Principais resultados

1 Introdución

O Instituto Galego de Estatística (IGE) publica a actividade estatística Carga de poboación estacional dos concellos de Galicia, cuxo obxectivo é cuantificar a poboación que soportan os concellos en cada trimestre do ano.

A estimación da carga de poboación concíbese como unha estatística de síntese que aproveita as fontes estatísticas existentes sobre a poboación residente e as persoas que se desprazan por motivos de turismo, estancias en segundas vivendas, estudos, traballo e problemas de saúde.

Nesta estatística, a carga de poboación representa a media trimestral de persoas equivalentes a tempo completo que soporta un concello; obtense a partir da poboación residente, sumándolle a poboación de entrada (non residentes presentes) e restándolle a poboación de saída (residentes ausentes).

O saldo poboacional defínese como a diferenza entre a poboación de entrada e a poboación de saída. Tamén se pode definir como a suma dos saldos poboacionais entre a poboación de entrada e a poboación de saída por motivos de turismo, estancias en segundas vivendas, estudos, traballo e problemas de saúde.

A taxa de carga poboacional dun concello defínese como a porcentaxe de carga de poboación sobre a poboación residente. Así pois, será superior ou inferior ao 100% segundo o concello soporte máis ou menos poboación da que indica a súa poboación residente; a súa desviación respecto ao 100% mide a porcentaxe de poboación que soporta de máis ou de menos un concello, respecto da súa poboación residente.


2 Datos xerais de Galicia

Galicia tivo en todos os trimestres unha carga de poboación superior á súa poboación residente e, polo tanto, un saldo poboacional positivo dende 2011. A taxa de carga de poboación situouse no 101%, o que significa que soportou un 1% máis respecto da súa poboación residente, agás no terceiro trimestre, cando se incrementou ata o 106%, acadando en 2024 o valor máis alto da serie histórica (un 106,08%).

A descomposición do saldo poboacional nas súas compoñentes permite analizar as razóns polas que soporta máis ou menos poboación da que indica a súa poboación residente. As maiores ou menores contribucións á carga de poboación encontrámolas nos movementos por turismo e segundas vivendas.

Evolución da carga de poboación e as súas compoñentes. Galicia. Anos 2023, 2024 e avance de 2025
Unidade: persoas equivalentes a tempo completo e porcentaxe
2023/I 2023/II 2023/III 2023/IV 2024/I 2024/II 2024/III 2024/IV 2025/I 2025/II
CARGA DE POBOACIÓN 2.718.983 2.736.933 2.862.575 2.738.943 2.741.573 2.744.558 2.876.228 2.746.615 2.738.929 2.758.687
Residentes 2.700.220 2.701.834 2.703.423 2.705.037 2.706.951 2.709.174 2.711.400 2.713.623 2.716.245 2.719.231
Taxa de carga de poboación 100,69 101,30 105,89 101,25 101,28 101,31 106,08 101,22 100,84 101,45
Saldo de poboación 18.763 35.099 159.152 33.906 34.622 35.384 164.828 32.992 22.684 39.456
  • Turismo
-2.900 12.172 28.866 4.489 -1.940 13.386 32.796 5.059 -3.580 15.100
  • Segundas vivendas
8.445 12.063 120.827 15.807 22.860 10.509 122.515 13.986 11.194 12.217
  • Estudos
3.502 2.287 1.333 3.590 3.807 2.591 1.376 3.222 3.437 1.876
  • Traballo
9.566 8.423 7.929 9.859 9.743 8.740 7.952 10.572 11.482 10.107
  • Saúde
150 154 197 161 152 158 189 153 151 156
Fonte: IGE. Carga de poboación estacional dos concellos de Galicia (descarga da táboa).

3 Saldo poboacional dos concellos

En todos os trimestres aparecen as sete grandes cidades entre os concellos con maiores saldos poboacionais. No primeiro, segundo e cuarto trimestre de 2024; e no segundo de 2025, os dez concellos con maiores saldos poboacionais completáronse con Sanxenxo, O Porriño e San Cibrao das Viñas. No terceiro trimestre de 2024 os dous últimos foron substituídos polos concellos costeiros do Grove e Foz, mentres que no primeiro trimestre de 2025 foi Bergondo quen substituiu a Sanxenxo.

Pola contra, os concellos con saldos poboacionais máis negativos foron concellos situados na contorna das grandes cidades, tales como Oleiros, Cambre, Ames, Teo, Narón, Barbadás, Poio, Ponteareas e Moaña. No terceiro trimestre de 2024, a intensidade do saldo negativo deses concellos reduciuse con respecto aos outros trimestres.

Tamén resulta interesante que, mentres no primeiro, segundo e cuarto trimestre a maioría de concellos tiveron un saldo poboacional negativo, no terceiro trimestre esta situación invertiuse, pasando a ter un saldo poboacional positivo 288 concellos en 2024, a cifra máis alta da serie.

