ÍNDICE


Principais resultados

Introdución

A Caracterización socioeconómica das persoas propietarias e inquilinas que alugan vivendas en Galicia é unha actividade estatística elaborada polo Instituto Galego de Estatística (IGE), en colaboración co Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), con periodicidade anual.

A información difundida procede das fianzas de alugueiro de vivenda depositadas e activas no IGVS a 31 de decembro de cada ano, combinadas coa Base de datos Sociodemográfica dispoñible no IGE.

O obxectivo desta actividade é analizar as características socioeconómicas das persoas propietarias e inquilinas que alugan vivendas en Galicia.

Cómpre sinalar que cada fianza depositada no IGVS pode incluír máis dunha persoa propietaria, mesmo de distinta tipoloxía, así como máis dunha persoa inquilina.

Persoas propietarias e fianzas segundo o tipo de persoa e tipo de alugueiro

A 31 de decembro de 2025 hai en Galicia 161.650 fianzas activas, nas que figuran como propietarias 119.793 persoas. Delas, o 97,0% son persoas físicas e o 3,0% persoas xurídicas.

As persoas físicas residentes en Galicia, colectivo que se analiza no seguinte apartado, representan o 81,1% do total de persoas propietarias. No ámbito das persoas xurídicas, o grupo máis numeroso é o das sociedades limitadas, que supón o 2,0% do total.

En termos de número de fianzas, destacan os organismos públicos e outras entidades públicas, que figuran como propietarios no 2,0% das fianzas activas a 31 de decembro de 2025.

Os propietarios teñen una media de 1,3 fianzas por persoa no caso das persoas físicas, e asciende a 5 no caso das persoas xurídicas.

Persoas propietarias e fianzas segundo tipo de persoa. Ano 2025
Unidade: número, porcentaxe e media
Tipo de persoa propietaria Número de persoas propietarias Porcentaxe de persoas propietarias Número de fianzas Porcentaxe de fianzas Número medio de fianzas por persoa propietaria
Total 119.793 100,00 161.650 100,00 1,35
Persoa física 116.167 96,97 152.176 94,14 1,31
Residente en Galicia 97.145 81,09 129.302 79,99 1,33
Residente fóra de Galicia 14.584 12,17 18.869 11,67 1,29
Morto 4.438 3,70 6.514 4,03 1,47
Persoa xurídica 3.626 3,03 18.202 11,26 5,02
Sociedade limitada 2.369 1,98 10.675 6,60 4,51
Sociedade anónima 148 0,12 928 0,57 6,27
Comunidades de bens 802 0,67 2.799 1,73 3,49
Asociacións e fundacións 42 0,04 202 0,12 4,81
Entidade relixiosa 18 0,02 153 0,09 8,50
Organismos Públicos e outras Entidades Públicas 19 0,02 3.156 1,95 166,11
Outro tipo de sociedades 228 0,19 359 0,22 1,57
Fonte: IGE. Caracterización socioeconómica das persoas propietarias e inquilinas que alugan vivendas en Galicia (descarga da táboa).
Nota: unha mesma fianza pode incluír máis dunha persoa propietaria e clasifícase en tantas categorías como tipos de persoas propietarias diferentes presentes


Se se analiza o tipo de alugueiro (habitual ou de tempada), obsérvase que o 95,6% das persoas propietarias teñen rexistradas as vivendas como alugueiro de vivenda habitual, o 3,2% teñen rexistradas as vivendas como alugueiro de tempada e o 1,2% restante posúe propiedades de ambos tipos.

Distribución das persoas propietarias segundo o tipo de alugueiro. Ano 2025

Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Caracterización socioeconómica das persoas propietarias e inquilinas que alugan vivendas en Galicia (descarga da táboa).

Características das persoas propietarias de vivendas en alugueiro: persoas físicas residentes en Galicia

Neste apartado analízanse as características socioeconómicas das persoas físicas residentes en Galicia que son propietarias de, polo menos, unha vivenda en alugueiro na Comunidade Autónoma.

No ano 2025, contabilízanse 97.145 persoas físicas residentes en Galicia propietarias de vivendas en alugueiro. Delas, o 52,3% son mulleres. A idade media deste colectivo sitúase en 61,6 anos; 60,9 anos no caso dos homes e 62,2 anos no das mulleres.

Persoas físicas residentes en Galicia propietarias de vivendas en alugueiro segundo o sexo. Ano 2025
Unidade: número, porcentaxe e idade media
Sexo Número Porcentaxe Idade media
Total 97.145 100,00 61,6
Homes 46.324 47,69 60,9
Mulleres 50.821 52,31 62,2
Fonte: IGE. Caracterización socioeconómica das persoas propietarias e inquilinas que alugan vivendas en Galicia (descarga da táboa).

A distribución territorial das persoas propietarias de vivendas en alugueiro é semellante á da poboación galega no seu conxunto. A súa presenza concéntrase na franxa costeira das provincias atlánticas e nas capitais provinciais, así como en Santiago de Compostela e Vigo. As provincias occidentais, especialmente nas áreas costeiras do sur da Comunidade Autónoma, rexistran unha maior concentración de persoas propietarias de vivendas en alugueiro, mentres que a parte oriental de Galicia, caracterizada por un maior grao de ruralidade e despoboamento, presenta cifras máis reducidas.

Distribución das persoas físicas propietarias de vivendas en alugueiro segundo o concello de residencia. Ano 2025

Unidade: persoas

Fonte: IGE. Caracterización socioeconómica das persoas propietarias e inquilinas que alugan vivendas en Galicia (descarga da táboa).

O 53,4% das persoas propietarias de vivendas en alugueiro residen no mesmo concello no que se localiza a vivenda que teñen en alugueiro.

Distribución das persoas físicas propietarias residentes en Galicia segundo residen ou non no concello da vivenda en alugueiro. Ano 2025

Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Caracterización socioeconómica das persoas propietarias e inquilinas que alugan vivendas en Galicia (descarga da táboa).

Nota: considerarase que unha persoa propietaria reside nun concello distinto ao da vivenda en alugueiro cando, polo menos, unha das vivendas que aluga está situada nun concello diferente ao de residencia da persoa


Persoas físicas residentes en Galicia propietarias de vivendas en alugueiro segundo a relación coa actividade económica. Ano 2025
Unidade: número e idade media
Relación coa actividade Número Idade media
Total 97.145 61,6
Poboación afiliada á SS e mutualidades 49.043 51,2
Poboación parada rexistrada 1.833 55,1
Poboación pensionista 34.436 75,1
Resto 11.833 66,4
Fonte: IGE. Caracterización socioeconómica das persoas propietarias e inquilinas que alugan vivendas en Galicia (descarga da táboa).

O grupo máis numeroso de persoas físicas residentes en Galicia propietarias de vivendas en alugueiro é o das persoas afiliadas á Seguridade Social e mutualidades: 50,5% do total. A súa idade media é de 51,2 anos.

O segundo grupo máis numeroso é o das persoas que perciben unha pensión contributiva da Seguridade Social: 35,4% do total, cunha idade media de 75,1 anos.

Distribución segundo a relación coa actividade económica das persoas propietarias de vivendas en alugueiro residentes en Galicia. Ano 2025

Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Caracterización socioeconómica das persoas propietarias e inquilinas que alugan vivendas en Galicia (descarga da táboa).

As persoas físicas propietarias de vivendas en alugueiro que perciben unha pensión contributiva da Seguridade Social, segundo colectivo máis numeroso, reciben unha pensión media de 1.487,2 euros mensuais.

A táboa seguinte presenta os importes medios das pensións contributivas segundo o réxime de cotización anterior das persoas propietarias que perciben esta prestación.

O importe medio máis elevado rexístrase entre as persoas pensionistas que cotizaron no réxime xeral (sen considerar a categoría “Outros”), cunha pensión media de 1.702,7 euros mensuais. Esta contía é un 61,2% superior á correspondente ás persoas que cotizaron no réxime de autónomos.

Persoas físicas residentes en Galicia propietarias de vivendas en alugueiro que perciben unha pensión contributiva da Seguridade Social segundo o réxime de cotización anterior. Ano 2025
Unidade: número, porcentaxe e media
Réxime de cotización anterior Número Idade media Propiedades medias Importe medio da pensión
Total 34.436 75,1 1,6 1.487,2
Réxime xeral 21.070 74,5 1,4 1.702,7
Autónomos 11.389 76,6 1,8 1.056,3
Traballadores do mar 1.306 75,5 1,5 1.650,0
Outros 671 68,5 1,3 1.717,2
Fonte: IGE. Caracterización socioeconómica das persoas propietarias e inquilinas que alugan vivendas en Galicia (descarga da táboa).

Persoas inquilinas e fianzas segundo o tipo de persoa e tipo de alugueiro

A 31 de decembro de 2025 había 211.352 persoas ou entidades inquilinas de vivendas en alugueiro. O 97,9% eran persoas físicase e o 2,1% eran persoas xurídicas. As persoas físicas residentes en Galicia representan o 86,4% do total de inquilinas.

