A estatística Censo de población, realizada polo Instituto Nacional de Estadística (INE), proporciona os datos de poboación residente en España, en cada comunidade autónoma, provincia, illa (nas provincias insulares), concello e sección censual, desagregada segundo características demográficas básicas, coma o sexo e a idade, con carácter anual desde o 1 de xaneiro de 2021. Estes datos son empregados como cifras poboacionais de referencia en todas as operacións estatísticas do INE (enquisas, Contabilidade Nacional, indicadores, etc.) e son transmitidas a nivel internacional como datos oficiais de poboación de España a todos os efectos. Outra estatística do INE, a Estadística continua de población, estima a poboación de cada ámbito territorial ao comezo de cada trimestre ata o nivel provincial, pero non proporciona datos a nivel municipal.
O cálculo de determinados indicadores precisa das cifras de poboación na metade do período considerado; no caso de indicadores anuais, é necesaria a poboación no 1 de xullo. Para poder obter eses indicadores para os concellos galegos, o IGE elabora na estatística Cifras poboacionais de referencia a desagregación territorial (ata o nivel municipal) da Estadística continua de población no 1 de xullo de cada ano, a partir da cifra estatística de poboación e das estatísticas do Movemento Natural de la Población. Por outra parte, para poder completar a serie anual difunde como cifras poboacionais no 1 de xaneiro de cada ano as proporcionadas polos censos anuais de poboación.
Esta edición das Cifras poboacionais de referencia inclúe a
actualización dos resultados de 1 de xullo de 2023
(difundidos na edición anterior con carácter provisional e que pasan a
ser definitivos), a poboación no 1 de xaneiro de 2024 e os
resultados provisionais obtidos para o 1 de xullo de 2024.
Galicia rexistrou no 1 de xaneiro de 2024 unha cifra de
poboación de 2.705.833 habitantes, o que supón un
aumento de 6.409 persoas con respecto ao ano
anterior, cifrada en 2.699.424 habitantes. Por provincias,
A Coruña e Pontevedra concentran o 76,7% da poboación
galega.
Poboación de Galicia e provincias segundo o sexo.
1 de xaneiro de 2024
Unidade: persoas
| Espazo | Total | Homes | Mulleres |
|---|---|---|---|
| Galicia | 2.705.833 | 1.301.744 | 1.404.089 |
|
1.128.449 | 540.524 | 587.925 |
|
325.048 | 157.715 | 167.333 |
|
304.467 | 146.181 | 158.286 |
|
947.869 | 457.324 | 490.545 |
Fonte: INE. Censo anual de población (descarga da táboa)
No 1 de xullo de 2024 a poboación de Galicia cifrouse (de
xeito provisional) en 2.706.643 habitantes, polo que con
respecto ao 1 de xaneiro de 2024 aumentou en
810 persoas.
Poboación de Galicia e provincias segundo o sexo.
1 de xullo de 2024
Unidade: persoas
| Espazo | Total | Homes | Mulleres |
|---|---|---|---|
| Galicia | 2.706.643 | 1.302.399 | 1.404.244 |
|
1.130.221 | 541.498 | 588.723 |
|
324.534 | 157.402 | 167.132 |
|
304.086 | 145.988 | 158.098 |
|
947.802 | 457.511 | 490.291 |
Fonte: INE. Estadística continua de población (descarga
da táboa)
Nota: datos provisionais.
A pirámide de poboación galega no 1 de xullo de 2024
continúa a ter, como nos últimos anos, unha base cada vez máis estreita
e acumulación de efectivos na parte superior da mesma.
Pirámide de poboación de Galicia. 1 de xullo de
2024
Unidade: porcentaxe (%)
Fonte: INE. Estadística continua de población (descarga
da táboa)
Nota: datos provisionais.
