Principais resultados

1 Introdución

O Directorio de empresas e unidades locais recolle as empresas con sede en Galicia e as empresas con sede social no resto de España, pero que exercen unha ou varias actividades económicas no noso territorio.

O Regulamento (CEE) núm. 177/2008 do Parlamento Europeo e do Consello establece que nos rexistros de empresas se deberán incluír todas as empresas que exerzan unha actividade económica que contribúa ao Produto Interior Bruto (PIB) e as súas unidades locais. Para adaptarse a este regulamento, o Directorio de empresas e unidades locais do Instituto Galego de Estatística (IGE) inclúe a partir de 2014 as actividades económicas das seccións A (agricultura, gandería, caza, silvicultura e pesca) e O (administración pública, defensa e seguridade social obrigatoria) da Clasificación Nacional de Actividades Económicas (CNAE-2009).

Non obstante, non se consideran as empresas nin as unidades locais con actividade principal pertencentes ás seguintes seccións da CNAE-2009:

Con carácter xeral, o directorio ten como data de referencia o día 1 de xaneiro de cada ano.

Coa entrada en vigor do Regulamento EBS 2019/2152 da Comisión Europea e do seu Acto de Implementación 2020/1197, no directorio do ano anterior (2023) introducíronse cambios metodolóxicos para aproximarse á nova definición de empresa economicamente activa. Como consecuencia, o cómputo de empresas activas na explotación estatística do Directorio de Empresas e Unidades Locais de Galicia vese alterado a partir do ano 2023, polo que os datos resultantes non son comparables cos dos anos anteriores.

2 Empresas activas segundo a sede social

Segundo a Explotación estatística do directorio de empresas e unidades locais que elabora o IGE, durante o ano 2023 o número de empresas economicamente activas en Galicia diminuíu un 0,39% con respeto ao ano anterior, situándose nas 234.066 empresas o día 1 de xaneiro de 2024.

Número de empresas activas en Galicia segundo o sector de actividade. Ano 2024
Unidade: número de empresas
Actividade económica Fóra de Galicia Galicia Total
Total 4.609 229.457 234.066
  • Agricultura e pesca
50 35.237 35.287
  • Industria, incluida a enerxía
365 12.487 12.852
  • Construción
332 26.374 26.706
  • Servizos
3.862 155.359 159.221
Fonte: IGE. Directorio de empresas e unidades locais (descarga da táboa).

O 98,03% das empresas teñen a súa sede social en Galicia e o 1,97% fóra da comunidade.

Número de empresas activas en Galicia segundo a sede social
Unidade: número de empresas, porcentaxe
Ámbito xeográfico 2023 2024 Variación absoluta Variación relativa
Fóra de Galicia 4.479 4.609 130 2,90
Galicia 230.501 229.457 -1.044 -0,45
A Coruña 93.688 93.353 -335 -0,36
Lugo 33.861 33.282 -579 -1,71
Ourense 24.816 24.644 -172 -0,69
Pontevedra 78.136 78.178 42 0,05
Fonte: IGE. Directorio de empresas e unidades locais (descarga da táboa).

3 Empresas activas segundo a personalidade xurídica

A persoa física é a personalidade xurídica máis habitual no tecido empresarial galego cun 62,41% das empresas economicamente activas con actividade en Galicia. En segundo lugar, as sociedades limitadas, cun 27,54%.

Distribución das empresas activas con actividade en Galicia segundo a súa personalidade xurídica. Ano 2024
Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Directorio de empresas e unidades locais (descarga da táboa)

A distribución das empresas segundo a personalidade xurídica varía por sectores de actividade. No primario (agricultura e pesca), o 82,89% das empresas economicamente activas son persoas físicas. Na industria e a enerxía esta porcentaxe baixa ata o 39,35% ; aquí, case a metade das empresas activas (o 50,23%) adoptan a forma xurídica de sociedade limitada.

Na construción o peso das persoas físicas tamén supera ao das sociedades limitadas, pero ambas porcentaxes están máis próximas que no sector primario (57,57% e 36,55%, respectivamente).

Nos servizos, o 60,55% das empresas activas corresponden a persoas físicas; o 29,03%, a sociedades limitadas; o 1,40%, a sociedades anónimas; o 0,51%, a cooperativas e o 8,51% restante adopta unha forma xurídica distinta das anteriores.

Distribución porcentual das empresas activas segundo a súa personalidade xurídica e o seu sector de actividade. Ano 2024
Unidade: porcentaxe
Actividade económica Persoas físicas Sociedades anónimas Sociedades limitadas Cooperativas Outros
Total 62,41 1,40 27,54 0,54 8,10
  • Agricultura e pesca
82,89 0,23 5,70 0,64 10,54
  • Industria, incluida a enerxía
39,35 4,95 50,23 1,00 4,48
  • Construción
57,57 1,28 36,55 0,38 4,21
  • Servizos
60,55 1,40 29,03 0,51 8,51
Fonte: IGE. Directorio de empresas e unidades locais (descarga da táboa).

4 Empresas activas segundo a actividade principal

Atendendo á actividade principal segundo a CNAE-2009, o 18,49% das empresas economicamente activas dedícanse a actividades de comercio e reparacións. Séguenlle en importancia as empresas dedicadas á agricultura, gandaría, silvicultura e pesca (15,08%) e á construción (11,41%).

Número de empresas activas en Galicia segundo a actividade principal (seccións da CNAE-2009). Ano 2024
Unidade: número de empresas, porcentaxe
Actividade económica Número de empresas Porcentaxe
Total 234.066 100,00
A AGRICULTURA, GANDARÍA, SILVICULTURA E PESCA 35.287 15,08
B INDUSTRIAS EXTRACTIVAS 176 0,08
C INDUSTRIA MANUFACTUREIRA 11.939 5,10
D FORNECEMENTO DE ENERXÍA ELÉCTRICA, GAS, VAPOR E AIRE ACONDICIONADO 443 0,19
E FORNECEMENTO DE AUGA, ACTIVIDADES DE SANEAMENTO, XESTIÓN DE RESIDUOS E DESCONTAMINACIÓN 294 0,13
F CONSTRUCIÓN 26.706 11,41
G COMERCIO POR XUNTO E AO RETALLO; REPARACIÓN DE VEHÍCULOS DE MOTOR E MOTOCICLETAS 43.287 18,49
H TRANSPORTE E ALMACENAMENTO 12.018 5,13
I HOSTALARÍA 18.550 7,93
J INFORMACIÓN E COMUNICACIÓNS 3.591 1,53
K ACTIVIDADES FINANCEIRAS E DE SEGUROS 4.830 2,06
L ACTIVIDADES INMOBILIARIAS 7.681 3,28
M ACTIVIDADES PROFESIONAIS, CIENTÍFICAS E TÉCNICAS 23.561 10,07
N ACTIVIDADES ADMINISTRATIVAS E SERVIZOS AUXILIARES 7.872 3,36
O ADMINISTRACIÓN PÚBLICA E DEFENSA; SEGURANZA SOCIAL OBRIGATORIA 455 0,19
P EDUCACIÓN 7.739 3,31
Q ACTIVIDADES SANITARIAS E DE SERVIZOS SOCIAIS 9.499 4,06
R ACTIVIDADES ARTÍSTICAS, RECREATIVAS E DE ENTRETEMENTO 6.968 2,98
S OUTROS SERVIZOS 13.170 5,63
Fonte: IGE. Directorio de empresas e unidades locais (descarga da táboa).

5 Empresas activas segundo o estrato de asalariados

O día 1 de xaneiro de 2024 había en Galicia un total de 153.951 empresas activas sen asalariados, o que supón aproximadamente o 65,77% do total. Ademais, 42.583 empresas activas contaba con un ou dous asalariados (o 18,19% do total). As empresas activas con polo menos 20 asalariados representan o 2,33% do total.

As porcentaxes máis altas de empresas activas con ningún, un ou dous asalariados obsérvanse no sector primario, onde o 96% teñen esta característica. No outro extremo atópase o sector industrial (incluída a enerxía), onde a porcentaxe de empresas activas que non chega a tres persoas asalariadas é do 63,2%.

Número de empresas activas en Galicia segundo o estrato de asalariados. Ano 2024
Unidade: número de empresas, porcentaxe
Estrato de asalariados Número de empresas Porcentaxe
Todos 234.066 100,00
sen asalariados 153.951 65,77
de 1 a 2 asalariados 42.583 18,19
de 3 a 5 asalariados 18.196 7,77
de 6 a 9 asalariados 8.076 3,45
de 10 a 19 asalariados 5.815 2,48
de 20 a 49 asalariados 3.479 1,49
de 50 a 99 asalariados 1.073 0,46
de 100 a 249 asalariados 597 0,26
de 250 a 499 asalariados 169 0,07
500 ou máis asalariados 127 0,05
Fonte: IGE. Directorio de empresas e unidades locais (descarga da táboa).

6 Demografía empresarial

Durante o ano 2023 o saldo empresarial total foi negativo: 19.894 empresas de alta e 20.808 de baixa. Os saldos foron positivos tanto na provincia de Pontevedra como nas empresas con sede social fóra de Galicia, con saldos a favor de 39 e 107, respectivamente.

Altas, baixas e permanencias de empresas en Galicia. Ano 2024
Unidade: número de empresas, porcentaxe
Ámbito xeográfico Altas Permanencias Baixas
Fóra de Galicia 475 4.134 368
Galicia 19.419 210.038 20.440
  • A Coruña
7.909 85.444 8.236
  • Lugo
2.304 30.978 2.871
  • Ourense
2.137 22.507 2.303
  • Pontevedra
7.069 71.109 7.030
Fonte: IGE. Directorio de empresas e unidades locais (descarga da táboa).

7 Unidades locais activas

O 42,24% das unidades locais de empresas activas en Galicia o día 1 de xaneiro de 2024 estaban situadas nalgún dos 7 grandes municipios galegos. Os concellos de Vigo e A Coruña son os que concentran un maior número de unidades locais, con 26.079 e 24.438, respectivamente.

O 3,04% das unidades locais activas empregan a 20 ou máis asalariados. Un total de 73 concellos presentan unha porcentaxe superior a esta media, salientando Carballeda de Valdeorras onde esta tipoloxía representa o 24,6%. das unidades locais.

Número de unidades locais activas (non se inclúe o sector primario nin a administración pública). Ano 2024
Unidade: número de unidades locais

Fonte: IGE. Directorio de empresas e unidades locais (descarga da táboa)

Porcentaxe de unidades locais activas con 20 ou máis asalariados/asalariadas (non se inclúe o sector primario nin a administración pública). Ano 2024
Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Directorio de empresas e unidades locais (descarga da táboa)

8 Metodoloxía, definicións, fontes e máis información

Metodoloxía

Definicións

Descarga de datos