Introdución

O Directorio de empresas e unidades locais recolle as empresas con sede en Galicia e as empresas con sede social nunha provincia non galega, pero que exercen unha ou varias actividades económicas no noso territorio.

O Regulamento (CEE) núm. 177/2008 do Parlamento Europeo e do Consello establece que nos rexistros de empresas se deberán incluír todas as empresas que exerzan unha actividade económica que contribúa ao Produto Interior Bruto (PIB) e as súas unidades locais. Para adaptarse a este regulamento, o Directorio de empresas e unidades locais do Instituto Galego de Estatística (IGE) inclúe a partir de 2014 as actividades económicas das seccións A (agricultura, gandería, caza, silvicultura e pesca) e O (administración pública, defensa e seguridade social obrigatoria) da Clasificación Nacional de Actividades Económicas (CNAE-2009).

Non obstante, non se consideran as empresas nin as unidades locais con actividade principal pertencentes ás seguintes seccións da CNAE-2009:

Con carácter xeral, o directorio ten como data de referencia o día 1 de xaneiro de cada ano.



Empresas segundo a sede social

Segundo a Explotación estatística do directorio de empresas e unidades locais que elabora o IGE, durante o ano 2021 o número de empresas con actividade económica en Galicia aumentou un 0,09%, situándose nas 245.728 empresas o día 1 de xaneiro de 2022.

Destas, o 98,19% teñen a súa sede social en Galicia e o 1,81% restante (4.441 empresas) fóra da comunidade autónoma.


Número de empresas en Galicia segundo o sector de actividade. Ano 2022
Unidade: número de empresas

Actividade económica España Galicia Total
Total 4.441 241.287 245.728
  • Agricultura e pesca
39 37.879 37.918
  • Industria, incluida a enerxía
359 13.594 13.953
  • Construción
308 28.961 29.269
  • Servizos
3.735 160.853 164.588

Fonte: IGE. Directorio de empresas e unidades locais (descarga da táboa)

Número de empresas en Galicia segundo a sede social
Unidade: número de empresas, %

Ámbito xeográfico 2021 2022 Variación absoluta Variación relativa (%)
España 4.256 4.441 185 4,35
Galicia 241.247 241.287 40 0,02
A Coruña 97.981 98.095 114 0,12
Lugo 36.082 35.568 -514 -1,42
Ourense 26.299 26.186 -113 -0,43
Pontevedra 80.885 81.438 553 0,68

Fonte: IGE. Directorio de empresas e unidades locais (descarga da táboa)



Empresas segundo a personalidade xurídica




Segundo a personalidade xurídica da empresa, a persoa física é a tipoloxía máis habitual dentro do tecido empresarial galego, xa que o 62,19% das empresas con actividade en Galicia pertencen a esta tipoloxía. A continuación, atópanse as sociedades limitadas, que supoñen o 27,53% das empresas con actividade na comunidade autónoma.




Cabe destacar que a distribución das empresas segundo a personalidade xurídica varía en función do sector de actividade. Deste xeito, dentro do sector primario (agricultura e pesca), o 84,50% das empresas son persoas físicas, mentres que para a industria e a enerxía esta porcentaxe baixa ata o 39,49%. Neste sector, case a metade das empresas (o 49,62%) adoptan a forma xurídica de sociedade limitada. Por outra banda, na construción o peso das persoas físicas é tamén superior ao das sociedades limitadas, pero ambas porcentaxes están máis próximas que no caso do sector primario (54,76% e 38,25%, respectivamente). Por último, no sector servizos, o 60,29% das empresas corresponden a persoas físicas, o 28,98% a sociedades limitadas, o 1,44% a sociedades anónimas, o 0,46% son cooperativas e o 8,82% restante adopta unha forma xurídica distinta ás tipoloxías presentadas.

Distribución das empresas con actividade en Galicia segundo a súa personalidade xurídica. Ano 2022
Unidade: porcentaxes (%)

Fonte: IGE. Directorio de empresas e unidades locais (descarga da táboa)


Distribución porcentual das empresas segundo a súa personalidade xurídica e o seu sector de actividade. Ano 2022
Unidade: porcentaxes (%)

Actividade económica Persoas físicas Sociedades anónimas Sociedades limitadas Cooperativas Outros
Total 62,19 1,45 27,53 0,52 8,32
  • Agricultura e pesca
84,50 0,23 4,83 0,60 9,84
  • Industria, incluida a enerxía
39,49 4,97 49,62 1,10 4,82
  • Construción
54,76 1,39 38,25 0,43 5,17
  • Servizos
60,29 1,44 28,98 0,46 8,82

Fonte: IGE. Directorio de empresas e unidades locais (descarga da táboa)



Empresas segundo a actividade principal

Atendendo á actividade principal segundo a CNAE-2009, o 19,49% das empresas dedícanse a actividades de comercio e reparacións. Séguenlle en importancia as empresas dedicadas á agricultura, gandaría, silvicultura e pesca (15,43%) e á construción (11,91%).


Número de empresas en Galicia segundo a actividade principal (seccións da CNAE-2009). Ano 2022
Unidade: número de empresas, porcentaxes (%)

Actividade económica Número de empresas Porcentaxe
Total 245.728 100,00
A AGRICULTURA, GANDARÍA, SILVICULTURA E PESCA 37.918 15,43
B INDUSTRIAS EXTRACTIVAS 226 0,09
C INDUSTRIA MANUFACTUREIRA 12.923 5,26
D FORNECEMENTO DE ENERXÍA ELÉCTRICA, GAS, VAPOR E AIRE ACONDICIONADO 486 0,20
E FORNECEMENTO DE AUGA, ACTIVIDADES DE SANEAMENTO, XESTIÓN DE RESIDUOS E DESCONTAMINACIÓN 318 0,13
F CONSTRUCIÓN 29.269 11,91
G COMERCIO POR XUNTO E AO RETALLO; REPARACIÓN DE VEHÍCULOS DE MOTOR E MOTOCICLETAS 47.901 19,49
H TRANSPORTE E ALMACENAMENTO 12.179 4,96
I HOSTALARÍA 19.362 7,88
J INFORMACIÓN E COMUNICACIÓNS 3.531 1,44
K ACTIVIDADES FINANCEIRAS E DE SEGUROS 5.158 2,10
L ACTIVIDADES INMOBILIARIAS 7.716 3,14
M ACTIVIDADES PROFESIONAIS, CIENTÍFICAS E TÉCNICAS 24.429 9,94
N ACTIVIDADES ADMINISTRATIVAS E SERVIZOS AUXILIARES 7.555 3,07
O ADMINISTRACIÓN PÚBLICA E DEFENSA; SEGURANZA SOCIAL OBRIGATORIA 453 0,18
P EDUCACIÓN 7.787 3,17
Q ACTIVIDADES SANITARIAS E DE SERVIZOS SOCIAIS 9.405 3,83
R ACTIVIDADES ARTÍSTICAS, RECREATIVAS E DE ENTRETEMENTO 6.325 2,57
S OUTROS SERVIZOS 12.787 5,20

Fonte: IGE. Directorio de empresas e unidades locais (descarga da táboa)



Empresas segundo o estrato de asalariados

O día 1 de xaneiro de 2022 había en Galicia un total de 164.436 empresas sen asalariados, o que supón aproximadamente o 66,92% do total de empresas con actividade na comunidade autónoma. Ademais, 44.416 empresas contaba con un ou dous asalariados (o 18,08% do total de empresas). As empresas con actividade en Galicia e con polo menos 20 asalariados representan o 2,06% do total de empresas.

As porcentaxes máis altas de empresas con ningún, un ou dous asalariados obsérvanse no sector primario, onde o 96,2% das empresas teñen esta característica. No outro extremo atópase o sector industrial (incluída a enerxía), onde a porcentaxe de empresas que non chega a tres persoas asalariadas é do 65,22%.


Número de empresas en Galicia segundo o estrato de asalariados. Ano 2022
Unidade: número de empresas, porcentaxes (%)

Estrato de asalariados Número de empresas Porcentaxe
Todos 245.728 100,00
sen asalariados 164.436 66,92
de 1 a 2 asalariados 44.416 18,08
de 3 a 5 asalariados 18.344 7,47
de 6 a 9 asalariados 7.891 3,21
de 10 a 19 asalariados 5.561 2,26
de 20 a 49 asalariados 3.235 1,32
de 50 a 99 asalariados 1.017 0,41
de 100 a 249 asalariados 550 0,22
de 250 a 499 asalariados 153 0,06
500 ou máis asalariados 125 0,05

Fonte: IGE. Directorio de empresas e unidades locais (descarga da táboa)



Demografía empresarial

Durante o ano 2021 déronse de alta en Galicia 20.054 empresas e de baixa 19.829 empresas. O saldo foi, por tanto, positivo en 2021; isto é, o número de empresas que iniciaron unha actividade en Galicia foi superior ao das que cesaron a súa actividade nese ano.


Altas, baixas e permanencias de empresas en Galicia. Ano 2022
Unidade: número de empresas

Ámbito xeográfico Altas Permanencias Baixas
España 562 3.879 380
Galicia 19.492 221.795 19.449
  • A Coruña
8.099 89.996 7.976
  • Lugo
2.258 33.310 2.772
  • Ourense
2.082 24.104 2.195
  • Pontevedra
7.053 74.385 6.506

Fonte: IGE. Directorio de empresas e unidades locais (descarga da táboa)



Unidades locais

O 42,9% das unidades locais exitentes en Galicia o día 1 de xaneiro de 2022 estaban situadas nalgún dos 7 grandes municipios galegos. Os concellos de Vigo e A Coruña son os que concentran un maior número de unidades locais, con 27.615 e 25.866, respectivamente.

O 2,71% das unidades locais emprazadas na Comunidade Autónoma de Galicia conta con 20 ou máis asalariados. Un total de 70 concellos amosan unha porcentaxe de unidades locais con 20 ou máis asalariados superior á media galega. Destaca o concello de Carballeda de Valdeorras cunha porcentaxe de unidades locais nesta tipoloxía do 23,88%.

Número de unidades locais (non se inclúe o sector primario nin a administración pública). Ano 2022
Unidade: número de unidades locais

Fonte: IGE. Directorio de empresas e unidades locais (descarga da táboa)


Porcentaxe de unidades locais con 20 ou máis asalariados/asalariadas (non se inclúe o sector primario nin a administración pública). Ano 2022
Unidade: porcentaxe (%)

Fonte: IGE. Directorio de empresas e unidades locais (descarga da táboa)



Definicións e máis información

Definicións

Máis información