Persoas inquilinas e fianzas segundo tipo de persoa inquilina. Ano 2025
Unidade: número, porcentaxe e media
Tipo de persoa inquilina Número de persoas inquilinas Porcentaxe de persoas inquilinas Número de fianzas Porcentaxe de fianzas Número medio de fianzas por persoa inquilina
Total 211.352 100,00 161.650 100,00 0,76
Persoa física 206.866 97,88 158.468 98,03 0,77
Residente en Galicia 182.507 86,35 142.582 88,20 0,78
Residente fóra de Galicia 22.625 10,70 20.060 12,41 0,89
Morto 1.734 0,82 1.752 1,08 1,01
Persoa xurídica 4.486 2,12 4.337 2,68 0,97
Sociedade limitada 677 0,32 920 0,57 1,36
Sociedade anónima 236 0,11 272 0,17 1,15
Comunidades de bens 109 0,05 98 0,06 0,90
Asociacións e fundacións 115 0,05 242 0,15 2,10
Entidade relixiosa 22 0,01 46 0,03 2,09
Organismos Públicos e outras Entidades Públicas 57 0,03 82 0,05 1,44
Outro tipo de sociedades 3.270 1,55 2.698 1,67 0,83
Fonte: IGE. Caracterización socioeconómica das persoas propietarias e inquilinas que alugan vivendas en Galicia (descarga da táboa).
Nota: unha mesma fianza poder incluír máis dunha persoa inquilina e clasifícase en tantas categorías como tipos de persoas inquilinas diferentes presente


Se se analiza a clasificación segundo tipo de alugueiro, obsérvase que o 5,4% das persoas inquilinas teñen a vivenda arrendada na modalidade de alugueiro de tempada.

Distribución das persoas inquilinas segundo o tipo de alugueiro. Ano 2025

Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Caracterización socioeconómica das persoas propietarias e inquilinas que alugan vivendas en Galicia (descarga da táboa).

Características das persoas inquilinas de vivendas en alugueiro: persoas físicas residentes en Galicia

No ano 2025, hai en Galicia 182.507 persoas físicas inquilinas de vivendas en alugueiro que residen na Comunidade Autónoma. Delas, o 52,7% son mulleres.

A idade media das persoas inquilinas sitúase en 43,0 anos: 43,3 anos no caso dos homes e 42,6 anos no das mulleres.

Persoas físicas residentes en Galicia inquilinas de vivendas en alugueiro segundo o sexo. Ano 2025
Unidade: número, porcentaxe e idade media
Sexo Número Porcentaxe Idade media
Total 182.507 100,00 43,0
Homes 86.341 47,31 43,3
Mulleres 96.166 52,69 42,6
Fonte: IGE. Caracterización socioeconómica das persoas propietarias e inquilinas que alugan vivendas en Galicia (descarga da táboa).

Se se compara o concello de residencia da persoa inquilina co concello no que se localiza a vivenda arrendada, obsérvase que o 71,2% das persoas inquilinas residen no mesmo concello que o da vivenda que alugan. Mentres que o 28,8% das persoas inquilinas residen nun concello distinto ao da vivenda que alugan, destas o 16,1% alugan unha vivenda de tempada e o 83,4% unha vivenda habitual.

Distribución das persoas físicas inquilinas residentes en Galicia segundo residen ou non no concello da vivenda en alugueiro. Ano 2025

Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Caracterización socioeconómica das persoas propietarias e inquilinas que alugan vivendas en Galicia (descarga da táboa).

Nota: considerarase que unha persoa inquilina reside nun concello diferente ao da vivenda en alugueiro cando, polo menos, unha das vivendas no que figura como inquilina está situada nun concello distinto ao de residencia da persoa


Distribución das persoas físicas inquilinas residentes nun concello distinto do da vivenda alugada segundo o tipo de alugueiro . Ano 2025

Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Caracterización socioeconómica das persoas propietarias e inquilinas que alugan vivendas en Galicia (descarga da táboa).

Nota: considerarase que unha persoa inquilina reside nun concello diferente ao da vivenda en alugueiro cando, polo menos, unha das vivendas no que figura como inquilina está situada nun concello distinto ao de residencia da persoa


Entre as persoas físicas residentes en Galicia que viven de alugueiro, a maioría está afiliada á Seguridade Social e mutualidades: 77,7% do total. O segundo grupo máis numeroso é o “Resto” (9,6% do total), que inclúe, entre outros, os e as estudantes, seguido da poboación que percibe unha pensión contributiva da Seguridade Social, que representa o 9,0% do total de persoas físicas residentes en Galicia que viven de alugueiro.

Distribución segundo a relación coa actividade económica das persoas inquilinas de vivendas en alugueiro residentes en Galicia. Ano 2025

Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Caracterización socioeconómica das persoas propietarias e inquilinas que alugan vivendas en Galicia (descarga da táboa).

A distribución por sector de actividade das persoas afiliadas á Seguridade Social e mutualidades residentes en Galicia e inquilinas dunha vivenda en alugueiro amosa unha clara predominancia do sector servizos. No ano 2025, o 81,3% das persoas físicas inquilinas afiliadas á Seguridade Social e mutualidades e residentes en Galicia desenvolven a súa actividade no sector servizos, fronte ao 2,2% que traballan no sector da agricultura e da pesca.

Persoas físicas residentes en Galicia inquilinas de vivendas en alugueiro e afiliadas á Seguridade Social e mutualidades segundo sector de actividade. Ano 2025

Unidade: persoas

Fonte: IGE. Caracterización socioeconómica das persoas propietarias e inquilinas que alugan vivendas en Galicia (descarga da táboa).

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos