ÍNDICE


Introdución

O Directorio de empresas e unidades locais recolle as empresas con sede en Galicia e as empresas con sede social nunha provincia non galega, pero que exercen unha ou varias actividades económicas no noso territorio.

O Regulamento (CEE) núm. 177/2008 do Parlamento Europeo e do Consello establece que nos rexistros de empresas se deberán incluír todas as empresas que exerzan unha actividade económica que contribúa ao Produto Interior Bruto (PIB) e as súas unidades locais. Para adaptarse a este regulamento, o Directorio de empresas e unidades locais do Instituto Galego de Estatística (IGE) inclúe a partir de 2014 as actividades económicas das seccións A (agricultura, gandería, caza, silvicultura e pesca) e O (administración pública, defensa e seguridade social obrigatoria) da Clasificación Nacional de Actividades Económicas (CNAE-2009).

Non obstante, non se consideran as empresas nin as unidades locais con actividade principal pertencentes ás seguintes seccións da CNAE-2009:

Con carácter xeral, o directorio ten como data de referencia o día 1 de xaneiro de cada ano.

Coa entrada en vigor do Regulamento EBS 2019/2152 da Comisión Europea e do seu Acto de Implementación 2020/1197, introducíronse cambios metodolóxicos para aproximarse á nova definición de empresa economicamente activa. Como consecuencia, o cómputo de empresas activas na explotación estatística do Directorio de Empresas e Unidades Locais de Galicia vese alterado a partir do ano 2023, polo que os datos resultantes non son comparables cos dos anos anteriores.

Empresas activas segundo a sede social

Segundo a Explotación estatística do directorio de empresas e unidades locais que elabora o IGE, o número de empresas economicamente activas en Galicia situouse en 234.980 empresas a día 1 de xaneiro de 2023.

Número de empresas activas en Galicia segundo o sector de actividade. Ano 2023
Unidade: número de empresas

Actividade económica España Galicia Total
Total 4.479 230.501 234.980
  • Agricultura e pesca
39 36.691 36.730
  • Industria, incluida a enerxía
363 12.735 13.098
  • Construción
324 26.490 26.814
  • Servizos
3.753 154.585 158.338

Fonte: IGE. Directorio de empresas e unidades locais (descarga da táboa)

Destas, o 98,09% teñen a súa sede social en Galicia e o 1,91% restante (4.479 empresas) fóra da comunidade autónoma.

Número de empresas activas en Galicia segundo a sede social
Unidade: número de empresas, %

Ámbito xeográfico 2023 Porcentaxe
España 4.479 1,91
Galicia 230.501 98,09
A Coruña 93.688 39,87
Lugo 33.861 14,41
Ourense 24.816 10,56
Pontevedra 78.136 33,25

Fonte: IGE. Directorio de empresas e unidades locais (descarga da táboa)

Empresas activas segundo a personalidade xurídica

Segundo a personalidade xurídica da empresa, a persoa física é a tipoloxía máis habitual dentro do tecido empresarial galego, xa que o 62,99% das empresas economicamente activas con actividade en Galicia pertencen a esta tipoloxía. A continuación, atópanse as sociedades limitadas, que supoñen o 26,99%.

Distribución das empresas activas con actividade en Galicia segundo a súa personalidade xurídica. Ano 2023
Unidade: porcentaxes (%)

Fonte: IGE. Directorio de empresas e unidades locais (descarga da táboa)

Cabe destacar que a distribución das empresas segundo a personalidade xurídica varía en función do sector de actividade. Deste xeito, dentro do sector primario (agricultura e pesca), o 83,54% das empresas economicamente activas son persoas físicas, mentres que para a industria e a enerxía esta porcentaxe baixa ata o 39,82%. Neste sector, case a metade das empresas activas (o 49,62%) adoptan a forma xurídica de sociedade limitada. Por outra banda, na construción o peso das persoas físicas é tamén superior ao das sociedades limitadas, pero ambas porcentaxes están máis próximas que no caso do sector primario (57,97% e 36,15%, respectivamente). Por último, no sector servizos, o 60,99% das empresas activas corresponden a persoas físicas, o 28,60% a sociedades limitadas, o 1,42% a sociedades anónimas, o 0,49% son cooperativas e o 8,50% restante adopta unha forma xurídica distinta ás tipoloxías presentadas.

Distribución porcentual das empresas activas segundo a súa personalidade xurídica e o seu sector de actividade. Ano 2023
Unidade: porcentaxes (%)

Actividade económica Persoas físicas Sociedades anónimas Sociedades limitadas Cooperativas Outros
Total 62,99 1,41 26,99 0,52 8,08
  • Agricultura e pesca
83,54 0,23 5,28 0,63 10,33
  • Industria, incluida a enerxía
39,82 4,95 49,62 1,03 4,59
  • Construción
57,97 1,29 36,15 0,35 4,24
  • Servizos
60,99 1,42 28,60 0,49 8,50

Fonte: IGE. Directorio de empresas e unidades locais (descarga da táboa)

Empresas activas segundo a actividade principal

Atendendo á actividade principal segundo a CNAE-2009, o 18,91% das empresas economicamente activas dedícanse a actividades de comercio e reparacións. Séguenlle en importancia as empresas dedicadas á agricultura, gandaría, silvicultura e pesca (15,63%) e á construción (11,41%).

Número de empresas activas en Galicia segundo a actividade principal (seccións da CNAE-2009). Ano 2023
Unidade: número de empresas, porcentaxes (%)

Actividade económica Número de empresas Porcentaxe
Total 234.980 100,00
A AGRICULTURA, GANDARÍA, SILVICULTURA E PESCA 36.730 15,63
B INDUSTRIAS EXTRACTIVAS 190 0,08
C INDUSTRIA MANUFACTUREIRA 12.165 5,18
D FORNECEMENTO DE ENERXÍA ELÉCTRICA, GAS, VAPOR E AIRE ACONDICIONADO 447 0,19
E FORNECEMENTO DE AUGA, ACTIVIDADES DE SANEAMENTO, XESTIÓN DE RESIDUOS E DESCONTAMINACIÓN 296 0,13
F CONSTRUCIÓN 26.814 11,41
G COMERCIO POR XUNTO E AO RETALLO; REPARACIÓN DE VEHÍCULOS DE MOTOR E MOTOCICLETAS 44.429 18,91
H TRANSPORTE E ALMACENAMENTO 11.886 5,06
I HOSTALARÍA 18.499 7,87
J INFORMACIÓN E COMUNICACIÓNS 3.485 1,48
K ACTIVIDADES FINANCEIRAS E DE SEGUROS 4.816 2,05
L ACTIVIDADES INMOBILIARIAS 7.466 3,18
M ACTIVIDADES PROFESIONAIS, CIENTÍFICAS E TÉCNICAS 23.434 9,97
N ACTIVIDADES ADMINISTRATIVAS E SERVIZOS AUXILIARES 7.623 3,24
O ADMINISTRACIÓN PÚBLICA E DEFENSA; SEGURANZA SOCIAL OBRIGATORIA 454 0,19
P EDUCACIÓN 7.602 3,24
Q ACTIVIDADES SANITARIAS E DE SERVIZOS SOCIAIS 9.321 3,97
R ACTIVIDADES ARTÍSTICAS, RECREATIVAS E DE ENTRETEMENTO 6.401 2,72
S OUTROS SERVIZOS 12.922 5,50

Fonte: IGE. Directorio de empresas e unidades locais (descarga da táboa)

Empresas activas segundo o estrato de asalariados

O día 1 de xaneiro de 2023 había en Galicia un total de 154.408 empresas activas sen asalariados, o que supón aproximadamente o 65,71% do total. Ademais, 43.499 empresas activas contaba con un ou dous asalariados (o 18,51% do total). As empresas activas con polo menos 20 asalariados representan o 2,23% do total.

As porcentaxes máis altas de empresas activas con ningún, un ou dous asalariados obsérvanse no sector primario, onde o 96,13% teñen esta característica. No outro extremo atópase o sector industrial (incluída a enerxía), onde a porcentaxe de empresas activas que non chega a tres persoas asalariadas é do 63,57%.

Número de empresas activas en Galicia segundo o estrato de asalariados. Ano 2023
Unidade: número de empresas, porcentaxes (%)

Estrato de asalariados Número de empresas Porcentaxe
Todos 234.980 100,00
sen asalariados 154.408 65,71
de 1 a 2 asalariados 43.499 18,51
de 3 a 5 asalariados 18.140 7,72
de 6 a 9 asalariados 7.983 3,40
de 10 a 19 asalariados 5.694 2,42
de 20 a 49 asalariados 3.372 1,44
de 50 a 99 asalariados 1.012 0,43
de 100 a 249 asalariados 596 0,25
de 250 a 499 asalariados 152 0,06
500 ou máis asalariados 124 0,05

Fonte: IGE. Directorio de empresas e unidades locais (descarga da táboa)

Unidades locais activas

O 42,31% das unidades locais de empresas activas en Galicia o día 1 de xaneiro de 2023 estaban situadas nalgún dos 7 grandes municipios galegos. Os concellos de Vigo e A Coruña son os que concentran un maior número de unidades locais, con 26.018 e 24.391, respectivamente.

O 2,93% das unidades locais activas emprezadas na comunidade autónoma de Galicia conta con 20 ou máis asalariados. Un total de 67 concellos amosan unha porcentaxe de unidades locais con 20 ou máis asalariados superior á media galega. Destaca o concello de Carballeda de Valdeorras cunha porcentaxe de unidades locais nesta tipoloxía do 24,6%.


Número de unidades locais activas (non se inclúe o sector primario nin a administración pública). Ano 2023
Unidade: número de unidades locais

Fonte: IGE. Directorio de empresas e unidades locais (descarga da táboa)



Porcentaxe de unidades locais activas con 20 ou máis asalariados/asalariadas (non se inclúe o sector primario nin a administración pública). Ano 2023
Unidade: porcentaxe (%)

Fonte: IGE. Directorio de empresas e unidades locais (descarga da táboa)

Definicións e máis información

Definicións

Máis información