ÍNDICE


Principais resultados

1 Introdución

As Contas económicas anuais son unha estatística de síntese de carácter estrutural. O seu obxectivo é ofrecer ao usuario unha representación cuantificada, completa, sistemática, sinxela e detallada da realidade económica galega.

Ofrece información do cadro macroeconómico de Galicia desde o ano 1995 e información desagregada para 72 sectores económicos. Dentro das súas utilidades están:

Esta operación estatística segue as liñas metodolóxicas establecidas na Unión Europea polo Regulamento do Sistema Europeo de Contas (SEC 2010).

2 Descomposición do produto interior bruto de Galicia

No ano 2024, o Produto interior bruto (PIB) a prezos correntes ascendeu a 81.733,1 millóns de euros. Con respecto ao 2023, o crecemento porcentual foi do 6,1 %. Esta taxa é 1,8 puntos inferior á rexistrada no 2023.

                    Fonte: IGE. Contas económicas anuais (descarga da táboa)

A estimación do PIB pola vía da oferta permite coñecer que sectores produtivos contribúen á xeración de valor engadido en Galicia. No ano 2024, a contribución do sector servizos ao Produto Interior Bruto (PIB) de Galicia foi do 65,9%. Este sector é cada vez máis relevante: pasou do 55,8% do PIB en 1995 ao 65,9% no ano 2024. Esta contribución ao PIB marca o máximo ao longo da serie contable.

O sector industrial e enerxético representa o 14,7%, o sector primario 4,6%, a construción un 6,0% e os impostos netos sobre os produtos un 8,9%.

                    Fonte: IGE. Contas económicas anuais (descarga da táboa)


A estimación do PIB pola vía da demanda permite coñecer a contribución da demanda interna (gasto en consumo final e formación bruta de capital –investimentos-) xunto coa demanda exterior neta (diferenza entre exportacións e importacións). O gasto en consumo final, que inclúe tanto o realizado polos fogares como polas Administracións públicas e Institucións sen fin de lucro ao servizo dos fogares (ISFLSF), representa o 80,6% do PIB. O investimento representa o 16,5%. No ano 2024, a demanda externa neta é positiva (as exportacións superan ás importacións).

                    Fonte: IGE. Contas económicas anuais (descarga da táboa)


Pola vía das rendas, o PIB expresa a remuneración dos factores produtivos: traballo (remuneración de asalariados), capital (excedente de explotación bruto) e o pagamento de impostos. Dentro do excedente de explotación bruto recóllese tamén a renda mixta, que é a remuneración do traballo autónomo.

A remuneración dos asalariados representa o 44,4 % do PIB no ano 2024, o excedente de explotación bruto o 46,1 %, e o restante 9,5 % é o peso dos impostos netos sobre a produción e as importacións ao PIB.

Fonte: IGE. Contas económicas anuais (descarga da táboa)

3 Desagregación por sectores

As contas económicas anuais ofrecen un alto nivel de detalle sectorial, polo que é posible afondar no coñecemento da economía de Galicia analizando as ramas de actividade.

En termos de actividade, no ano 2024, o 65,9% do PIB da economía galega concéntranse no sector servizos. O sector da industria e enerxía representa o 14,7%, o sector primario o 4,6% e a construción o 6% restante.

En termos de emprego, no ano 2024, o 72,3% dos postos de traballo da economía galega concéntranse no sector servizos. O sector da industria e enerxía representa o 13,1%, o sector primario o 6,9% e a construción o 7,7% restante.

A produtividade do factor traballo, medida como o valor engadido producido por cada hora traballada, é unha medida da produtividade aparente do traballo en termos correntes. Por sectores de actividade a maior produtividade do factor traballo está na industria e enerxía e a menor no sector primario.

A participación das rendas salariais no valor engadido mide a cota de valor engadido utilizada para remunerar o factor traballo asalariado. A construción é o sector que presenta un maior valor da remuneración de asalariados sobre valor engadido (59,2%), é dicir, a participación das rendas salariais na xeración de valor é elevada. En cambio, o sector primario presenta neste indicador un valor inferior á media da economía. Neste sector a presenza do traballo por conta propia é elevada.


Desagregación por sectores. Ano 2024
Sector PIB (miles de € Distribución do PIB Emprego (postos de traballo) Distribución do emprego (postos de traballo) Produtividade (VEB/Horas efectivas) Remuneración de asalariados/VEB
Sector primario 3.734.957 4,6 81.405 6,9 22,2 20,4
Industria e enerxía 11.992.286 14,7 153.300 13,1 45,8 50,3
Construción 4.938.035 6,0 90.835 7,7 31,4 59,2
Servizos 53.828.435 65,9 848.691 72,3 39,9 49,3
Impostos netos sobre os produtos 7.239.412 8,9
Total Economía 81.733.125 100,0 1.174.231 100,0 42,2 44,4
Fonte: IGE. Contas económicas anuais. Descarga das táboas: distribución do PIB, distribución do emprego
(–) Non procede


3.1 Sector primario

As Contas Económicas anuais ofrecen información de catro ramas de actividade dentro do sector primario. Este sector ocupa a 81.405 postos de traballo, dos cales máis da metade son da rama da agricultura e gandaría. Nas ramas da pesca e acuicultura hai 22.792 postos de traballo.

No sector primario, a remuneración de asalariados representa o 20,4% do VEB xerado. Esta porcentaxe é a máis baixa dos catro grandes sectores debido a que a porcentaxe de emprego asalariado sobre emprego total é baixa, especialmente na rama R01 “Agricultura, gandaría, caza e servizos relacionados con ela”. Por outra banda, a produtividade do traballo é inferior á da economía.


Estrutura do sector primario galego. Ano 2024
Ramas de actividade VEB (miles de €) VEB (% sobre total sector) EMPREGO (postos de traballo) EMPREGO (% sobre total sector) Produtividade (VEB/Horas efectivas) Remuneración de asalariados/VEB
R01 - Agricultura, gandaría, caza e servizos relacionados con elas 2.700.377 72,3 48.430 59,5 23,5 11,7
R02 - Silvicultura e explotacion forestal 412.795 11,1 10.183 12,5 23,2 32,5
R03 - Pesca e acuicultura 621.785 16,6 22.792 28,0 17,5 50,2
   • R03A - Pesca 437.029 11,7 17.703 21,7 16,6 59,3
   • R03B - Acuicultura 184.756 4,9 5.089 6,3 20,3 28,6
TOTAL PRIMARIO 3.734.957 100,0 81.405 100,0 22,2 20,4
Fonte: IGE. Contas económicas anuais. (Descarga das táboas)


Comparando o ano 2024 co inicio da serie contable, ano 2000, vemos como se incrementa a presenza da agricultura e gandaría no sector primario galego en termos de VEB, pero non en termos de emprego. Pola contra, tanto a “Pesca e acuicultura” como a “Silvicultura e explotación forestal” evolucionan de forma oposta: perden peso dentro do sector en termos de VEB pero gáñano en termos de emprego.

Fonte: IGE. Contas económicas anuais (descarga da táboa)

  

Fonte: IGE. Contas económicas anuais (descarga da táboa)


3.2 Sector industrial

Dentro do sector industrial distinguimos dous grandes bloques: o sector enerxético (que se corresponde coas seccións B, D, E da Clasificación Nacional de Actividades, CNAE-09) e a industria manufactureira. Con respecto á composición interna do sector, en 2024 a distribución enerxía/manufactura do valor engadido bruto sinala un subsector manufactureiro predominante (79,5% do total) e cunha contribución superior á do ano 2000, como se aprecia no gráfico seguinte. En termos de emprego a industria manufactureira é máis relevante: o 90,3% dos empregos do sector secundario proveñen dela.


Fonte: IGE. Contas económicas anuais (descarga da táboa)

  

Fonte: IGE. Contas económicas anuais (descarga da táboa)


O subsector da industria manufactureira

As Contas económicas anuais desagregan información da industria manufactureira en 26 ramas de actividade diferentes, tal como reflicte a seguinte táboa. Isto permite coñecer o detalle de diversos sectores senlleiros da economía galega, como por exemplo a industria alimentaria, que está formada por seis ramas de actividade: Procesamento e conservación de carne e elaboración de produtos cárnicos; Procesamento e conservación de peixes, crustáceos e moluscos; Fabricación de produtos lácteos; Fabricación de produtos para a alimentación animal; Outras industrias alimentarias e Fabricación de bebidas.

O valor engadido xerado pola industria alimentaria (2.419 millóns de euros) representa o 25,4 % do valor xerado pola industria manufactureira. En termos de emprego, supoñen o 25,7 % e superan os 35 mil postos de traballo.

Estrutura da industria manufactureira galega. Ano 2024
Ramas de actividade VEB (miles de €) VEB (% sobre total sector) EMPREGO (postos de traballo) EMPREGO (% sobre total sector) Produtividade (VEB/Horas efectivas) Remuneración de asalariados/VEB
Industria agroalimentaria 2.418.879 25,4 35.617 25,7 39,5 48,9
   • R10A - Procesamento e conservación de carne e elaboración de produtos cárnicos 383.018 4,0 5.008 3,6 42,3 45,2
   • R10B - Procesamento e conservación de peixes, crustáceos e moluscos 650.985 6,8 11.894 8,6 32,5 59,1
   • R10C - Fabricación de produtos lácteos 289.443 3,0 2.875 2,1 55,9 36,8
   • R10D - Fabricación de produtos para a alimentación animal 121.112 1,3 1.716 1,2 43,1 60,1
   • R10E - Outras industrias alimentarias 417.269 4,4 10.148 7,3 24,1 66,9
   • R11 - Fabricación de bebidas 557.052 5,8 3.976 2,9 80,8 30,0
R12 - Industria do tabaco
R13 - Industria téxtil 65.256 0,7 1.667 1,2 20,1 72,7
R14_15 - Industria da confección, do coiro e do calzado 399.317 4,2 8.607 6,2 27,9 43,0
R16 - Industria da madeira e da cortiza 489.652 5,1 7.773 5,6 33,1 60,6
R17 - Industria do papel 209.493 2,2 2.017 1,5 56,7 48,0
R18 - Artes gráficas e reprodución de soportes gravados 77.887 0,8 2.294 1,7 20,7 89,4
R19 - Coquerías e refinación de petróleo 145.321 1,5 591 0,4 130,6 67,6
R20_21 - Industria química e farmacéutica 327.221 3,4 2.924 2,1 64,1 41,9
R22 - Fabricación de produtos de caucho e plásticos 223.702 2,3 3.412 2,5 43,6 54,6
R23 - Fabricación doutros produtos minerais non metálicos 376.272 3,9 6.413 4,6 33,7 60,6
R24 - Metalurxia; fabricación de produtos de ferro, aceiro e ferroaliaxes 271.812 2,9 4.374 3,2 38,2 64,4
R25 - Fabricación de produtos metálicos, agás maquinaria e equipamento 1.053.697 11,1 17.701 12,8 35,8 66,2
R26 - Fabricación de produtos informáticos, electrónicos e ópticos 83.213 0,9 1.086 0,8 43,6 65,2
R27 - Fabricación de material e equipamento eléctrico 93.875 1,0 1.118 0,8 66,5 58,0
R28 - Fabricación de maquinaria e equipamento n.c.n. 331.798 3,5 4.751 3,4 41,5 63,2
R29 - Fabricación de vehículos de motor 1.857.108 19,5 16.406 11,9 66,9 45,2
R30 - Fabricación doutro material de transporte 212.456 2,2 4.463 3,2 27,5 98,7
R31 - Fabricación de mobles 227.073 2,4 4.657 3,4 30,4 68,2
R32 - Outras industrias manufactureiras 85.334 0,9 1.937 1,4 24,8 62,3
R33 - Reparación e instalación de maquinaria e equipamento 584.766 6,1 10.578 7,6 30,4 81,0
INDUSTRIA MANUFACTUREIRA 9.534.132 100,0 138.386 100,0 40,2 56,4
Fonte: IGE. Contas económicas anuais. (Descarga das táboas)
(–) Non procede

O seguinte gráfico representa, en termos de valor engadido, a participación das seis ramas que forman o subsector da industria alimentaria. En 2024, a contribución da rama da conserva e do conxelado de peixe (R10B) é dun 26,9 % do seu VEB, seguida pola fabricación de bebidas (R11) cun 23,0 % e a rama das outras industrias alimentarias (R10E) cun 17,3 % do VEB.

Fonte: IGE. Contas económicas anuais (descarga da táboa)

Tras a industria alimentaria, a fabricación de vehículos automóbiles é a que ten unha maior contribución ao valor engadido xerado pola industria manufactureira de Galicia. Esta rama de actividade acadou un valor engadido bruto de 1.857 millóns de euros en 2024, o que supón o 19,5% do total da industria manufactureira galega. O emprego nesta rama de actividade é de 16.406 postos de traballo.

Outras industrias relevantes son a fabricación de produtos metálicos (cun VEB de 1.054 millóns de euros); as reparacións e instalación de maquinaria e equipamento (585 millóns de euros, nos que se inclúen os xerados pola reparación naval); a industria da madeira (490 millóns de euros); e a confección de roupa de vestir, coiro e calzado (399 millóns de euros).

No seguinte gráfico represéntase a contribución das diferentes ramas ao VEB da industria manufactureira en dous períodos: 2000 e 2024. A contribución das industrias alimentarias ao VEB industrial manufactureiro incrementouse en 7,6 puntos. A fabricación de vehículos de motor, que en 2000 representaba o 15,4% do VEB da industria manufactureira, representa o 19,5% no 2024.

A “Fabricación de produtos metálicos, agás maquinaria e equipamento” e a “Reparación e instalación de maquinaria e equipamento” representan no ano 2024 un 11,1% e un 6,1% respectivamente, o que supón un incremento da súa relevancia no subsector con respecto ao ano 2000. Tamén presentan un peso no sector industrial superior ao do ano 2000 a industria da madeira, a fabricación de maquinaria, a industria química e farmacéutica ou a fabricación doutro material de transporte.

En cambio, como se aprecia no gráfico, entre as ramas que perderon peso relativo na industria manufactureira destacamos a “Confección de roupa de vestir e industria do coiro e do calzado”, a “Fabricación doutros produtos minerais non metálicos”, a Metalurxia, as “Coquerías e refinación de petróleo” ou a “Fabricación de material e equipamento eléctrico”. En todas elas o seu peso dentro VEB da industria diminuíu con respecto a 2000.

                    Fonte: IGE. Contas económicas anuais (descarga da táboa)


No seguinte gráfico visualízase a contribución en termos de emprego das distintas ramas da industria manufactureira nos mesmos dous períodos do gráfico anterior. A “Industria alimentaria”, que medrou tanto en termos absolutos como relativos, concentra unha cuarta parte do emprego da industria manufactureira en Galicia no 2024. Repítese o patrón amosado pola contribución ao VEB industrial manufactureiro, porén, hai que mencionar a perda de peso no emprego industrial da “Industria da confección, do coiro e do calzado”, máis pronunciado que no caso do valor engadido. Tamén destacamos a perda de peso da “Industria da madeira e da cortiza”, que en termos de xeración de valor ten un comportamento oposto (con maior peso interno en 2024 que en 2000).

                    Fonte: IGE. Contas económicas anuais (descarga da táboa)


3.3 Sector construción

Estrutura do sector construción. Ano 2024
Ramas de actividade VEB (miles de €) VEB (% sobre total sector) EMPREGO (postos de traballo) EMPREGO (% sobre total sector) Produtividade (VEB/Horas efectivas) Remuneración de asalariados/VEB
R41_43 - Construción 4.938.035 100,0 90.835 100,0 31,4 59,2
TOTAL CONSTRUCION 4.938.035 100,0 90.835 100,0 31,4 59,2
Fonte: IGE. Contas económicas anuais. (Descarga das táboas)

No ano 2024, o sector xerou 4.938 millóns de euros con 90.835 postos de traballo, isto é, o 7,7% do emprego total da nosa comunidade. A súa contribución ao PIB (6%) reduciuse 4,3 puntos con respecto ao ano 2000.


                      Fonte: IGE. Contas económicas anuais. Descarga das táboas (evolución do emprego, evolución do peso no PIB)


3.4 Sector servizos

As Contas económicas de Galicia ofrecen información de 37 ramas de actividade do sector servizos. Estas ramas poden agruparse, seguindo a CNAE-09, en 14 seccións. Na táboa seguinte sintetízanse os principais datos destas seccións en termos de valor engadido, emprego e variables derivadas.

O “Comercio por xunto e ao retallo; reparación de vehículos de motor e motocicletas” xerou en 2024 máis de 9.467 millóns de euros e 186.603 postos de traballo. Representa o 17,6% do valor engadido xerado no sector servizos.

As “Actividades inmobiliarias”, que inclúen a valoración do aluguer das vivendas nas que residen os seus propietarios, representan o 16,0% do VEB xerado no sector servizos, pero ten escasa relevancia en termos de emprego. Isto fai que os niveis de produtividade sexan moi elevados e a participación da renda salarial no valor xerado moi baixa.

As “Actividades sanitarias e de servizos sociais” xeraron 5.322 millóns de euros en 2024, cunha elevada participación das rendas salariais (83,3% do VEB). No caso da “Educación” esta participación é incluso superior (84,6%) ao tratarse dun tipo de sectores intensivos en traballo.

O VEB da “Hostalería” ascendeu a 4.447 millóns de euros (o 8,3 % do valor xerado no sector servizos). Esta sección, que recolle tanto os servizos de aloxamento como os de restauración, ten unha produtividade do traballo inferior á media do sector servizos.

Cómpre sinalar que as actividades de servizos ás empresas, agrupadas nas seccións M e N da CNAE, representan un 10,0 % do valor xerado polo sector terciario de Galicia.


Estrutura do sector servizos galego. Ano 2024
Ramas de actividade VEB (miles de €) VEB (% sobre total sector) EMPREGO (postos de traballo) EMPREGO (% sobre total sector) Produtividade (VEB/Horas efectivas) Remuneración de asalariados/VEB
G - Comercio por xunto e ao retallo; reparación de vehículos de motor e motocicletas 9.466.978 17,6 186.603 22,0 29,5 51,5
H - Transporte e almacenamento 3.469.938 6,4 53.980 6,4 36,9 53,0
I - Hostalaría 4.446.605 8,3 75.873 8,9 33,8 31,9
J - Información e comunicacións 2.088.370 3,9 26.972 3,2 43,8 57,5
K - Actividades financeiras e de seguros 3.602.173 6,7 16.614 2,0 121,4 20,1
L - Actividades inmobiliarias 8.638.169 16,0 9.851 1,2 506,4 1,8
M - Actividades profesionais, científicas e técnicas 3.387.301 6,3 57.762 6,8 34,2 54,6
N - Actividades administrativas e servizos auxiliares 2.003.642 3,7 71.051 8,4 20,2 78,5
O - Administración pública e defensa; seguranza social obrigatoria 4.521.173 8,4 58.998 7,0 48,8 73,1
P - Educación 3.918.809 7,3 72.572 8,6 40,4 84,6
Q - Actividades sanitarias e de servizos sociais 5.322.123 9,9 122.229 14,4 28,8 83,3
R - Actividades artísticas, recreativas e de entretemento 1.195.752 2,2 24.705 2,9 35,3 58,1
S - Outros servizos 1.260.505 2,3 44.459 5,2 17,4 51,9
T - Actividades dos fogares como empregadores de persoal doméstico 506.897 0,9 27.022 3,2 16,6 100,0
TOTAL SERVIZOS 53.828.435 100,0 848.691 100,0 39,9 49,3
Fonte: IGE. Contas económicas anuais. (Descarga das táboas)

Do mesmo xeito que no apartado do subsector da industria manufactureira, analizamos, a través de dous gráficos, cal é o cambio relativo do sector servizos galego entre o ano 2000 e o ano 2024.

