A Enquisa estrutural a fogares (EEF) é unha actividade estatística anual dirixida aos fogares galegos co obxecto de obter información sobre as súas características socioeconómicas. Consta de dúas partes: unha primeira de carácter xeral que se repite todos os anos, deseñada para recoller información sobre variables básicas, e unha segunda de carácter específico.
No ano 2023 un dos módulos específicos está dedicado ao
coñecemento e uso da lingua galega. Neste módulo analízanse, entre
outras cousas, o grao de coñecemento do idioma galego nas súas distintas
formas (oral e escrito) e o seu uso en distintos ámbitos sociais.
No ano 2023 o 51,28% dos galegos e das galegas
de 5 ou máis anos manifesta que sabe falar o galego moito, o
32,11% bastante e o 16,60% pouco ou nada.
Entre a poboación menor de 15 anos, a porcentaxe de persoas que saben
falar pouco ou nada o galego sitúase no 32,44%, mentres que
entre a poboación de 65 ou máis anos sitúase no 11,73%.
Persoas que saben falar galego por idade. Galicia. Ano
2023
Unidade: porcentaxe (%)
| Idade | Total | Moito | Bastante | Pouco ou nada |
|---|---|---|---|---|
| Total | 100 | 51,28 | 32,11 | 16,60 |
| De 5 a 14 anos | 100 | 27,43 | 40,13 | 32,44 |
| De 15 a 29 anos | 100 | 54,68 | 29,84 | 15,48 |
| De 30 a 49 anos | 100 | 55,12 | 26,54 | 18,35 |
| De 50 a 64 anos | 100 | 53,56 | 31,36 | 15,08 |
| De 65 ou máis anos | 100 | 51,13 | 37,14 | 11,73 |
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Coñecemento e uso do
galego (descarga
da táboa)
Nota: os datos fan referencia á poboación de
5 ou máis anos. Non se inclúe a poboación que non pode falar un idioma
por enfermidade ou discapacidade.
A familia segue a ser a principal vía de aprendizaxe do idioma galego. O
79,10% dos galegos e das galegas aprendeu a falar o galego
neste ámbito, pero ao cinxirse á poboación menor de 50 anos a escola
supera á familia como medio de aprendizaxe: o 83,27% das
persoas de 30 a 49 anos aprendeu o galego na escola e no grupo de 5 a 29
anos a porcentaxe é aínda maior (sitúase no 95,74%).
Persoas segundo os medios polos que aprenderon a falar en galego
por idade. Galicia. Ano 2023
Unidade:
porcentaxe (%)
| Idade | Familia | Escola | Amigos, veciños | Traballo | Outros |
|---|---|---|---|---|---|
| Total | 79,10 | 56,68 | 39,57 | 12,07 | 8,95 |
| De 5 a 29 anos | 64,18 | 95,74 | 26,13 | 3,53 | 3,64 |
| De 30 a 49 anos | 76,57 | 83,27 | 40,19 | 17,18 | 10,41 |
| De 50 a 64 anos | 82,99 | 45,57 | 43,92 | 15,75 | 11,71 |
| De 65 ou máis anos | 90,18 | 8,84 | 45,95 | 10,69 | 9,36 |
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Coñecemento e uso do
galego (descarga
da táboa)
Nota: os datos fan referencia á poboación de
5 ou máis anos que sabe falar galego. “Outros” fai referencia a
“Cursos”, “De xeito autodidacta” e “Radio e televisión galegas”. A
incidencia calcúlase, para cada grupo de idade, como a porcentaxe de
persoas que aprenderon a falar en galego por ese medio sobre o total de
persoas que saben falar en galego dese grupo de idade.
En 2023 o 24,37% da poboación de Galicia fala
sempre en galego. Esta porcentaxe é inferior á rexistrada hai 5 anos en
6,2 puntos.
A porcentaxe de poboación que fala máis galego que castelán
aumentou 0,14 puntos respecto ao ano
2018 ata situarse no 21,86%; tamén aumentou a
porcentaxe dos que falan máis castelán que galego: 23,32%
en 2018 e 24,11% en 2023. Con
todo, a categoría que máis subiu entre 2018 e 2023 foi a das persoas que
falan en castelán sempre, situándose no 29,66% dos e das
residentes en Galicia, 5,26 puntos porcentuais
máis que en 2018.
Evolución da porcentaxe de persoas segundo a lingua na que falan
habitualmente. Galicia
Unidade: porcentaxe (%)
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Coñecemento e uso do
galego (descarga
da táboa)
Nota: os datos fan referencia á poboación de
5 ou máis anos. Non se inclúe a poboación que non pode falar un idioma
na actualidade por enfermidade ou discapacidade. Non se inclúe “Outras
situacións” (“Galego/castelán e outras linguas” e “Outras
linguas/linguaxe de signos”) por falta de tamaño de mostra.
O uso do galego é desigual dependendo da idade da poboación. Deste
xeito, o 40,34% das persoas de 65 ou máis anos fala
habitualmente só en galego e un 27,58% utiliza máis o
galego que o castelán. Pola contra, entre os rapaces e as rapazas de 5 a
14 anos, o 7,04% habitualmente sempre fala en galego, o
9,15% máis en galego que en castelán e o
83,81% restante utiliza sempre o castelán ou máis castelán
que galego.
Persoas segundo a lingua na que falan habitualmente por idade.
Galicia. Ano 2023
Unidade: porcentaxe
(%)
| Idade | En galego sempre | Máis galego ca castelán | Máis castelán ca galego | En castelán sempre |
|---|---|---|---|---|
| Total | 24,37 | 21,86 | 24,11 | 29,66 |
| De 5 a 14 anos | 7,04 | 9,15 | 30,14 | 53,67 |
| De 15 a 29 anos | 11,97 | 16,21 | 28,81 | 43,01 |
| De 30 a 49 anos | 17,68 | 20,31 | 29,10 | 32,91 |
| De 50 a 64 anos | 26,99 | 24,81 | 23,78 | 24,41 |
| De 65 ou máis anos | 40,34 | 27,58 | 15,15 | 16,93 |
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Coñecemento e uso do
galego (descarga
da táboa)
Nota: os datos fan referencia á poboación de
5 ou máis anos. Non se inclúe a poboación que non pode falar un idioma
na actualidade por enfermidade ou discapacidade. Non se inclúe “Outras
situacións”: “Galego/castelán e outras linguas” e “Outras
linguas/linguaxe de signos” por falta de tamaño de mostra.
No tocante á lingua habitual de escritura, o castelán segue a ser a
lingua máis utilizada polas persoas que viven en Galicia. A porcentaxe
de poboación que habitualmente escribe en galego é do
15,33%.
Persoas segundo a lingua na que escriben habitualmente. Galicia.
Ano 2023
Unidade: porcentaxe (%)
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Coñecemento e uso do
galego (descarga
da táboa)
Nota: os datos fan referencia á poboación de
5 ou máis anos. Non se inclúe a poboación que non sabe ou non pode
escribir na actualidade. “Outras situacións” inclúe “Galego/castelán e
outras linguas” e “Outras linguas”.
Ao comparar os datos segundo a lingua na que falan habitualmente,
obsérvase que entre as persoas que sempre falan en galego, o
38,62% escribe habitualmente na mesma lingua e o
61,38% faino en castelán.
Persoas segundo a lingua na que escriben habitualmente por
lingua na que falan habitualmente. Galicia. Ano
2023
Unidade: porcentaxe (%)
| Lingua na que falan | Total | Galego | Castelán |
|---|---|---|---|
| Total | 100 | 15,75 | 84,25 |
| En galego sempre | 100 | 38,62 | 61,38 |
| Máis galego ca castelán | 100 | 27,75 | 72,25 |
| Máis castelán ca galego | 100 | 2,04 | 97,96 |
| En castelán sempre | 100 | 0,34 | 99,66 |
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Coñecemento e uso do
galego (descarga
da táboa)
Nota: os datos fan referencia á poboación de
5 ou máis anos. Non se inclúe a poboación que non sabe ou non pode
escribir na actualidade nin a que non pode falar un idioma na
actualidade. Non se inclúe “Outras situacións” (“Galego/castelán e
outras linguas” e “Outras linguas/linguaxe de signos”) por falta de
tamaño de mostra.
O 38,42% da poboación de Galicia que ten fillos ou fillas
fálalles en galego sempre, o 35,49% sempre en castelán, o
13,75% máis castelán que galego e o 10,49%
máis galego que castelán. No tocante aos fillos e ás fillas, cabe
destacar que arredor do 32% fala sempre en galego cos seus
proxenitores e arredor do 43% sempre en castelán.
Persoas segundo a lingua na que falan no ámbito familiar.
Galicia. Ano 2023
Unidade: porcentaxe
(%)
| Ámbito familiar | En galego sempre | Máis galego ca castelán | Máis castelán ca galego | En castelán sempre | Outras situacións |
|---|---|---|---|---|---|
| Nai | 32,16 | 8,22 | 12,93 | 43,40 | 3,29 |
| Pai | 30,79 | 9,02 | 13,04 | 43,70 | 3,44 |
| Avós | 30,36 | 10,16 | 14,99 | 40,61 | 3,88 |
| Fillos | 38,42 | 10,49 | 13,75 | 35,49 | 1,84 |
| Irmáns | 38,42 | 8,32 | 11,19 | 38,99 | 3,09 |
| Parella | 38,49 | 8,98 | 12,28 | 38,12 | 2,13 |
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Coñecemento e uso do
galego (descarga
da táboa)
Nota: os datos fan referencia á poboación de
5 ou máis anos. O uso do galego cos fillos, coas fillas e coa parella
fai referencia á poboación de 16 ou máis anos. Non se inclúe a poboación
que non pode falar un idioma na actualidade por enfermidade ou
discapacidade. “Outras situacións” inclúe: “Castelán/galego e outras
linguas” e “Outras linguas/linguaxe de signos”.
No referente ao ámbito laboral, o 22,41% das persoas
ocupadas de Galicia fala sempre en galego cos compañeiros e coas
compañeiras de traballo e o 21,53% utiliza máis galego que
castelán. A porcentaxe das persoas que falan sempre en galego ou máis
galego que castelán cos seus superiores sitúase no 39,11%.
Persoas segundo a lingua na que falan no ámbito laboral.
Galicia. Ano 2023
Unidade: porcentaxe
(%)
| Ámbito laboral | En galego sempre | Máis galego ca castelán | Máis castelán ca galego | En castelán sempre |
|---|---|---|---|---|
| Compañeiros de traballo | 22,41 | 21,53 | 24,31 | 31,76 |
| Persoal ao seu cargo | 21,46 | 20,49 | 25,86 | 32,19 |
| Superiores | 19,95 | 19,16 | 23,17 | 37,73 |
| Clientes | 15,90 | 27,09 | 30,34 | 26,67 |
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Coñecemento e uso do
galego (descarga
da táboa)
Nota: os datos fan referencia á poboación de
16 ou máis anos que ten traballo na actualidade en Galicia. Non se
inclúe a poboación que non pode falar un idioma na actualidade por
enfermidade ou discapacidade. Non se inclúe “Outras situacións”
(“Galego/castelán e outras linguas” e “Outras linguas/linguaxe de
signos”) por falta de tamaño de mostra.
No ámbito educativo a utilización de ambos idiomas, galego e castelán, é
bastante parella: o 56,63% das persoas que estudan en
Galicia recibe a mesma proporción de clases en galego que en castelán.
Agora ben, se diferenciamos pola idade da persoa e, por conseguinte, por
nivel educativo, esta porcentaxe cambia: sobe ata o 67,09%
para a poboación de 5 a 16 anos, pero baixa ata o 40,26%
entre a poboación de 17 ou máis anos. Este colectivo recibe o
43,93% das clases en castelán ou maioritariamente neste
idioma.
Persoas que estudan en Galicia segundo a lingua na que reciben
as clases por idade. Ano 2023
Unidade:
porcentaxe (%)
| Lingua | Total | De 5 a 16 anos | De 17 ou máis anos |
|---|---|---|---|
| Total | 100,00 | 100,00 | 100,00 |
| Todas en galego | 0,98 | 0,90 | 1,12 |
| Maioritariamente en galego | 12,91 | 11,76 | 14,70 |
| Igual en galego ca castelán | 56,63 | 67,09 | 40,26 |
| Maioritariamente en castelán | 26,00 | 18,29 | 38,06 |
| Todas en castelán | 3,49 | 1,96 | 5,87 |
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Coñecemento e uso do
galego (descarga
da táboa)
Nota: os datos fan referencia á poboación de
5 ou máis anos que recibe ensino regrado na actualidade en Galicia. Non
se inclúe a poboación que non recibe clases en galego nin en castelán.
Non se inclúen as materias de idiomas (galego, castelán) nin as
recibidas en idioma distinto de galego e castelán.
Segundo se desprende da enquisa, o 18,57% da poboación
galega de 16 ou máis anos ve a televisión sempre en galego ou máis en
galego que en castelán, aínda que hai un 34,41% que sempre
a ve en castelán. Á hora de escoitar a radio, o 15,13%
faino sempre en galego ou maioritariamente en galego.
O uso do galego está menos estendido noutros medios de comunicación. O
55,38% dos e das residentes en Galicia de 16 ou máis anos
sempre le a prensa en castelán e o 56,42% só le libros en
castelán.
Tamén o castelán é a lingua máis empregada no emprego das redes sociais
e de internet: o 57,45% navega pola rede sempre neste
idioma; o 60,26% emprégao sempre nas redes sociais; o
68,06% só ve contidos audiovisuais en castelán; este é o
único idioma empregado polo 74,85% das persoais enquisadas
para o uso da banca electrónica e do 62,60% das persoas nas
súas comuninacións electrónicas coa administración.
Persoas segundo a lingua que utilizan nos medios de comunicación
e en internet. Galicia. Ano 2023
Unidade:
porcentaxe (%)
| Medios | En galego sempre | Máis galego ca castelán | Máis castelán ca galego | En castelán sempre |
|---|---|---|---|---|
| Ver a televisión | 3,13 | 15,44 | 47,01 | 34,41 |
| Escoitar a radio | 3,35 | 11,78 | 41,13 | 43,74 |
| Ler a prensa | 0,68 | 3,86 | 40,08 | 55,38 |
| Ler libros | 0,72 | 4,07 | 38,79 | 56,42 |
| Navegar por internet | 0,71 | 6,01 | 35,83 | 57,45 |
| Redes sociais | 4,75 | 12,68 | 22,31 | 60,26 |
| Ver contidos audiovisuais | 0,73 | 2,86 | 28,35 | 68,06 |
| Ler periódicos galegos por internet | 4,68 | 6,89 | 26,98 | 61,45 |
| Usar a banca electrónica | 5,96 | 5,35 | 13,84 | 74,85 |
| Usar a administración electrónica | 5,93 | 11,81 | 19,66 | 62,60 |
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Coñecemento e uso do
galego (descarga
da táboa)
Nota: os datos fan referencia á poboación de
16 ou máis anos que realiza esa actividade. Non se inclúe “Outras
situacións” (“Galego/castelán e outras linguas” e “Outras
linguas/linguaxe de signos”) por falta de tamaño de mostra.
En 2023, no 17,29% dos fogares galegos todos
os seus membros de 5 ou máis anos falaban habitualmente só en galego.
Esta porcentaxe diminuíu 5,41 puntos respecto ao ano
2018. Porén, falaban habitualmente só en castelán no 18,82%
dos fogares galegos, 4,42 puntos máis ca en 2018.
Evolución da porcentaxe de fogares nos que todos os seus membros
de 5 ou máis anos falan habitualmente só en castelán ou só en galego.
Galicia
Unidade: porcentaxe (%)
| Lingua | 2003 | 2008 | 2013 | 2018 | 2023 |
|---|---|---|---|---|---|
| Só en castelán | 11,40 | 13,53 | 14,70 | 14,40 | 18,82 |
| Só en galego | 35,04 | 24,32 | 22,21 | 22,70 | 17,29 |
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Coñecemento e uso do
galego (descarga da táboa para o galego
e para o castelán)
Nota: non se inclúe a poboación que non pode falar un idioma na
actualidade por enfermidade ou discapacidade. A incidencia calcúlase
como a porcentaxe de fogares nos que todos os seus membros de 5 ou máis
anos falan habitualmente só castelán ou só galego sobre o total de
fogares de Galicia.
A porcentaxe de fogares nos que todos os seus membros de 5 ou máis anos
falan habitualmente só galego é maior nos concellos pequenos que nos
grandes. Así, nos concellos con menos de 10.000 habitantes esta
porcentaxe ascende ao 34,69%; pola contra, nos concellos de
máis de 50.000 habitantes baixa ao 4,92%.
Fogares nos que todos os seus membros de 5 ou máis anos falan
habitualmente só galego por tamaño de municipio. Galicia. Ano
2023
Unidade: número de fogares,
porcentaxe (%)
| Tamaño | Número | Incidencia |
|---|---|---|
| Total | 186.112 | 17,29 |
| Menos de 10.000 habitantes | 103.788 | 34,69 |
| Entre 10.000 e 20.000 habitantes | 40.078 | 19,67 |
| Entre 20.000 e 50.000 habitantes | 22.202 | 13,34 |
| Máis de 50.000 habitantes | 20.044 | 4,92 |
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Coñecemento e uso do
galego (descarga
da táboa)
Nota: non se inclúe a poboación que non pode
falar un idioma na actualidade por enfermidade ou discapacidade. A
incidencia calcúlase, para cada categoría e Galicia, como a porcentaxe
de fogares nos que todos os seus membros de 5 ou máis anos falan
habitualmente só galego sobre o total de fogares desa categoría e
Galicia.
O 33,47% da poboación galega de 16 ou máis anos considera
que na actualidade se fala pouco ou nada o galego. Esta porcentaxe é
maior na provincia de Pontevedra, cun valor de 39,15%. No
outro extremo atópase a provincia de Lugo, onde a porcentaxe baixa ata o
22,75%.
Por outra banda, o 25,87% da poboación galega considera que
na actualidade se fala máis galego que hai 5 anos, para o
49,02% a percepción do uso do galego non variou neste
intervalo de tempo e, finalmente, o 25,12% restante cre que
se fala menos galego que no ano 2018.
Persoas segundo a percepción de uso do galego na actualidade.
Galicia e provincias. Ano 2023
Unidade:
porcentaxe (%)
| Uso | Galicia | A Coruña | Lugo | Ourense | Pontevedra |
|---|---|---|---|---|---|
| Total | 100,00 | 100,00 | 100,00 | 100,00 | 100,00 |
| Moito | 7,86 | 9,92 | 7,03 | 12,93 | 4,03 |
| Bastante | 26,55 | 27,84 | 32,36 | 29,66 | 21,96 |
| Normal | 32,12 | 29,37 | 37,86 | 27,72 | 34,86 |
| Pouco ou nada | 33,47 | 32,87 | 22,75 | 29,69 | 39,15 |
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Coñecemento e uso do
galego (descarga
da táboa)
Nota: os datos fan referencia á poboación de
16 ou máis anos.
As áreas da Coruña suroriental e da Costa da morte son as que presentan
maiores porcentaxes de poboación que fala habitualmente en galego sempre
ou máis galego que castelán, cun 82,97% e un
84,92%. No outro extremo atópanse a área de Vigo, cun
20,13%, a área da Coruña, cun 25,04%, e a área
de Ferrol-Eume-Ortegal, cun 28,39%.
Persoas que falan habitualmente en galego sempre ou máis galego
que castelán. Áreas. Ano 2023
Unidade:
porcentaxe (%)