Principais resultados

1 Información por provincias

No ano 2024, 49.801 sociedades mercantís presentaron as súas contas anuais nos Rexistros Mercantís de Galicia. O 77,5% destas sociedades ten a sede social nas provincias da Coruña (39,1%) e na de Pontevedra (38,4%).

O activo das sociedades mercantís con sede en Galicia ascende a 170.910 millóns de euros. No ano 2024 o importe neto da cifra de negocios destas sociedades situouse nos 142.525 millóns de euros e xeraron un valor engadido de 37.328 millóns de euros.

Por outra banda, os gastos de persoal situáronse nos 18.098 millóns de euros, mentres que o resultado de explotación ascendeu a 14.068 millóns de euros.

Principais variables das contas anuais das sociedades mercantís. Galicia e provincias. Ano 2024
Unidade: Número de sociedades mercantís, millóns de euros
Variables Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
Número de sociedades mercantís 49.801 19.497 6.147 5.029 19.128
Total activo 170.910 110.094 9.214 9.661 41.928
Importe neto da cifra de negocios 142.525 78.500 8.014 7.978 48.033
Gastos de persoal 18.098 9.694 1.245 1.226 5.933
Resultado de explotación 14.068 10.343 576 509 2.640
Valor engadido 37.328 22.783 2.175 2.060 10.311
Fonte: IGE. Contas das sociedades mercantís de Galicia (descarga da táboa)

As sociedades mercantís con sede social na provincia da Coruña aglutinan o 64,4% do activo total e o 55,1% do total do importe neto da cifra de negocios.

2 Información por tamaño das sociedades mercantís

Para os efectos desta publicación, a clasificación das sociedades mercantís segundo o seu tamaño establécese en tres categorías: microempresa, pequena empresa e mediana e gran empresa. Esta clasificación realízase atendendo ao volume do importe neto da cifra de negocios.

As microempresas son aquelas cuxo importe neto da cifra de negocios non chega aos 2 millóns de euros anuais; o termo pequena empresa aglutina as sociedades que teñen un importe neto da cifra de negocios anual de entre 2 e 10 millóns de euros; e as medianas e grandes empresas son aquelas que superan a cifra de 10 millóns de euros.

O 89,4% destas sociedades mercantís ten a consideración de microempresas. O 8,1% agrúpase dentro da categoría de “pequena” empresa. E o 2,5% restante ten a consideración de mediana e gran empresa.


Principais variables das contas anuais das sociedades mercantís segundo o tamaño da empresa. Galicia. Ano 2024
Unidade: Número de Sociedades Mercantís, millóns de euros
Variables Total Micro Pequena Mediana-grande
Número de sociedades mercantís 49.801 44.544 4.010 1.247
Total activo 170.910 34.937 19.389 116.584
Importe neto da cifra de negocios 142.525 14.309 16.415 111.802
Gastos de persoal 18.098 4.428 3.375 10.294
Resultado de explotación 14.068 1.013 1.271 11.784
Valor engadido 37.328 6.494 5.483 25.351
Fonte: IGE. Contas das sociedades mercantís de Galicia (descarga da táboa)


A pesar de representaren o 89,4% das sociedades mercantís de Galicia, as microempresas achegaron o 10% do importe neto da cifra de negocios no ano 2024 (uns 14.309 millóns de euros), fronte ao 78,4% das medianas e grandes empresas (111.802 millóns de euros). Se nos fixamos na variable “gastos de persoal”, a diferenza entre ambas tipoloxías de empresas non é tan acusada; no ano 2024 situáronse nos 4.428 millóns de euros no caso das microempresas (un 24,5%) e nos 10.294 millóns de euros para as medianas e grandes empresas (56,9%).

O 67,9% do valor engadido das sociedades mercantís que presentaron as súas contas anuais en Galicia no 2024 foi xerado por medianas e grandes empresas; o 17,4% por microempresas e o 14,7% restante por pequenas empresas.


Importe neto da cifra de negocios das sociedades mercantís segundo o tamaño da empresa. Galicia. Ano 2024

Unidade: porcentaxe (%)

Fonte: IGE. Contas das sociedades mercantís de Galicia (descarga da táboa)


3 Comparación homoxénea

Para poder realizar comparacións anuais homoxéneas só se teñen en conta as sociedades mercantís que presentaron as súas contas nos Rexistros Mercantís en dous anos consecutivos. Neste caso, para comparar os anos 2023 e 2024, o número de sociedades mercantís que cumpren esta condición é de 36.586.

O importe neto da cifra de negocios destas sociedades incrementouse un 4,3%. As restantes variables tamén rexistran taxas de variación positivas, sendo a variable resultado de explotación a que presenta o maior incremento cun 17% entre 2023 e 2024.


Evolución das principais variables das contas anuais das sociedades mercantís, en base homoxénea. Galicia
Unidade: Taxa de variación interanual (%)
Variables 2019 2020 2021 2022 2023 2024
Total activo 11,6 3,3 5,0 8,0 3,3 4,5
Importe neto da cifra de negocios 5,6 -15,0 16,8 29,8 5,3 4,3
Gastos de persoal 6,0 -5,3 11,8 12,5 10,4 7,6
Resultado de explotación 6,0 -60,8 7,9 25,7 14,9 17,0
Valor engadido 21,9 -44,1 11,4 16,9 10,8 13,8
Fonte: IGE. Contas das sociedades mercantís de Galicia (descarga da táboa)

4 Notas metodolóxicas

O obxectivo central da operación estatística Contas das sociedades mercantís de Galicia é ordenar, agregar e difundir a información económico-financeira das sociedades mercantís que presentan as súas contas anuais nos Rexistros Mercantís de Galicia e con sede social en Galicia, para un mellor coñecemento da súa actividade en termos contables. Ademais deste, a operación tamén busca proporcionar información detallada que permita:

Quedan fóra desta investigación:

5 Definicións e máis información

5.1 Definicións

5.2 Máis información