ÍNDICE


Principais resultados


Notas metodolóxicas

Unha migración prodúcese cando unha persoa establece a súa residencia habitual nun territorio, téndoa anteriormente noutra demarcación xeográfica distinta. A información sobre este tema procede en xeral de fontes cuxo obxectivo inicial non é medir as migracións, pero poden aproximarse á súa cuantificación.

Os Indicadores migratorios do IGE proporcionan información relativa aos movementos migratorios cuxo espazo territorial de referencia é a comunidade autónoma de Galicia; consideran movemento migratorio interior aquel que teña orixe e destino un concello galego, e movemento migratorio exterior todo movemento que teña como orixe ou destino o resto de España ou o estranxeiro. Estes movementos clasifícanse segundo xénero, grupos de idade e nacionalidade, e a partir deles calcúlanse saldos migratorios, taxas de emigración/inmigración ou idades medias á migración.

Inclúense tamén outras variables relacionadas co fenómeno migratorio, que aínda que non miden directamente movementos migratorios, proporcionan información relevante sobre o seu desenvolvemento, como son as obtidas dos datos sobre residentes estranxeiros en Galicia ou de persoas de nacionalidade española residentes no estranxeiro con vinculación con algún concello galego.


Saldos migratorios

O saldo migratorio (diferenza entre as entradas e as saídas) de Galicia en 2023 presentou un valor positivo de 25.738 persoas, un 5,6% inferior ao rexistrado en 2022; é o segundo máis alto da serie histórica dispoñible.


                         Fonte: IGE. Indicadores migratorios (descarga da táboa)



O saldo migratorio total por cada 1000 habitantes aumentou na provincia de Lugo e diminuíu nas restantes provincias galegas durante o ano 2023:

                         Fonte: IGE. Indicadores migratorios (descarga da táboa)



A nivel municipal, os concellos galegos que en 2023 presentaron maior saldo migratorio interior (é dicir, saldo entre os movementos con orixe e destino nalgún concello de Galicia) foron Oleiros (+418 persoas) e Ourense (+293 persoas); os concellos con menor saldo interior foron Vigo (–789 persoas) e A Coruña (–677 persoas).

                                        Fonte: IGE. Indicadores migratorios (descarga da táboa)


 

Os concellos que en 2023 presentaron maior saldo migratorio exterior (é dicir, o saldo dos movementos con orixe ou destino fóra de Galicia) foron A Coruña (+3.837 persoas) e Vigo (+2.868 persoas); os que rexistraron menor saldo exterior foron Padrenda (–16 persoas) e Dumbría (–10 persoas).

                                        Fonte: IGE. Indicadores migratorios (descarga da táboa)


Taxas de emigración/inmigración

Desde 2016 a taxa de inmigración (calculada como as inmigracións por cada 1000 habitantes) supera á taxa de emigración (emigracións por cada 1000 habitantes) en Galicia, tomando no ano 2023 os valores de 22,9 entradas e 13,3 saídas por cada mil habitantes.


                              Fonte: IGE. Indicadores migratorios (descarga da táboa)


As taxas de emigración poden entenderse como unha medida da propensión da poboación dun territorio a emigrar, xa que proporcionan o número de persoas que mudaron a súa residencia a outra demarcación en relación á poboación desde lugar; de forma análoga, as taxas de inmigración poden considerarse como medida da atracción dese territorio ao relacionar a poboación que decide instalar aí a súa residencia coa poboación previa desa zona. Se estas taxas se calculan para o colectivo de persoas de 16 a 64 anos, proporcionan información relevante sobre o dinamismo dese territorio no período considerado. No ano 2023 estas taxas nos sete grandes concellos de Galicia tomaron os valores:

Saída / Entrada relativa de poboación en idade activa nos sete grandes concellos de Galicia. Ano 2023
Unidade: tanto por mil (‰)
Concello Taxa específica de emigración da poboación de 16 a 64 anos Taxa específica de inmigración da poboación de 16 a 64 anos
A Coruña 47,2 64,5
Ferrol 59,8 79,7
Santiago de Compostela 57,7 72,1
Lugo 40,6 62,0
Ourense 62,5 75,1
Pontevedra 43,4 54,5
Vigo 35,3 43,7
Fonte: IGE. Indicadores migratorios (descarga da táboa)


Idades medias

A análise da idade das persoas que entran e saen de Galicia reflicte que desde o ano 2017 a idade promedio das persoas que chegan a Galicia é inferior á das que saen. Durante o ano 2023 as persoas que chegaron a Galicia para fixar a súa residencia tiñan unha idade media de 36,3 anos, e as persoas que marcharon de Galicia 38,1 anos, lixeiramente superiores en ambos casos ás rexistradas o ano anterior.


                                                            Fonte: IGE. Indicadores migratorios (descarga da táboa)


Segundo o xénero das persoas migrantes, os homes que chegaron a Galicia en 2023 tiñan de media 35,8 anos e os que sairon, 37,9 anos. No caso das mulleres, as que chegaron tiñan en promedio 36,8 anos e as que marcharon 38,4 anos de idade.