En termos de VEB, con respecto ao ano 2000, destaca o incremento do peso no sector servizos das “Actividades profesionais, científicas e técnicas” (2,6 puntos porcentuais), das “Actividades inmobiliarias” (2 puntos) e das “Actividades sanitarias e de servizos sociais” (1,7). A “Hostalería”, cuxo peso relativo aumentou 1,7 puntos porcentuais, supera, en termos de contribución á economía, ao sector do transporte ou a educación, ao contrario do que ocorría no ano 2000.

As seccións que máis reduciron o seu peso son o “Comercio e reparación de vehículos” (-2,4 puntos porcentuais) e a sección “Información e comunicacións” (-2,9). A redución nesta sección agocha un comportamento dispar das ramas que a forman: a perda de peso relativo da rama de actividade das “Telecomunicacións” contrasta co comportamento positivo ao longo da serie contable da rama “Programación, consultoría e outras actividades relacionadas coa informática”.


                    Fonte: IGE. Contas económicas anuais (descarga da táboa)


En termos de emprego, gaña peso especialmente a sección “Actividades sanitarias e de servizos sociais”. O 14,4 % dos postos de traballo no sector servizos pertencen a esta sección. Esta evolución contrasta coa perda de peso da “Administración pública e defensa; seguridade social obrigatoria”. Porén, a sección que rexistrou unha maior perda de peso relativo foi a que recolle as actividades comerciais. A pesar disto, segue a ser a sección da CNAE que concentra un maior porcentaxe de emprego no sector servizos.

Ao igual que ocorría en termos de VEB, as seccións que recollen os servizos a empresas (seccións M e N) incrementan a súa cota de emprego no sector servizos. Pola contra, pérdeno a educación, ou o transporte.

                    Fonte: IGE. Contas económicas anuais (descarga da táboa)


4 Sectores característicos da economía galega

No IGE elaboramos desde o ano 2013 estudos referidos a diversos sectores da economía galega, incluídos nos programas estatísticos anuais na actividade de interese estatístico “Análise estatística de sectores produtivos e da estrutura económica en xeral”. Na seguinte táboa resumimos a evolución da súa contribución ao PIB galego e a súa relevancia en termos de emprego1.


Peso no PIB de sectores característicos da economía galega. Anos 2000, 2008 e 2024
Unidade: Porcentaxe
Sectores 2000 2008 2024
Cadea forestal-madeira 2,4 1,9 1,6
Fabricación de vehículos e compoñentes 2,1 1,9 2,3
Ramas características do sector cultural .. 2,2 2,1
Sector agroalimentario 7,5 6,2 7,0
Sector da minaría e fabricación de produtos minerais non metálicos 1,8 1,3 0,7
Sector da pesca 2,4 1,7 1,6
Sector do transporte e da loxística 4,3 3,9 4,2
Fonte: IGE. Contas económicas anuais. (Descarga da táboa)
(..) Non dispoñible


Emprego de sectores característicos da economía galega. Anos 2000, 2008 e 2024
Unidade: Postos de traballo
Sectores 2000 2008 2024
Cadea forestal-madeira 28.932 27.115 24.630
Fabricación de vehículos e compoñentes 18.782 20.579 16.406
Ramas características do sector cultural .. 29.956 35.763
Sector agroalimentario 190.156 120.167 106.839
Sector da minaría e fabricación de produtos minerais non metálicos 20.343 20.509 10.581
Sector da pesca 42.312 35.058 34.686
Sector do transporte e da loxística 44.537 55.667 53.980
Fonte: IGE. Contas económicas anuais. (Descarga da táboa)
(..) Non dispoñible


5 Metodoloxía, definicións, fontes e máis información

Metodoloxía

Definicións

Descarga de datos


  1. O IGE elabora tamén contas satélites sectoriais da Cultura e Deporte cunha metodoloxía específica que permiten ter unha valoración global destes sectores.↩︎