 | 72,80 | 86,24 |
| Xestións universitarias (matricularse, consultar notas, calendario de exames…) | 18,75 | 20,60 | 12,21 | 9,31 |
| Xestións vinculadas con actividades de xuventude, albergues… | .. | .. | 3,03 | 3,04 |
| Outros | .. | .. | 7,13 | 3,80 |
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga
da táboa)
Nota: os datos fan referencia á poboación de
16 ou máis anos que usou internet nas xestións ante as administracións
ou organismos públicos nos últimos 12 meses
Entre os sete grandes concellos de Galicia, o
Concello de Pontevedra é o que ten unha porcentaxe máis
alta de persoas que usan o teléfono móbil cun 90,96%. O
concello que conta cunha maior porcentaxe de persoas de 5 ou máis anos
que usaron ordenador no último mes é o
Concello de Santiago de Compostela, cun
78,33%. No outro extremo atópase o
Concello de Lugo cun 64,75%.
No 2022, o 95,02% dos fogares do
Concello de Santiago de Compostela contan con conexión a
internet. Ségueno o Concello de Vigo e o
Concello de Pontevedra cun 92,54% e
92,29%, respectivamente.
No Concello de Pontevedra o 90,04% da
poboación de 5 ou máis anos conectouse a internet no último mes. No
tocante ás compras por internet, o 56,48% dos cidadáns do
Concello de Ourense de 16 ou máis anos que se conectaron a
internet nos últimos 3 meses realizaron algunha compra por este medio
nos últimos tres meses.
Novas tecnoloxías. Grandes concellos. Ano 2022
Unidade: porcentaxe (%)
| Variable | Concello da Coruña | Concello de Santiago de Compostela | Concello de Ferrol | Concello de Lugo | Concello de Ourense | Concello de Pontevedra | Concello de Vigo |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Persoas que usan móbil | 89,37 | 89,62 | 82,50 | 86,41 | 89,06 | 90,96 | 89,62 |
| Persoas que usaron ordenador no último mes | 74,60 | 78,33 | 66,68 | 64,75 | 68,50 | 74,02 | 74,35 |
| Persoas que se conectaron a internet no último mes | 86,89 | 89,90 | 79,32 | 82,71 | 84,73 | 90,04 | 87,32 |
| Persoas que realizaron algunha compra por internet nos últimos 3 meses | 54,78 | 56,24 | 48,72 | 42,43 | 56,48 | 54,50 | 46,20 |
| Fogares con conexión a internet | 89,82 | 95,02 | 81,91 | 87,15 | 89,36 | 92,29 | 92,54 |
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa: móbil,ordenador,internet,compras
e conexión
a internet)
Nota: os datos de móbil, ordenador e
conexión a internet fan referencia á poboación de 5 ou máis anos e os de
compras por internet fan referencia á poboación de 16 e máis anos que se
conectou a internet nos últimos 3 meses