Idade media das migracións exteriores, por sexo. Ano 2023
Unidade: anos
Total Homes Mulleres
Emigracións 38,1 37,9 38,4
Inmigracións 36,3 35,8 36,8
Fonte: IGE. Indicadores migratorios (descarga da táboa)


Por nacionalidade, as persoas estranxeiras en promedio chegaron con 33,2 anos e marcharon con 36,6 anos de idade.

Idade media das migracións exteriores, por nacionalidade. Ano 2023
Unidade: anos
Total Españois Estranxeiros
Emigracións 38,1 39,3 36,6
Inmigracións 36,3 41,0 33,2
Fonte: IGE. Indicadores migratorios (descarga da táboa)

 

Por grao de urbanización, nas zonas pouco poboadas (ZPP) os movementos migratorios son protagonizados en promedio por persoas de máis idade que no resto das zonas.


                    Idade dos migrantes, segundo tipo de movemento e grao de urbanización. Ano 2023

                    Unidade: anos

   

                    Fonte: IGE. Indicadores migratorios (descarga da táboa)

Por tipo de movemento migratorio, os movementos exteriores son de persoas de menor idade nas zonas densamente poboadas (ZDP), mentres que no caso das migracións interiores, é nas zonas intermedias de poboación (ZIP) nas que se producen en persoas máis xoves con respecto ás outras zonas.


Poboación estranxeira residente en Galicia

Segundo os datos correspondentes ao 1 de xaneiro de 2024 do Censo anual de población do INE, a poboación estranxeira en Galicia representaba o 5,7% do total, o maior valor da serie. Desta poboación de nacionalidade estranxeira a principios do ano 2024, o 3,4% nacera en Galicia e o 95,9% fóra de España.


                                              Fonte: IGE. Indicadores migratorios (descarga da táboa)


                                              Fonte: IGE. Indicadores migratorios (descarga da táboa)

 

Por grandes grupos de idade, no 1 de xaneiro de 2024 o 13,3% das persoas estranxeiras residentes en Galicia tiñan menos de 16 anos, o 79,5% tiña entre 16 e 64 anos e o 7,1% tiñan 65 ou máis anos de idade.


                                              Fonte: IGE. Indicadores migratorios (descarga da táboa)


A distribución da poboación estranxeira a nivel municipal no territorio galego é desigual: en 2024, as maiores porcentaxes (con respecto ao total da poboación do concello) preséntanse na provincia de Ourense: Oímbra (19,0%), A Mezquita (15,5%) e Carballeda de Valdeorras (14,7%).

                                              Fonte: IGE. Indicadores migratorios (descarga da táboa)



Tampouco é uniforme a presenza de poboación estranxeira nos sete grandes concellos de Galicia. Cos datos do ano 2024, nos concellos de A Coruña, Lugo e Ourense supera o 8% do total da poboación, mentres que nos concellos de Pontevedra e Ferrol a poboación estranxeira supón menos do 6% do total.

Porcentaxe de poboación estranxeira residente nos sete grandes concellos de Galicia. Ano 2024
Unidade: anos
Total Homes Mulleres
GALICIA 5,7 5,7 5,8
A Coruña 8,5 8,7 8,3
Ferrol 5,6 5,6 5,6
Santiago de Compostela 7,1 6,8 7,3
Lugo 8,5 8,7 8,2
Ourense 8,2 8,4 8,1
Pontevedra 5,5 5,4 5,5
Vigo 7,1 7,0 7,1
Fonte: IGE. Indicadores migratorios (descarga da táboa)


Poboación galega residente no estranxeiro

A poboación de nacionalidade española inscrita a 1 de xaneiro de 2025 no Padrón de Españoles Residentes en el Extranjero (PERE) con referencia a algún concello galego, vive maioritariamente en países de América (o 77,9%) e de Europa (o 21,2%). Por grupos de idade, o 31,8% ten 65 ou máis anos, mentres que o 8,6% ten menos de 16 anos de idade. En canto ao lugar de nacemento, tres de cada catro naceron fóra de España.


                                                    Fonte: IGE. Indicadores migratorios (descarga da táboa)


                                                    Fonte: IGE. Indicadores migratorios (descarga da táboa)



                                                    Fonte: IGE. Indicadores migratorios (descarga da táboa)



O 85,0% das novas inscricións no PERE de galegos e galegas durante o ano 2024 (recollidas no rexistro na data 1 de xaneiro de 2025) tivo lugar en América, e máis do 90% das novas inscricións eran persoas nacidas no estranxeiro. En canto á idade desas novas inscricións, máis do 45% delas foi de persoas menores de 35 anos.


                                                    Fonte: IGE. Indicadores migratorios (descarga da táboa)



                                                    Fonte: IGE. Indicadores migratorios (descarga da táboa)


                                                    Fonte: IGE. Indicadores migratorios (descarga da táboa)


Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Indicadores migratorios.
INE. Censo anual de población.
INE. Padrón de españoles residentes en el extranjero (PERE).