Principais resultados

1 Introdución

A estatística Censo anual de población, realizada polo Instituto Nacional de Estadística (INE), proporciona os datos de poboación residente en España, en cada comunidade autónoma, provincia, illa (nas provincias insulares), concello e sección censual, no 1 de xaneiro de cada ano. Estes datos son empregados como cifras poboacionais de referencia en todas as operacións estatísticas do INE (enquisas, Contabilidade Nacional, indicadores, etc.) e son transmitidas a nivel internacional como datos oficiais de poboación de España a todos os efectos. Outra estatística do INE, a Estadística continua de población, estima a poboación ao comezo de cada trimestre ata o nivel provincial, pero non proporciona datos a nivel municipal.

Para o cálculo de determinados indicadores é preciso dispor de cifras de poboación na metade de cada período considerado; no caso de indicadores anuais necesítase a poboación no 1 de xullo, que o INE non proporciona a nivel municipal. Por isto o IGE calcula nas Cifras poboacionais de referencia a desagregación territorial (ata o nivel municipal) da Estadística continua de población do INE no 1 de xullo de cada ano, para o que emprega as estatísticas do Movimiento Natural de la Población. Para completar a serie anual das Cifras poboacionais de referencia utilízanse os censos anuais de poboación coa información no 1 de xaneiro de cada ano.

Esta edición das Cifras poboacionais de referencia inclúe a actualización dos resultados de 1 de xullo de 2024 (difundidos na edición anterior con carácter provisional e que pasan agora a ser definitivos), a poboación no 1 de xaneiro de 2025 (procedente do Censo anual de población) e os resultados provisionais obtidos para o 1 de xullo de 2025.


2 Información para Galicia, provincias e comarcas

A actualización das Cifras poboacionais de referencia no 1 de xullo de 2024, motivada pola actualización da Estadística continua de población do INE para esa data, proporciona a seguinte distribución da poboación de Galicia por sexo e provincias:

Poboación. Galicia e provincias.
1 de xullo de 2024

Unidade: persoas
Espazo Total Homes Mulleres
Galicia 2.705.832 1.301.987 1.403.845
A Coruña 1.130.214 541.469 588.745
Lugo 324.596 157.472 167.124
Ourense 303.942 145.948 157.994
Pontevedra 947.080 457.098 489.982
Fonte: INE. Estadística continua de población (descarga da táboa).


Segundo o Censo anual de población, Galicia rexistrou no 1 de xaneiro de 2025 unha cifra de 2.714.741 habitantes, o que supón un aumento de 8.909 persoas (o 0,33%) no segundo semestre do ano 2024.

Poboación. Galicia e provincias.
1 de xaneiro de 2025

Unidade: persoas
Espazo Total Homes Mulleres
Galicia 2.714.741 1.306.827 1.407.914
A Coruña 1.135.623 544.635 590.988
Lugo 326.022 158.220 167.802
Ourense 305.278 146.646 158.632
Pontevedra 947.818 457.326 490.492
Fonte: INE. Censo anual de población (descarga da táboa).


No 1 de xullo de 2025 a poboación de Galicia cifrouse na Estadística continua de población (de xeito provisional) do INE en 2.720.738 habitantes, polo que con respecto ao 1 de xaneiro de 2025 aumentou en 5.997 persoas (o 0,22%).

Poboación. Galicia e provincias.
1 de xullo de 2025. Datos provisionais

Unidade: persoas
Espazo Total Homes Mulleres
Galicia 2.720.738 1.310.801 1.409.937
A Coruña 1.138.843 546.662 592.181
Lugo 326.487 158.751 167.736
Ourense 305.972 146.967 159.005
Pontevedra 949.436 458.421 491.015
Fonte: INE. Estadística continua de población (descarga da táboa).


A pirámide de poboación galega no 1 de xullo de 2025 mantén o patrón observado nos últimos anos: base cada vez máis estreita e acumulación de efectivos na parte superior da mesma, sobre todo na parte feminina. Os grupos etarios máis numerosos concéntranse na franxa que inclúe desde os 40 aos 69 anos, no caso dos homes, e dos 40 aos 79 anos no caso das mulleres, sendo o grupo quinquenal máis numeroso o de persoas de 45 a 49 anos (grupo ao que pertence o 8,5% da poboación total residente en Galicia).

                              Fonte: INE. Estadística continua de población (descarga da táboa).


Segundo as Cifras poboacionais de referencia, 26 das 53 comarcas galegas gañaron poboación durante o primeiro semestre do ano 2025; a comarca que gañou máis poboación en termos absolutos foi a de Ferrol, cun incremento de 2.228 persoas, e a comarca que porcentualmente gañou máis poboación nese período foi A Ulloa, cun incremento do 2,42%.

Comarcas galegas que gañaron poboación durante o primeiro semestre do ano 2025
Unidade: persoas, porcentaxe
Espazo 1 de xaneiro de 2025 Datos definitivos 1 de xullo de 2025 Datos provisionais Variación absoluta Taxa de variación (%)
A Ulloa 8.835 9.049 214 2,42
Ferrol 152.001 154.229 2.228 1,47
Terra de Caldelas 2.724 2.764 40 1,47
O Condado 42.685 43.102 417 0,98
Betanzos 40.002 40.384 382 0,95
A Mariña Oriental 16.203 16.341 138 0,85
O Sar 15.283 15.410 127 0,83
Os Ancares 9.131 9.198 67 0,73
A Mariña Central 28.817 28.991 174 0,60
O Carballiño 26.238 26.389 151 0,58
Allariz-Maceda 14.224 14.301 77 0,54
A Paradanta 12.027 12.092 65 0,54
Terra de Lemos 29.872 30.005 133 0,45
Ourense 145.652 146.309 657 0,45
O Morrazo 81.819 82.114 295 0,36
Santiago 174.115 174.705 590 0,34
A Coruña 417.476 418.718 1.242 0,30
Lugo 120.276 120.595 319 0,27
Vigo 428.071 429.133 1.062 0,25
A Barcala 10.202 10.224 22 0,22
Bergantiños 67.032 67.151 119 0,18
Terra de Trives 3.679 3.684 5 0,14
A Limia 19.156 19.177 21 0,11
Meira 5.041 5.045 4 0,08
O Baixo Miño 50.942 50.981 39 0,08
O Salnés 110.788 110.832 44 0,04
Fonte: IGE. Cifras poboacionais de referencia (descarga da táboa).


                                   Fonte: IGE. Cifras poboacionais de referencia (descarga da táboa).


3 Información para os sete grandes concellos de Galicia

Seis dos sete grandes concellos galegos gañaron poboación durante o primeiro semestre do ano 2025; o que máis incrementou o seu número de habitantes en termos relativos foi o de Ferrol, un 3,09%. O único concello galego que, segundo os datos provisionais, perdeu poboación desde xaneiro a xullo de 2025 foi Pontevedra, con 75 persoas menos (o 0,09%).

Poboación dos sete concellos de Galicia con máis de 50.000 habitantes
Unidade: persoas, porcentaxe
Espazo 1 de xaneiro de 2025 Datos definitivos 1 de xullo de 2025 Datos provisionais Variación absoluta Taxa de variación (%)
Concello da Coruña 251.277 252.167 890 0,35
Concello de Ferrol 64.903 66.908 2.005 3,09
Concello de Santiago de Compostela 100.842 101.855 1.013 1,00
Concello de Lugo 100.071 100.520 449 0,45
Concello de Ourense 105.609 106.300 691 0,65
Concello de Pontevedra 83.339 83.264 -75 -0,09
Concello de Vigo 295.735 296.630 895 0,30
Fonte: IGE. Cifras poboacionais de referencia (descarga da táboa).


Máis da terceira parte da poboación galega vive nun dos sete grandes concellos de Galicia; en concreto, o 37,04% da poboación segundo os datos provisionais do 1 de xullo de 2025.

                                   Fonte: IGE. Cifras poboacionais de referencia (descarga da táboa).

 

4 Definicións, fontes e máis información

Definicións

Metodoloxía

Descarga de datos