Principais resultados

1 Información por provincias

No ano 2023, 48.079 sociedades mercantís presentaron as súas contas anuais nos Rexistros Mercantís de Galicia. A meirande parte destas teñen a sede social na provincia da Coruña (o 39% das empresas que presentaron as contas) e na de Pontevedra (38,3%).

O activo das empresas con sede en Galicia ascende a 165.345 millóns de euros. No ano 2023 o importe neto da cifra de negocios destas empresas situouse nos 137.026 millóns de euros e xeraron un valor engadido de 32.874 millóns de euros.

Por outra banda, os gastos de persoal situáronse nos 16.930 millóns de euros, mentres que os resultados de esxplotación ascenderon a 11.843 millóns de euros.

Principais variables das contas anuais das sociedades mercantís. Galicia e provincias. Ano 2023
Unidade: Número de empresas, millóns de euros
Variables Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
Número de empresas 48.079 18.742 5.975 4.957 18.405
Total activo 165.345 106.533 8.825 9.176 40.812
Importe neto da cifra de negocios 137.026 72.583 8.067 7.751 48.625
Gastos de persoal 16.930 8.862 1.178 1.085 5.805
Resultado de explotación 11.843 8.555 573 528 2.188
Valor engadido 32.874 20.017 2.111 1.928 8.818
Fonte: IGE. Contas das sociedades mercantís de Galicia (descarga da táboa)

As empresas con sede social na provincia da Coruña aglutinan o 64,4% do activo total das sociedades mercantís que presentaron as contas no ano 2023. Se nos fixamos na variable “importe neto da cifra de negocios”, as empresas da provincia da Coruña xeraron o 53% do importe neto da cifra de negocios total.

2 Información por tamaño da empresa

O 89,4% destas sociedades mercantís teñen a consideración de microempresas. O 8,1% agrúpase dentro da categoría de “pequena” empresa. E o 2,5% restante, teñen a consideración de mediana e gran empresa.

Principais variables das contas anuais das sociedades mercantís segundo o tamaño da empresa. Galicia. Ano 2023
Unidade: Número de empresas, millóns de euros
Variables Total Micro Pequena Mediana-grande
Número de empresas 48.079 42.972 3.917 1.190
Total activo 165.345 33.554 18.281 113.511
Importe neto da cifra de negocios 137.026 13.972 16.151 106.903
Gastos de persoal 16.930 4.267 3.236 9.427
Resultado de explotación 11.843 900 1.081 9.862
Valor engadido 32.874 6.155 5.037 21.682
Fonte: IGE. Contas das sociedades mercantís de Galicia (descarga da táboa)

Nota: as microempresas son aquelas cuxa cifra de negocio non chega aos 2 millóns de euros anuais; o termo “pequena” empresa aglutina ás que teñen unha cifra de negocio anual de entre 2 e 10 millóns de euros; e as medianas e grandes empresas son aquelas que superan os 10 millóns de euros de cifra de negocio anual.

A pesar de representaren o 89,4% das sociedades mercantís de Galicia, as microempresas achegaron o 10,2% do importe neto da cifra de negocios no ano 2023 (uns 13.972 millóns de euros), fronte ao 78% das medianas e grandes empresas (106.903 millóns de euros). Se nos fixamos na variable “gastos de persoal”, a diferenza entre ambas tipoloxías de empresas non é tan acusada; no ano 2023 situáronse nos 4.267 millóns de euros no caso das microempresas e nos 9.427 para as medianas e grandes empresas.

O 66% do valor engadido das sociedades mercantís que presentaron as súas contas anuais en Galicia no 2023 foi xerado por medianas e grandes empresas; o 18,7% por microempresas e o 15,3% restante por pequenas empresas.

Importe neto da cifra de negocios das sociedades mercantís segundo o tamaño da empresa. Galicia. Ano 2023

Unidade: porcentaxe (%)

Fonte: IGE. Contas das sociedades mercantís de Galicia (descarga da táboa)

3 Comparación homoxénea1

O importe neto da cifra de negocios das sociedades mercantís que presentaron as súas contas anuais nos Rexistros Mercantís de Galicia tanto en 2022 como en 2023 incrementouse un 5,3%. A evolución das restantes variables que se presentan na táboa anexa tamén foi positiva entre estes dous exercicios: os gastos de persoal incrementáronse un 10,4%; o resultado de explotación aumentou un 14,9%; entre 2022 e 2023, o valor engadido incrementouse un 10,8%; e o activo total incrementouse un 3,3%, entre ambos os dous períodos.

Evolución das principais variables das contas anuais das sociedades mercantís, en base homoxénea. Galicia
Unidade: Taxa de variación interanual (%)
Variables 2018 2019 2020 2021 2022 2023
Total activo 10,9 11,6 3,3 5,0 8,0 3,3
Importe neto da cifra de negocios 12,0 5,6 -15,0 16,8 29,8 5,3
Gastos de persoal 7,2 6,0 -5,3 11,8 12,5 10,4
Resultado de explotación 106,5 6,0 -60,8 7,9 25,7 14,9
Valor engadido 45,9 21,9 -44,1 11,4 16,9 10,8
Fonte: IGE. Contas das sociedades mercantís de Galicia (descarga da táboa)

Se nos centramos na variable “importe neto da cifra de negocios” e analizamos a súa evolución nos derradeiros anos, obsérvase que, despois da caída do ano 2020, que tivo moito que ver coa paralización da actividade económica derivada da pandemia da COVID-19, recupera a senda do crecemento. No ano 2023, o ritmo de crecemento volve a valores similares a os do ano 2019

Evolución do importe neto da cifra de negocios das sociedades mercantís (comparativa en base homoxénea). Galicia

Unidade: taxa de variación interanual (%)

Fonte: IGE. Contas das sociedades mercantís de Galicia (descarga da táboa)

4 Notas metodolóxicas

O obxectivo central da operación estatística Contas das sociedades mercantís de Galicia é ordenar, agregar e difundir a información económico-financeira das empresas con sede social en Galicia, para un mellor coñecemento da súa actividade en termos contables. Ademais deste, a operación tamén buscar proporcionar información detallada que permita:

A información para a elaboración desta operación procede das contas anuais que as empresas están obrigadas a presentar nos Rexistros Mercantís. O IGE recibe esta información da base de datos Sistema de Análisis de Balances Ibéricos (SABI) a través da empresa Informa.

Investígase ao conxunto das empresas que presentan as súas contas de resultados nos Rexistros Mercantís de Galicia. Quedan fóra da investigación:

A operación estatística Contas das sociedades mercantís de Galicia substitúe a outra operación previa, os Indicadores do sector empresarial. A xustificación desta substitución atópase en que a base de datos que se emprega na elaboración de ambas ampliouse nos últimos anos e agora permite ofrecer a información das contas económicas das sociedades mercantís en valores absolutos, no canto de por medio de indicadores como se fixera ata o momento da substitución.

5 Definicións e máis información

5.1 Definicións

5.2 Máis información


  1. Para realizar as comparacións anuais deste apartado só se teñen en conta as sociedades mercantís que presentaron as súas contas nos Rexistros Mercantís en dous anos consecutivos.↩︎