Este comportamento diferenciado no terceiro trimestre respecto ao resto pódese observar en todo o período 2011-2024, consecuencia da tempada estival.


Saldo poboacional

Unidade: persoas equivalentes a tempo completo

  

  

  

Fonte: IGE. Carga de poboación estacional dos concellos de Galicia (descarga da táboa).


4 Carga poboacional dos concellos

En 2024 e no avance de 2025, Carballeda de Valdeorras destacou polo entrada de traballadores e Mondariz-Balneario pola afluencia turística, agás no terceiro trimestre de 2024 cando Sanxenxo e Barreiros acadaron as maiores taxas de carga poboacional, superando en máis dun 70% a súa poboación residente. Esa afluencia turística é a que fai que Portomarín fose o concello coa taxa de carga poboacional máis alta no segundo trimestre de 2025.


Concellos coas maiores taxas de carga poboacional
Unidade: persoas equivalentes a tempo completo, porcentaxes (%)

Primeiro trimestre de 2024
Espazo Residentes Saldo poboacional Carga de poboación Taxa de carga poboacional
Carballeda de Valdeorras 1.369 573 1.942 141,86
Mondariz Balneario 726 299 1.025 141,18
Chandrexa de Queixa 480 111 591 123,12
San Cibrao das Viñas 5.736 1.199 6.935 120,90
Santiago de Compostela 99.660 18.267 117.927 118,33
Segundo trimestre de 2024
Espazo Residentes Saldo poboacional Carga de poboación Taxa de carga poboacional
Mondariz Balneario 730 314 1.044 143,01
Carballeda de Valdeorras 1.362 517 1.879 137,96
Portomarín 1.305 286 1.591 121,92
San Cibrao das Viñas 5.748 1.210 6.958 121,05
Santiago de Compostela 99.998 19.658 119.656 119,66
Terceiro trimestre de 2024
Espazo Residentes Saldo poboacional Carga de poboación Taxa de carga poboacional
Sanxenxo 17.956 13.262 31.218 173,86
Barreiros 3.033 2.140 5.173 170,56
Mondariz Balneario 734 494 1.228 167,30
Teixeira, A 329 152 481 146,20
Parada de Sil 508 209 717 141,14
Cuarto trimestre de 2024
Espazo Residentes Saldo poboacional Carga de poboación Taxa de carga poboacional
Mondariz Balneario 738 356 1.094 148,24
Carballeda de Valdeorras 1.348 486 1.834 136,05
San Cibrao das Viñas 5.771 1.184 6.955 120,52
Santiago de Compostela 100.673 19.126 119.799 119,00
Rábade 1.507 209 1.716 113,87
Primeiro trimestre de 2025
Espazo Residentes Saldo poboacional Carga de poboación Taxa de carga poboacional
Mondariz Balneario 743 280 1.023 137,69
Carballeda de Valdeorras 1.344 467 1.811 134,75
San Cibrao das Viñas 5.783 1.149 6.932 119,87
Santiago de Compostela 101.095 18.404 119.499 118,20
Bergondo 7.130 995 8.125 113,96
Segundo trimestre de 2025
Espazo Residentes Saldo poboacional Carga de poboación Taxa de carga poboacional
Portomarín 1.280 569 1.849 144,45
Mondariz Balneario 748 323 1.071 143,18
Carballeda de Valdeorras 1.340 478 1.818 135,67
San Cibrao das Viñas 5.796 1.193 6.989 120,58
Santiago de Compostela 101.602 19.950 121.552 119,64
Fonte: IGE. Carga de poboación estacional dos concellos de Galicia (descarga da táboa).

5 Os movementos nos sete grandes concellos

Ao longo de todos os trimestres, as compoñentes cunha maior contribución positiva ao saldo poboacional dos sete grandes concellos foron as correspondentes aos desprazamentos por motivos de estudos e traballo, destacando A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo pola compoñente laboral e, de novo Santiago de Compostela pola compoñente de estudos. No terceiro trimestre de 2024 aumentou a compoñente das segundas vivendas en todos eles e a compoñente do turismo en Santiago de Compostela, único concello, dos sete grandes, con saldo turístico positivo en todos os trimestres.

Carga de poboación e as súas compoñentes. Grandes concellos
Unidade: persoas equivalentes a tempo completo
Primeiro trimestre de 2024
Espazo Residentes Turismo Segundas vivendas Estudos Traballo Saúde Saldo poboacional Carga de poboación
Coruña, A 249.508 -147 -1.274 4.243 6.335 876 10.033 259.541
Ferrol 64.426 -361 76 1.156 676 269 1.816 66.242
Santiago de Compostela 99.660 2.084 235 10.031 5.077 840 18.267 117.927
Lugo 99.453 -323 1.220 1.237 1.022 418 3.574 103.027
Ourense 104.836 -368 -215 1.935 814 498 2.664 107.500
Pontevedra 83.135 -529 -28 1.350 1.167 412 2.372 85.507
Vigo 295.550 -1.048 -1.140 2.030 4.543 722 5.107 300.657
Segundo trimestre de 2024
Espazo Residentes Turismo Segundas vivendas Estudos Traballo Saúde Saldo poboacional Carga de poboación
Coruña, A 250.013 898 -1.993 3.299 6.420 861 9.485 259.498
Ferrol 64.562 -221 -199 965 708 264 1.517 66.079
Santiago de Compostela 99.998 6.632 -209 7.121 5.272 842 19.658 119.656
Lugo 99.630 -72 580 921 1.033 412 2.874 102.504
Ourense 105.056 -328 -632 1.547 837 472 1.896 106.952
Pontevedra 83.193 -134 -293 1.093 1.185 403 2.254 85.447
Vigo 295.602 -117 -1.848 1.675 4.711 709 5.130 300.732
Terceiro trimestre de 2024
Espazo Residentes Turismo Segundas vivendas Estudos Traballo Saúde Saldo poboacional Carga de poboación
Coruña, A 250.519 531 2.027 1.411 5.673 747 10.389 260.908
Ferrol 64.699 -272 1.870 350 554 216 2.718 67.417
Santiago de Compostela 100.335 8.147 3.255 3.389 4.765 718 20.274 120.609
Lugo 99.806 -470 6.420 440 910 352 7.652 107.458
Ourense 105.278 -755 2.205 656 732 420 3.258 108.536
Pontevedra 83.252 -479 1.613 412 1.059 329 2.934 86.186
Vigo 295.656 -177 2.226 703 4.102 571 7.425 303.081
Cuarto trimestre de 2024
Espazo Residentes Turismo Segundas vivendas Estudos Traballo Saúde Saldo poboacional Carga de poboación
Coruña, A 251.024 1.423 -1.405 4.191 6.511 760 11.480 262.504
Ferrol 64.835 -138 -57 1.117 718 230 1.870 66.705
Santiago de Compostela 100.673 3.777 3 9.355 5.233 758 19.126 119.799
Lugo 99.983 121 756 1.252 1.075 385 3.589 103.572
Ourense 105.498 -22 -368 2.000 784 436 2.830 108.328
Pontevedra 83.310 -127 -142 1.278 1.269 375 2.653 85.963
Vigo 295.708 1.114 -1.286 2.179 4.588 617 7.212 302.920
Primeiro trimestre de 2025
Espazo Residentes Turismo Segundas vivendas Estudos Traballo Saúde Saldo poboacional Carga de poboación
Coruña, A 251.500 593 -1.121 4.390 7.531 887 12.280 263.780
Ferrol 65.404 -200 -46 1.163 716 276 1.909 67.313
Santiago de Compostela 101.095 2.121 4 9.862 5.569 848 18.404 119.499
Lugo 100.183 -59 605 1.315 982 424 3.267 103.450
Ourense 105.782 -119 -294 2.090 944 506 3.127 108.909
Pontevedra 83.320 -309 -112 1.334 1.284 441 2.638 85.958
Vigo 295.959 -280 -1.027 2.274 5.021 713 6.701 302.660
Segundo trimestre de 2025
Espazo Residentes Turismo Segundas vivendas Estudos Traballo Saúde Saldo poboacional Carga de poboación
Coruña, A 251.944 1.780 -1.510 3.293 7.497 856 11.916 263.860
Ferrol 66.407 -24 -97 939 700 262 1.780 68.187
Santiago de Compostela 101.602 6.707 -61 6.791 5.688 825 19.950 121.552
Lugo 100.408 348 663 940 949 418 3.318 103.726
Ourense 106.127 20 -430 1.613 886 476 2.565 108.692
Pontevedra 83.283 83 -180 1.046 1.317 419 2.685 85.968
Vigo 296.406 714 -1.389 1.784 4.971 690 6.770 303.176
Fonte: IGE. Carga de poboación estacional dos concellos de Galicia (descarga da táboa).

Nas táboas apréciase, como en anos anteriores, que Santiago de Compostela pasa de ser o cuarto concello con máis poboación residente ao terceiro concello cunha maior carga de poboación, xa que presenta un saldo poboacional superior ao do resto de grandes concellos en todos os trimestres. De feito, en todo o período 2011-2025, Santiago de Compostela está sometido a unha maior carga de poboación que Ourense, a pesar de ter menos poboación residente.

6 Metodoloxía, definicións, fontes e máis información

Metodoloxía

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Carga de poboación estacional dos concellos de Galicia.