Segundo as Cifras poboacionais de referencia, 18
das 53 comarcas galegas gañaron poboación durante o primeiro semestre do
ano 2024:
Poboación das comarcas galegas que gañaron poboación durante o
primeiro semestre do ano 2024
Unidade:
persoas, tanto por cento (%)
| Espazo | 1 de xaneiro de 2024 | 1 de xullo de 2024 | Variación absoluta | Taxa de variación (%) |
|---|---|---|---|---|
| Bergantiños | 66.518 | 66.712 | 194 | 0,29 |
| Betanzos | 39.417 | 39.800 | 383 | 0,97 |
| A Coruña | 413.920 | 415.225 | 1.305 | 0,32 |
| Ferrol | 150.850 | 151.726 | 876 | 0,58 |
| Ordes | 36.322 | 36.379 | 57 | 0,16 |
| Santiago | 172.501 | 173.183 | 682 | 0,40 |
| Lugo | 119.546 | 119.712 | 166 | 0,14 |
| A Mariña Central | 28.718 | 28.722 | 4 | 0,01 |
| A Mariña Oriental | 16.199 | 16.304 | 105 | 0,65 |
| Meira | 4.964 | 4.965 | 1 | 0,02 |
| Allariz-Maceda | 14.158 | 14.196 | 38 | 0,27 |
| Ourense | 144.504 | 144.548 | 44 | 0,03 |
| Terra de Celanova | 16.949 | 16.964 | 15 | 0,09 |
| Viana | 5.451 | 5.467 | 16 | 0,29 |
| O Condado | 42.506 | 42.629 | 123 | 0,29 |
| Deza | 39.696 | 39.762 | 66 | 0,17 |
| Pontevedra | 125.589 | 125.915 | 326 | 0,26 |
| Vigo | 427.883 | 428.251 | 368 | 0,09 |
Fonte: IGE. Cifras poboacionais de referencia (descarga
da táboa)
Nota: os datos de xullo e as variacións no
primeiro semestre do ano son provisionais.
Incremento porcentual das comarcas galegas que gañaron poboación
durante o primeiro semestre do ano 2024
Unidade: tanto por cento (%)
Fonte: IGE. Cifras poboacionais de referencia (descarga
da táboa)
Nota: datos provisionais.
Evolución da poboación das comarcas de Galicia no primeiro
semestre do ano 2024
Unidade: taxa de
variación interanual (%)
Fonte: IGE. Cifras poboacionais de referencia (descarga
da táboa)
Nota: datos provisionais.
Os sete grandes concellos galegos incrementaron a súa poboación durante o primeiro semestre do ano 2024 .
Poboación dos sete concellos de Galicia con máis de 50.000
habitantes. 1 de xaneiro e 1 de xullo de 2024
Unidade: persoas, tanto por cento (%)
| Espazo | 1 de xaneiro de 2024 | 1 de xullo de 2024 | Variación absoluta | Taxa de variación (%) |
|---|---|---|---|---|
| Concello da Coruña | 249.255 | 250.438 | 1.183 | 0,47 |
| Concello de Ferrol | 64.358 | 65.147 | 789 | 1,23 |
| Concello de Santiago de Compostela | 99.491 | 100.387 | 896 | 0,90 |
| Concello de Lugo | 99.365 | 99.557 | 192 | 0,19 |
| Concello de Ourense | 104.725 | 104.862 | 137 | 0,13 |
| Concello de Pontevedra | 83.106 | 83.461 | 355 | 0,43 |
| Concello de Vigo | 295.523 | 296.252 | 729 | 0,25 |
Fonte: IGE. Cifras poboacionais de referencia (descarga
da táboa)
Nota: os datos de xullo e as variacións no
primeiro semestre do ano son provisionais.
Peso dos sete grandes concellos de Galicia (con máis de 50.000
habitantes) na poboación total. 1 de xullo de 2024
Unidade: porcentaxe (%)
Fonte: IGE. Cifras poboacionais de referencia (descarga
da táboa)
Nota: datos provisionais.