O conxunto de Indicadores da intensidade da demanda turística ofrece información sobre a demanda turística de Galicia segundo o destino do viaxeiro. Presentan, por tanto, información cunha grande desagregación territorial.
A orixe dos datos para a elaboración deste conxunto de indicadores procede de catro enquisas mensuais que realiza o Instituto Nacional de Estadística (INE):
A poboación obxecto de estudo son os establecementos turísticos de Galicia (hoteis, cámpings, apartamentos turísticos e aloxamentos de turismo rural). Coa información ofrecida por estes establecementos e cedida polo INE ao IGE, elabóranse un conxuntos de indicadores que teñen por finalidade medir o impacto do turismo no territorio galego. Estes indicadores ofrécense para o conxunto de Galicia e unha agregación dos concellos en 18 grandes destinos turísticos. Ademais, realízase un tratamento específico do litoral galego por tratarse dun foco de especial atracción turística.
A finalidade destes indicadores é axudar a planificar os recursos e as políticas encamiñadas a potenciar a actividade turística con criterios de sostibilidade.
En 2024 , as noites en aloxamentos turísticos de Galicia situáronse en 12.247.829, cifra que, dividida polo tamaño da poboación galega1, sitúase en 4,53 noites ao ano por cada residente en Galicia.
Asumindo que un residente en Galicia pasa unhas 365 noites ao ano na Comunidade Autónoma, pódese obter unha medida do volume de poboación que supoñen os viaxeiros en relación aos residentes, dividindo as noites entre o número de días do ano e multiplicando o resultado pola poboación galega2. Así, en 2024, este indicador tomou o valor de 1,24%, o que significa que, nese ano, os turistas supuxeron o equivalente a 1,24 novos habitantes por cada 100 residentes habituais. Este índice inclúe a poboación de Galicia que visitou ao longo do ano algún destino turístico galego e se aloxou nalgún dos establecementos turísticos considerados. Se cinguimos a análise unicamente aos visitantes de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, o indicador toma un valor de 0,89%.
A demanda turística non se distribúe homoxeneamente por todo o territorio galego, senón que tende a concentrarse en torno a catro grandes focos de atracción: os concellos que bordean a Ría de Arousa, Terras de Santiago, A Coruña e As Mariñas e a Ría de Vigo e Baixo Miño. Estas catro zonas por si soas representan o 64,1% das noites rexistradas en Galicia en 2024. Os seguintes destinos en importancia son: a Ría e Terras de Pontevedra (co 6,1% das noites), Lugo e Terra Chá ( 5,7%), a Mariña Lucense ( 4,5%) e a área de Ferrolterra ( 4,0%)3.
Indicadores de intensidade da demanda turística por destinos
turísticos. Ano 2024
Unidade: porcentaxe de noites, ratios
| Destinos | Porcentaxe noites | Indicador Poboación (1) | Indicador Área |
|---|---|---|---|
| Galicia | 100,0 | 1,24 | 414 |
| A Coruña e As Mariñas | 10,9 | 0,81 | 1.414 |
| Ancares - Courel | 0,8 | 1,76 | 47 |
| Celanova - Limia | 0,5 | 0,44 | 36 |
| Costa da Morte | 3,9 | 1,18 | 281 |
| Deza - Tabeirós | 0,9 | 0,46 | 72 |
| Ferrolterra | 4,0 | 0,71 | 306 |
| Lugo e a Terra Chá | 5,7 | 1,01 | 164 |
| Manzaneda - Trevinca | 0,4 | 0,48 | 36 |
| Mariña Lucense | 4,5 | 2,13 | 391 |
| O Ribeiro | 1,1 | 0,80 | 129 |
| Ría de Arousa | 19,1 | 3,35 | 3.716 |
| Ría de Muros e Noia | 1,2 | 0,96 | 351 |
| Ría de Vigo e Baixo Miño | 15,6 | 0,98 | 1.184 |
| Ría e Terras de Pontevedra | 6,1 | 0,89 | 709 |
| Ribeira Sacra | 3,2 | 1,90 | 156 |
| Terras de Ourense e Allariz | 3,3 | 0,72 | 504 |
| Terras de Santiago | 18,5 | 2,25 | 747 |
| Verín - Viana | 0,4 | 0,48 | 30 |
Nota: Indicador poboación (1)=((Número de noites/Número de días
no ano)/Poboación do destino)x100
Indicador área=Número de
noites/Área do destino (km2)
Fonte: IGE. Indicador da intensidade da demanda turística (descarga
da táboa)
Noites en aloxamentos turísticos en relación ao total de Galicia
segundo o destino turístico. Ano 2024
Unidade: porcentaxe (%)