Principais resultados

1 Introdución

A Conta Satélite do Deporte é unha actividade estatística de síntese destinada a medir a dimensión económica do sector do deporte en Galicia e a súa contribución á economía galega. Este proxecto xurdiu a iniciativa da Secretaría Xeral do Deporte (Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes), que solicitou ao IGE a cuantificación da dimensión económica do sector.

As contas satélite permiten afondar no coñecemento dun determinado aspecto da economía, ampliando a información do sistema de contas económicas. No eido do deporte, no que existe información dispersa tanto de tipo económica como doutro tipo, unha conta satélite axuda a sintetizar toda esta información.

A definición estatística do sector do deporte non está regulada en Europa, aínda que se toma como referencia a Clasificación de Vilnius, baseada en estándares estatísticos. Porén, a viabilidade da estimación dos agregados económicos consonte a esta definición está constrinxida pola dispoñibilidade de fontes. Por este motivo, o sector do deporte definido na Conta Satélite do Deporte de Galicia utiliza esta clasificación restrinxíndoa aos produtos e servizos característicos do deporte, é dicir, aqueles que non existirían de non ser por el.

Esta publicación ofrece resultados da conta de produción, explotación e emprego do sector do deporte correspondentes ao período 2021-2023, en coherencia co Sistema de Contas Económicas de Galicia (Revisión estatística 2024).


2 A contribución do sector do deporte á economía galega

No ano 2023, o valor engadido bruto xerado polo sector do deporte en Galicia ascendeu a 694.561 miles de euros, o que representa o 0,9% do Produto Interior Bruto xerado na Comunidade autónoma en dito período. Con respecto a 2022, o valor xerado a prezos correntes polo sector medrou a unha taxa do 12%.

Conta de produción e explotación do sector do deporte. Ano 2023
Unidade: Miles de euros; Porcentaxes sobre o total da economía
Operación Dato Peso na economía (%)
P.1 Produción a prezos básicos 1.225.545 0,8
P.2 Consumos intermedios 530.984 0,6
B.1 Valor engadido bruto 694.561 0,9
D.1 Remuneración de asalariados 555.774 1,6
D.11 Soldos e salarios 458.066 1,7
D.12 Cotizacións sociais 97.708 1,3
D.29-D.39 Outros impostos sobre a produción netos de subvencións -9.208 -2,3
B.2 Excedente bruto de explotación / Renda mixta 147.995 0,4
Fonte: IGE. Conta Satélite do Deporte. (Descarga da táboa).

En termos de emprego, o sector é responsable directo de 17.248 postos de traballo, que representan o 1,5% do total do emprego da economía galega. A meirande parte do emprego é asalariado, cuxa remuneración alcanzou os 555.774 miles de euros. Esta masa salarial representa o 1,6% da Remuneración de asalariados total da economía galega.

Emprego no sector do deporte. Ano 2023
Unidade: Postos de traballo; Porcentaxes sobre o total da economía
Operación Dato Peso na economía (%)
Postos de traballo 17.248 1,5
Postos de traballo equivalentes a tempo completo 13.514 1,3
Fonte: IGE. Conta Satélite do Deporte. (Descarga da táboa).


3 Definicións, fontes e máis información

Definicións

Máis información: